You are on page 1of 2

REPRESENTACIÓN DE CURVAS

I. DOMINIO DE DEFINICIÓN. Son os valores da variable 'x' para os que


existe imaxe.

a) No caso de fraccións P(x)/Q(x) igualaremos el denominador


Q(x) a cero para saber que puntos non pertencen ao dominio.
b) No caso de funcións con raíces de índice par serán do dominio
aqueles valores das 'x' que fagan o radicando positivo o cero.
c) No caso de funcións logarítmicas lnP(x) serán do dominio os
valores das 'x' que fagan estritamente positiva a función incluída
no logaritmo (P(x) >0).

II. SIMETRÍAS. Calcularemos f(-x).

a) Función par: Se f(-x) = f(x) a curva é simétrica respecto ao eixe


OY.
b) Función impar: Se f(-x) = -f(x) a curva é simétrica respecto ao
orixe de coordenadas.

III. CORTES COS EIXES.

a) Se da o valor cero á variable 'x' e se calcula o valor das 'y'.


b) Se resolve f(x) =0 e se calculan os valores da variable 'x'.

IV. ASÍNTOTAS. Son rectas tanxentes á curva nos infinitos.

a) Asíntotas verticais: x = a será unha asíntota vertical se temos


algún límite do tipo
lim f ( x) = +∞ ; lim− f ( x) = +∞ ; lim+ f ( x) = −∞ ; lim− f ( x) = −∞
x→a+ x→a x→a x→a

Na maioría dos casos o valor de “a” aparece igualando a cero


algún denominador de f(x)
b) Asíntotas horizontais: y = b será unha asíntota horizontal se
temos algún dos seguintes límites: = lim f ( x) b=
; lim f ( x) b
x →+∞ x →−∞

c) Asíntotas oblicuas: Son rectas da forma y = mx+n, calculándose


“m” e “n” do seguinte xeito:
f ( x) f ( x)
m= lim lim ( f ( x) − mx ) ou m =
; n= lim lim ( f ( x) − mx )
; n=
x →+∞ x x →+∞ x →−∞ x x →−∞

d) Só aparecen asíntotas verticais cando hai denominadores ou


logaritmos. A curva non pode cortar ás asíntotas verticais, pero
si ás horizontais e oblicuas. Polo mesmo infinito non pode ter á
vez unha asíntota oblicua e unha horizontal, nin dos oblicuas,
nin dous horizontais. As funcións polinómicas non teñen
asíntotas.
V. MÁXIMOS E MÍNIMOS. Calcúlanse resolvendo y' = 0 e os resultados se
substitúen en y''.

a) Se y'' > 0, o punto é un mínimo


b) Se y'' < 0, o punto é un máximo
c) Se y'' = 0 hai que calcular a terceira derivada (o razoar o
crecemento ou decrecemento)

VI. CRECEMENTO E DECRECEMENTO.

a) Unha curva é crecente nun intervalo se a súa derivada é positiva


nese intervalo.
b) Unha curva é decrecente nun intervalo se a súa derivada é
negativa nese intervalo.
c) Para calcular os intervalos colócanse nunha recta os valores que
anulan á primeira derivada xunto coas posibles asíntotas verticais,
e se calcula o signo dalgún punto en cada un dos intervalos
formados. Nalgúns casos cambia o sentido do crecemento a partir
das asíntotas verticais.

VII. PUNTOS DE INFLEXIÓN. Son os puntos onde a curva é cortada por a


súa recta tanxente, son os puntos onde cambia a concavidade e a
convexidade. Calcúlanse resolvendo y'' = 0 (sempre e cando non
coincidan con y' = 0, se coinciden tenrá que ser y''' distinta de cero).

VIII. CONCAVIDADE E CONVEXIDADE. Unha curva é cóncava nun punto se


a súa tanxente está por enriba da curva nun entorno do punto, e é
convexa se a tanxente está por embaixo.

a) Se y''> 0 a curva é convexa


b) Se y''< 0 a curva é cóncava.
c) Para calcular os intervalos de concavidade e convexidade
tomaremos os puntos que anulan y'' e as asíntotas verticais.
Colócanse nunha recta e calculamos o signo de y'' nalgún punto do
intervalo.

IX. REXIÓNS DE EXISTENCIA. Sinálanse sobre o eixe os puntos de corte


co eixe OX, sobre os que se trazan rectas verticais auxiliares. Tamén se
debuxan as asíntotas verticais. Deste xeito o plano queda dividido nun
conxunto de rexións.Pode saberse en cada unha das rexión nos que
existe a curva, simplemente calculando o signo de y en cada intervalo de
“x”.

You might also like