You are on page 1of 3

1.

- O PROCESO DE HOMINIZACIÓN

Primates: Grupo de mamíferos do que forman parte os gorilas, os chimpancés e os


seres humanos.

O proceso de hominización é o conxunto de cambios que apareceron


progresivamente nas novas especies, desde un antepasado común, durante un proceso
evolutivo de millóns de anos ata que finalmente, naceu o primeiro dos seres
humanos. Este feito acontece no leste de África cando xurdiu unha especie de
primate bípedo, camiñaba permanentemente sobre as súas extremidades inferiores,
por esta característica os seus membros foron considerados os primeiros homínidos.

CAMBIOS ANATÓMICOS MÁIS IMPORTANTES NO PROCESO DE


HOMINIZACIÓN

• O bipedismo; a posición erguida peritiulles aos homínidos desprazarse só coas


extremidades inferiores e coas superiores manipular e fabricar ferramentas.
• Desenvolvemento do pulgar opoñible; permitiulles soster obxectos e a
realización de traballos manuais.
• Progresivo crecemento do cranio e do cerebro e, finalmente aparición da
fronte, que se relaciona coa aparición da intelixencia.
• Cambios na larinxe que fixeron posible o desenvolvemento da linguaxe.
• Diminución progresiva do tamaño da mandíbula, dos dentes e aparición do
mentón.
2.- A PREHISTORIA
É o período da vida da especie humana anterior a aparición do primeiro documento
escrito.

A Prehistoria comprende dúas etapas:


➢ Idade de pedra
- Paleolítico (pedra antiga): hai 2.500.000 de anos, útiles de pedra tallada
Divídese en tres partes: Paleolítico Inferior, Paleolítico Medio e Paleolítico
Superior.
- Epipaleolítico
- Neolítico (pedra nova): Arredor do ano 8.000 a.C., aparición da agricultura e
gandería, útiles de pedra puída.

➢ Idade dos metais


- O ser humano aprende a fundir metais: cobre, bronce e ferro.

3.- O PALEOLÍTICO
É o período máis longo da Prehistoria.
Empeza coa aparición das ferramentas de pedra, óso e madeira.
Divídese en:
• Paleolítico Inferior (2.500.000 anos)
- Tallábanse as pedras.
- As primeiras ferramentas aparecen no Val do Rift (África).
- Australopithecus, Homo habilis e Homo erectus (bifaces)
• Paleolítico Medio (125.000 anos)
- Homo Neanderthalensis.
- Europa e oeste de Asia.
- Elaboran coitelos e raspas.
• Paleolítico Superior
- Homo sapiens.
- Ferramentas: perforadores, puntas de frecha, arpóns....

EPIPALEOLÍTICO (8.000 anos)


– Etapa de transición entre o Paleolítico e o Neolítico en Europa e península
Ibérica.
– Ferramentas parecidas ás da etapa anterior, pero máis pequenas.

3.1 Economía e sociedade no Paleolítico


– Condicións de vida moi difíciles (glaciacións).
– Foron preeiros, competiron con hienas e voitres para comer animais mortos.
– Recolectaban froitos silvestres, cazaban animais salvaxes e pescaban.
– Eran depredadores: os recursos que consumían eran tomados directamente da
natureza e nos os repoñían. A súa economía era de subsistencia, tiñan o xusto
para sobrevivir.
– A mortalidade era moi alta e a esperanza de vida baixa.
– Descubriron o lume, que lles sirviu para quentarse, cociñar, iluminarse....
– Organizábanse en clans

You might also like