You are on page 1of 24

A SOCIEDADE DE CLASES: BURGUESÍA E PROLETARIADO

Nas sociedades industriais produciuse un cambio decisivo na


ocupación da poboación. Nas sociedades tradicionais a maioría da
poboación estaba ocupada en traballos relacionados co sector primario
(basicamente agricultura e gandería) e vivía en núcleos rurais.
A industrialización favoreceu que o número de campesiños
decrecese ao tempo que se incrementaba o número de traballadores das
industriais (sector secundario) que vivían nas cidades. O crecemento
urbano, pola súa banda, influíu en que aumentase a demanda de novos
servizos, propiciando a creación de cada vez máis empregos no sector
terciario.
Esta é unha sociedade clasista: está organizada en clases sociais e
non en estamentos como acontecía no Antigo Réxime. O paso da
estrutura estamental propia do Antigo Réxime á nova sociedade de
clases foi un proceso gradual que se estendeu por Europa durante o
século XIX.
Un dos aspectos característicos da sociedade liberal, de clases, é a
mobilidade social; é dicir, a posibilidade teórica de promoción social, de
pasar dunha a outra clase social. A sociedade capitalista xustifica as
diferencias sociais no éxito ou fracaso de cada persoa, polo que en
teoría calquera pode progresar grazas ao seu esforzo e coñecementos
ata adquirir o éxito económico que leva consigo o recoñecemento social,
integrándose na clase alta.
Na sociedade só se xustificaron as desigualdades que se derivaban
do diferente acceso ás riquezas; unha desigualdade que para os liberais
é « natural » xa que na súa opinión procede das diferenzas de
capacidade que teñen os seres humanos que fan que os mellor
capacitados consigan máis éxito que outros.

1. As novas clases sociais: a burguesía e o proletariado


A sociedade, formada por individuos iguais ante a lei, estruturouse
en dous grandes grupos ou clases sociais en función do seu acceso á
propiedade: burguesía e proletariado.
A/ A burguesía, (propietarios de medios de produción, como fábricas,
negocios, a terra, etc.) ten, en primeiro lugar, o dominio económico:
 Posúe a maior parte dos capitais, en continuo crecemento polos
beneficios industriais
 Controla os mecanismos dos mercados
 Benefíciase dos rendementos do traballo, xa que non todos
repercuten no proletariado.

1
Tamén ten o dominio político. A súa participación activa nos
movementos revolucionarios tivo como consecuencia que a nova orde
defendese os intereses burgueses:
 Liberdade: non só política, tamén económica (por exemplo,
liberdade total de contratación) e social (posibilidade de ascenso
na escala social).
 Igualdade: o que lles permite a entrada nos altos cargos do Estado
e tamén igualdade fiscal.
 Propiedade: non só é agora un dereito natural, será tamén libre
(pode ser obxecto do comercio), individual (os titulares teñen que
ser persoas físicas, non o Estado ou a Igrexa) e absoluta (disponse
dela con total liberdade).
Non forma un conxunto homoxéneo; dentro dela hai situacións
diversas, distinguíndose polo menos tres grupos:
* A alta burguesía: estaba formada por unha minoría de persoas
propietarias de grandes negocios industriais, comerciais ou financeiros,
minas, latifundios … etc. Algúns ocupaban as principais dignidades do
Estado (deputados, senadores, maxistrados do Tribunal Supremo, altos
mandos do exército …). Este reducido grupo era o que se beneficiaba en
maior medida do auxe da economía capitalista, o que contrataba a un
maior número de traballadores asalariados e tiña unha influencia
decisiva na política dos Estados.
* A burguesía media, estaba formada por persoas que tiñan unha
posición económica desafogada, pero sen chegar a posuír enormes
fortunas: por exemplo, algúns comerciantes importantes que tiñan
algúns empregados pero que dirixían persoalmente os seus negocios;
altos funcionarios do Estado, como xuíces e notarios, militares de certa
graduación, etc.; e profesións liberais como avogados, médicos,
arquitectos,etc.
* A pequena burguesía: estaba formada por funcionarios; pequenos
comerciantes que levaban persoalmente o seu negocio familiar sen
contratar man de obra asalariada ou nun número moi reducido;
artesáns; campesiños acomodados, que eran propietarios das súas
terras e que as traballaban persoalmente … etc. Neste grupo de
pequena burguesía, poderían ser incluídos os empregados con certa
cualificación profesional.

B/ O proletariado ou clase obreira estaba formado polos traballadores


que non tiñan medios propios para manterse e tiñan que ofrecer o seu
esforzo físico, o seu traballo, a cambio dun salario. As relacións que se
establecen entre uns, que traballan a cambio dun salario, e outros, que
posúen os medios para producir (porque son propietarios das terras, das
fábricas, dos comercios...) son as relacións propias do capitalismo que é

2
o sistema económico que se desenvolveu a partir da Revolución
Industrial.
As condicións de vida do proletariado foron extremadamente duras
nos inicios do proceso de industrialización, sobre todo entre os
traballadores das minas e dos primeiros núcleos fabrís. As condicións de
traballo eran impostas unilateralmente polo empresario. Os obreiros,
que non contaban con ningún tipo de propiedade non lles quedaba máis
remedio que ofrecer a súa capacidade de traballo (o seu esforzo) e a
cambio non recibían máis que un salario que tan só lles permitía
subsistir (reproducir a forza de traballo). A sociedade industrial orixina
unhas condicións de vida infrahumanas para o proletariado: as
empresas necesitan conquistar mercados e para iso é necesario abaratar
custos, o primeiro que se fai é reduci-los salarios debido á abundancia
de man de obra. Os salarios eran baixos; o despido, libre; un obreiro ou
obreira enferma tiña que pagar á empresa, o paro aumenta. Os horarios
son abusivos, chéganse a xornadas de 16 e 17 horas. Emprégase a
mulleres e nenos como man de obra barata. O proletariado vive
amoreado nos barrios sen as condicións hixiénicas e de saúde mínimas.
Ante esta situación os obreiros empezan a asociarse para mellorar as
súas condicións de traballo e inícianse os primeiros conflitos.
A diferenza do antigo campesiñado e artesanado que cultivaban as
súas terras e tiñan capacidade para decidir o seu horario de traballo, o
traballador e traballadora da fábrica perdeu a independencia e tivo que
se someter a un ríxido horario laboral. A pesar do aumento espectacular
da produción e da riqueza a inmensa maioría da poboación viviu, ao
menos ata 1850 moi cerca do límite da subsistencia. A alimentación
absorbía mais da metade do soldo e quedaba moi pouco para o
alugamento, a roupa e outras necesidades.
Na medida na que o proceso de produción foise facendo máis
complexo, os empresarios precisaron traballadores cada vez máis
cualificados que debían ter certos coñecementos técnicos e saber ler e
escribir; este sector dos traballadores, mellor pagados, é denominado
como « aristocracia obreira » e contribuíu en gran medida á formación
dunha conciencia de clase e á creación das primeiras organizacións
obreiras que loitaron por conseguir mellores condicións de vida e de
traballo.
Durante o século XIX as estruturas agrarias mantivéronse con
forza a pesar do proceso de urbanización. Eran os xornaleiros agrícolas
que se resistían ás novas prácticas económicas.
A tendencia predominante, con todo, foi a súa asimilación polas
novas formas capitalistas de produción e a conversión en obreiros
asalariados rurais. Desapareceu a vinculación legal que os unía aos seus
señores (servidume), feito que se produciu nalgúns países moi
tardiamente (1861 en Rusia).

3
As súas condicións de vida non melloraron e xeraron un constante
fluxo migratorio ás cidades industriais, onde se transformaron en man
de obra escasamente cualificada, mal remunerada e vítima do
amoreamento urbanístico. Nalgúns casos esa emigración foino cara a
países estranxeiros e constituíu un feito multitudinario, tal como o
protagonizado polos irlandeses cara a Inglaterra e Estados Unidos
(fenómeno que se prolongou ata ben entrado o século XX) ou os polacos
que viaxaron a Alemaña
Os xornaleiros non propietarios eran moitos en zonas do
Mediterráneo (Italia, España) e o oriente europeo (Rusia, Polonia).
Moitos houberon de emigrar e, con frecuencia adheríronse a doutrinas
revolucionarias vinculadas ao anarquismo.

2. A vida burguesa: mentres as mulleres proletarias traballaban e


coidaban aos seus fillos, sobre as burguesas exercíase unha forte
vixilancia moral que se manifestaba de modo evidente no vestido,
orientado á vida en sociedade, e na educación das mozas, coa que se
pretendía conseguir unha voda conveniente.
Os desmaios románticos que sufrían á menor alteración emocional
debíanse, ante todo, ao uso opresivo do corpiño; as estrañas
enfermidades consideradas exclusivamente femininas, como a histeria,
frecuentes no século XIX, debíanse, segundo a perspectiva actual, á
ríxida represión sexual e dos sentimentos. Os vestidos das mulleres de
clase alta obrigaban a adoptar posturas pouco naturais, como sucedían
cos miriñaques ou os polisóns, que forzaban a figura da muller.
Fronte a esta situación, aires renovadores aparecerán a finais de
século; a moda da bicicleta, que impide utilizar corpiño, xeneralizarase a
pesar de que sectores conservadores consideren indecoroso que a
muller monte nela se non é de lado. Modernízase o vestido da muller,
aínda que os botóns sexan tachados de inmorais porque facilitan a
tarefa de espirse... As mulleres, que durante a maior parte do século
tiveran que buscar pseudónimos masculinos para triunfar en
determinados campos culturais e sociais, comezarán a reivindicar a
igualdade de dereitos, particularmente o dereito ao sufraxio, e inician as
loitas feministas propiamente ditas.

A vivenda: A alta burguesía ocupaba o primeiro piso (ou principal) e as


clases medias, por estrita orde financeira, compraban ou alugaban os
seguintes en altura, deixando os últimos para a servidume ou para
persoas de recursos máis limitados, polo que podían convivir no mesmo
edificio niveles de renda. A situación cambiou ao revalorizarse os pisos
altos do centro (causada en parte polo invento do ascensor), e pola
sectorización da cidade en distinguidas áreas burguesas e en barrios

4
para os obreiros, que poderán acceder aos seus postos de traballo con
tranvías e outros medios de transporte colectivo.
Nesas áreas burguesas, o caserón, o palacete e a mansión, inicialmente
foron máis confortables que ostentosos, pero na medida en que se
verifica a alianza coa aristocracia, irán adquirindo un porte grandioso e
unha clara magnificencia exterior.
Protexida por un valo e un xardín, grandes portas e unha hoste de
criados, pon distancia fronte ao espazo público no que se move a
buliciosa multitude das cidades decimonónicas.
O interior da vivenda contaba cun grande salón para recibir as
numerosas visitas. A familia ofrecíase alí como espectáculo para os seus
hóspedes; expoñía a vaixela de prata, utilizada só nas grandes ocasións;
un mobiliario tapizado, adornado con borlas ou manteis; paredes
forradas con teas, cadros, dobres cortinas nas grandes ventás e papeis
pintados; vasos, alfombras, etc.
Un comedor de uso diario, o despacho do cabeza de familia, os
cuartos dos fillos e fillas e o espazo privado da alcoba, completaban a
distribución do inmoble. Xunto á cociña estaban os cuartos de servizo.
A burguesía contaxia ás demais clases un desexo crecente de
intimidade ou individualismo que se mostra nas novas técnicas e
espazos construtivos: a instalación de auga corrente e os retretes, a
separación e especialización entre habitacións, a perda das cortinaxes
da cama posto que o dormitorio é xa unha peza con uso exclusivo, son
exemplos dunha tendencia que non deixou de manifestarse ata os nosos
días.

3. As mulleres na sociedade industrial


A sociedade industrial consolidou unha clara diferenza social por
xéneros: a esfera pública (economía, cultura, arte, política,etc.)
quedaba para os homes, mentres se reservaba a esfera doméstica ás
mulleres. Así á muller se orientaba cara ao matrimonio e a súa situación
xurídica e legal reflectía unha clara inferioridade: o código civil dispoñía
que a muller casada tiña a obriga de obedecer ao marido, que era o
representante de todos os seus bens, e precisaba o seu permiso para
calquera acto legal. As mulleres carecían tamén de dereitos políticos, xa
que o primeiro liberalismo só concedeu aos homes o dereito ao sufraxio.
A vida das mulleres das clases medias e altas transcorría no
fogar. As súas tarefas primordiais eran o coidado da casa e dos fillos e
fillas e segundo o nivel social contaban ou non con servizo doméstico.
Así a educación das mulleres tíñase como subsidiaria e os seus estudos
estaban orientados á adquisición de nocións básicas de lectura, escritura
e cálculo e tamén as materias consideradas como
femininas: relixión, música e labores. Deste modo a actividade laboral
feminina aumentaba conforme baixamos na escala social, xa que as

5
mulleres traballadoras non podían quedar na casa, a pesar de ser unha
aspiración para elas.
Para as mulleres campesiñas e obreiras a situación era moi
diferente. Desde sempre as mulleres do campo desenvolvían as tarefas
domésticas e agrarias. Neste campo se lles asignaban labores
específicas: escarda, vendima, recollida da oliva, aínda que tamén
adoitaban axudar no coidado do gando, a sega e outras tarefas máis
fortes.
A industrialización comportou o xurdimento das mulleres
obreiras, dado que o salario do home era insuficiente para manter a
toda a familia. As mulleres realizaban xornadas, como xa vimos, de 10 e
12 horas, ás que había que engadir o coidado da casa e da familia, a súa
remuneración era moi inferior á dos homes e o seu traballo tiña unha
escasa valoración social. Estaba masivamente no sector téxtil, sobre
todo no fiado, nas minas, etc.. Outro sector característico da man de
obra feminina era o servizo doméstico, ao que se dedicaban un grande
número de rapazas novas de entre 15 e 25 anos, case sempre solteiras.
“Como viven as mulleres hoxe?. Que son para nós os
homes? (...) Si a muller pertence á clase alta é un sinxelo
obxecto de luxo cuns dereitos moi restrinxidos. Lectura,
escritura, un pouco de historia, un par de idiomas, música,
bailes, unhas nocións de costura e unha grande dose de
relixión. De aí non pasa. Con iso ten suficiente para lucir nos
salóns de contratación de matrimonio (...) perdoaráselle que
esquecera o pouco que aprendeu na escola, pero non que
deixe de vestir á última moda (...).
Tristísima é a condición da muller obreira (...) en canto
saíu do berce xa se ocupa das tarefas domésticas, ou de ir ao
taller (...) onde cose, tece, sofre, esgótase, súa sangue e
auga, e o seu corpo vaise debilitando durante dez horas ou
máis para aportar á familia algunhas moedas semanais para
pagar ao médico ou ao farmacéutico que curarán as
enfermidades que contraeu no seu traballo (...).
Engadide a todas estas miserias de orde económica, as
amarguras da súa condición moral e o abandono intelectual
que sofre, tanto se é pobre como rica, e non digamos se a
muller é escrava dun escravo (...)
JOSÉ F. PRAT: A las mujeres, 1903

6
O vestido e a ocultación do corpo.
O vestido como a casa era a expresión das convencións e
formalismos característicos da vida burguesa: estaba concibido para
ocultar o corpo e marcar unha clara diferenciación social coa aparencia
externa das clases populares, campesiñas ou urbanas. Ate finais do
século XIX a hixiene corporal merecía menos atención có aspecto
externo.
A burguesía facía unha grande ostentación de roupaxes, deixando
poucas zonas do corpo visibles. Sobre as camisas bordadas e o
pantalón, longo e xustado, os homes engadían chaleco, gravata, panos,
colgantes e cadeas que adornaban a pecheira; e no inverno, longas
capas e gabáns. Xeneralizouse o uso do frac, da levita, o lazo o
sombreiro e as luvas.
O vestido feminino era aínda máis complicado. Componse dunha
multitude de prendas e escondía, con grande eficacia, o corpo da muller.
Faixas e corpiños creaban a imaxe dun talle estreito. Os vestidos longos
exhibían abundantes lazos, cintas e encaixes; as enaguas eran unha
prenda intermedia entre a roupa interior, medias incluídas e o vestido
exterior. Os sombreiros femininos eran máis aparatosos cós masculinos
e podían ser complementados por velos, mantillas e tules.

7
A REVOLUCIÓN FRANCESA

Significa o paso dun réxime monárquico absolutista, dunha


sociedade estamental e dunha economía señorial a outro réxime
baseado no sistema parlamentario, nos principios do capitalismo liberal
e no predominio da burguesía. O lema da revolución (liberdade,
igualdade e fraternidade) expresa os principios inspiradores deste
movemento.

Causas da Revolución Francesa:

1. IDEOLÓXICAS: Os revolucionarios inspiráronse nas ideas dos


ilustrados franceses, ideas que aparecerán nas proclamas e nas
constitucións: a crítica ás institucións de Voltaire, a soberanía
popular de Rousseau ou a división de poderes de Montesquieu.

2. SOCIAIS: A sociedade estamental aparece a finais do século XVIII


como algo anacrónico, a súa crítica aparece nos cadernos de
queixas que redacta cada estamento cando se convocan os
Estados Xerais.
Francia é unha sociedade rural: de 26 millóns de habitantes,
24 viven no campo e 20 son campesiños e campesiñas; seguen
vixentes moitos dereitos señoriais moi gravosos: corveas, dereitos
de monopolio, a talla ( imposto pagado ao Estado), o dezmo... A
revolución estoupa en París pero é precedida e seguida de revoltas
no campo. O historiador Lefebvre di que sen o apoio do rural a
revolución fracasaría.

3. POLÍTICAS: O Estado francés está vello, a burocracia é ineficaz e o


rei está só, non consulta con ninguén o goberno e isto levanta
cada vez máis críticas.

4. ECONÓMICAS: En 1788 o trigo acada o seu prezo máis alto, as


vésperas da revolución son anos de malas colleitas e fame.
Ademais, o Estado francés ten un déficit crónico, ingresa moito
menos do que gasta, as causas disto son varias:
- a nobreza e o clero non paga impostos.
- os gastos da Corte son excesivos.
Os intentos dos ministros de Lois XVI –Turgot, Necker- por
conseguir cos estamentos privilexiados paguen impostos provocan
unha revolta da nobreza, “a revolta dos privilexiados”, que
obrigará ó rei a convocar uns Estados Xerais, que non se reunían
en Francia dende 1614, para tratar o tema do déficit do Estado.

8
Os Estados Xerais:

Lois XVI convócaos para maio de 1789 e cada estamento recollerá


as súas queixas en cadernos –Cahiers de doléances-:
- A nobreza e o clero: defensa dos seus privilexios, estados
xerais periódicos, etc.
- Terceiro Estado: liberdade de expresión ou de reunión.
Igualdade dos tres estamentos. Os cadernos do rural piden
tamén a abolición do réxime señorial.
O 5 de maio ábrese a reunión. Os privilexiados queren votar por
estamentos, os do Terceiro Estado por representantes (o seu número
iguala ós outros dous xuntos). O Terceiro Estado retírase da reunión e
xúntase en París, no chamado Xogo da Pelota, proclamándose asemblea
constituínte. O 14 de xullo de 1789 as masas atacan a prisión real da
Bastilla e as revoltas esténdense polo campo; ó rei non lle queda outra
que recoñecer á asemblea constituínte.

A asemblea constituínte (xuño de 1789- outubro de 1791):

En agosto aproban a abolición dor dereitos feudais e o dezmo. O


26 dese mesmo mes aproban a “Declaración dos dereitos do home e o
cidadán”:
- Igualdade de dereitos, é dicir, abolición dos privilexios.
- Liberdade de expresión, reunión...
- O principio da soberanía nacional e da división de poderes

En 1791 aproban unha constitución que recolle:


1. A división de poderes: o rei e os ministros teñen o poder
executivo, a asemblea o lexislativo, con dereito de veto do
rei, e os tribunais o xudicial.
2. Establécese o voto censatario: só teñen dereito ó voto os
cidadáns que teñan unha determinada renda.
3. Recolle a liberdade de asociación, reunión, expresión e o
dereito á propiedade.
4. Descentralización do Estado: Francia divídese en 83
departamentos.
5. Constitución civil do clero: Os relixiosos pasas a ser
funcionarios que teñen que xurar fidelidade á Constitución.
Separación Igrexa-Estado.
6. Declarouse a todo cidadán igual ante os impostos,
aumentando as contribucións directas.
Unha vez aprobada a constitución convócanse eleccións para unha
asemblea xa lexislativa.

9
A asemblea lexislativa ( outubro de 1791-agosto de 1792):
Na nova asemblea hai catro tendencias, cun predominio de
deputados xoves:
1. A dereita, partidaria dunha monarquía limitada con figuras como
La Fayette.
2. A esquerda, con dous grandes grupos:
-os xirondinos, liderados por Brissot, que defenden a propiedade,
o carácter universal da revolución e un papel maior das provincias.
Proceden da alta burguesía enriquecida polo comercio oceánico. Son
republicanos moderados.
-os xacobinos, liderados por figuras como Robespierre ou Dantón,
defenden posturas centralistas e pensan que a revolución debe
culminarse primeiro en Francia. Están dispostos a limita-la propiedade
privada. A súa base social é a burguesía media e as clases populares.
3. Os demócratas de Carnot, piden o sufraxio universal. Neste grupo
de extrema esquerda situamos tamén aos sansculottes,
representan ás clases máis populares, defenden a igualdade
xurídica pero tamén a económica, os burgueses tamén son os seus
inimigos, os lidera Hébert.
4. Os deputados de centro, son maioría, son independentes e
constitucionalistas.
O período caracterízase polos choques entre a asemblea e o rei,
ademais empeora a situación económica. As potencias europeas,
alarmadas polo que ocorre en Francia, deciden intervir e isto leva a
unha insurrección popular que acaba coa monarquía en agosto de
1972. O rei é acusado de estar detrás da guerra. Disólvese a
asemblea e convócanse eleccións por sufraxio universal.
A Convención (agosto de 1792-xullo de 1794):
Na nova asemblea, máis radicalizada, a dereita son os xirondinos e
a esquerda os montañeses ou xacobinos que se apoian nos sans
culottes. O rei é executado e despois serano tamén os xirondinos. A
revolución radicalízase, iniciándose a época do Terror con Robespierre.
Apróbase unha nova constitución, a de 1793, que recolle os
principios dunha democracia social: afirmación da soberanía popular e
do sufraxio universal masculino, eliminación absoluta da feudalidade,
proclamación do dereito á existencia por riba de calquera outro, incluso
o da propiedade.
A convención remata cun golpe de estado que paraliza o proceso
revolucionario, establécese unha república controlada pola burguesía. Na
nova constitución de 1795 establécese o sufraxio censatario, mantense
a división de poderes pero o poder executivo concéntrase en mans dun
consello de cinco membros: o Directorio.

10
Napoleón Bonaparte:
A inseguridade leva a burguesía a confiar cada vez máis no
exército, que por outra banda, controla cada vez máis o poder. En 1799,
un xeneral, Napoleón Bonaparte, da un golpe de estado e proclama o
Consulado, sendo el o primeiro cónsul. En 1804 proclámase emperador.
A base do poder de Napoleón está nos seus éxitos militares, o que
lle permite crear un gran imperio, conquistando a maior parte de
Europa. As conquistas napoleónicas significaron tamén o espallamento
das ideas da revolución por Europa. Destaca a elaboración dun novo
código civil no que se recollen principios liberais defendidos pola
burguesía: a igualdade ante a lei ou a propiedade privada.
Napoleón vai ser derrotado en 1814 e desterrado; volverá ó poder
pero só por un pouco tempo: cae de novo derrotado en Waterloo
(1815). Iníciase un intento de volta ó Antigo Réxime coa Restauración.

11
Textos:
1. Que tódolos impostos sexan pagados polos tres ordes, sen ningunha excepción, cada
un segundo as súas posibilidades económicas.
2. Que haxa unha única lei para todo o reino.
3. Supresión total de tódalas taxas e impostos.
4. Exención de impostos para tódalas feiras e mercados e abolición de todas as peaxes.
5. Supresión de toda clase de dezmo en especie.
7. Destrución dos paxaros, que fan moito dano, tanto no tempo da semente como no da
colleita.
8. Que os dereitos das propiedades sexan sagrados e inviolables.
9. Que se aplique a xustiza máis rapidamente e con menos parcialidade.
10. Abolición total das corveas, sexan da clase que sexan.
p) A parroquia ten necesidade dun vicario, tendo en conta o afastadas que están
algunhas granxas; tamén necesita un mestre e unha mestra para a educación dos
mozos.
q) Que tódolos cregos estean obrigados a realizar tódalas funcións do seu ministerio sen
esixir ningunha retribución

Caderno de queixas do campesiñado de Guyancourt ( preto de


Versalles, aldea duns 600 habitantes en 1789).

O CONFLITO DO VOTO NOS ESTADOS XERAIS


Voto por Nº de
Estamentos Voto por persoa
orde deputados
Alto clero
46
Clero 1 291
Baixo clero
245
Nobres absolutistas
220
Nobreza 1 270
Nobres liberais
50
Terceiro Terceiro Estado
1 578
Estado 578

Os representantes do pobo francés, constituídos en Asemblea Nacional,


considerando que a ignorancia, o esquecemento e o desprezo dos dereitos do home, son
as únicas causas das desgrazas públicas e da corrupción dos gobernos, acordaron
expoñer nunha declaración solemne os dereitos naturais, inalienables e sagrados do
home (...). Por conseguinte, a Asemblea nacional recoñece e declara (...):
Art. 1º Os homes nacen e permanecen libres e iguais en dereitos. As distincións
sociais só poden estar fundadas na utilidade común.
Art. 2º O fin de toda asociación política é a conservación dos dereitos naturais e
imprescritibles do home. Estes dereitos son a liberdade, a propiedade, a seguridade e a
resistencia á opresión.
Art.3º O principio de toda soberanía reside esencialmente na Nación. Ningún
corpo, ningún individuo, pode exercer autoridade que non emane expresamente dela.

12
Art. 6º A lei é a expresión da vontade xeral. Tódolos cidadáns teñen dereito a
participar persoalmente, ou polos seus representantes, na súa formación. A lei ten que
se-la mesma para todos, tanto se protexe coma se castiga. Tódolos cidadáns sendo
iguais ós seus ollos, son igualmente admisibles a tódalas dignidades, cargos e empregos
públicos, segundo as súas capacidades, e sen outra distinción cá das súas virtudes e
talentos.
Art. 11º A libre comunicación de pensamento e opinións é un dos dereitos máis
preciados do home; todo cidadán pode, pois, falar, escribir, imprimir libremente (...)
Art. 16º Toda sociedade na que a garantía dos dereitos non estea asegurada nin a
separación de poderes determinada, non ten Constitución.
Art. 17º Sendo a propiedade un dereito inviolable e sagrado, ninguén pode ser
privado dela, agás cando a necesidade pública o esixa e previa indemnización.
Declaración de dereitos do home e do cidadán (1789)

Consideramos verdades evidentes por si mesmas que tódolos homes nacen


iguais; que o seu Creador os dotou de dereitos inalienables, como a vida, a liberdade e a
busca da felicidade; que, para garantir estes dereitos, os homes constitúen gobernos o
xusto poder dos cales emana do consentimento dos gobernados; que se un goberno,
calquera que for a súa forma, chega a ignorar estes fins, o pobo ten o dereito de
modificalo ou abolilo, ou constituír un novo goberno que fundamentará sobre os seus
devanditos principios e que organizará os seus propios poderes segundo as forzas que
lle semellen máis axeitadas para garanti-la súa seguridade e maila súa dita (…).
Cando unha longa serie de abusos e deturpacións, encamiñados invariablemente
á mesma finalidade, indica o designio de somete-los homes, é un despotismo absoluto, e
estes teñen o dereito e mailo deber de derroca-lo goberno culpable destes e buscar
novas salvagardas para a súa seguridade futura. Tal foi a paciencia longamente
demostrada por estas colonias e tal é hoxe a necesidade que as obriga a modifica-lo seu
antigo sistema de goberno.
Preámbulo da Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América
(1776)

13
“Para sabotear a revolución, os donos da terra incendiaban as súas
propias colleitas. A pantasma da fame roldaba as cidades. Os reinos de
Austria, Prusia, Inglaterra, España e Holanda alzábanse en pé de guerra
contra a contaxiosa revolución francesa, que ofendía as tradicións e
ameazaba a santísima trindade da coroa, a perruca e a sotana.
Acosada por dentro e por fóra, a revolución fervía. O pobo era o
público que vía o que se estaba facendo no seu nome. Non moita xente
asistía aos debates. O tempo non daba. Había que facer cola para comer.
As diverxencias conducían ao cadalso. Porque todos os dirixentes da
revolución francesa eran inimigos da monarquía, pero algúns tiñan un rei
dentro, e por dereito revolucionario, novo dereito divino, eran donos da
verdade absoluta e esixían o poder absoluto. E quen ousase discrepar era
contrarrevolucionario, aliado do inimigo, espía estranxeiro e traidor á
causa.
Marat salvouse da guillotina porque unha señorita chiflada
apuñalouno cando se estaba a bañar.
Saint Just, inspirado por Robespierre, acusou a Danton. Danton,
condenado a morte, pediu que non se esquecesen de exhibir a súa cabeza á
curiosidade pública e deixou o seu par de ovos, en herdanza, a
Robespierre.
Dixo que os ía a necesitar.
Tres meses despois, Saint Just e Robespierre foron decapitados. Sen
querelo nin sabelo, a república, caótica, desesperada, traballaba pola
restauración da orde monárquica. A revolución que anunciara liberdade,
igualdade e fraternidade terminou abrindo paso ao despotismo de
Napoleón Bonaparte, que fundou a súa propia dinastía.”
Eduardo Galeano: “Espejos“.

1- Identifica a todos os personaxes que aparecen neste texto


2- Reflexiona sobre o que di o texto: a revolución, a contrarrevolución e a
natureza humana

14
O MOVEMENTO OBREIRO

1. O SINDICALISMO:
Inglaterra, país onde se inicia a Revolución Industrial, é tamén
pioneira nos movementos obreiros.
Un primeiro tipo de organización obreira foi a asociación ou
Sociedade de Socorros Mutuos, moitas veces clandestina. Axudaban
ao traballador en caso de enfermidade ou paro e puideron organizar as
primeiras folgas grazas ao cobro de cotas que permitían crear caixas de
resistencia.
Un dos primeiros enfrontamentos foi o Ludismo, é un movemento
de violencia contra as máquinas que estalou en Lancashire en 1780 e
que foi especialmente intenso a partir de 1811, vese ás máquinas como
as causantes dos males do proletariado. Os gobernos reaccionaron con
dureza, incluso condenando a morte ós que realizaban estes atentados.
As Trade Unions son asociacións locais ou a nivel de fábricas,
estruturadas por oficios e constituídas por obreiros especializados que
buscan a mellora das condicións laborais. O sindicalismo inglés pasa por
diversas etapas:
 Clandestinidade: identificábase ao obreirismo con posturas
antigubernamentais. Son as Combination Acts de 1800 que
ilegalizan calquera asociación obreira.
 Certa tolerancia:
o En 1824 conséguese a liberdade de asociación e medran os
sindicatos locais e por oficios.
o En 1829, Doherty pensou que se debían unir tódolos
sindicatos locais formando un gran sindicato nacional; el
realizou a unión dos fiadores de Gran Bretaña.
o En 1831 reúnense tódolos sindicatos e oficios, grazas a
Doherty e Owen, nas Great Trade Unions; o goberno,
alarmado, declarounas ilegais.
o En 1838 nace un movemento de gran importancia para o
sindicalismo inglés, o Cartismo, non é só un movemento
laboral, senón que recolle reivindicacións políticas: sufraxio
universal, supresión do certificado de propiedade para seren
membros do Parlamento, un soldo para os parlamentarios,
etc. Dentro do Cartismo triunfou a tendencia radical, fronte a
moderada de Owen, convocándose folgas xerais, provocando
disturbios,... o goberno actuou con contundencia e o cartismo
fracasou.
A partir de aquí, o obreirismo inglés unirase a certos sectores das
clases medias para conseguir as súas reivindicacións.

15
2. O ANARQUISMO:
O anarquismo xorde a mediados do século XIX e ten a Bakunin e
Proudhon como os seus principais ideólogos, tivo unha grande incidencia
en Rusia e nos países latinos ( España, Francia....). Hai varias ideas
centrais:
 Defende a liberdade pero entendida socialmente.
 Defende un ateísmo radical.
 O instrumento do cambio social debe ser a educación popular.
 Rexeitamento de calquera tipo de poder: non ao Estado, non ao
exército e non aos partidos, só admite o sindicalismo.
 Defende que a base da revolución sexa o campesiñado
 Socialmente, defínense como colectivistas e pacifistas. A sociedade
organizarase en comunas autoxestionadas que se federarán
libremente formando rexións e países.
 Economicamente, rexeitan a propiedade privada. Aquí hai dúas
tendencias:
.1. o anarco-colectivismo de Bakunin, que defende a
colectivización do capital, a terra e os medios de produción pero
non dos froitos: “a cada un segundo o seu traballo”
.2. o anarco-comunismo de Kropotkin que defende a
colectivización tamén dos froitos do traballo. Algúns dos anarco-
comunistas defenden tamén a acción directa: combaten,
mediante a violencia, a sociedade burguesa. Haberá atentados
contra os Estados, a Igrexa e os grandes capitalistas:
 1894, asasinato do presidente da República
francesa.
 1897, asasinato de Cánovas del Castillo.
 1901, asasinato do presidente dos EE.UU.

3. O SOCIALISMO:
A. O SOCIALISMO UTÓPICO: (establece solucións inviables), xorde
entre os anos 20 e 40 en Francia con figuras como Saint Simon,
Fourier ou Blanc, son máis ben reflexións de pensadores sobre as
contradicións da sociedade industrial nun país con escaso
proletariado e sen un sindicalismo organizado. Hai poucos
elementos en común:
o Prefiren a evolución á revolución e buscan a concordia de
clases, coa mellora das clases populares: protección á
infancia ou asistencia sanitaria.
o Crearon modelos de sociedades que tentaron levar á
práctica: os falansterios de Fourier: poboacións de 1600
persoas onde se respecta a propiedade privada e a herdanza
ou os Talleres Sociais de Blanc: para empregar ós
traballadores en paro. A maioría destes intentos fracasaron.

16
B. O SOCIALISMO CIENTÍFICO:
Desenvolveuse a mediados do século XIX e destacan nel as figuras
de Carlos Marx (1818-1883) e Federico Engels (1820-1895). Marx
naceu en Alemaña, dentro dunha familia burguesa, estudou Dereito,
Historia e Economía, en 1843 trasládase a París e coñece a Engels. As
súas actividades políticas lévanlle a viaxar continuamente ata que se
instala en Gran Bretaña. Engels era alemán e en 1842 trasládase a
Inglaterra onde tiña unha fábrica. As súas obras son numerosas,
destacando dúas:
o O Manifesto Comunista de Marx e Engels de 1848. Aquí
expoñen a súa concepción materialista da historia: a historia
de tódalas sociedades que existiron é a historia da loita de
clases, que na súa época se manifesta na loita entre a
burguesía e o proletariado. No século XIX a burguesía
desenvolvérase enormemente debido á expansión colonial, a
gran industria etc., a súa vez a situación do proletariado era
cada vez máis mísera.
o O Capital, son catro volumes dos que destaca o primeiro obra
de Marx: expón as ideas económicas sobre a plusvalía e a
concentración de capitais.

-O MATERIALISMO DIALÉCTICO:
É o nome da filosofía de Marx, o seu punto de partida é Hegel e o
seu idealismo. A materia é previa á idea e todo evoluciona
dialecticamente, é dicir, a traveso da loita dunha realidade coa súa
contraria e pon o exemplo da sociedade capitalista, esta xermola ao seu
maior inimigo: o proletariado.
Capitalismo (tese) Proletariado (antítese)
Síntese (sociedade socialista)
O materialismo dialéctico aplicado á historia orixina o materialismo
histórico. Aplicado á política xorde o socialismo científico. Marx
chamouno así para opoñelo ó utópico, xa que el atopara as leis
científicas que rexen as sociedades fronte os presupostos inviables dos
utópicos.

-O MATERIALISMO HISTÓRICO:
Comprende catro puntos:
 Materialismo histórico:
A miseria do proletariado non se resolvía con melloras laborais, era
necesario un cambio máis profundo, era necesario transforma-la base
económica da sociedade. Para el, a economía era o motor da historia (a
chamada infraestrutura) que determina a sociedade e todo o que o ser
humano pensa ou crea: o dereito, a relixión, a ideoloxía... (chámao a
superestrutura). Se lle criticou a finais do século XIX, dicindo que o ser

17
humano é algo máis que materia e que pode cambia-la economía,
Engels respondeu coa súa tese da “acción recíproca” que recoñece o
anterior, un elemento da superestrutura pode influír na economía pero
sempre destacando á economía como o motor.
 Loita de clases:
Marx, ao estudar as leis que rexen o cambio da sociedade, atopase
con tres elementos:
 As formas de produción: sociedade agrícola, cazadora...
 Os medios de produción: a natureza, os instrumentos de traballo...
 As relacións de produción: é dicir, a posición co ser humano adopta
ante o proceso produtivo, xurdindo as clases sociais que se definen
segundo sexan propietarios ou non dos medios de produción.
Para Marx os medios de produción están sometidos a unha
dinámica de progreso, como o proba o avance técnico, mentres que a
clase social que os posúe é estática, non está disposta a cambios; isto
lévalle a chocar coa dinámica dos medios de produción.
Ó longo da historia sempre houbo clases:
Idade Antiga: amo e escravo
Idade Media: señor feudal e servo
Idade Capitalista: patrón e obreiro
Para Marx a única forma de cambiar isto é a revolución social por
medio da loita de clases que Engels ve de tres formas:
 económica: loita por melloras laborais.
 Política: nos parlamentos e nas rúas.
 Ideolóxica: conseguir co proletariado adquira conciencia de clase

 Ditadura do proletariado:
Coa revolución o proletariado tomará o Estado e unha vez aquí
expropiará á burguesía, eliminándoa como clase; despois, colectivizará
os medios de produción e, por último, sentará as bases dunha sociedade
socialista. Este foi un dos puntos máis criticados a Marx, el fala dunha
ditadura temporal mentres haxa restos de capitalismo, a partir de aquí o
Estado irá reducindo o seu papel.

 Sociedade sen clases:


Marx non describiu como sería, pero dalgúns estudios extráense
algúns trazos:
 Unha sociedade sen clases, só propiedade social
 Sociedade sen Estado, este desaparecerá dando paso á
autoadministración.
 Desde o punto de vista económico, organizarase en comunidades
de produción e consumo, onde o froito obtido será, ao principio, a
cada un segundo o seu traballo (sociedade socialista) e despois
segundo as súas necesidades (sociedade comunista)

18
-TEORÍAS ECONÓMICAS:

 A PLUSVALÍA: o valor dun obxecto está en función do traballo que


custou producilo. Así calquera obxecto elaborado terá un valor
equivalente ó tempo investido en obtelo. A plusvalía é o valor de
aquel traballo realizado polo obreiro ou obreira que este non cobra
e que percibe o capitalista en forma de beneficio; é a diferenza
entre o valor dos produtos elaborados polo obreiro e o valor do seu
salario. Existe unha plusvalía absoluta: conséguese prolongando a
xornada de traballo, e unha plusvalía relativa: reducindo a
xornadas por medio do progreso técnico.
 A CONCENTRACIÓN DE CAPITAIS: unha fábrica cantos máis
obreiros teña, máis plusvalía terá e estará en mellores condicións
de competir; as empresas débiles quebrarán e iranse incluíndo no
mundo proletario. O proceso leva, segundo Marx, á concentración
de capitais en poucas mans; nese momento haberá unha crise de
superprodución xa que haberá demasiado para unha poboación
proletaria sen capacidade adquisitiva. O capitalismo está
condenado ó fracaso.

C. O SOCIALISMO REVISIONISTA: BERNSTEIN


Bernstein (1850-1932) é un pensador marxista alemán que someteu
a revisión esta teoría. As súas ideas son a base do socialismo reformista
ou democrático. Para Bernstein as condicións históricas da segunda
metade do século XIX ( 2ª Revolución Industrial) eran moi diferentes ás
condicións da primeira revolución industrial, que foi a que estudou Marx.
Tres diferenzas:
 A industria converteuse no eixe da economía moderna nos países
industriais; así, o proletariado aumenta moito, non só
numericamente senón tamén en importancia social e económica.
Mediante a presión, creouse unha lexislación laboral e social máis
favorable ao proletariado; ademais, o proletariado agora non está
indefenso, conta con dous elementos de loita: o sindicato e o
partido.
 A Segunda Revolución Industrial caracterizouse por un enorme
progreso técnico, permitindo o desenvolvemento da produción e o
abaratamento do produto. O obreiro pode adquirir produtos ata
agora inaccesibles para el.
 Non se cumpriran as predicións de Marx no sentido dunha
concentración de capitais en poucas mans, nin a desaparición das
clases medias. Desenvólvense sociedades por accións onde o
capital está repartido. A plusvalía é menor do previsto por Marx
debido á acción dos sindicatos.

19
Marx nunca pensou na posibilidade do sufraxio universal, nin na
existencia de partidos obreiros que, mediante o parlamento e o goberno,
puidesen modifica-la sociedade. A partir destas bases Bernstein
desenvolve unha serie de ideas:
a) Nega o determinismo económico marxista, aduce a súa confianza
nas ideas como motor da historia.
b) Non é partidario da revolución social. Defende a democracia e o
acceso ao poder por medios democráticos, para elo cóntase co
sufraxio universal e os partidos socialistas.
c) Acepta a loita de clases, pero non a violencia.
d) Non acepta a ditadura do proletariado, nin a supresión da
burguesía. Cando o partido chegue ó poder, socializará aqueles
medios de produción co Estado poda dirixir mellor cos particulares.
e) O seu obxectivo é elevar o nivel de vida do proletariado ata
equiparalo á burguesía e isto farase coas leis oportunas e os
impostos. A súa finalidade é converter a democracia política en
democracia social.
A influencia de Bernstein: as súas ideas son a orixe dos partidos
socialdemócratas, foi duramente criticado polo leninismo. Xorde o
partido socialdemócrata sueco, francés, o laborismo inglés etc.

4. A I INTERNACIONAL. O ENFRONTAMENTO ENTRE MARXISTAS E


BAKUNISTAS:
A I Internacional (I AIT) foi unha idea de Marx; a súa obra “O
Manifesto Comunista” acaba coa frase: “proletarios de tódolos países,
unirvos”; aínda que hai quen defende que a orixe está nunha proposta
das Trade Unions.
Xa co capitalismo se internacionaliza, os obreiros e obreiras deben face-
lo mesmo; os seus intereses de clase teñen que ser superiores á
pertenza a unha nación ( a historia evoluciona pola loita dunha clase
contra outra, non pola loita dunha nación contra outra)
A idea tivo bastantes simpatizantes e iniciáronse os contactos entre
sindicatos, o que cristalizou na I Internacional que nace en Londres en
1864. Participan marxistas, socialistas de todo tipo, cartistas,
tradeunionistas, anarquistas... Marx redacta os estatutos e a declaración
de principios que recolle dúas ideas básicas:
 A emancipación será obra dos traballadores.
 A clase traballadora non debe ser indiferente á toma do poder
político.
A base fundamental da AIT era francesa e inglesa e tivo unha vida
curta, no congreso de A Haxa de 1872 son expulsados os anarquistas e
Bakunin organiza a Alianza Internacional con sede en Xenebra,
practicamente é o fin da I Internacional.

20
O seu fin debese a razóns externas: foi perseguida polos gobernos no
poder, sobre todo despois do fracaso da Comuna de París, esta foi un
intento de goberno obreiro cando os alemáns están ás portas de París en
1871. Será un goberno directo do pobo, os talleres son dirixidos polos
obreiros en réxime de autoxestión, rexéitase calquera tipo de poder
político, ensino gratuíto e obrigatorio... Mac Mahon domina a revolta e a
represión é moi dura. Acúsase á Internacional de provoca-las
sublevacións.
O seu fin tamén responde a razóns internas, destacando as
diferenzas entre marxistas e anarquistas:
 Diferente concepción da historia: para Marx a move a loita de
clases, Bakunin é máis individualista, o ser humano pode vence-las
forzas da historia.
 A revolución social será protagonizada polos obreiros industriais e
terá un carácter colectivo; para Bakunin a revolución será unha
acción individual e o campesiñado será a masa revolucionaria.
 Marx postula a ditadura do proletariado, Bakunin rexeita toda
forma de poder e, polo tanto, tamén esta.
 Os marxistas aceptan o xogo político, interveñen en eleccións e
nos parlamentos; os anarquistas rexeitan a política, non participan
nin nas eleccións nin no parlamento.

5. A II INTERNACIONAL:
Desde a crise de A Haia non houbo unha dirección única ata que en
1889 se crea a II Internacional no congreso de París. Morto Marx,
destacan os alemáns Liebknecht e Bernstein, os xenros de Marx,
Longuet e Lafargue e conta coa participación dun español, Pablo
Iglesias. Non ten o carácter centralista da I Internacional, é unha
federación de partidos autónomos que teñen como finalidade intentar
orientar a súas actuacións, dous problemas:
 O tipo de estratexia a seguir. Os anarquistas querían unha política
de emancipación económica, mentres co resto pretendía atender
ás reivindicacións inmediatas dos obreiros, triunfan os segundos e
os anarquistas volven a abandonar a Internacional (1896).
 Relación entre sindicatos e partidos. Os alemáns defendían a
integración, os ingleses a independencia total; desde 1900
adoptase a vía da colaboración.
Ata 1914, tres grandes temas dominan os debates:
a) Colaboración coas forzas burguesas: algúns socialistas entran en
gobernos, Guesde propón a súa condena. Ó final, condénase o
revisionismo pero se acepta a entrada dun socialista nun goberno
burgués como algo excepcional (Kaustsky). O debate continuou ata
1904 en que son expulsados os revisionistas.

21
b) A cuestión colonial: nun principio as declaracións foron moi abstractas
en contra do racismo e a prol da igualdade das razas, pero en 1907
(Stuttgart) proclámase o deber de combater a explotación colonial baixo
todas as súas formas.
c) O perigo da guerra. Nos congresos se debaten temas como a folga
xeral para impedir un eventual conflito ou chamadas á deserción dos
soldados. En vésperas da I Guerra Mundial hai tres tendencias dentro do
socialismo europeo:
-centrista de Kautsky: mantén a linguaxe marxista pero como a
revolución é inexorable, teñen unha actitude expectante.
-revisionista: sobre todo en Alemaña, Francia e Italia, a favor da
vía parlamentaria.
-esquerdista: Rosa Luxemburgo en Alemaña e bolxeviques en
Rusia. Defensa da insurrección e da folga xeral.
En 1919 xorde a III Internacional, baixo o auspicio dos
bolxeviques, pero en 1921 escíndense, en case tódolos partidos
socialistas, os comunistas. Os socialistas abandonan a III Internacional e
crean unha propia baseada nos socialdemócratas alemáns e os
laboristas ingleses, dura ata 1943. Rexurdirá na década dos 50 co nome
da Internacional Socialista.
Dentro da III Internacional hai tensións entre Trotsky e Stalin, o
primeiro defende a revolución universal, o segundo nun só país. Créanse
partidos trotskistas e a IV Internacional trotskista que aínda subsiste.

7. O MOVEMENTO OBREIRO EN GALICIA

As orixes remóntanse a mediados do século XIX, con folgas e


movementos de tipo ludista. O asociacionismo non aparece ata 1868 e
vencellado ao federalismo:
 Redución da xornada laboral
 Prohibición do traballo aos nenos e nenas nas fábricas
 Pulo a sociedades cooperativas
As primeiras organizacións con formulación xenuinamente obreiras
aparecen coa Internacional (1870-71) en Coruña, Ferrol e Santiago:
loita contra a miseria e a explotación laboral pero tamén construción
dun proxecto político propio.
En outubro de 1872 prodúcese a primeira folga obreira en Coruña
contra o traballo nocturno. A finais do século XIX consolídanse as dúas
grandes centrais:
1. UXT, fundada en 1888, que ten nas zonas de Ferrol e Vigo a
súa forza, é de tendencia socialista.
2. CNT, de tendencia anarquista, céntrase fundamentalmente en
Coruña e arredores.

22
Margaret Thomas explica ao comisario, en Gales: “estiven traballando
nos niveis baixo terra empurrando vagonetas. O traballo nos niveis era máis
duro que nas galerías, os niveis xeralmente estaban húmidos; algunhas veces
ía enterrada ata a metade da perna a través do barro e a auga, traballaba
descalza; había moitas mozas novas nos niveis e non estaban habituadas a
perder tempo con doenzas. Ían á escola dominical pero non sabían ler”
EVANS, R. M. Big Pit Mining Museum. Blaenavon.

En Inglaterra estes “barrios feos” están máis ou menos dispostos do


mesmo xeito en tódalas cidades; as peores casas están na peor zona do lugar;
polo xeral, son de un ou dous pisos, en longas filas, posiblemente cos sotos
habitados e instaladas irregularmente por todas partes. Estas casiñas, de tres
ou catro cuartos e unha cociña, chamadas cottages, son en Inglaterra, quitando
unha parte de Londres, a forma xeral da vivenda de toda a clase obreira. En
xeral, as rúas están sen enlousar, son desiguais, están emporcadas, cheas de
restos de animais e vexetais, sen sumidoiros e, por iso, sempre cheas de
fedorentas lameiras. Ademais, a ventilación faise difícil polo defectuoso e
atrapallado proxecto de construción e, posto que moitos individuos viven nun
pequeno espazo, pode facilmente imaxinarse o aire que envolve estes barrios
obreiros. Por último, cando hai bo tempo, esténdese a roupa a secar sobre
cordeis pasados dunha casa á outra, perpendicularmente á rúa.
ENGELS, F. “A situación da clase obreira en Inglaterra”

Contesta estas preguntas:

1. Explica cando e como nace a clase obreira; con que acontecemento e


con que cambios nos métodos de produción o relacionas?

2. Amplía a información sobre a forma de vida da clase obreira cos inicios


da Revolución Industrial.

3. Que repercusións tivo, no ámbito político, a toma de conciencia das


condicións de vida da clase traballadora?

23
Posuímos información de que vostede é un deses propietarios que
teñen desas detestables tesoiras mecánicas, e os meus homes
encargáronme que lle escribira, que lle fixera unha advertencia e lle
aconsellara que as quitase... Tome vostede nota de que, se non son
retiradas á fin da semana próxima, despacharei a un dos meus
lugartenentes con non menos de 300 homes para destruílas. E, ademais,
tome vostede nota tamén de que, se nos causa problemas, nós
aumentaremos os seus infortunios queimando o seu edificio e reducíndoo a
cinzas; e se vostede ten o atrevemento de disparar contra dos meus homes,
eles teñen orde de asasinalo e queimarlle a casa a vostede. Así que vostede
terá a bondade de informar ós seus veciños de que lles espera o mesmo
destino se os seus bastidores de calcetar non son rapidamente quitados...
Thompson, E.P. en “A formación histórica da clase obreira”

A historia de tódalas sociedades ata os nosos días é a historia das


loitas de clases. Homes libres e escravos, patricios e plebeos, señores e
servos, mestres e oficiais, nunha palabra: opresores e oprimidos
enfrontáronse sempre, mantiveron unha loita constante, ocultada unhas
veces e outras franca e aberta; loita que rematou sempre coa transformación
revolucionaria de toda a sociedade ou o afundimento das clases en pugna.
Nas anteriores épocas históricas atopamos case por todas partes unha
completa diferenciación da sociedade en diversos estamentos, unha múltiple
escala gradual de condicións sociais. Na antiga Roma atopamos patricios,
cabaleiros, plebeos e escravos; na Idade Media, señores feudais, vasalos,
mestres, oficiais e servos, e ademais, en case todas estas clases atopamos,
á súa vez, gradacións especiais.
A moderna sociedade burguesa, que saíu de entre as ruínas da
sociedade feudal, non aboliu as contradicións de clase. Unicamente
substituíu as vellas clases, as vellas condicións de opresión, as vellas
formas de loita por outras novas.
A nosa época, a época da burguesía, distínguese, non obstante, por
ter simplificado as contradicións de clase. Toda a sociedade se vai dividindo,
cada vez máis, en dous grandes bandos hostís, en dúas grandes clases que
se enfrontan directamente: a burguesía e mailo proletariado.
Marx e Engels, “O Manifesto Comunista”, 1848

24

You might also like