You are on page 1of 28

A SOCIEDADE DE CLASES E O MOVEMENTO OBREIRO.

1. INTRODUCIÓN:
Coa Revolución Industrial aparecen novos grupos sociais:
empresarios, banqueiros, obreiros industriais... e a sociedade
faise máis complexa.
Agora, a sociedade industrial é a sociedade de clases, os
grupos son abertos e determinados pola fortuna. A lei é,
teoricamente, igual parta todos; o mesmo que ningunha
función é monopolio dun grupo. Sen embargo, mantéñense
grandes diferenzas de fortuna e cultura entre as clases medias
e o campesiñado e a clase obreira. O artesanado
practicamente desaparece.
Xunto a isto, a sociedade industrial orixina unhas
condicións de vida infrahumanas para o proletariado: as
empresas necesitan conquistar mercados e para iso é
necesario abaratar custos, o primeiro que se fai é reduci-los
salarios debido á abundancia de man de obra. Os salarios eran
baixos; o despido, libre; un obreiro ou obreira enferma tiña
que pagar á empresa, o paro aumenta. Os horarios son
abusivos, chéganse a xornadas de 16 e 17 horas. Emprégase a
mulleres e nenos como man de obra barata. O proletariado
vive amoreado nos barrios sen as condicións hixiénicas e de
saúde mínimas. Ante esta situación os obreiros empezan a
asociarse para mellorar as súas condicións de traballo e
inícianse os primeiros conflitos.
Fronte a isto, a burguesía ten, en primeiro lugar, o
dominio económico:
 Posúe a maior parte dos capitais, en continuo crecemento
polos beneficios industriais
 Controla os mecanismos dos mercados
 Benefíciase dos rendementos do traballo, xa que non todos
repercuten no proletariado.
Tamén ten o dominio político. A súa participación activa nos
movementos revolucionarios tivo como consecuencia que a
nova orde defendese os intereses burgueses:
 Liberdade: non só política, tamén económica ( por exemplo,
liberdade total de contratación) e social ( posibilidade de
ascenso na escala social).
 Igualdade: o que lles permite a entrada nos altos cargos do
Estado e tamén igualdade fiscal.

1
 Propiedade: non só é agora un dereito natural, será tamén
libre (pode ser obxecto do comercio), individual (os titulares
teñen que ser persoas físicas, non o Estado ou a Igrexa) e
absoluta (disponse dela con total liberdade).

2. O SINDICALISMO:
Inglaterra, país onde se inicia a Revolución Industrial, é
tamén pioneira nos movementos obreiros.
Un primeiro tipo de organización obreira foi a asociación ou
Sociedade de Socorros Mutuos, moitas veces clandestina.
Axudaban ao traballador en caso de enfermidade ou paro e
puideron organizar as primeiras folgas grazas ao cobro de
cotas que permitían crear caixas de resistencia.
Un dos primeiros enfrontamentos foi o Ludismo, é un
movemento de violencia contra as máquinas que estalou en
Lancashire en 1780 e que foi especialmente intenso a partir de
1811, vese ás máquinas como as causantes dos males do
proletariado. Os gobernos reaccionaron con dureza, incluso
condenando a morte ós que realizaban estes atentados.
As Trade Unions son asociacións locais ou a nivel de
fábricas, estruturadas por oficios e constituídas por obreiros
especializados que buscan a mellora das condicións laborais. O
sindicalismo inglés pasa por diversas etapas:
- Clandestinidade: identificábase ao obreirismo con posturas
antigubernamentais. Son as Combination Acts de 1800
que ilegalizan calquera asociación obreira.
- certa tolerancia:
 En 1824 conséguese a liberdade de asociación e
medran os sindicatos locais e por oficios.
 En 1829, Doherty pensou que se debían unir tódolos
sindicatos locais formando un gran sindicato nacional;
el realizou a unión dos fiadores de Gran Bretaña.
 En 1831 reúnense tódolos sindicatos e oficios, grazas a
Doherty e Owen, nas Great Trade Unions; o
goberno, alarmado, declarounas ilegais.
 En 1838 nace un movemento de gran importancia para
o sindicalismo inglés, o Cartismo, non é só un
movemento laboral, senón que recolle reivindicacións
políticas: sufraxio universal, supresión do certificado
de propiedade para seren membros do Parlamento, un
soldo para os parlamentarios, etc. Dentro do Cartismo
triunfou a tendencia radical, fronte a moderada de

2
Owen, convocándose folgas xerais, provocando
disturbios,... o goberno actuou con contundencia e o
cartismo fracasou.
A partir de aquí, o obreirismo inglés unirase a
certos sectores das clases medias para conseguir as
súas reivindicacións.

3. O ANARQUISMO:
O anarquismo xorde a mediados do século XIX e ten a
Bakunin e Proudhon como os seus principais ideólogos, tivo
unha grande incidencia en Rusia e nos países latinos ( España,
Francia....). Hai varias ideas centrais:
 Defende a liberdade pero entendida socialmente.
 Defende un ateísmo radical.
 O instrumento do cambio social debe ser a educación
popular.
 Rexeitamento de calquera tipo de poder: non ao Estado,
non ao exército e non aos partidos, só admite o
sindicalismo.
 Defende que a base da revolución sexa o campesiñado
 Socialmente, defínense como colectivistas e pacifistas. A
sociedade organizarase en comunas autoxestionadas que se
federarán libremente formando rexións e países.
 Economicamente, rexeitan a propiedade privada. Aquí hai
dúas tendencias:
a) o anarco-colectivismo de Bakunin, que defende a
colectivización do capital, a terra e os medios de
produción pero non dos froitos: “a cada un segundo o seu
traballo”
b) o anarco-comunismo de Kropotkin que defende a
colectivización tamén dos froitos do traballo. Algúns dos
anarco-comunistas defenden tamén a acción directa:
combaten, mediante a violencia, a sociedade burguesa.
Haberá atentados contra os Estados, a Igrexa e os
grandes capitalistas:
 1894, asasinato do presidente da República francesa.
 1897, asasinato de Cánovas del Castillo.
 1901, asasinato do presidente dos EE.UU.

4. O SOCIALISMO:
4.1 O SOCIALISMO UTÓPICO: (establece solucións
inviables), xorde entre os anos 20 e 40 en Francia con

3
figuras como Saint Simon, Fourier ou Blanc, son máis ben
reflexións de pensadores sobre as contradicións da
sociedade industrial nun país con escaso proletariado e
sen un sindicalismo organizado. Hai poucos elementos en
común:
 Prefiren a evolución á revolución e buscan a concordia
de clases, coa mellora das clases populares: protección
á infancia ou asistencia sanitaria.
 Crearon modelos de sociedades que tentaron levar á
práctica: os falansterios de Fourier: poboacións de
1600 persoas onde se respecta a propiedade privada e
a herdanza ou os Talleres Sociais de Blanc: para
empregar ós traballadores en paro. A maioría destes
intentos fracasaron.
4.2 O SOCIALISMO CIENTÍFICO:
Desenvolveuse a mediados do século XIX e destacan nel
as figuras de Carlos Marx (1818-1883) e Federico Engels
(1820-1895). Marx naceu en Alemaña, dentro dunha familia
burguesa, estudou Dereito, Historia e Economía, en 1843
trasládase a París e coñece a Engels. As súas actividades
políticas lévanlle a viaxar continuamente ata que se instala en
Gran Bretaña. Engels era alemán e en 1842 trasládase a
Inglaterra onde tiña unha fábrica. As súas obras son
numerosas, destacando dúas:
 O Manifesto Comunista de Marx e Engels de 1848. Aquí
expoñen a súa concepción materialista da historia: a historia
de tódalas sociedades que existiron é a historia da loita de
clases, que na súa época se manifesta na loita entre a
burguesía e o proletariado. No século XIX a burguesía
desenvolvérase enormemente debido á expansión colonial, a
gran industria etc., a súa vez a situación do proletariado era
cada vez máis mísera.
 O Capital, son catro volumes dos que destaca o primeiro obra
de Marx: expón as ideas económicas sobre a plusvalía e a
concentración de capitais.

A) O MATERIALISMO DIALÉCTICO:
É o nome da filosofía de Marx, o seu punto de partida é
Hegel e o seu idealismo. A materia é previa á idea e todo
evoluciona dialecticamente, é dicir, a traveso da loita dunha
realidade coa súa contraria e pon o exemplo da sociedade
capitalista, esta enxendra ó seu maior inimigo: o proletariado.

4
Capitalismo (tese) Proletariado (antítese)
Síntese (sociedade socialista)
O materialismo dialéctico aplicado á historia orixina o
materialismo histórico. Aplicado á política xorde o socialismo
científico. Marx chamouno así para opoñelo ó utópico, xa que
el atopara as leis científicas que rexen as sociedades fronte os
presupostos inviables dos utópicos.

B) O MATERIALISMO HISTÓRICO:
Comprende catro puntos:
 Materialismo histórico:
A miseria do proletariado non se resolvía con melloras
laborais, era necesario un cambio máis profundo, era
necesario transforma-la base económica da sociedade. Para el,
a economía era o motor da historia (a chamada infraestrutura)
que determina a sociedade e todo o que o ser humano pensa
ou crea: o dereito, a relixión, a ideoloxía... (chámao a
superestrutura). Se lle criticou a finais do século XIX, dicindo
que o ser humano é algo máis que materia e que pode
cambia-la economía, Engels respondeu coa súa tese da “acción
recíproca” que recoñece o anterior, un elemento da
superestrutura pode influír na economía pero sempre
destacando á economía como o motor.
 Loita de clases:
Marx, ao estudar as leis que rexen o cambio da
sociedade, atopase con tres elementos:
- As formas de produción: sociedade agrícola, cazadora...
- Os medios de produción: a natureza, os instrumentos de
traballo...
- As relacións de produción: é dicir, a posición co ser humano
adopta ante o proceso produtivo, xurdindo as clases sociais
que se definen segundo sexan propietarios ou non dos medios
de produción.
Para Marx os medios de produción están sometidos a
unha dinámica de progreso, como o proba o avance técnico,
mentres que a clase social que os posúe é estática, non está
disposta a cambios; isto lévalle a chocar coa dinámica dos
medios de produción.
Ó longo da historia sempre houbo clases:
Idade Antiga: amo e escravo
Idade Media: señor feudal e servo
Idade Capitalista: patrón e obreiro

5
Para Marx a única forma de cambiar isto é a revolución
social por medio da loita de clases que Engels ve de tres
formas:
- económica: loita por melloras laborais.
- Política: nos parlamentos e nas rúas.
- Ideolóxica: conseguir co proletariado adquira conciencia de
clase

 Ditadura do proletariado:
Coa revolución o proletariado tomará o Estado e unha vez
aquí expropiará á burguesía, eliminándoa como clase; despois,
colectivizará os medios de produción e, por último, sentará as
bases dunha sociedade socialista. Este foi un dos puntos máis
criticados a Marx, el fala dunha ditadura temporal mentres
haxa restos de capitalismo, a partir de aquí o Estado irá
reducindo o seu papel.

 Sociedade sen clases:


Marx non describiu como sería, pero dalgúns estudios
extráense algúns trazos:
- Unha sociedade sen clases, só propiedade social
- Sociedade sen Estado, este desaparecerá dando paso á
autoadministración.
- Desde o punto de vista económico, organizarase en
comunidades de produción e consumo, onde o froito obtido
será, ao principio, a cada un segundo o seu traballo
(sociedade socialista) e despois segundo as súas necesidades
(sociedade comunista)

C) TEORÍAS ECONÓMICAS:

 A PLUSVALÍA: o valor dun obxecto está en función do traballo


que custou producilo. Así calquera obxecto elaborado terá un
valor equivalente ó tempo investido en obtelo. A plusvalía é o
valor de aquel traballo realizado polo obreiro ou obreira que
este non cobra e que percibe o capitalista en forma de
beneficio; é a diferenza entre o valor dos produtos elaborados
polo obreiro e o valor do seu salario. Existe unha plusvalía
absoluta: conséguese prolongando a xornada de traballo, e
unha plusvalía relativa: reducindo a xornadas por medio do
progreso técnico.

6
 A CONCENTRACIÓN DE CAPITAIS: unha fábrica cantos máis
obreiros teña, máis plusvalía terá e estará en mellores
condicións de competir; as empresas débiles quebrarán e
iranse incluíndo no mundo proletario. O proceso leva,
segundo Marx, á concentración de capitais en poucas mans;
nese momento haberá unha crise de superprodución xa que
haberá demasiado para unha poboación proletaria sen
capacidade adquisitiva. O capitalismo está condenado ó
fracaso.

4.3 O SOCIALISMO REVISIONISTA: BERNSTEIN


Bernstein (1850-1932) é un pensador marxista alemán
que someteu a revisión esta teoría. As súas ideas son a base
do socialismo reformista ou democrático. Para Bernstein as
condicións históricas da segunda metade do século XIX ( 2ª
Revolución Industrial) eran moi diferentes ás condicións da
primeira revolución industrial, que foi a que estudou Marx.
Tres diferenzas:
- A industria converteuse no eixe da economía moderna nos
países industriais; así, o proletariado aumenta moito, non só
numericamente senón tamén en importancia social e
económica. Mediante a presión, creouse unha lexislación
laboral e social máis favorable ao proletariado; ademais, o
proletariado agora non está indefenso, conta con dous
elementos de loita: o sindicato e o partido.
- A Segunda Revolución Industrial caracterizouse por un enorme
progreso técnico, permitindo o desenvolvemento da produción
e o abaratamento do produto. O obreiro pode adquirir
produtos ata agora inaccesibles para el.
- Non se cumpriran as predicións de Marx no sentido dunha
concentración de capitais en poucas mans, nin a desaparición
das clases medias. Desenvólvense sociedades por accións
onde o capital está repartido. A plusvalía é menor do previsto
por Marx debido á acción dos sindicatos.
Marx nunca pensou na posibilidade do sufraxio universal,
nin na existencia de partidos obreiros que, mediante o
parlamento e o goberno, puidesen modifica-la sociedade. A
partir destas bases Bernstein desenvolve unha serie de ideas:
a) Nega o determinismo económico marxista, aduce a súa
confianza nas ideas como motor da historia.

7
b) Non é partidario da revolución social. Defende a democracia
e o acceso ao poder por medios democráticos, para elo
cóntase co sufraxio universal e os partidos socialistas.
c) Acepta a loita de clases, pero non a violencia.
d) Non acepta a ditadura do proletariado, nin a supresión da
burguesía. Cando o partido chegue ó poder, socializará
aqueles medios de produción co Estado poda dirixir mellor cos
particulares.
e) O seu obxectivo é elevar o nivel de vida do proletariado ata
equiparalo á burguesía e isto farase coas leis oportunas e os
impostos. A súa finalidade é converter a democracia política
en democracia social.
A influencia de Bernstein: as súas ideas son a orixe dos
partidos socialdemócratas, foi duramente criticado polo
leninismo. Xorde o partido socialdemócrata sueco, francés, o
laborismo inglés etc.

8
5. A I INTERNACIONAL. O ENFRONTAMENTO ENTRE
MARXISTAS E BAKUNISTAS:
A I Internacional (I AIT) foi unha idea de Marx; a súa obra
“O Manifesto Comunista” acaba coa frase: “proletarios de
tódolos países, unirvos”; aínda que hai quen defende que a
orixe está nunha proposta das Trade Unions.
Xa co capitalismo se internacionaliza, os obreiros e
obreiras deben face-lo mesmo; os seus intereses de clase
teñen que ser superiores á pertenza a unha nación ( a historia
evoluciona pola loita dunha clase contra outra, non pola loita
dunha nación contra outra)
A idea tivo bastantes simpatizantes e iniciáronse os
contactos entre sindicatos, o que cristalizou na I Internacional
que nace en Londres en 1864. Participan marxistas, socialistas
de todo tipo, cartistas, tradeunionistas, anarquistas... Marx
redacta os estatutos e a declaración de principios que recolle
dúas ideas básicas:
- A emancipación será obra dos traballadores.
- A clase traballadora non debe ser indiferente á toma do
poder político.
A base fundamental da AIT era francesa e inglesa e tivo
unha vida curta, no congreso de A Haxa de 1872 son
expulsados os anarquistas e Bakunin organiza a Alianza
Internacional con sede en Xenebra, practicamente é o fin da I
Internacional.
O seu fin debese a razóns externas: foi perseguida polos
gobernos no poder, sobre todo despois do fracaso da Comuna
de París, esta foi un intento de goberno obreiro cando os
alemáns están ás portas de París en 1871. Será un goberno
directo do pobo, os talleres son dirixidos polos obreiros en
réxime de autoxestión, rexéitase calquera tipo de poder
político, ensino gratuíto e obrigatorio... Mac Mahon domina a
revolta e a represión é durísima. Acúsase á Internacional de
provoca-las sublevacións.
O seu fin tamén responde a razóns internas, destacando as
diferenzas entre marxistas e anarquistas:
- Diferente concepción da historia: para Marx a move a
loita de clases, Bakunin é máis individualista, o ser
humano pode vence-las forzas da historia.
- A revolución social será protagonizada polos obreiros
industriais e terá un carácter colectivo; para Bakunin a

9
revolución será unha acción individual e o campesiñado
será a masa revolucionaria.
- Marx postula a ditadura do proletariado, Bakunin rexeita
toda forma de poder e, polo tanto, tamén esta.
- Os marxistas aceptan o xogo político, interveñen en
eleccións e nos parlamentos; os anarquistas rexeitan a
política, non participan nin nas eleccións nin no
parlamento.

6. A II INTERNACIONAL:
Desde a crise de A Haia non houbo unha dirección única ata
que en 1889 se crea a II Internacional no congreso de París.
Morto Marx, destacan os alemáns Liebknecht e Bernstein, os
xenros de Marx, Longuet e Lafargue e conta coa participación
dun español, Pablo Iglesias. Non ten o carácter centralista da I
Internacional, é unha federación de partidos autónomos que
teñen como finalidade intentar orientar a súas actuacións,
dous problemas:
- O tipo de estratexia a seguir. Os anarquistas querían
unha política de emancipación económica, mentres co
resto pretendía atender ás reivindicacións inmediatas dos
obreiros, triúnfan os segundos e os anarquistas volven a
abandonar a Internacional (1896).
- Relación entre sindicatos e partidos. Os alemáns
defendían a integración, os ingleses a independencia
total; desde 1900 adoptase a vía da colaboración.
Ata 1914, tres grandes temas dominan os debates:
a) Colaboración coas forzas burguesas: algúns socialistas
entran en gobernos, Guesde propón a súa condena. Ó final,
condénase o revisionismo pero se acepta a entrada dun
socialista nun goberno burgués como algo excepcional
(Kaustsky). O debate continuou ata 1904 en que son
expulsados os revisionistas.
b) A cuestión colonial: nun principio as declaracións foron moi
abstractas en contra do racismo e a prol da igualdade das
razas, pero en 1907 (Stuttgart) proclámase o deber de
combater a explotación colonial baixo todas as súas formas.
c) O perigo da guerra. Nos congresos se debaten temas como
a folga xeral para impedir un eventual conflito ou chamadas á
deserción dos soldados. En vésperas da I Guerra Mundial hai
tres tendencias dentro do socialismo europeo:

10
-centrista de Kautsky: mantén a linguaxe marxista pero como
a revolución é inexorable, teñen unha actitude expectante.
-revisionista: sobre todo en Alemaña, Francia e Italia, a favor
da vía parlamentaria.
-esquerdista: Rosa Luxemburgo en Alemaña e bolxeviques en
Rusia. Defensa da insurrección e da folga xeral.
En 1919 xorde a III Internacional, baixo o auspicio dos
bolxeviques, pero en 1921 escíndense, en case tódolos
partidos socialistas, os comunistas. Os socialistas abandonan a
III Internacional e crean unha propia baseada nos
socialdemócratas alemáns e os laboristas ingleses, dura ata
1943. Rexurdirá na década dos 50 co nome da Internacional
Socialista.
Dentro da III Internacional hai tensións entre Trotsky e
Stalin, o primeiro defende a revolución universal, o segundo
nun só país. Créanse partidos trotskistas e a IV Internacional
trotskista que aínda subsiste.

11
Margaret Thomas explica ao comisario, en Gales: “estiven
traballando nos niveis baixo terra empurrando vagonetas. O traballo
nos niveis era máis duro que nas galerías, os niveis xeralmente
estaban húmidos; algunhas veces ía enterrada ata a metade da perna
a través do barro e a auga, traballaba descalza; había moitas mozas
novas nos niveis e non estaban habituadas a perder tempo con
doenzas. Ían á escola dominical pero non sabían ler”
EVANS, R. M. Big Pit Mining Museum. Blaenavon.

En Inglaterra estes “barrios feos” están máis ou menos dispostos


do mesmo xeito en tódalas cidades; as peores casas están na peor
zona do lugar; polo xeral, son de un ou dous pisos, en longas filas,
posiblemente cos sotos habitados e instaladas irregularmente por todas
partes. Estas casiñas, de tres ou catro cuartos e unha cociña,
chamadas cottages, son en Inglaterra, quitando unha parte de Londres,
a forma xeral da vivenda de toda a clase obreira. En xeral, as rúas
están sen enlousar, son desiguais, están emporcadas, cheas de restos
de animais e vexetais, sen sumidoiros e, por iso, sempre cheas de
fedorentas lameiras. Ademais, a ventilación faise difícil polo defectuoso
e atrapallado proxecto de construción e, posto que moitos individuos
viven nun pequeno espazo, pode facilmente imaxinarse o aire que
envolve estes barrios obreiros. Por último, cando hai bo tempo,
esténdese a roupa a secar sobre cordeis pasados dunha casa á outra,
perpendicularmente á rúa.
ENGELS, F. “A situación da clase obreira en Inglaterra”

Contesta estas preguntas:

1. Explica cando e como nace a clase obreira; con que


acontecemento e con que cambios nos métodos de
produción o relacionas?

2. Amplía a información sobre a forma de vida da clase


obreira cos inicios da Revolución Industrial.

3. Que repercusións tivo, no ámbito político, a toma de


conciencia das condicións de vida da clase traballadora?

12
Posuímos información de que vostede é un deses propietarios que
teñen desas detestables tesoiras mecánicas, e os meus homes
encargáronme que lle escribira, que lle fixera unha advertencia e lle
aconsellara que as quitase... Tome vostede nota de que, se non son
retiradas á fin da semana próxima, despacharei a un dos meus
lugartenentes con non menos de 300 homes para destruílas. E,
ademais, tome vostede nota tamén de que, se nos causa problemas,
nós aumentaremos os seus infortunios queimando o seu edificio e
reducíndoo a cinzas; e se vostede ten o atrevemento de disparar contra
dos meus homes, eles teñen orde de asasinalo e queimarlle a casa a
vostede. Así que vostede terá a bondade de informar ós seus veciños
de que lles espera o mesmo destino se os seus bastidores de calcetar
non son rapidamente quitados...

Thompson, E.P. en “A formación histórica da clase obreira”

A historia de tódalas sociedades ata os nosos días é a historia


das loitas de clases. Homes libres e escravos, patricios e plebeos,
señores e servos, mestres e oficiais, nunha palabra: opresores e
oprimidos enfrontáronse sempre, mantiveron unha loita constante,
ocultada unhas veces e outras franca e aberta; loita que rematou
sempre coa transformación revolucionaria de toda a sociedade ou o
afundimento das clases en pugna.
Nas anteriores épocas históricas atopamos case por todas partes
unha completa diferenciación da sociedade en diversos estamentos,
unha múltiple escala gradual de condicións sociais. Na antiga Roma
atopamos patricios, cabaleiros, plebeos e escravos; na Idade Media,
señores feudais, vasalos, mestres, oficiais e servos, e ademais, en
case todas estas clases atopamos, á súa vez, gradacións especiais.
A moderna sociedade burguesa, que saíu de entre as ruínas da
sociedade feudal, non aboliu as contradicións de clase. Unicamente
substituíu as vellas clases, as vellas condicións de opresión, as vellas
formas de loita por outras novas.
A nosa época, a época da burguesía, distínguese, non obstante,
por ter simplificado as contradicións de clase. Toda a sociedade se vai
dividindo, cada vez máis, en dous grandes bandos hostís, en dúas
grandes clases que se enfrontan directamente: a burguesía e mailo
proletariado.
Marx e Engels, “O Manifesto Comunista”, 1848

13
A REVOLUCIÓN RUSA E A CONSOLIDACIÓN DA URSS

I- DO TSARISMO AO PODER DOS SOVIETS.

1) Os precedentes da revolución:
Rusia viviu ancorada no Antigo Réxime ata o século XX, o
liberalismo non existiu en Rusia e cando xorde unha clase
media, non ten o suficiente poder económico e político para
transformar o réxime.
Características da sociedade tsarista:
a) Económicas: é unha sociedade esencialmente rural e a
maioría en réxime de servidume. Allea totalmente aos
cambios producidos en Europa occidental coa Revolución
Industrial.
b) Sociais: destaca a forza da nobreza, ostenta os cargos da
administración , posúe as terras e os servos. Hai unha
total ausencia da burguesía capitalista debido á falta de
industrialización. Os servos eran moi numerosos, habíaos
domésticos, de corvea, obrigados ao pago de rendas, etc,
En xeral, están sometidos a condicións infrahumanas:
castigos corporais, poden ser vendidos ou cambiados,
enviados ao exército (25 anos) ou deportados a Siberia.
c) Políticas: Rusia é unha autocracia, o tsar ten un enorme
poder concentrado nas súas mans, é a máxima
autoridade relixiosa e o seu poder susténtanse na policía
e a burocracia. Existen uns Estados Xerais, formados por
funcionarios, de carácter deliberativo e controlados polo
tsar.
d) Étnicos e culturais: A finais do século XIX, o imperio ruso
é inmenso, cuns 130 millóns de habitantes repartidos en
centos de etnias, ducias de relixións e 147 linguas
distintas. O tsarismo pon en marcha un proceso de
rusificación ( os rusos son o 43% da poboación): perda
das institucións autónomas en Polonia ou Finlandia,
ataque aos xudeus, apoio á Igrexa ortodoxa e á lingua
rusa... Todo isto provoca o aumento do nacionalismo.
O tsar Alexandre II (1855-1881) vai a desenvolver unha
política contraditoria, hai algunhas medidas para liberalizar
pero dentro do carácter autocrático do réxime:
a) A emancipación dos servos: prodúcese cun ucase de
1861. A emancipación foi difícil xa que supoñía a entrega
de terras aos ex servos e o pago de indemnizacións aos

14
antigos propietarios. Con este decreto resolveuse o
problema xurídico, pero non resolveu os problemas
económicos. Os lotes de terras a repartir eran reducidos e
o goberno concedeulles créditos ao 5% a pagar en 49
anos. O campesiñado quedaba adscrito ao mir
(comunidade aldeá) a que se facía responsable do pago.
b) Reformas na administración e no exército (servizo militar
obrigatorio e profesionalización da oficialidade).
c) Poténciase o ensino primario e concédeselle certa
autonomía ás universidades.
d) Iniciouse unha tímida industrialización: será impulsada
polo estado e dirixida por Witte (a partir de 1893); o
capital era estranxeiro, fundamentalmente de Francia e
Bélxica e, en segundo lugar, dos beneficios obtidos da
venda de cereais no estranxeiro, hai que lembrar que a
agricultura emprega ás ¾ partes da poboación e supón
máis do 50% da renda nacional. Os sectores nos que se
centrou esta primeira industrialización foron: o ferrocarril,
o téxtil, o metalúrxico e o petrolífero, cos pozos de Bakú
controlados polos Rothschild. Coa industrialización
aparece o proletariado, elemento esencial na revolución
bolxevique, a ideoloxía que o moverá provén de
occidente. Resumindo, a industria rusa vaise caracterizar
por: primaron as industrias extractivas e de bens de
equipo sobre as de bens de consumo, a produción
industrial concéntrase en áreas concretas (San
Petersburgo, Moscova, Polonia, cuncas mineiras dos Urais
e rexión petrolífera do Cáucaso) e a man de obra
concéntrase en grandes centros fabrís: máis do 40% dos
traballadores e traballadoras en empresas de máis de
1000 empregados/as.
O reformismo desaparece cos sucesores do Tsar
Alexandre: Alexandre III e Nicolás II. O século XX ábrese
cunha profunda crise: o crack da bolsa de San Petersburgo
(1899), a invasión de produtos alemáns e o afundimento da
demanda debido ao fin das obras do transiberiano (1902),
ademais en 1900 e 1901 prodúcese malas colleitas que
acentúan a mísera situación do proletariado.
Todo esto acentúase coa derrota de Rusia ante Xapón na
guerra de 1904-05 que evidencia os fallos da organización
tsarista: tropas desorganizadas, material anticuado,
imposibilidade de transportar tropas a longa distancia...Isto é

15
a causa do levantamento popular de 1905 ( Domingo
Sanguento de San Petersburgo, motín do Potemkin...) que
orixinou unha serie de reformas por parte do tsar que cedo se
consideran insuficientes:
Anúnciase a creación dunha Duma lexislativa e a
extensión do dereito ó voto. Pero estas medidas quedarán
mediatizadas polo poder do tsar e por unha lei electoral
restrinxida. Cando a nova Duma pide a responsabilidade dos
ministros ante a cámara, unha lei agraria e a abolición da pena
de morte, o tsar a disolve.
O último intento de modernización é acometido por
Stolipin, intenta unha reforma agraria baseada na substitución
da terra comunal por privada. Inténtase crear unha estrutura
agraria capitalista que sexa rendible. O único que consegue é
acentuar as tensións entre a masa campesiña e a burguesía
rural. En 1907 hai eleccións para unha segunda Duma, onde
participan os bolxeviques, producíndose un xiro á esquerda.
Pídese o reparto de terras e a nacionalización dos bens. O tsar
a volve disolver.
A participación de Rusia na Gran Guerra de 1914 volve a
desatar as contradicións da sociedade tsarista: redúcese
enormemente a produción agraria debido á mobilización de
campesiños, a que as terras máis fértiles son ocupadas polos
Imperios Centrais e á política de “terra queimada”. Os gastos
da guerra orixinan alzas de prezos e axitación social. O
exército amosa de novo as súas deficiencias: pouca
oficialidade para unha mobilización enorme, mala organización
dos transportes ou carencias en artillaría. Segundo Lenin, o
tsar, coa entrada de Rusia na guerra, fixéralle o mellor regalo
á revolución.

2) Caída do tsarismo e fracaso do reformismo:


A caída do tsar en febreiro de 1917, da paso a un goberno
provisional presidido por Luov (partido Kadete) que decide
convocar unha asemblea constituínte, conceder unha amnistía
e continuar a guerra. O partido Kadete era de tendencia
liberal, formado por terratenentes e burgueses partidarios do
reformismo social e administrativo. Redáctanse cartas,
verdadeiros “cadernos de queixas” que recollen as principais
reivindicacións:
 Os obreiros e obreiras piden xornada de oito horas,
formación de comités de fábrica, etc.

16
 O campesiñado é máis radical, piden a propiedade da terra
e o reparto das grandes propiedades abandonadas.
 Os soldados piden o fin da guerra.
 Os diversos pobos de Rusia piden a autonomía ou a
creación dunha república federal.
A burguesía no poder non pode asumir estas reivindicacións
e se establece unha dualidade de poderes: fronte á Duma
xorden os soviets: comités de obreiros, soldados e
campesiños que se establecen en toda Rusia, o principal era o
de San Petersburgo. A súa orixe sitúase en 1905 e foron nun
inicio comités unitarios de folga, formados por delegados ou
delegadas elixidos en cada fábrica. A falta de sindicatos e co
baleiro de poder xerado coa caída do tsar, fixeron que cada
vez tiveran máis competencias, incluso lexislativas ( o de
Petrogrado -novo nome de San Petersburgo tralo inicio da
guerra con Alemaña- chegou a establecer a xornada de oito
horas ou a liberdade de imprenta). Eran controlados por
socialistas revolucionarios e polos menxeviques e bolxeviques,
estes últimos son produto da escisión dentro do Partido
Obreiro Socialdemócrata ruso.
 Os socialistas revolucionarios ou eseristas ( SR) recollen as
tendencias populistas e nihilistas, desexan unha volta a un
mundo rural, ás comunidade agrarias. Os nihilistas parten
da nada, non aceptan nada a priori; son revolucionarios que
non dubidaron en usa-la violencia.
 Os menxeviques cren que antes da revolución socialista se
debe pasar por unha fase burguesa, a través da asemblea
constituínte chegarase ó socialismo democrático. Defenden
a paz sen anexións, e polo tanto, manteñen a guerra
defensiva.
 Os bolxeviques cren que non é necesaria a fase burguesa,
propugnan a paz inmediata.
Nun primeiro momento, o soviet de Petrogrado, dirixido por
Kámenev acepta colaborar co goberno provisional, esta política
quebra coa chegada de Lenin en abril do exilio. Na súas “teses
de abril”, Lenin propugna o paso á segunda fase da revolución,
onde o poder estará en mans do proletariado e o
campesiñado; rexeita a guerra e oponse ó apoio ó goberno
provisional e á Duma.
Na conferencia do partido trunfa a súa postura e adóptase a
consigna de : “todo o poder para os soviets”. Sen embargo, a

17
súa postura é derrotada no I Congreso dos Soviets de Rusia (
23 e 24 de xuño), vencendo os menxeviques e eseristas.
Lenin prepara a revolución como un estratego militar; no
seu libro ¿que facer? destacan tres puntos:
1. Non hai revolución sen organización de dirixentes,
nega o levantamento espontáneo das masas.
2. Canto maior é a masa, maior debe ser a organización.
3. Todo debe estar en mans dunha minoría reitora,
dedicada só en preparar a revolución
Para Lenin, todo o poder debe estar nos soviets, o estado
reducirá a súa función ata ser unha máquina administrativa
sen poder. Lenin acepta a revolución só en un país, fronte a
Marx e Engels que falaban da revolución mundial. Admite a
ditadura do proletariado, que no caso ruso, transforma na
ditadura do partido.
En xullo, a axitación vai en aumento, prodúcense reveses
na guerra e orixínase un levantamento popular apoiado polos
anarquistas, como reacción acceden ó poder os moderados.
Iníciase unha forte campaña contra Lenin -acúsaselle de ser
un axente alemán- e contra os bolxeviques, encabezada polos
grandes industriais e a oficialidade do exército.
Sube ó poder Kerenski, un membro do partido Trudovique
(socialistas populares) que defende os intereses da burguesía:
empregados, pequenos comerciantes... Proponse instaurar
unha república moderada, ser árbitro entre Kadetes e a
esquerda e desprazar ós soviets por medio dunha asemblea.
Haberá un intento por tomar o poder polos
contrarrevolucionarios en agosto, o encabeza Kornilov, buscan
instaurar unha ditadura e apoiarse no exército e a igrexa.
Kerenski controla a situación pero ve como os bolxeviques
recuperan posicións: os soviets proliferan por todo o país,
xorden milicias obreiras, etc.; ademais non pode apoiarse no
exército, resentido tralo fracaso de Kornilov.

18
3) Triunfo dos bolxeviques e primeiras medidas:
En outubro regresa Lenin a Petrogrado e o comité central do
partido decide, cos votos en contra de Zinoviev e Kámenev,
prepara a toma inmediata do poder, créase un comité militar
revolucionario onde Trotski levará a iniciativa.
O 25 de outubro (no novo calendario o 7 de novembro) a
Garda Vermella toma a cidade e o pazo de inverno, Kerenski
fuxe e o que se coñece como a Revolución de Outubro. O
golpe coincide co II Congreso Panruso dos Soviets, onde os
bolxeviques xa teñen maioría. Apróbanse tres decretos:
 Pídese o fin da guerra. En febreiro de 1918 comezarán as
negociacións en Brest-Litovsk. A superioridade alemá
obrigoulles a firmar, o 3 de marzo, unha “paz
vergoñenta” en palabras de Lenin. Teñen que abandonar
Ucraína, recoñecer a independencia de Finlandia e Polonia
e ceden outros territorios (perden uns 800.000 km2 e o
26% da poboación). A firma da paz significou tamén
unha crise no partido bolxevique, un grupo oposto á
firma da paz crea o grupo de comunistas de esquerda.
 Un decreto sobre a terra. Respondía ás aspiracións
pequenoburguesas encarnadas por certos sectores dos
socialistas revolucionarios. A propiedade dos
terratenentes era abolida sen indemnizacións. Os dereitos
sobre as minas quedaban baixo o poder do Estado. A
colectivización da terra, defendida polos bolxeviques, non
se aproba polo momento.
 Créase un Consello de Comisarios do Pobo, que actúa
como goberno provisional e en nome do Congreso
Panruso de Soviets. Había convocadas eleccións para
unha asemblea constituínte, Lenin non se atreve a
anulalas e, como era previsible, debido ó enorme peso do
campo, triúnfan os socialistas-revolucionarios. Lenin non
está disposto a ceder o poder á asemblea e a disolve.
O goberno provisional tamén toma outras medidas:
- Separación Igrexa-Estado.
- Desaparece o clasismo ruso, téndese á igualdade.
- Queda abolida a débeda estatal, co que conseguen a
oposición de Francia e Gran Bretaña.
- Nacionalízase a banca e as grandes empresas.
Ademais se impón a autoxestión nas fábricas a
partir de cinco obreiros.

19
II- A CONSTITUCIÓN DO RÉXIME SOVIÉTICO: DE LENIN A
STALIN.

1 Unha nova Constitución:


A nova Constitución foi aprobada o 10 de xullo de 1918.
Non recollía o sufraxio universal xa que o seu obxectivo era
esmagar á burguesía establecendo a ditadura do proletariado;
así, non votaban os rendistas, os sacerdotes, os
comerciantes... En canto ó voto, poténciase ó proletariado
fronte ó campesiñado.
O artigo 13 recolle a separación Igrexa-Estado.
Igualmente, recóllense dereitos como liberdade de expresión,
de prensa...aínda que con restricións. Non se diferenza entre o
executivo e o lexislativo. Apróbase unha “Declaración de
Dereitos do Pobo Traballador e Explotado” réplica á
Declaración da Revolución francesa. Un punto importante é a
definición da república rusa, que se basea nunha libre unión de
nacións libres, constituíndose nunha federación de repúblicas
de soviets.

2 A guerra civil e a economía de guerra (comunismo de


guerra)
O estalido da guerra civil vai condicionar a política social
e económica do réxime bolxevique. Xorden diversos grupos
antibolxeviques, os principais están formados por oficiais e
soldados partidarios do réxime tsarista, son o exército branco.
A guerra iníciase en 1918 e conta co apoio de países
occidentais. Francia é partidaria de intervir; Gran Bretaña
dubida. O apoio centrarase en axuda financeira e en servizos
de retagarda. Ademais envían tropas ó Báltico e o Mar Negro
para apoiar o bloqueo ó réxime soviético. O exército branco
domina o sur, as zonas máis ricas.
Durante a guerra civil serán asasinados tódolos membros
da familia imperial; coa Revolución de Febreiro, o tsar e a súa
familia son detidos e trasladados a Ekaterinburg (na zona dos
Urais), ante a posibilidade de ser liberados pola presencia do
exército branco, o soviéticos dos Urais deciden a súa
execución, prodúcese o 16 de xullo de 1918.
Os bolxeviques derrotan en Voronej ó xeneral Denikin en 1919
e de novo ó exército branco no Donetz en 1920. Derrotan
tamén ós polacos que non estaban de acordo coas novas
fronteiras. En 1921 acábase a guerra, o éxito débese a:

20
 A participación estranxeira fai que gran parte do pobo
ruso apoie ós bolxeviques.
 A perfecta organización do exército vermello, obra de
Trotski. En 1917 só tiñan un pequeno grupo armado,
Trotski introduce unha disciplina ríxida e utiliza a antigos
oficiais tsaristas. En 1920 o exército chega á cifra de tres
millóns.
A situación bélica orixina medidas excepcionais que
coñecemos co nome de comunismo de guerra. Estas medidas
empezan a promulgarse no verán de 1918, nun momento no
que era imposible recadar impostos regularmente ou elaborar
un orzamento.
Un primeiro obxectivo é acabar coa fame: créanse
comités de campesiños pobres que supervisaban a colleita e o
envío ás cidades do gran, os excedentes de cereais
requisábanse de forma obrigatoria a prezos reducidos. Os
resultados foron escasos xa que no primeiro ano de revolución
xurdirán infinidade de pequenos cultivadores que só producían
para o autoconsumo. Suprímese o libre comercio de cereais e
xorden os primeiros intentos colectivistas:
-Koljoses: son cooperativas agrarias dotadas de medios
de produción de propiedade colectiva para explotar unha
terra común que, polo xeral, procedía da suma das
explotacións individuais dos campesiños.
-Sovjoses: eran granxas, dirixidas por técnicos estatais,
que teñen un único obxectivo: alimentar as cidades,
usando traballadores asalariados. As terras eran de
titularidade estatal.
Os campesiños non os vían ben pois era un regreso ás
grandes propiedades (Lenin comentaba un dito: “somos
bolxeviques, non comunistas: estamos a favor dos bolxeviques
porque expulsaron ós terratenentes, pero non estamos a favor
dos comunistas, porque eles están en contra da propiedade
individual).
Outras medidas referíanse á industria, tentábase evitar o
caos que se produciu ó tomar os obreiros as fábricas. As
demandas do exército vermello serán o prioritario. Céntrase o
interese nas industrias esenciais. Os problemas eran grandes:
a man de obra foise á fronte, o transporte viuse abaixo,
esgotábanse os subministros de materias primas...en tres
anos, as cidades industriais perderon gran parte da súa
poboación (Petrogrado, o 57,5% de habitantes).

21
O comunismo de guerra cambiou a organización do
traballo: é necesario recupera-la disciplina e o cobro por
traballo realizado. Establécense os “sábados comunistas”. Os
sindicatos perden o seu carácter reivindicativo e pasan ser un
elemento máis do Estado.
En resumo, o comunismo de guerra é un intento de
controlar totalmente os recursos agrarios e industriais
suprimindo a liberdade de comercio e incluso a moeda;
nalgúns casos, pagábase en especie.En 1921, superada a
guerra, a situación económica era catastrófica e xorden
numerosas revoltas nas cidade e no campo contra as requisas.
A partir de 1921 cámbiase a política, decídese no X
Congreso do partido, é unha volta a formas de capitalismo
moderado.

3 A NEP (Nova Política Económica):


a) Abandónanse as requisas no campo. Só teñen que
entregar o 10% da produción, co resto pode comerciar.
Ademais en 1922 permítese utilizar o solo de forma
comunal ou privada. A segunda posibilidade é a que se
impón, rexorden os Kulaks (campesiñado rico) e
permítese alugar terras e contratar traballadores/as
b) Privatízanse empresas de menos de vinte
traballadores/as e permítese a creación de sociedades
mixtas con participación de capital estranxeiro. O Estado
controla a gran industria, os transportes e as finanzas,
créase un banco central
c) Establécese o rublo e sanéase a facenda, creando novos
impostos.
Os resultados foron moi positivos, esta política permite
duplicar a produción de trigo ou multiplicar por sete a
produción de aceiro; no aspecto negativo, xorde o paro e hai
grandes oscilacións dos salarios.
O problema máis grave da NEP é o que se coñece como a
crise das tesoiras, en 1923 prodúcese unha enorme diferenza
entre o alto prezo dos produtos industriais e o baixo nivel dos
produtos agrícolas. Isto débese á máis lenta recuperación da
industria, os custos de produción e transporte son altos e con
elo soben os prezos. Mentres que no campo as boas colleitas
afunden os prezos. O estado soviético consegue equilibrar a
situación en 1924, decídese controla-los prezos ó por menor,
non deixalos a criterio do mercado. Trotski dicía que a

22
racionalización da industria estatal era a clave para pechar as
tesoiras.

4 A época de Stalin :
En 1922 créase (X Congreso Panruso de Soviets) a URSS
e en 1923 apróbase unha nova constitución que completaba a
anterior. O poder lexislativo no Soviet Supremo (antigo
Congreso Panruso de Soviets) e o executivo en mans dos
Comisarios do Pobo. A xerarquía entre estes poderes o o
partido comunista non está clara, con Lenin mantense un
equilibrio pero con Stalin será o partido o que aglutine e
controle o poder.
A morte de Lenin, en 1924, acelera a loita polo poder.
Stalin, secretario xeral do partido, sae victorioso fronte a
Trotski, que é marxinado do poder debido a:
 Pouca antigüidade no partido bolxevique. El fora
menxevique.
 A súa defensa da internacionalización da revolución
queda desprazada pola idea da revolución nun só país,
defendida por Stalin.
 A súa condena do centralismo e a rixidez doutrinaria,
chocan coa postura do Partido.
Ó morrer Lenin, unha troica: Stalin, Kámenev e Zinoviev,
toman o poder; en 1926 Trotski é destituído como comisario
do pobo e en 1929 expulsado da URSS.
Paralelo a isto, prodúcese un fenómeno de estatalización da
economía soviética: os planos quinquenais. O primeiro é de
1928 a 1932, en 1933-37 o segundo e en 1938 o terceiro
interrompido pola II Guerra Mundial.
Por medio dos planos quinquenais toda a economía da URSS
é dirixida polo Estado. Tódolos medios de producción foron
estatalizados. Despegou a industria de base (bens de equipo e
produción eléctrica) e menos a de bens de consumo.
Sacrifícase o benestar do pobo a favor de crear unha gran
potencia industrial e militar. Co segundo plan instaláronse
“combinados industriais” nos Urais e Siberia, cos beneficios
industriais amplíanse fábricas e fanse enormes obras públicas;
no campo, estabilízanse as terras e desenrólanse os Koljos e
os Sovjos. A fin dos anos 30 a colectivización estaba
rematada. Prodúcese un relativo desenrolo agrario debido ó
aumento da produtividade a causa da mecanización dos
Sovjoses.

23
Os tres planos quinquenais supoñen o despegue industrial
da URSS a costa dun descenso do desenrolo agropecuario e de
importantes problemas sociais: búscase desenrolar ó máximo
o rendemento individual (procedementos stajanovistas),
traballo gratuíto os días de descanso, etc. No campo,
perséguese ós Kulaks, a maioría son deportados s Siberia a
decruar novas terras.
No aspecto político, a partir de 1934, Stalin concentrou nas
súas mans todo o poder, eliminando a posibles competidores:
en agosto de 1936 xúlgase a Zinoviev, Kámenev e outros
(proceso dos 16) acusados de traizón, seguiranlles outros
bolxeviques históricos (proceso dos 17) e heroes da guerra
civil (xuño do 37). Xeneralízanse as purgas e as execucións,
anque é moi difícil dar datos fiables, uns 7 millóns de detidos
entre 1937 e 1938, a maioría deportados a campos de traballo
e uns 500.000 executados.
A utilización do terror é agora máis intensa pero xa
comezara coa revolución (ilegalización do partido Kadete) e se
intensificara coa creación da Cheka (policía soviética)
encargada de perseguir a contrarrevolución e a especulación.
A constitución de 1936 ten como nota destacada a
acentuación do carácter de partido único do partido comunista.
Xunto a isto, sanciónase a colectivización dos campos e se
reforza o carácter federal da URSS.
En xeral, o réxime stalinista presenta os seguintes trazos:
a) A teoría do socialismo nun só país, mesturada co
nacionalismo ruso.
b) A imposición da doutrina do partido único.
c) O marxismo redúcese a unha versión mecanicista e
dogmática
d) A planificación da economía polo estado, con control dos
medios de produción, do consumo e da distribución da
renda.
e) Desenvolvemento dun grupo dirixente, non sometido a
control democrático, que ostenta na práctica os poderes
de decisión.
f) A supeditación dos cidadáns, sen dereitos e liberdades
individuais, e da sociedade civil ó Estado.
g) Recurso sistemático á represión e coacción para acabar
coas diferenzas ideolóxicas e políticas e tamén co
descontento social.

24
Pobo ruso: a nai patria está a piques de perecer, a hora
final achégase. Obrigado a expresarme abertamente, eu, o
xeneral Kornilov, declaro co Goberno Provisional actúa baixo a
presión da maioría bolxevique dos soviets, de pleno acordo co
estado maior alemán, que por unha banda organiza unha
marcha sobre a costa de Riga, por outra destrúe o exército e
desorganiza o país. A conciencia tráxica da inevitable
destrución do país imponme (...) facer un chamamento ao
pobo ruso para que salve á patria en perigo (...).
Eu, o xeneral Kornilov, fillo dun campesiño cosaco,
declaro a todos que persoalmente non desexo outra cousa ca
salvagarda da Gran Rusia.
Xuro que grazas a esta vitoria sobre o inimigo, poderei
aportar ao pobo esta asemblea constituínte, onde el decidirá o
seu propio destino e escollerá a súa propia forma de goberno.
Non podo deixar que se entreguen as terras rusas en
mans do seu inimigo histórico, as tribos xermánicas, nin que
Rusia chegue a ser escrava de Alemaña
Manifesto do xeneral Kornilov, 25 de agosto de 1917.

E foi, en efecto, unha xornada histórica o choque sanguento entre


o pobo e o exército; entre unha multitude inerme, indefensa, sen máis
armas cá súa razón e a xustiza, e o instrumento das altas obras dunha
autrocracia insensata, delirante, último resto da barbarie medieval.
San Petersburgo, 22. Desde primeira hora se se mobilizou toda a
policía e se reforzou o efectivo das tropas, en previsión dos graves
sucesos que se anuncian. Foron protexidas as principais fábricas e
ocupados os principais puntos estratéxicos da cidade.
O primeiro encontro- 15.000 obreiros camiño da cidade- Os
cosacos atrancando o paso- Empregando as trallas.
San Petersburgo, 22. Ás dez da mañá saíron 15.000 obreiros do
Arsenal, dirixíndose á cidade. Trancáronlle-lo paso cinco filas de
cosacos, que para dispersaren os manifestantes fixeron tres descargas
sen bala. Parte dos manifestantes fuxiu cara ó Neva, que aparece
xeado; pero a meirande parte deles permaneceu inmóbil. Ante esta
actitude, os cosacos tiveron que pedir reforzos e cargar con bala. Antes
de disparar empregaron as trallas...
Polo mediodía reuníronse numerosos obreiros nos arredores do
barrio de Wassiliostroff e preto da ponte de Nicolás, onde a policía ten
orde de impedi-la aglomeración de obreiros e de regula-lo paso. Só se
deixa pasar ós obreiros en grupos de dúas ou tres persoas.
Fonte: Heraldo de Madrid, 23 de xaneiro de 1905

25
Señor, Nós, obreiros de San Petersburgo, as nosas
mulleres e fillos chegamos ante ti para solicitar xustiza e
protección. Caemos na miseria; oprímesenos, cárgasenos de
traballo excesivo (...). A nosa primeira demanda era que os
nosos patróns examinasen as nosas peticións; mais isto
mesmo nos foi rexeitado, negóusenos o dereito a falar das
nosas peticións escudándose en que a lei non nos recoñece
este dereito.
Tamén foi atopada ilegal a nosa demanda de diminuír o
número de horas de traballo ata oito horas diarias (...). Rusia
é demasiado grande (...) para que poda ser gobernada por
funcionarios. (...) E para isto mande que as eleccións á
Asemblea Constituínte se fagan segundo o sufraxio universal,
secreto e igual. Esta é a nosa petición máis importante.
Petición dirixida ao tsar polos manifestantes de San Petersburgo

1ª A nosa actitude ante a guerra que, por parte rusa, mantén o


novo goberno Luov, en razón do seu carácter capitalista,
continúa a ser indiscutiblemente unha guerra de pillaxe (...) O
proletariado só podería da-lo seu consentimento a unha
guerra revolucionaria.
2ª A particularidade da actual situación rusa é o tránsito da
primeira etapa da revolución, que lle deu o poder á burguesía,
á segunda etapa, que ten que poñe-lo poder en mans do
proletariado e das capas pobres do campesiñado (...).
3ª Negar todo tipo de apoio ó goberno provisional e demostra-
la falacia das súas promesas (...).
4ª Explicarlles ás masas que os soviets de deputados obreiros
son a única forma posible dun goberno revolucionario (...).
5ª Non á república parlamentaria, senón República dos soviets
de deputados obreiros (...)
6ª Nacionalización de tódalas terras, que quedarán a
disposición dos soviets locais de deputados de obreiros
agrícolas e campesiños.
7ª Fusión inmediata de tódolos bancos do país nunha soa
banca nacional baixo o control do Soviet (...).
Lenin: Tese de abril, abril do ano 1917

26
A tarefa esencial do Plan Quinquenal é (...) transforma-la
URSS dun país agrícola e feble, que depende dos capitalistas,
nun país industrial e potente, perfectamente independente dos
antollos do capitalismo mundial (...). ¿Cal é o obxectivo
esencial do Plan Quinquenal? É a industria pesada e mailo seu
pivote: as construcións mecánicas. Porque só a industria
pesada poder reconstruír e endereita-lo conxunto da industria,
os transportes e maila agricultura.
Discurso de Stalin o 7 de xaneiro de 1933

Desde os meus anos mozos comecei o meu


traballo baixo a dirección de Vladimir Ilitch Lenin;
instruíame ó seu carón, desempeñaba as tarefas que
el me encomendaba....
En 1937, camaradas, eu corrín a sorte de moitos.
Ocupaba un posto de dirección no Comité rexional do
Partido en Leningrado e, naturalmente, fun detido
tamén (...); sentín un inmenso terror non por min
mesmo senón polo Partido. Non podía comprender por
que motivo se detía ós vellos bolxeviques.
Nin nese intre, nin durante dous anos e medio de
cadea, nin cando se me enviou deportado a un campo
(onde pasei 17 anos), acusei entón a Stalin. Apreciaba
a Stalin, sabía que el posuía grandes méritos antes de
1934, e defendíao.
Camaradas, heime aquí de volta, enteiramente
rehabilitado. Foi no momento xusto no que se
desenvolvía o XX Congreso do Partido. Foi aquí onde
souben por primeira vez a cruel verdade sobre Stalin.
O mal causado por Stalin non estaba soamente no
feito de que moitos dos nosos mellores membros
desapareceran, senón en que reinaba a arbitrariedade,
no que se fusilaba sen xuízo, no que os inocentes eran
botados á cadea... Toda a atmosfera creada entón no
Partido era contraria ó espírito de Lenin, era unha
disonancia.
Declaración dun delegado no XXII Congreso do Partido
Comunista

27
Por que e en que condicións o poder soviético admite o
capitalismo e as concesións. O imposto en especie,
naturalmente significa que o campesiñado ten liberdade de
dispoñer dos sobrantes que lle quedan despois de pagar os
impostos (...), a liberdade de comerciar cos excedentes
significa inevitablemente liberdade de desenvolvemento
capitalista.
Sen embargo dentro dos límites indicados, isto non
representa perigo ningún para o socialismo. Ó contrario, o
desenvolvemento do capitalismo controlado e regulado polo
Estado proletario (...) é vantaxoso e necesario (...).
Tese do informe sobre a táctica do Partido Comunista de
Rusia (III Congreso Internacional Comunista, 1921)

Artigo 1º. Rusia recibirá o título de República dos Soviets


de Obreiros, Soldados e Campesiños. Todo o poder central e
local pertencerá a estes Soviets.
Artigo 2º. A República rusa dos Soviets queda fundada
sobre o principio da libre unión das nacións libres e constituirá
unha Federación de Repúblicas nacionais de Soviets.
Artigo 3º. Propoñéndose esencialmente suprimir toda
explotación do home polo home; abolir definitivamente a
división da sociedade en clases; esmagar sen piedade a
tódolos explotadores; realiza-la organización socialista da
sociedade, e facer triunfa-lo socialismo en tódolos países, o III
Congreso pan ruso dos Soviets acorda ademais:
a) Para realiza-la socialización da terra queda suprimida a
propiedade privada da mesma; tódalas terras decláranse
propiedade nacional e serán entregadas ós traballadores sen
ningunha clase de indemnizacións, sobre a base do seu goce
igual para todos.
b) Os bosques, o subsolo e as augas de interese público xeral;
todo o gando e todo o material, así como as propiedades e
empresas agrícolas, decláranse propiedade nacional.
e) O III Congreso ratifica a transferencia de tódolos bancos ó
Estado obreiro e campesiño como unha das condicións da
liberación das masas traballadoras do xugo do capital.
f) Para suprimi-los elementos parasitos da sociedade e
organiza-la vida económica do país, queda establecido o
traballo xeral obrigatorio.
Declaración de dereitos do pobo traballador e explotado do 10 de
xullo de 1918.

28

You might also like