You are on page 1of 18

ÍNDICE:

1. Xustificación

1.1. Composición e organización do ENDL – San Xoán

2. Breve estudo sociolingüístico actualizado

3. Descrición dos obxectivos:

3.1. Obxectivos referidos ao contorno sociolingüístico

3.2. Obxectivos referidos ao Profesorado e Alumnado

3.3. Obxectivos referidos á situación lingüística do Centro

4. Descrición detallada doas actividades de dinamización lingüística en función dos


obxectivos propostos:

4.1. Celebracións

4.2. Creacións artísticas

4.3. Comunicación oral e escrita

4.4. Dinamización das linguas

4.5. Organización do ENDL

5. Cadro resumo de actividades

5.1. Actividades en relación co aspecto curricular

5.2. Actividades en relación coa participación e os usos

1. Xustificación

O ENDL do CEIP San Xoán de Becerreá, Lugo, considera fundamental o apoio da Administración
para levar a cabo o proxecto que presenta, un proxecto que procurará a competencia do
alumnado na lingua nai e un estado de igualdade entre linguas oficiais no desenvolvemento da
actividade docente.

A amplitude das liñas de traballo está en concordancia coa metodoloxía que pretendemos levar
a cabo: a cooperación e o consenso nos obxectivos educativos decididos pola maioría dos
programas e proxectos do centro. Isto garantirá o tratamento multidisciplinario e, tamén,
multisituacional dos mesmos, o que nos leva a pensar que as posibilidades de consecución dos
mesmos amplíanse exponencialmente. Neste sentido, o ENDL deixa constancia de que está
composto por profesorado que pertence a todos os ciclos e etapas do centro, pero tamén, que
colabora na programación e desenvolvemento do traballo doutros proxectos como o Plan
Proxecta, o Proxecto de Formación Permanente, o Proxecto eTwinning, o Programa Educación
Responsable e o Plan de Biblioteca.

Por outra banda, o feito de crear un entramado de programacións colaborativas, para alén de
dotar ao mesmo da coherencia da liña pedagóxica do centro, permite aunar esforzos a nivel de
recursos humanos, pero tamén, a nivel de recursos materiais e, polo tanto, facilitar ao alumnado
unha oferta educativa que o capacite no uso normalizado do galego, ao profesorado, da ocasión
diaria de sentirse protagonista desa oferta e, ás familias, da opción de participar no
desenvolvemento educativo integral dos seus fillos, converténdonos nunha única poboación
escolar que coñece, valora e conserva o seu contorno e as manifestacións culturais do mesmo,
entre as que a lingua é máximo expoñente.

1.1 Composición e organización do ENDL – CEIP San Xoán.

PROFESORA ETAPA / CICLO OUTROS PROGRAMAS NOS


QUE PARTICIPA

T. Susana Vázquez Regueiro Coordinadora ENDL Proxecta, PFPP, eTwinning,


Plan Biblioteca, E.R.

Mª Ángeles Muries Fernández Coordinadora E.I. Plan Biblioteca, E.R.

Yolanda López Besteiro Profesora de 2º E.P. Plan de Biblioteca, E.R.

Teresa López Farelo Profesora de 5º E.P. Plan de Biblioteca, E.R., PFPP,


Proxecta

Gema Lombó Lombraña Profesora de 6º E.P. Plan de Biblioteca, Proxecta,


PFPP, E.R.

O ENDL reúnese todos os segundos luns de mes en xuntanza ordinaria, non excluínte daquelas
precisas, de forma extraordinaria, para a programación, avaliación ou retroalimentación das
liñas de traballo.

Como se aprecia no cadro que precede, todas as compoñentes do ENDL pertencen a outros
programas que son fundamentais no desenvolvemento deste proxecto que se presenta,
garantindo as liñas de atención conxuntas que se defenden nel.
2. Breve estudo sociolingüístico actualizado

Para a elaboración deste proxecto de fomento da lingua, o Equipo de Normalización e


Dinamización Lingüística partiu dunha análise pormenorizada das características
sociolingüísticas do centro, que vén sendo moi similar á dos anos anteriores, ao repetirse as
circunstancias no alumnado (3 anos) e profesorado novos.

En xeral, podemos dicir que a análise reflicte, como indicador global, un contorno
sociolingüístico con predominio do galego no nivel familiar e escolar, refrendado polo estudo
pormenorizado dos falantes na escola e dos documentos e carteleiras que se poden xerar e /
ou utilizar no centro.

Igualmente, podemos confirmar a boa disposición do profesorado de cara a impartir as clases


en galego e utilizar esta lingua nos espazos comúns do centro á hora das relacións interpersoais
(profesorado e alumnado), normalizando non só o uso do galego no ámbito educativo, senón,
tamén, no social.

As familias da nosa comunidade educativa, e polo tanto o alumnado, pertencen a unha


sociedade rural que, aínda que heteroxénea nos niveis socioeconómico e cultural, é
maioritariamente galego falante, presentando un uso desta lingua tanto nas relacións como no
ámbito máis académico. Este feito facilita o labor normalizador da lingua galega e, porén,
require a dinamización doutras linguas, en especial no aspecto máis normativizador,
fundamentalmente na escrita, pola convivencia de rexistros lingüísticos diversos.

Sen dúbida, todo isto ten unha repercusión real no centro educativo, no que o galego ten gran
presenza, en concordancia co ambiente en que vivimos, sendo lingua habitual nas actividades
académicas, pero tamén nas interacción persoais, o que permite afirmar que existe ampla
visibilidade de que a nosa lingua é a galega.

Por outra banda, é fundamental para este equipo de traballo, optimizar a valoración que da
lingua nai se faga, co obxectivo último de que os membros desta comunidade descubran,
valoren, conserven e difundan os nosos sinais identitarios e diferenciais, que nos fan portadores
dunha cultura propia na que a lingua é o vehículo fundamental.

Nese sentido, consideramos este proxecto como unha medida indispensable para a consecución
da competencia lingüística, pero tamén como contribución ás outras, en especial, á social e
cidadá, aprender a aprender, iniciativa persoal, cultural e artística e interacción co mundo físico.

Para que o parágrafo anterior sexa efectivo, é preciso que este Equipo e este Proxecto se
incardine cos outros Equipos e Proxectos do centro, de xeito que o noso modelo pedagóxico e
didáctico defina as nosas estratexias metodolóxicas e redunde no desempeño de todos os nosos
alumnos e na calidade do noso labor docente. Por iso, as nosas liñas de traballo están
entrecruzadas con outros proxectos educativos innovadores que se desenvolven no centro e,
con elas, constitúen o entramado educativo que asegura a consecución dos obxectivos
didácticos. A descrición destas interconexións será evidente nos apartados 3 e 4.
3. Descrición dos obxectivos

En concordancia coa Orde de 2 de xaneiro de 2014, pola que se anuncia a convocatoria para os
proxectos de fomento do galego que nos ocupa, os obxectivos didácticos deben programarse en
función de catro grandes factores:

- O contorno sociolingüístico do centro

- A situación do profesorado

- A situación do alumnado

- A situación lingüística do centro.

Para unha mellor organización de obxectivos e actividades que os definen, consideramos


adecuado facer unha fusión dos segundo e terceiro puntos entendendo que, salvo algunhas
cuestións específicas (que se sinalan), os obxectivos e actividades referidos a profesorado e
alumnado dependen unhas doutras, nunha estrutura que implica a ambos colectivos no que
son: un só grupo de persoas a colaborar nas aprendizaxes compartidas e/ou facilitadas. Tendo
este aspecto en conta, os obxectivos que este Proxecto de Normalización e Dinamización
Lingüística propón son:

3.1. Obxectivos referidos ao contorno sociolingüístico


USO DO GALEGO:

- 1. Favorecer e potenciar o uso correcto e habitual do galego en todo tipo de situacións,


desbotando prexuízos e potenciando o uso académico

- 2. Dar a coñecer o uso do galego en usos postacadémicos (empresarial, laboral,


administrativo)

- 3. Potenciar o uso do galego nas relacións interpersoais e interinstitucionais no


desenvolvemento das actividades lectivas e complementarias/extraescolares, así como
nos distintos momentos lúdicos do lecer.

VALORACIÓN DA CULTURA GALEGA:

- 4. Fomentar a valoración da lingua galega como manifestación cultural colectiva

- 5. Descubrir, conservar e potenciar os nosos valores identitarios e diferenciais.

VALORACIÓN DO NOSO CONTORNO CULTURAL PRÓXIMO:

- 6. Coñecer as tradicións socio - lingüístico - culturais do noso contorno en colaboración


con outras institucións, entidades e asociacións.
- 7. Dar a coñecer a relevancia de persoas, oficios, tradicións e celebracións do noso
contorno, nun proceso de valoración do contorno baseándonos nos seus protagonistas
directos, coa colaboración das familias, institucións e asociacións.

3.2. Obxectivos referidos ao Profesorado e Alumnado


PROFESORADO DO ENDL

- 8. Desenvolver a sensibilidade precisa para comprender, valorar e potenciar as


manifestacións culturais do noso patrimonio.

- 9. Cubrir as necesidades de recursos, no desenvolvemento das liñas de traballo deste


proxecto ou procurar a súa adquisición polos canles adecuados no funcionamento do
centro educativo.

PROFESORADO

- 10. Avanzar no emprego do galego en relación coas familias e outros interlocutores no


desenvolvemento da actividade escolar.

- 11. Asociar o emprego do galego ás actividades que requiran creatividade artística ou


científica, e situalo, indefectiblemente, no mesmo plano que calquera outra lingua de
uso no desenvolvemento de proxectos ou liñas de traballo.

ALUMNADO E PROFESORADO

- 12. Empregar a lingua como motor dinamizador e motivador da creatividade propia,


individual ou colectiva, e de respecto e coñecemento interpersoal, potenciando o seu
uso na expresión de ideas, sentimentos e fantasías e procurando o desenvolvemento
artístico que iso supón.

- 13. Procurar o coñecemento e valoración da expresión cultural do contorno próximo,


aprendendo vocabulario e familiarizándose coas expresións relacionadas coas unidades
didácticas desenvolvidas.

- 14. Compartir experiencias educativas con outros alumnos e profesores, instituciones,


familias…

3.3. Obxectivos referidos á situación lingüística do Centro:


Ambientalización.

- 15. Estender e optimizar o uso la lingua galega no centro (uso académico, administrativo
e de comunicación co exterior), dando visibilidade ao mesmo nas carteleiras, taboleiros
e documentación de traballo académico.
- 16. Transmitir unha idea actual da lingua galega, abrindo novas canles de comunicación
coas familias, ANPA e contorno, coa actualización informativa e comunicativa da web
do centro e dos distintos blogues que sustentan e difunden o noso labor docente.

- 17. Crear espazos de participación de toda a comunidade educativa, dando especial


relevancia ao alumnado e procurando a súa difusión.

Hai un número importante dos anteriores obxectivos que constitúen, para nós, o eixo
vertebrador deste proxecto e, por tanto, de todas e cada unha das liñas de actuación que
levemos a cabo. Son obxectivos que non se desenvolven nunha ou dúas actividades, senón
que deben conformar a dinámica normalizadora, íntegra, do noso labor. Por iso, non aparecen
sinalados na táboa 4.1, dando por entendido que son perseguidos desde o mesmo inicio do
curso ata seren retroalimentados na avaliación final, co sentimento de os continuar
plurianualmente. Referímonos aos obxectivos número:

1 3 8 9 10 12 15

4. Descrición detallada das actividades de dinamización


lingüística en función dos obxectivos propostos

A continuación descríbense as liñas de traballo que se teñen planificado para o


desenvolvemento deste proxecto, para cada actividade indícanse no cadro resumo os
obxectivos traballados e os proxectos de centro igualmente implicados.

Coa mesma xustificación do apartado anterior, as actividades estarán en función dos seguintes
piares:

- A- Actividades referidas ao contorno sociolingüístico

- B- Actividades referidas ao alumnado e profesorado

- C- Actividades referidas á situación sociolingüística do centro: Ambientalización.

E reflictiranse no cadro explicativo, coa seguinte denominación:


Ámbito de actuación:

Contorno S.L. (actividades referidas ao contorno sociolingüístico)

Profe+Alum (actividades referidas a alumnado e profesorado)

Ambientalizac (Actividades referidas á situación sociolingüística do centro: Ambientalización)

Todas as liñas de traballo que desenvolveremos son:

4.1 Celebracións
Porque entendemos que un centro educativo é, tamén, un centro de disfrute, un espazo para a
expresión emocional e a educación en valores. Por iso, dentro deste apartado, o ENDL organizará
a celebración de:

EFEMÉRIDES:

Aquelas datas importantes para o centro, dándolles un soporte didáctico, unha xustificación da
que aprender e a apreciación dos resultados que se poidan conseguir.

Neste sentido, este ano celebraremos, por primeira vez na escola, os Aniversarios Trimestrais,
un día ao trimestre para facer unha festa de cumpreanos de toda a comunidade educativa
nacida neses meses.

Igualmente, encontraremos un lugar destacado para o coñecemento de datas de interese para


a comunidade educativa.

SEMANAS CONMEMORATIVAS:

A maior parte das conmemoracións de celebración obrigatoria, ben merecen unha semana de
reflexión. Por iso, o noso centro celebra a Semana da Constitución e o Estatuto, a da Paz e os
Dereitos Humanos, a do Medio Ambiente, a da Prensa... con actividades variadas que impliquen
a todo o centro e, cando sexa posible, á comunidade educativa (familias, profesionais,
institucións...)

Dentro deste apartado, alcanza unha dimensión especial a SEMANA DAS LETRAS GALEGAS, na
que o centro dedica o seu esforzo ao coñecemento do autor homenaxeado, da súa obra e do
seu contexto histórico, pero, especialmente, á valoración do que se celebra, as propias Letras
Galegas e ao significado que este día ten para a nosa cultura e a nosa sociedade.

FESTAS TRADICIONAIS E CULTURAIS DE CICLO ANUAL

Dentro da nosa liña de traballo a prol do coñecemento das nosas tradicións, as festas
tradicionais forman parte da nosa cultura e do noso patrimonio, por iso, celebraremos, cada
ano, diferentes tradicións. Para este ano: a malla e a matanza. Quedan pendentes outras como
a sega, a recollida da pataca... O que fai desta actividade un claro exemplo de traballo plurianual.
Cada festa inclúe o seu estudo, visionado (en vivo ou mediante vídeos) e explicación por algún
membro da comunidade educativa e/ou do contorno. Exposición de traballos e elaboración de
unidade didáctica.

Encádranse aquí, tamén, as festas tradicionais como o Entroido, o Magosto, o Nadal, de ciclo
anual, que celebramos con actividades variadas durante unha semana, procurando a valoración
respectuosa do noso e abrindo as portas da escola á comunidade ou a outras realidades non tan
próximas, para aprendermos delas.

CICLO DE CINE EN GALEGO

Cada curso, durante o trimestre máis longo, celebraremos un ciclo de cine en galego, para a
aproximación do alumnado á obra cinematográfica creada no noso país e na nosa lingua. Este
ciclo contará con unha ou dúas películas por tipo de público (Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de
primaria, e 4º, 5º e 6º de primaria), e desenvolverase en horario lectivo, con aproveitamento
didáctico consensuado polos equipos de ciclo.

4.2 Creacións Artísticas


Porque consideramos que a lingua é unha das expresións culturais fundamentais e un soporte
de beleza indiscutible e porque valoramos a nosa capacidade de utilizar o galego para ensinar e
aprender a expresión artística propia ou allea.

CONCURSOS DE RELATOS, POSTAIS, DEBUXOS...

Vinculados a campañas de traballo como as referidas no apartado anterior, procuraremos a


organización de concursos para o noso alumnado no que teñan a posibilidade de expresar os
seus sentimentos, fantasías ou xeitos de ver a vida.

Estes concursos serán un ao trimestre, de ser posible, e variados no seu soporte.

De non conseguir a organización deles, procurarase a potenciación, mediante información


temperá e facilitación técnica, da participación noutros concursos organizados por Asociacións
ou Institucións, predominantemente do contorno próximo.

OBRADOIROS PARA ALUMNADO E/OU PROFESORADO

Ao longo do curso, no desenvolvemento das liñas de traballo, organizaremos obradoiros para a


participación de toda a comunidade educativa. Estes obradoiros procurarán, en especial, o
coñecemento dos oficios da zona, unha das liñas de traballo elixidas para este curso, aínda que
tamén poden ter outras temáticas, como a da reciclaxe, que abordamos, normalmente, no
terceiro trimestre.

CREACIÓN DE LIBROS

En formato virtual ou tradicional, o alumnado do centro ten a ocasión de crear libros (viaxeiros,
de receitas, de relatos...) que se publicarán nos espazos virtuais do centro e, cando for posible,
en papel, para formar parte dunha nova iniciativa: a creación dun espazo propio para esta liña
de traballo na Biblioteca Escolar.
Esta iniciativa pretende a participación do alumnado no desenvolvemento de todas as liñas de
traballo e, como non, na vida da Biblioteca.

O ENDL encargarase da maquetación, impresión e publicación web, nos termos que sexa
oportuno.

PUBLICACIÓN DA REVISTA ESCOLAR “FOLLAS REVOLTAS”

Revista anual que recolle traballos, creacións e opinións de todo o alumnado do centro ao longo
do ano. Publícase e entrégase a todas as familias un exemplar en papel, tendo recompiladas os
arquivos na páxina web do centro, para unha maior difusión.

MÚSICA E TEATRO GALEGOS

Na medida do posible, trataremos de organizar, cada curso, unha actividade de difusión de


música e teatro galegos, dando prioridade a grupos da contorna.

Igualmente, desde a área de Educación Artística procuraremos desenvolver actividades en


consonancia, en especial nos festivais ou semanas conmemorativas.

SAÍDAS DIDÁCTICAS

Para coñecer a vida e obra de autores galegos e o patrimonio cultural do contorno.

É para nós interesante a posibilidade de facer algunha destas viaxes compartidas con outros
centros da zona e en colaboración con asociacións do contorno.

PLAN PLURIANUAL “COÑECENDO A PAISAXE: Elaboración dunha guía turística do concello”

O ENDL en colaboración coa ANPA, vai realizar unha listaxe de lugares do contorno próximo de
interese cultural, artístico ou natural, para a organización dun plan de visitas guiadas e de
aproveitamento didáctico para os próximos anos no desenvolvemento dos estudos que se fagan
desde o Plan Proxecta (Sustentabilidade e Paisaxe).

MARCAPÁXINAS ANUAL

Como sinal identitario do noso centro, comezamos este curso, pola creación dun marcapáxinas
para entregar, como presente, a todos cantos nos visiten para achegarnos o coñecemento de
calquera área, no desenvolvemento das nosas liñas de actuación.

A idea inicial é a de vincular esta actividade coa celebración da Semana das Letras Galegas,
escollendo, para o envés do marcapáxinas, unha cita do autor homenaxeado.

DECORACIÓN ESTACIONAL E PARA CONMEMORACIÓNS

O centro vístese de cada unha das campañas didácticas organizadas. O ENDL colabora nese
traballo de ambientalización e servíndose do mesmo para cumprir os seus obxectivos.

4.3 Comunicación oral e escrita


POSTAIS DE NADAL
Cada ano organizaremos un Buzón de Nadal, no que o alumnado e profesorado poida deixar as
súas felicitacións libremente, coa intención de felicitar a cantos o desexen do propio centro,
Antes das vacacións, cada persoa recibe as súas felicitacións que deben ir feitas a man
orixinalmente e en galego.

SESIÓNS DE FORMACIÓN ENTRE IGUAIS

No desenvolvemento das semanas conmemorativas e outras liñas de actuación, procurarase a


organización de sesións de formación entre iguais, nas que alumnado de un curso, presente a
outros o traballo realizado.

Esta actividade, que procura a Competencia Lingüística, será sempre en galego.

USO DAS TIC

Todas as actividades, liñas de traballo e novas serán publicadas na páxina web, no blog do Plan
Proxecta, na páxina do ENDL do centro e, cando así se considere, nos blogs que o profesorado
xestiona para o desenvolvemento do seu labor pedagóxico.

Esta liña comunicativa co exterior é un xeito de difundir o noso traballo e, o feito de o facer en
galego, permite contribuír a conformar esta lingua como idónea para a canle comunicativa
creada, en especial na comunidade educativa, que tanto ten que achegar neste sentido.

As tecnoloxías da información e comunicación son unha canle comunicativa máis que non
podemos obviar e que contribuirá a conectarnos máis coas institucións e as familias.

CONTACTOS COAS FAMILIAS E INSTITUCIÓNS

Forma parte do sentir do centro a necesidade de utilizar o galego nas comunicacións coas
institucións e coas familias coas que nos relacionamos, isto compón un contexto no que a lingua
vehicular é o galego, que está asumido e acordado por todos.

ORGANIZACIÓN DE CHARLAS E CONTACONTOS

Dentro das diferentes liñas de traballo, daranse ocasións para a organización de sesións con
persoas da Comunidade Educativa próxima (preferiblemente) ou especialistas en determinados
temas que nos ilustren con algún aspecto da unidade didáctica que esteamos a desenvolver.
Igualmente, é interesante a celebración de sesións de contacontos para o alumnado.
Procurarase que, unhas e outras, sexan en galego.

4.4 Dinamización das linguas


PRESENZA DOUTRAS LINGUAS NA ESCOLA

Entendemos que o ENDL ten, tamén, un labor na dinamización das linguas que forman parte da
comunidade educativa. Por iso, procuramos a colaboración das familias non españolas do
centro, ás que pedimos a tradución de textos para formaren parte da decoración estacional ou
dalgunha campaña de creación literaria.

Especial interese ten, neste sentido, a participación nun PROXECTO eTWINNING, en


colaboración con escolas de Portugal que se desenvolverá co alumnado da Aula PT e o de 6º do
centro, e que contará cun espazo web propio, no que o galego ten a súa páxina
TRADUCIÓN AO GALEGO DE OBRAS NOUTRAS LINGUAS

No desenvolvemento de campañas didácticas, procuraremos, como mínimo unha vez ao curso,


da tradución dalgunha obra noutras linguas ao galego, para a ambientalización e a reflexión
sobre algún tema de interese educativo.

Estes materiais serán, sempre, publicados virtualmente nos espazos máis adecuados do centro.

4.5 Organización do ENDL


RENOVACIÓN DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN DAS LINGUAS

O cambio de coordinadora leva parello un cambio na metodoloxía que foi acordado polo equipo
e que procurará unha maior implicación no desenvolvemento de liñas de traballo anuais, cíclicas
e plurianuais.

O feito de que sexa unha elección por dous anos dota de estabilidade a este equipo de traballo,
que ten nas súas mans o desenvolvemento deste proxecto.

PROGRAMACIÓN CONXUNTA CON OUTROS PROXECTOS DO CENTRO

Cremos que desde a integración dos esforzos é que se conseguen os obxectivos, por iso,
decidimos, desde o inicio de curso, a programación conxunta con outros proxectos/plans do
centro. Así, adquire especial importancia a coordinación cos equipos que dinamizan:

O Plan Proxecta

O Proxecto eTwinning

Proxecto Formación Permanente

O Programa Educación Responsable

O Plan de Biblioteca

O Plan TIC

Organizaranse reunións periódicas (mínimo unha ao mes) para a programación das actividades
en función dos diferentes obxectivos que definen cada un dos programas / plans sinalados,
perseguindo a consecución de todos eles en unidades didácticas compartidas, consensuadas e
colaborativas.

CAMPAÑA DE FOMENTO DA LECTURA EN GALEGO

En colaboración coa Biblioteca Escolar, poñeremos en funcionamento campañas de lectura en


galego, para todo o centro, coa colaboración dos titores.

Forma parte desta iniciativa, o previo estudo dos materiais que a Biblioteca ten en galego e en
castelán e, en consecuencia, procurar a dotación dos primeiros para equiparar as linguas, nos
medios en que o centro poida asumir.

ACTUALIZACIÓN DA INFORMACIÓN: COMUNICACIÓNS


Como xa queda referido noutros lugares deste documento, é labor do ENDL a publicación de
canta liña de traballo se desenvolva no centro. Esta difusión será, maioritariamente, vía web do
centro (http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsanxoan/), blog do centro
(http://ceipsanxoan.blogspot.com.es/) e, máis específicamente nos blogs do Plan Proxecta
(http://planproxectaceipsanxoan.blogspot.com.es/) no que o ENLD ten a súa páxina específica
(http://planproxectaceipsanxoan.blogspot.com.es/p/endl.html)

ACCIÓN TRADUTORA / CORRECTORA

O ENDL procurará a axuda aos compañeiros en todas as traducións e correccións para as que
sexa requirido, servíndose, para iso, de materiais didácticos e páxinas web que faciliten este
labor.

5. Cadro resumo de actividades

5.1. Actividades en relación co aspecto curricular


4.1 CELEBRACIÓNS

Actividade Obxectivos Ámbito de Plans de centro Carácter Innovación


actuación durante o
(*) curso

EFEMÉRIDES 5-7- Contorno S.L. Proxecta Cíclico

Biblioteca

TIC

ER

SEMANAS 2-4-5-6-7-11-13- Contorno S.L. Proxecta Cíclico X


CONMEMORATIVAS 14-17
PFPP
(S. DAS LETRAS
GALEGAS) Profe+Alum eTwinning

Biblioteca

TIC

FESTAS TRADICIONAIS 2-4-5-6-7-11-13- Contorno S.L. Proxecta Plurianual X


E CULTURAIS DE CICLO
ANUAL Profe+Alum PFPP

eTwinning

Biblioteca

TIC

CICLO DE CINE EN 2-4-5-7-11-16 Contorno S.L. Biblioteca Puntual


GALEGO
Profe+Alum TIC
Ambientalizac

4.2 CREACIÓNS ARTÍSTICAS

Actividade Obxectivos Ámbito de Plans de centro Carácter Innovación


actuación durante o
(*) curso

CONCURSOS DE 11- Profe+Alum Biblioteca Anual X


RELATOS, POSTAIS,
DEBUXOS... TIC

ER

OBRADOIROS PARA 6-11-13-14-17 Contorno S.L. Proxecta Puntual X


ALUMNADO E/OU
PROFESORADO Profe+Alum PFPP

Biblioteca

TIC

ER

CREACIÓN DE LIBROS 4-11-14- Contorno S.L. Proxecta Anual X

Profe+Alum Biblioteca

TIC

PUBLICACIÓN DA 4-11-14-17 Contorno S.L. Proxecta Anual


REVISTA “FOLLAS
REVOLTAS” Profe+Alum Biblioteca

TIC

MÚSICA E TEATRO 2-4-5-6-7-11-13- Contorno S.L. Proxecta Puntual


GALEGOS 14-16
Profe+Alum PFPP

Ambientalizac

SAÍDAS DIDÁCTICAS 5-6-7-13-14- Contorno S.L. Proxecta Puntual X

Profe+Alum

PLAN PLURIANUAL 5-6-7-13-14-17 Contorno S.L. Proxecta Plurianual X


“DESCUBRINDO A
PAISAXE” Profe+Alum PFPP

Biblioteca

TIC

MARCAPÁXINAS 5-7-11-14- Contorno S.L. Puntual


ANUAL
Profe+Alum

DECORACIÓN 7-11-13- Profe+Alum Proxecta Cíclico


ESTACIONAL E PARA
CONMEMORACIÓNS ER

4.3 COMUNICACIÓN ORAL E ESCRITA


Actividade Obxectivos Ámbito de Plans de centro Carácter Innovación
actuación durante o
(*) curso

POSTAIS DE NADAL 11- Profe+Alum ER Cíclico

SESIÓNS DE 7-11-14- Profe+Alum Proxecta Anual X


FORMACIÓN ENTRE
IGUAIS PFPP

eTwinning

Biblioteca

TIC

ER

USO DAS TIC 11-14-16 Profe+Alum Proxecta Anual X

Ambientalizac PFPP

eTwinning

Biblioteca

TIC

ER

CONTACTOS COAS 2-14-16 Contorno S.L. Anual


FAMILIAS E
INSTITUCIÓNS Profe+Alum

Ambientalizac

ORGANIZACIÓN DE 2-4-5-6-7-11-13- Contorno S.L. Proxecta Anual X


CHARLAS/ 14-
Biblioteca
CONTACONTOS
Profe+Alum TIC

4.4 DINAMIZACIÓN DAS LINGUAS

Actividade Obxectivos Ámbito de Plans de centro Carácter Innovación


actuación durante o
(*) curso

PRESENZA DOUTRAS 4-5-14- Contorno S.L. Proxecta Anual X


LINGUAS NA ESCOLA
Profe+Alum eTwinning

TIC

ER

TRADUCIÓN AO 4-5-11-16 Biblioteca Anual


GALEGO DE OBRAS
NOUTRAS LINGUAS TIC

4.5 ORGANIZACIÓN DO ENDL


Actividade Obxectivos Ámbito de Plans de centro Carácter Innovación
actuación durante o
(*) curso

RENOVACIÓN DO (*) Contorno S.L. Plurianual


EQUIPO DE
NORMALIZACIÓN E Profe+Alum
DINAMIZACIÓN DAS
LINGUAS Ambientalizac

PROGRAMACIÓN 11-13-14- Profe+Alum Proxecta Plurianual X


CONXUNTA CON
OUTROS PROXECTOS PFPP
DO CENTRO
eTwinning

Biblioteca

TIC

ER

CAMPAÑA DE 4-11-16 Contorno S.L. Biblioteca Plurianual


FOMENTO DA
LECTURA EN GALEGO Profe+Alum

Ambientalizac

ACTUALIZACIÓN DA 2-14-16 Contorno S.L. TIC Anual


INFORMACIÓN:
COMUNICACIÓNS Profe+Alum

Ambientalizac

ACCIÓN TRADUTORA / (*) Contorno S.L. TIC Anual


CORRECTORA
Profe+Alum

Ambientalizac
5.2. Actividades en relación coa participación e os usos
4.1 CELEBRACIÓNS

Actividade Implica a Nivel de uso do Nivel de uso das TIC


galego

familias Outros Instituc / Oral Escrito Usuario Publicar Comunicar


centros Asociac

EFEMÉRIDES X X X X X

SEMANAS X X X X X X X X
CONMEMORATIVAS

(S. DAS LETRAS


GALEGAS)

FESTAS TRADICIONAIS X X X X X X X
E CULTURAIS DE CICLO
ANUAL

CICLO DE CINE EN X X
GALEGO

4.2 CREACIÓNS ARTÍSTICAS

Actividade Implica a Nivel de uso do Nivel de uso das TIC


galego

familias Outros Instituc / Oral Escrito Usuario Publicar Comunicar


centros Asociac

CONCURSOS DE X X X X X X
RELATOS, POSTAIS,
DEBUXOS...

OBRADOIROS PARA X X X
ALUMNADO E/OU
PROFESORADO

CREACIÓN DE LIBROS X X X

PUBLICACIÓN DA X X X X X
REVISTA “FOLLAS
REVOLTAS”

MÚSICA E TEATRO X X X X
GALEGOS

SAÍDAS DIDÁCTICAS X X X X X X X

PLAN PLURIANUAL X X X X X X X X
“DESCUBRINDO A
PAISAXE”

MARCAPÁXINAS X X
ANUAL

DECORACIÓN X X
ESTACIONAL E PARA
CONMEMORACIÓNS
4.3 COMUNICACIÓN ORAL E ESCRITA

Actividade Implica a Nivel de uso do Nivel de uso das TIC


galego

familias Outros Instituc / Oral Escrito Usuario Publicar Comunicar


centros Asociac

POSTAIS DE NADAL X X

SESIÓNS DE X X X X
FORMACIÓN ENTRE
IGUAIS

USO DAS TIC X X X X X X X

CONTACTOS COAS X X X X X X
FAMILIAS E
INSTITUCIÓNS

ORGANIZACIÓN DE X X X X X X
CHARLAS/

CONTACONTOS

4.4 DINAMIZACIÓN DAS LINGUAS

Actividade Implica a Nivel de uso do Nivel de uso das TIC


galego

familias Outros Instituc / Oral Escrito Usuario Publicar Comunicar


centros Asociac

PRESENZA DOUTRAS X X X X X X
LINGUAS NA ESCOLA

TRADUCIÓN AO X X X
GALEGO DE OBRAS
NOUTRAS LINGUAS

4.5 ORGANIZACIÓN DO ENDL

Actividade Implica a Nivel de uso do Nivel de uso das TIC


galego

familias Outros Instituc / Oral Escrito Usuario Publicar Comunicar


centros Asociac

RENOVACIÓN DO X X X X
EQUIPO DE
NORMALIZACIÓN E
DINAMIZACIÓN DAS
LINGUAS

PROGRAMACIÓN X X X X X X X
CONXUNTA CON
OUTROS PROXECTOS
DO CENTRO

CAMPAÑA DE X X X X
FOMENTO DA
LECTURA EN GALEGO
ACTUALIZACIÓN DA X X X X X X X
INFORMACIÓN:
COMUNICACIÓNS

ACCIÓN TRADUTORA / X X X
CORRECTORA

En Becerreá, a 20 de setembro de 2015

A Coordinadora:

T. Susana Vázquez Regueiro

You might also like