You are on page 1of 14

DOG Núm.

151 Luns, 8 de agosto de 2011 Páx. 22637

I. Disposicións xerais

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 29 de xullo de 2011 pola que se desenvolve o Decreto 77/2011, do 7


de abril, polo que se establece o Regulamento orgánico dos centros integrados
de formación profesional competencia da Consellería de Educación e Ordena-
ción Universitaria.

O Decreto 77/2011, do 7 de abril, polo que se establece o Regulamento orgánico dos


centros integrados de formación profesional competencia da Consellería de Educación e
Ordenación Universitaria, regula a organización e o funcionamento destes centros, dentro
da súa autonomía organizativa, pedagóxica e de xestión económica e de persoal, e introdu-
ce unha estrutura interna distribuída en áreas funcionais que lles permite afrontar os seus
fins e as súas funcións, e mellorar as relacións coa comunidade e co contorno produtivo.

Procede, en consecuencia, desenvolver o marco establecido polo citado regulamento


orgánico, fundamentalmente no título III, de planificación e xestión dos centros integrados,
co fin de establecer as directrices para a xestión e o funcionamento destes centros que
dean resposta ás demandas sociais, con eficacia e axilidade.

Esta orde recolle instrucións para o desenvolvemento das actividades que correspon-
den aos centros integrados de formación profesional e determina o calendario de actua-
cións para a programación desas actividades.
CVE-DOG: aad392db-6774-4730-9882-5966b87f0cb1

Na súa virtude e no uso da autorización concedida pola disposición derradeira segunda


do Decreto 77/2011, do 7 de abril, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación.

O obxecto desta orde é desenvolver o Decreto 77/2011, do 7 de abril, polo que se es-
tablece o Regulamento orgánico dos centros integrados de formación profesional compe-
tencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e regular a planificación e a
xestión dos centros integrados de formación profesional.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 151 Luns, 8 de agosto de 2011 Páx. 22638

Artigo 2. Proposta de desenvolvemento das actividades do centro.

No marco da autonomía organizativa, pedagóxica e de xestión recollida no artigo 41


do Decreto 77/2011, do 7 de abril, a dirección do centro integrado presentará para cada
curso académico unha proposta de desenvolvemento das actividades do centro na que se
recollerá:

a) O horario xeral do centro integrado, nos termos do artigo 49 do Decreto 77/2011, do


7 de abril, que permitirá o desenvolvemento de todas as actividades formativas e comple-
mentarias á formación, así como a realización daquelas actividades de atención á cidada-
nía necesarias para lograr o cumprimento dos fins e das funcións propias dos centros inte-
grados de formación profesional. Para tal efecto os centros deberán permanecer abertos,
cando menos, en xornada de mañá e tarde, de luns a venres.

b) As actividades formativas e todas as accións que proxecte desenvolver o centro.

c) Os recursos humanos que conforman o cadro de persoal do centro, a dedicación


horaria necesaria para o desenvolvemento das actividades do centro integrado, así como,
debidamente xustificadas, as necesidades de persoal.

Esta proposta, unha vez comunicada ao consello social, será enviado ao Servizo de
Inspección Educativa, que deberá remitilo antes do 30 de xuño, xunto co seu respectivo
informe, ao órgano competente na materia da Consellería de Educación e Ordenación Uni-
versitaria, a quen corresponde a súa aprobación definitiva.

Artigo 3. Programación das actividades formativas e accións do centro.


CVE-DOG: aad392db-6774-4730-9882-5966b87f0cb1

1. Na primeira semana de setembro a persoa responsable da área de formación trasla-


dará ás persoas titulares das xefaturas de departamento o conxunto de actividades forma-
tivas e accións que se van desenvolver por cada departamento.

Inmediatamente despois, os departamentos reuniranse para a concreción da asignación


das actividades de formación e accións que cumpra desenvolver. Redactarase acta da reu-
nión, que será asinada por todos os membros que constitúan nese momento o departamen-
to, e entregaráselle unha copia á persoa responsable da xefatura da área de formación.

2. En primeiro lugar, asignaranse as actividades de formación e accións nas que se estean


a desenvolver as seccións bilingües, as materias que se impartan nunha lingua estranxeira,
en aplicación do establecido no decreto para o plurilingüismo no ensino non universitario de

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 151 Luns, 8 de agosto de 2011 Páx. 22639

Galicia. A continuación asignaranse as que requiran dispor de profesorado formado especifi-


camente pola Administración educativa para tal fin ou que acredite dispor de titulación, expe-
riencia profesional ou formación adecuada. Esta prioridade limítase ás actividades formativas
e accións mencionadas neste parágrafo e, no caso de existiren varias persoas que cumpran
os requisitos, seguirase a prioridade que se indica no punto seguinte.

3. Para as restantes actividades formativas e accións, a asignación realizarase con cri-


terios de equidade e mutuo acordo. De non ser o caso, seguirase a seguinte orde:

a) Persoal que accedera ao centro en virtude de procedementos de provisión de postos


de traballo convocados con anterioridade á entrada en vigor do Decreto 140/2006, do 31
de agosto:

i) O/a catedrático/a máis antigo/a no corpo.

ii) Persoal docente con maior número de anos de servizo efectivo como funcionario ou
funcionaria de carreira nos corpos docentes con competencia docente no nivel educativo,
con destino definitivo no centro.

iii) Persoal docente con maior antigüidade con destino definitivo na praza.

iv) O ano máis antigo de ingreso no corpo.

v) A pertenza ao corpo de catedráticos/as.

vi) A maior puntuación obtida no procedemento selectivo de ingreso no corpo.


CVE-DOG: aad392db-6774-4730-9882-5966b87f0cb1

b) Persoal que accedera ao centro en virtude de procedementos de provisión de postos


de traballo convocados con posterioridade á entrada en vigor do Decreto 140/2006, do 31
de agosto:

i) Persoal docente con maior antigüidade con destino definitivo na praza.

ii) Persoal docente con maior número de anos de servizo efectivo como funcionario ou
funcionaria de carreira nos corpos docentes con competencia docente no nivel educativo.

iii) O ano máis antigo de ingreso no corpo.

iv) A pertenza ao corpo de catedráticos/as.

v) A maior puntuación obtida no procedemento selectivo de ingreso no corpo.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 151 Luns, 8 de agosto de 2011 Páx. 22640

c) No suposto de que non exista persoal do corpo de catedráticos/as que accedera ao


centro por un procedemento de provisión convocado con anterioridade á entrada en vigor
do Decreto 140/2006, do 31 de agosto, terá prioridade na elección de horarios o catedráti-
co ou a catedrática que accedera ao centro por un procedemento de provisión convocado
posteriormente.

4. Todas as situacións e incidencias resultantes da ausencia do persoal serán resoltas


no ámbito do departamento e, de ser o caso, da área funcional correspondente.

Artigo 4. Actividades complementarias á formación.

1. Considéranse actividades complementarias á formación:

a) As actividades que se realicen co alumnado en horario lectivo e que, formando parte


da programación das ensinanzas que lle correspondan, teñan carácter diferenciado polo
momento, o espazo ou os recursos que se utilizan.

b) As actividades que se realicen co alumnado fóra do horario lectivo e que non abordan
contidos iguais ou similares aos establecidos nunha ensinanza oficial do currículo. Cando
estas actividades sexan organizadas por entidades e deban realizarse dentro dos locais e
as instalacións do centro, deberase respectar a normativa reguladora do uso dos locais e
as instalacións, sendo preceptiva para a entidade organizadora a presentación dunha me-
moria descritiva que incluirá, entre outras, a concreción do financiamento da actividade e a
garantía da asunción plena da responsabilidade contractual respecto do persoal que a vaia
desenvolver, así como da conservación das instalacións do centro utilizadas.
CVE-DOG: aad392db-6774-4730-9882-5966b87f0cb1

2. A participación do alumnado menor de idade nas actividades complementarias á for-


mación requirirá a autorización previa por escrito dos pais ou titores, sempre que a persoa
participante sexa menor de idade e se desenvolvan fóra do centro. No suposto de que esta
non sexa outorgada, a dirección arbitrará o xeito máis conveniente para atender o alumna-
do que non participe nas actividades.

Artigo 5. Proxecto funcional.

1. O proxecto funcional será elaborado polo equipo directivo ao inicio do seu mandato,
conforme o que se establece no artigo 43 do Decreto 77/2011, e logo de aprobado polo
consello social será remitido, antes do 30 de setembro dese ano, ao Servizo de Inspección
Educativa.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 151 Luns, 8 de agosto de 2011 Páx. 22641

2. O equipo directivo revisará o proxecto funcional para cada curso académico e esta-
blecerá, se procede, as modificacións que corresponda.

3. Para cada curso académico, o proxecto funcional concretarase no plan anual, referido
no artigo 11 desta orde, tendo en conta a memoria anual do curso anterior.

Artigo 6. Plan de orientación profesional.

1. O Plan de orientación profesional forma parte do proxecto funcional do centro e incor-


pora o Plan de acción titorial. A súa elaboración corresponde ao Departamento de Informa-
ción e Orientación Profesional, e nel débense establecer as bases que permitan:

a) Favorecer e fomentar a adquisición de habilidades individuais para a xestión da ca-


rreira profesional.

b) Facilitar o acceso de toda a cidadanía aos servizos de información e orientación.

c) Desenvolver os servizos de información e orientación con garantía e calidade.

d) Fomentar a coordinación e a cooperación dos diversos protagonistas na información


e orientación profesional a nivel estatal, autonómico e local.

e) Prestar servizos de atención singularizada ás empresas, nomeadamente ás peque-


nas e medianas, así como aos traballadores autónomos, en relación aos recursos que
permitan mellorar o aproveitamento do seu capital humano e deseñar itinerarios formativos
axustados ás súas necesidades.
CVE-DOG: aad392db-6774-4730-9882-5966b87f0cb1

2. Os aspectos que, cando menos, debe recoller o Plan de orientación profesional indí-
canse no anexo I desta orde.

Artigo 7. Plan de acción titorial (PAT).

1. O Plan de acción titorial ten a finalidade de preparar o alumnado para a actividade nun
campo profesional, facilitar a súa adaptación ás modificacións laborais que poidan produ-
cirse ao longo da vida e contribuír ao seu desenvolvemento persoal e ao exercicio dunha
cidadanía democrática.

2. Correspóndelle ao Departamento de Información e Orientación Profesional estable-


cer no Plan de acción titorial as tarefas e as funcións propias das titorías.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 151 Luns, 8 de agosto de 2011 Páx. 22642

3. O Plan de acción titorial xuntarase ao Plan de orientación profesional e incluirá, polo


menos, os aspectos recollidos no anexo II desta orde.

Artigo 8. Proxecto lingüístico.

O proxecto lingüístico forma parte do proxecto funcional do centro e, consonte o estable-


cido no Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario
de Galicia, incluirá, polo menos os seguintes aspectos:

a) Marco legal e contexto sociolingüístico do centro.

b) Os procedementos que aseguren que o alumnado acade a competencia lingüística


propia do nivel de ensinanza.

c) Os obxectivos xerais e as liñas de actuación deseñadas polo centro para o fomento


das linguas.

d) Actividades de formación do profesorado e de proxectos de innovación relativos ao


uso das linguas, incidindo especialmente en actividades relacionadas coas tecnoloxías da
información e comunicación.

e) Criterios e indicadores de calidade para a avaliación do proxecto lingüístico.

Artigo 9. Plan de autoprotección.


CVE-DOG: aad392db-6774-4730-9882-5966b87f0cb1

1. O Plan de autoprotección do centro, integrado no proxecto funcional, deberá cumprir


a normativa vixente en materia de saúde e seguridade, e polo menos, incluirá os seguintes
puntos:

a) Identificación do centro e do responsable da actividade.

b) Descrición detallada da actividade e do medio físico en que se desenvolva.

c) Inventario, análise e avaliación de riscos.

d) Inventario e descrición das medidas e os medios de autoprotección.

e) Programa de mantemento de instalacións.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 151 Luns, 8 de agosto de 2011 Páx. 22643

f) Plan de actuación ante emerxencias.

g) Integración do Plan de autoprotección noutros de ámbito superior.

h) Implantación do Plan de autoprotección.

i) Mantemento da eficacia e a actualización do Plan de autoprotección.

j) Directorio de comunicación.

k) Formularios para a xestión de emerxencias.

l) Planos.

2. Logo de aprobado, deberá remitirse unha copia do Plan de autoprotección á Xefatura


Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e aos servizos de Pro-
tección Civil da localidade na que se atope o centro.

3. Os servizos de inspección velarán porque todos os centros integrados dispoñan do


seu plan de autoprotección. Os centros deberán levar a cabo un simulacro de evacuación
polo menos unha vez ao ano, do que deberá deixar rexistro para a súa incorporación no
propio plan de autoprotección.

Artigo 10. Plan de organización e convivencia da residencia.

1. A residencia, en caso de existir, constitúe un servizo complementario e debe contribuír


CVE-DOG: aad392db-6774-4730-9882-5966b87f0cb1

á formación integral do alumnado residente.

2. O Plan de organización e convivencia da residencia, que forma parte do proxecto


funcional do centro, especificará polo menos os seguintes puntos:

a) Descrición da residencia: instalacións, persoal, destinatarios, servizos ofrecidos, ho-


rario e uso de instalacións.

b) Réxime de funcionamento.

c) Réxime de convivencia.

d) Programación de actividades.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 151 Luns, 8 de agosto de 2011 Páx. 22644

e) Orzamento.

f) Plan de autoprotección.

g) Criterios e indicadores de avaliación da xestión da residencia.

Artigo 11. Plan anual.

1. O Plan anual do centro elaborarase para cada curso académico de acordo co esta-
blecido no artigo 44 do Decreto 77/2011, do 7 de abril.

2. O Plan anual articularase en tres capítulos, suxeitos ao seguinte calendario:

a) O capítulo I, que será remitido ao Servizo de Inspección Educativa antes do 30 de


setembro, estará formado por:

i) As modificacións ao proxecto funcional do centro integrado, se é o caso, e os


obxectivos específicos do centro integrado para o curso académico.

ii) As medidas e os recursos dispoñibles para a consecución dos obxectivos propostos.

iii) O horario xeral do centro integrado, as dedicacións e as asignacións horarias de


todo o persoal do centro para o desenvolvemento das súas actividades formativas
e accións.

iv) O orzamento previsto para o desenvolvemento do curso académico, que incluirá


CVE-DOG: aad392db-6774-4730-9882-5966b87f0cb1

o orzamento autorizado para o ano en que se inicie o curso e a estimación de ne-


cesidades para o próximo ano.

v) O documento de organización de servizos complementarios, de ser o caso.

vi) O calendario de avaliación do Plan anual e de auditorías do sistema de xestión da


calidade.

b) O capítulo II, que será remitido ao Servizo de Inspección Educativa antes do 15 de


outubro, estará formado por:

i) O documento de organización do centro integrado (DOC), facilitado pola Inspección


Educativa, que se deberá cubrir consonte as instrucións que se lle xunten.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 151 Luns, 8 de agosto de 2011 Páx. 22645

ii) As programacións de cada acción formativa prevista no centro integrado, segundo


o establecido na normativa que as desenvolva.

c) O capítulo III, que será remitido ao Servizo de Inspección Educativa antes do 31 de


outubro, estará formado por:

i) Os plans anuais das áreas funcionais.

ii) Os programas da actuación dos departamentos.

iii) O programa anual de formación do profesorado.

iv) O programa de promoción da lingua galega e o programa de promoción de linguas


estranxeiras.

vi) As actividades complementarias á formación do alumnado.

Artigo 12. Memoria anual.

1. O procedemento de elaboración e contido da memoria anual axustarase ao disposto


nos puntos 5, 6, 7 e 8 do artigo 44 do Decreto 77/2011.

2. As conclusións máis salientables das actuacións e das actividades, avaliadas segun-


do os criterios e os indicadores establecidos no sistema de calidade implantado, serán re-
collidas polo equipo directivo na memoria anual que, logo da súa aprobación polo Consello
Social, se remitirá antes do 10 de xullo ao Servizo de Inspección Educativa e á Dirección
CVE-DOG: aad392db-6774-4730-9882-5966b87f0cb1

Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

3. A avaliación do cumprimento do proxecto de orzamento do centro reflectirase anali-


zando a desviación, por partidas, entre as cantidades orzadas e as realmente executadas.
Xuntarase, no lugar correspondente, un informe da secretaría do centro xustificativo do
gasto, aprobado polo Consello Social.

Artigo 13. Plan anual de área funcional.

1. Cada área funcional do centro elaborará un Plan anual para o curso académico, que
conciliará os obxectivos que deberán cumprir os departamentos, os equipamentos e/ou as
comisións, coa finalidade de lograr un uso eficiente dos recursos.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 151 Luns, 8 de agosto de 2011 Páx. 22646

Na súa formulación deberanse ter en conta as estratexias de funcionamento e os proce-


dementos de control que permitan medir a eficacia de cada unha das accións.

2. O Plan anual das áreas funcionais incluirá, polo menos, os seguintes puntos:

a) A contextualización, os departamentos, as funcións asignadas e as persoas respon-


sables.

b) As liñas de actuación da área funcional: obxectivos, metodoloxía, persoas destinata-


rias, procedementos de xestión, orzamento, recursos previstos e temporalización.

c) As colaboracións con outras entidades, empresas ou organizacións.

d) A definición dos procedementos para a identificación de oportunidades de accións


futuras da área funcional.

e) Os criterios e os indicadores de calidade para a avaliación da área funcional e das


súas actuacións.

Artigo 14. Programacións da actuación dos departamentos.

1. As programacións de actuación dos departamentos para cada curso académico con-


cretarán as actividades que cumpra desenvolver, segundo as liñas de actuación estableci-
das nos correspondentes plans anuais de área funcional.

2. As programacións de actuación incluíran, polo menos, os seguintes aspectos:


CVE-DOG: aad392db-6774-4730-9882-5966b87f0cb1

a) A contextualización.

b) A descrición das actividades que deba realizar o departamento, que indicarán: obxec-
tivos, metodoloxía, persoas destinatarias, procedementos de xestión, persoas responsa-
bles e tarefas asignadas, orzamento, recursos previstos e temporalización.

c) O horario das reunións de departamento e de atención ás funcións e tarefas que se


vai desenvolver.

d) Procedementos para o fomento da colaboración con empresas, entidades ou organis-


mos nas funcións asignadas aos departamentos.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 151 Luns, 8 de agosto de 2011 Páx. 22647

e) Proxectos de formación e innovación.

f) Programas específicos que lle corresponda coordinar ou desenvolver.

g) Criterios e indicadores de calidade para a avaliación das actividades realizadas e do


departamento.

3. Calquera outra actividade non deseñada antes do 15 de novembro deberá incluírse


na memoria anual.

Artigo 15. Programa anual de formación do profesorado.

1. O programa anual de formación do profesorado será elaborado, para cada curso


académico, pola persoa responsable da coordinación de innovación e formación do profe-
sorado en colaboración cos restantes departamentos do centro integrado. Incluirá o Plan
de formación do profesorado de cada familia profesional do centro.

2. Este programa terá en conta as propostas do claustro de profesorado e dos órganos


de coordinación do centro integrado e, en todo caso, as actividades de formación organiza-
das pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

3. Así mesmo, incorporarán protocolos de actuación para o impulso e o desenvolve-


mento de accións e proxectos de innovación e boas prácticas, en estreita colaboración con
outros centros, empresas, organismos ou entidades, de xeito que os centros integrados
sexan unidades de innovación e transferencia tecnolóxica.
CVE-DOG: aad392db-6774-4730-9882-5966b87f0cb1

4. O centro integrado, como referente na formación do profesorado das familias profe-


sionais que imparte, incluirá neste programa os protocolos de actuación para a definición e
a impartición de accións formativas destinadas ao profesorado doutros centros educativos.
Estas accións considerarán novidades educativas, tecnolóxicas e de innovación, proce-
dementos de xestión, orientación profesional ou calquera outra actividade formativa de
interese relacionada co ámbito da formación profesional.

Artigo 16. Programa de promoción da lingua galega e programa de promoción de lin-


guas estranxeiras.

Estes programas terán a mesma estrutura que o proxecto lingüístico no referido á lingua
galega e, de ser o caso, ás linguas estranxeiras.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 151 Luns, 8 de agosto de 2011 Páx. 22648

Artigo 17. Departamento de información e orientación profesional.

1. O director do centro, de acordo co establecido no artigo 25.1 do Decreto 77/2011 e,


unha vez oídas as xefaturas de departamento da área de formación, designará o profeso-
rado que formará parte deste departamento.

2. A organización do departamento garantirá a asignación de responsabilidades e tare-


fas que dean cumprimento ás funcións que lle son propias.

3. O departamento, en colaboración co coordinador ou a coordinadora de TIC, facilitará


o acceso de toda a poboación aos servizos que ofreza.

Artigo 18. Sistema de xestión da calidade.

1. Os centros integrados pertencentes á Rede de Centros Integrados de Formación Pro-


fesional de Galicia actuarán seguindo os procedementos do sistema de xestión da calidade
implantado, e incluíran os indicadores e os criterios de avaliación que procuren sempre a
mellora continua e a avaliación do sistema nos seus plans e procedementos, nas súas ac-
tuacións e nas súas accións, así como a carta de servizos dos departamentos.

2. As funcións propias do responsable de calidade do centro integrado serán exercidas


pola persoa responsable da xefatura do departamento de calidade e innovación, en estreita
colaboración co equipo directivo.

3. Os procedementos do sistema de xestión da calidade implantado serán de obrigado


cumprimento para todo o persoal do centro integrado. Así mesmo, os consellos sociais e
os seus membros deberán cumprir con todos os procedementos que lles correspondan.
CVE-DOG: aad392db-6774-4730-9882-5966b87f0cb1

Disposición adicional primeira.

O desempeño das funcións de xefatura de departamento e de coordinacións descritas


no Decreto 77/2011, e nesta orde terá o mesmo recoñecemento para efectos administrati-
vos e económicos que o cargo de xefatura de departamento establecido para os institutos
de educación secundaria.

Disposición adicional segunda.

Delégase na persoa responsable da dirección xeral competente en materia de forma-


ción profesional o nomeamento das persoas responsables da dirección dos centros inte-
grados de formación profesional.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 151 Luns, 8 de agosto de 2011 Páx. 22649

Disposición derrogatoria única.

Quedan derrogadas todas as disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ao


disposto nesta orde en relación aos centros integrados de formación profesional competen-
cia da Consellería Educación e Ordenación Universitaria.

Disposición derradeira primeira.

Autorízanse os titulares dos órganos desta consellería competentes en materia de cen-


tros, recursos humanos e formación profesional a adoptar todos os actos e medidas que
sexan necesarias para a execución desta orde.

Disposición derradeira segunda.

Esta orde entrará en vigor o día 1 de setembro de 2011.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2011.

Jesús Vázquez Abad


Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Anexo I
Contido mínimo do Plan de orientación profesional

1. Marco legal.

2. Contextualización.
CVE-DOG: aad392db-6774-4730-9882-5966b87f0cb1

3. Finalidade e función da orientación académica e profesional.

4. Análise das necesidades.

5. Ámbitos de intervención, indicando para cada un deles os obxectivos e as liñas de


actuación:

a) Orientación académica: itinerarios formativos, deseñando unha programación se-


cuenciada e adaptada ás necesidades dos tramos de idade correspondentes a cada etapa
educativa ou de formación.

b) Información e/ou asesoramento.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 151 Luns, 8 de agosto de 2011 Páx. 22650

c) Inserción laboral e bolsa de emprego.

d) Emprendemento.

e) Acreditación de competencias profesionais.

f) Atención á diversidade.

g) Coordinacións con organismos e entidades para a prestación de servizos de orienta-


ción profesional.

h) Formación dos profesionais da orientación profesional.

6. Estratexias e recursos.

7. Responsabilidades.

8. Criterios e indicadores de avaliación do Plan de orientación profesional, precisando


avaliacións desde a perspectiva do usuario, da súa satisfacción, da calidade da orientación
recibida, etc.

9. Carta de servizos do departamento e carta de servizos específica do procedemento para


o recoñecemento, a avaliación, a acreditación e a certificación da competencia profesional.

Anexo II
Contido mínimo do Plan de acción titorial

a) Marco legal.
CVE-DOG: aad392db-6774-4730-9882-5966b87f0cb1

b) Contextualización.

c) Finalidade do Plan de acción titorial.

d) Distribución de competencias e responsabilidades.

e) Obxectivos e liñas de actuación, e persoas destinatarias segundo o tipo de actividade


formativa.

f) Horarios, accións de coordinación e titorías.

g) Criterios e indicadores de calidade.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

You might also like