You are on page 1of 5

MOSTEIROS, ESCOLAS CATREDALICIAS E UNIVERSIDADES

O mosteiro, centro cultural


– Os primeiros mosteiros xurdiron no s. V. San Bieito de Nursia
foi o redactor da Regra de san Bieito que organizaba a vida
dos monxes, baseada na oración e no traballo (ora et labora).
Aplicando a regra dos bieitos, a unhas horas do día os monxes
cultivaban a terra, coidaban as granxas e facían traballos
artesanais, pero noutras realizaban estudos relacionados coa
Teoloxía e foi moi importante a súa labor como copistas e
como mestres nas escolas que había nos mosteiros.

– A orde dos bieitos tivo dúas reformas:


- A primeira no s. X os monxes cluniacenses estendéronse
rápidamente por Europa (+1400 mosteiros) e foron os maiores
difusores da arte románica.
- A segunda reforma foi no s. XII, reflicte o cambio de
espiritualidade da época, visible na nova estética da arte
gótica; san Bernardo foi o máis destacado monxe
cisterciense da época, e defendía unha vida de grande
austeridade e disciplina nos mosteiros.
O labor dos copistas
Antes da invención da imprenta, o traballo dos copistas e
ilustradores de libros era moi valioso. A maioria eran monxes que
dedicaban parte da súa xornada diaria a copiar a man (manuscrito),
sobre pergameos, textos que logo decoraban os ilustradores e
miniaturistas.
Moitos eran libros litúrxicos, pero tamén científicos. Un importante
centro de copistas foi a Escola de Tradutores de Toledo, co apoio
do rei castelán Afonso X o Sabio (s. XIII) e no que traballaban
intelectuais cristiáns, musulmáns e xudeus.

O inicio das lenguas romances


A evolución do latín deu como resultado a aparición das novas
linguas romances ou románicas: galego, castelán, catalán, italiano
ou francés. Nestas linguas comenzaron a escribirse obras como os
cantares de xesta (
Cantar de mío Cid) e poesías que difundían os trobadores. Pero
os monxes e científicos seguían utilizando nos mosteiros e
universidades o latín como lingua culta.

As cidades e a nova espiritualidade


A partir do s. XIII intaláronse nas cidades, novas ordes monásticas,
as máis destacadas foron:
– Os franciscanos, fundados por San Francisco de Asís no s.
XIII.
– Os dominicos, fundados por San Domingo de Guzmán.
Estes frades instalaron os seur conventos nas cidades e
dedicábanse á predicación e a ensinanza, facían voto de pobreza e
vivían das esmolas, por eso son coñecidas como ordes
mendicantes.

Nas catedrais instaláronse as escolas catredalicias, dirixidas por


frades das novas ordes, sobre todo dominicos, que destacaron no
seu labor como docentes.
As universidades

– Naceron como agrupacións de estudantes e mestres, e as de


nova creación eran fundadas polo papa ou polo rei. Entre as
máis antigas destacan as de: Bolonia, París, Oxford e as
españolas de Palencia e Salamanca.
Cada universidade era autónoma, tiña uns estatutos nos que
se establecían as condicións para obter un título, calendario
escolar, ensinanzas a impartir....
– As ensinanzas partían das sete artes liberais (propias do home
libre), que se organizaban en dous grupos:
. O trivium: Gramática, Dialéctica e Retórica
. O quadrivium: Aritmética, Xeometría, Astronomía e
Música.
O marxen quedaron a Medicina e o Dereito que pasaron a ser
impartidas nas escolas laicas.
– A ensinanza organizábase segundo o método escolástico:
. lectio: lectura dun texto por parte dun mestre para
extraer todo
o seu significado.
. quaestio: presentación dun problema sobre o que se
indicaban
diferentes cuestións.
. disputatio: discusión, o mestre e os alumnos expoñían
razóns e
en contra.
. determinatio: decisión ou remate do problema por parte
do
mestre con un resumo do mesmo.

A imprenta
Inventouna o alemán Gutemberg en 1440. Facilitou
extraordinariamente a difusión da cultura.
Consistiu en crear letras metálicas soltas para ser utilizadas
innumerables veces, cambiando a súa disposición e colocándoas
nunha caixa de madeira. Neste molde distribuíase a tinta e
cargábase o peso adecuado sobre o papel, facendo posible a
impresión.
A imprenta chegou a España no ano 1472.
O CAMIÑO DE SANTIAGO

O Camiño de Santiago foi, na Idade Media, unha ruta de


peregrinación dende o interior de Francia ata Santiago de
Compostela, onde se veneran os restos do apóstolo Santiago.

O apóstolo Santiago en Galicia


Santiago foi un dos doce díscipulos de Cristo. A tradición conta que
despois de predicar en Hispania e logo de ser decapitado en
Xerusalén, os seus díscipulos trouxeron o seu corpo por mar ata
Padrón, desde donde foi conducido nun carro de bois ata
Compostela. No ano 814, informado o bispo Teodomiro dun sinais
luminosos observados no lugar, descubriuse unha tumba e
comezou a difundirse a noticia de que era o sepulcro de Santiago o
Maior.
A noticia difundiuse rápidamente e, Afonso II de Asturias ordenou a
construcción dunha igrexa que se converteu en lugar de culto e
peregrinación, así como o centro dunha poboación- Santiago de
Compostela- que foi medrando ata chegar á actual catedral
compostelana.
A partir do descubrimento do sepulcro, coincidindo co inicio da
Reconquista cristiá, foise creando a mítica figura de Santiago
matamouros que, montado nun cabalo branco, se aparecía aos
cristiáns para infundírlles ánimo na loita contra os musulmáns.

O Camiño, ruta de peregrinación

A pouco de ser descuberto o suposto sepulcro, comezou a


organizarse un camiño de peregrinación, que acabaría sendo a
principal vía cultural que comunicaba o norte da península ibérica
coas terras europeas.

Os peregrinos chegaban a Santiago a través de dúas vías:


– A vía terrestre, todos os peregrinos procedentes de Europa
confluían en Puerto de la Reina (Navarra), para seguir logo
unha ruta que atravesaba a Meseta norte ata chegar a
Compostela. A afluencia de franceses fixo que fose coñecido
como o Camiño francés, ruta xacobea ou, simplemente
Camiño de Santiago.
– A vía marítima, seguida polos peregrinos nórdicos e ingleses
que desembarcaban na costa galega e camiñaban logo a
Santiago (Camiño inglés).

O bispo de Compostela, Diego Xelmírez, potenciou


extraordinariamente as peregrinacións; a concesión do privilexio do
Ano Santo (1122) contribuiu poderosamente á extensión do culto
a Santiago e ao fomento das peregrinacións.

You might also like