You are on page 1of 6

TÉCNICAS QUE FAVORECEN A LECTO-ESCRITURA

BRAIN GYM
- Movementos cruzados: cara adiante e cara atrás (20 repeticiones de cada)arriba-
abaixo e esquerda, dereita (dúas veces e seis veces balanceo de brazos)

- Movementos oculares: desde posición arriba esquerda ata abaixo dereita e despois
no sentido contrario (repetir tres veces en cada sentido)

- Oito tumbado en papel. Repetir seis veces con cada man e logo facelo no aire.

- Estiramento brazo: Coler co outro brazo por detrás da cabeza e facer movementos
antagónicos (o estirado tira cara a cabeza e o que o colle cara afora e despois o estirado
tira cara atrás e o que o colle cara adiante)

- Moucho: Masaxear o hombro dereito coa man esquerda e ir virando a cabeza moi
lentamente. Cambiar de man e hombro. Os oollos miran ao frente e se respira pola
boca.

- Masaxe de orellas: Cos dedos índice e pulgar masaxéanse con movementos rotatorios
os pabillóns auditivos dende arriba ata abaixo estirando lentamente e tres veces.
MENTE EN ACCIÓN
-Integrador bilateral. Coller dous útiles ou paos e pendurarlle la ou cintas de cores.
Cada man debe efectuar movementos antagónicos simulando a un director de
orquestra.

- Batalla dixital. Ir tocando co dedo pulgar os demáis dedos empezando polo índice e
rematando polo dedo meñique e coordinando ás dúas mans ao tempo. Deixar oito
segundos de presión en cada dedo.

- Estirar palmas. Durante oito segundos estirar os dedos das dúas mans o máximo
posible e despois contraelas ao máximo tamén oito segundos.

- Masaxe manual. Masaxear ambas mans comezando pola dereita polo costado e
interior estirando dos dedos e aplicando presión nos músculos que hai entre os ósos.
Estirar a man e mantela aberta oito segundos. Despois cambiar á man esquerda.

OUTRAS ACTIVIDADES LÚDICAS:

- Modelar cera abellas stockmar e facer mascotas.

- Escurrir panos mollados.

- Facer boliñas de papel e soplalas logo cunha palliña por un circuito.

- Acuarela. Debuxos con azul e vermello. Lámina azul, lámina vermella. Lámina
azul arriba liso e abaixo greca vermella ondulada. Lámina azul arriba greca e
abaixo liso vermello

- Texer coas mans.

- Abatanar la para facer persoaxes do outono, Nadal, primaveira….

- Coller e trasvasar grans de arroz, lentellas, garabanzos, pompóns… con pinzas


de cociña, roupa, depilar… para facer saquiños de tea que logo cosen.

- Facer gafas de la. Cor azul man dereita e vermello man esquerda e despois
encestalas e anudalas.

- Escribir en área, fariña…


- Crear caixans sensoriais e logo introducir obxectos que deben identificar cos
ollos pechados e logo con pinzas, palillos chineses…

- Facer pulseiras ou xoias de abalorios, pasta pintada, gomas…

- Puzzles en paus de xeado.

- Xogar aos mikado.

- Xogos con gomas de pelo.

- Xogos de palmas

1. En la calle 24

En la calle - lle
veinticuatro - tro
se ha cometido - do
un asesinato - to.
Una vieja - ja
mato un gato - to
con la punta - ta
del zapato - to.
Pobre vieja - ja
pobre gato - to
pobre punta - ta
del zapato - to.

2. Chocolate
Choco, choco, la, la
choco, choco, te, te
choco, la, choco, te
¡cho-co-la-te!

3. Don Federico
Don Federico perdió su cartera,
para casarse con una costurera;
la costurera perdió su dedal,
para casarse con un general;
el general perdió su espada,
para casarse con una bella dama;
la bella dama perdió su abanico,
para casarse con don Federico.

Don Federico perdió su ojo


para casarse con un piojo;
el piojo perdió sus patas,
para casarse con una garrapata;
la garrapata perdió su cola,
para casarse con una pepsi-cola;
la pepsi-cola perdió su burbuja,
para casarse con una mala bruja;
la mala bruja perdió su gatito,
para casarse con Don Federico.

Don Federico le dijo: Que NO


y la mala bruja se desmayó;
al día siguiente le dijo: Que SÍ
y la mala bruja se puso a reír.

- Xogo twister manos.


- Xogo corda nas mans.

- Xogo la de algodón.

- Xogo:” Manos arriba” de Mercurio.

- Aplicar técnicas de la clase extra Waldorf con ceras. A postura e sentados coa espalda
recta ben pegada ao respaldo da cadeira e as pernas flexionadas cos pes xuntos
tocando o chan:

1. Pintar en papel contínuo grande garabatos empregando cinco ou seis ceras ao


tempo e alternar mans dereita e esquerda. O movemento sae dende o ombreiro.

2. Buscar e colorear as figuras xeométricas que quedaran atrapadas entre os


garabatos.

3. Colocar láminas de papel de tamaño A3 o máis grandes para que tracen liñas
dende o cóbado e pinten o tramo de folla dende arriba a abaixo. Collen unha cor e
van alternando. Poden mover a folla para ir trazando arcos da vella por toda a folla.
Alternar as mans.
4. Iden que o anterior pero despois engaden ao arco da vella grecas de cores trazadas
dende a muñeca (primeiro ondas e despois bucles) tanto na parte superior como
na inferior.

5. Idem que o anterior pero en conta das grecas fan flequillos ou pelos aos arcos da
vella e os movementos paren de dos dedos que fan a pinza na dirección de abaixo
a arriba.

6. Trazar nun papel unha lemniscata (comezando por a parte superior máis alonxada
en sentido contrario ás agullas do reloxo) en coa man dereita que abarque todo o
ancho da mesa e apoiar a man esquerda para trazala. Repasar a lemniscata ata que
interioricen o seu movemento. Trazar posteriormente coa man esquerda una liña
recta dende arriba ata abaixo doutra cor e repetir ata que o movemento quede
integrado. Posteriormente, realizar ambas figuras ao tempo (a espiral coa man
dereita e a liña coa man esquerda. Logo cambiar de man. Ao rematar facemos un
xogo para relaxar os dedos. Simultáneamente cos dedos pulgares percorremos o
resto de dedos das mans dando cinco voltas ao redor de cada dedo.

- Coas crianzas de EI e 1, 2º de EP podemos facer rimas de dedos de Tamara


Chubarovsky como: Diez enanitos, saltan los delfines, libélula lila… (buscar youtube)
coas que ademáis de mellorar a motricidade fina e a axilidade dos dedos traballaremos
inhibicións de reflexos primitivos, oculomotricidade, problemas articulatorios…

You might also like