You are on page 1of 12

O CONTACTOR

e o RELÉ
Que é un automatismo?
Un automatismo é un circuíto que é capaz de realizar secuencias lóxicas sen a
intervención do home.
Os automatismos utilízanse tanto no sector industrial como no doméstico para
operacións tan dispares como arranque e control de maquinaria, xestión de
enerxía, subida e baixada de persianas, rego automático, etc.
● Automatismo cableado: É un circuíto eléctrico ou electrónico que esixe a
montaxe de distintos módulos unidos mediante cables, para realizar un
determinado proceso ou secuencia lóxica para controlar un sistema de potencia

● Automatismo programado: É un circuíto electrónico que contén un


microprocesador integrado no mesmo. Mediante un programa informático
almacenado nunha memoria interna, realízase o control e a xestión do sistema.

Automatismo cableado Automatismo programado


O contactor

O contactor é un dispositivo electromagnético que pode ser controlado a


distancia para pechar ou abrir circuítos de potencia (consumo elevado), ou
sexa, é un interruptor automático.

Unha das principais aplicacións do contactor é o control dos circuítos de


alimentación de motores eléctricos, ou outros receptores como liñas de
luminarias, etc.
Partes do contactor

O contactor dispón das seguintes partes: bobina, circuíto magnético e


contactos eléctricos.

Interior Unión mecánica entre Bornes


do contactor o martelo e os contactos dos contactos

Interruptor Bobina

Contactos de forza Contactos


auxiliares
Bornes
da bobina Culata Martelo
(parte fixa) (parte móbil)
Bobina

A bobina é a parte do contactor que pode ser controlada a distancia cando se aplica
tensión aos sus bornes.

Está formada por fío esmaltado de pequeno diámetro e moitas espiras, bobinado
sobre un pequeno carrete de material illante.

As dous bornes da bobina, están etiquetados como A1 e A2.

Fabrícanse bobinas para diferentes tensións de traballo: 12V, 24V, 48V, 230V, etc.
tanto para C.C como C.A.

Comprobar a tensión e o tipo de corrente da bobina antes de conectala á rede


eléctrica, xa que de outra forma podería destruírse de forma irremediable.
Circuíto magnético

Consta de dúas partes: a culata e Martelo


o martelo.

A culata é a parte fixa e nela Resorte


alóxase a bobina do contactor. O de retorno
martelo é a parte móbil.

Cando a bobina se alimenta coa


Bobina
tensión axeitada, a culata se
imanta atraendo o martelo ata ela.
Culata
O circuíto magnético non se ve
desde o exterior, pero todos os
contactores dispoñen dun
elemento de indicación mecánica,
que se afunde ou cambia de
posición, permitindo coñecer se Base
está activado ou non. do contactor
Tipos de contactos
Hai dous tipos tipos de contactos nun contactor: os de forza e os de mando (auxiliares).
Contactos de forza
Os contactos de forza están preparados para un maior poder de corte e encárganse de
controlar as cargas de potencia (consumo elevado), por exemplo un motor eléctrico, un
conxunto de radiadores eléctricos, etc.

Desde o exterior do contactor os bornes dos seus contactos están etiquetados con números
de una soa cifra: 1–2, 3–4, 5–6 e son normalmente abertos.

Contactos de auxiliares ou de mando


Utilízanse para tarefas auxiliares e de control.

Os bornes destes contactos identifícanse con números de una soa cifra. Os que rematan en
3–4 son normalmente abertos e os que terminan en 1–2 normalmente pechados.
Contactos abertos Contacto pechado

Contactos de forza Contactos auxiliares


Contactos auxiliares

Cámaras de contactos

Á maioría dos contactores modernos se lles poden


engadir contactos auxiliares mediante cámaras
acoplables. Estas fíxanse por un sistema de conexión
rápida, ao corpo principal.

Estas cámaras poden ser de uno, dous e catro contactos


de tipo N.A., N.C. ou temporizados.

Nomenclatura dos contactos auxiliares

Cada borne dun contacto auxiliar identifícase con dous números, o primeiro indica a
posición que ocupa dentro do esquema do contactor, o segundo é 1 e 2 para contactos
normalmente pechados e 3 e 4 para abertos.

Exemplo
Funcionamento do contactor

1- Acción sobre 2- A bobina excita 4- O dispositivo mecánico despraza os contactos.


o interruptor o electroimán

5- Os contactos abertos péchanse e os pechados abren


3- O martelo é atraído pola culata
Exemplo de aplicación

Se un motor trifásico aliméntase a través dos contactos de forza dun contactor, pódese
parar e poñer en marcha cun simple interruptor monopolar de escaso poder de corte.

Alimentación do motor

Alimentación
bobina (A1 e A2)

Contacto auxiliar
Simboloxía
Os identificadores para os contactores son:
KM para un contactor de potencia.
KA para un contactor auxiliar.

Bobina

Contactos forza

Contacto auxiliar normalmente aberto

Contacto auxiliar normalmente pechado

Simboloxía completa dun contactor


O relé

O relé é un interruptor automático (abre e pecha contactos), ou sexa, ten o mesmo


funcionamento co contactor, pero se diferencia deste en que comanda pequenas
potencias e o seu tamaño e máis reducido.

Xeralmente os relés atópanse aloxados nun cabezal de material transparente que


se enchufa sobre un zócalo onde se atopan os bornes de conexión.

Simboloxía completa dun relé

You might also like