You are on page 1of 4

PLAN ANUAL DE BIBLIOTECA

Curso 2015-2016
PUNTO DE PARTIDA

Incluense a continuación as propostas de mellora expresadas no proxecto da


biblioteca presentado en 2015.
Non obstante, este plan non pretende ser un proxecto pechado, polo que si ao
longo do curso surxen ideas para realizar actividades que non se atoparon
recollidas nel, poderian levarse a cabo grazas a coordinación entre os Mestres
e o Equipo de Biblioteca.

OBXETIVOS:
Os obxectivos que nos propoñemos para o vindeiro 2015/16 son:

 Seguir fomentando o hábito da lectura dando a coñecer os fondos e


programando campañas de fomento da lectura, atendendo as
suxerencias e en colaboración co EAEC, EDL e TIC, así como no
desenvolvemento dos proxectos educativos nos que o centro participa.

 Continuar coa catalogación, co rexistro, o etiquetado, o ordeno,… de


todos os libros e materiais existentes no centro co programa MEIGA.

 Seguir promovendo actividades propias da biblioteca e incentivando o


préstamo.

 Difundir entre a comunidade escolar os distintos soportes documentais.

 Mellorar a dotación da biblioteca cos fondos documentais necesarios


para p traballo por proxectos de centro programados e de apoio ao
alumnado con necesidades educativas específicas.

Como resumo, o obxectivo que pretendemos lograr é que a biblioteca escolar


se converta nun centro de recursos organizado que utilice calquera tipo
de soporte, apoie as aprendizaxes activas de todas as áreas do currículo
e que permita a igualdade educativa de todos os estudantes , con
independencia da súa condición social.
ACTIVIDADES
- Crear a comisión de biblioteca.
- Distribuír o orzamento destinado a biblioteca para a adquisición de
fondos e equipamento.
- Distribuír o orzamento destinado a biblioteca para a adquisición de
fondos e equipamento.
- Detectar as necesidades existentes nas aulas para crear bibliotecas de
aula que axuden na práctica docente.
- Seguir catalogando no Programa MEIGA os fondos bibliográficos, así
como o rexistro, selado, tejuelado,….
- Realizar unha enquisa ao inicio de curso, sobre as necesidades e
intereses do profesorado e alumnado.
- Deseñar propostas de actividades, xunto co profesorado, que axuden na
práctica docente e no desenvolvemento das competencias básicas.
- Elaborar guías de lecturas recomendadas.
- Mellorar e continuar xestionando o blogue da biblioteca.
- Difundir, a través do blogue, os recursos da biblioteca.
- Apoio ás necesidades que surgan do profesorado.
- Dar a coñecer a biblioteca aos novos usuarios (profesorado novo e
alumnos/as).
- Organizar actividades de formación para que os/as alumnos/as se
familiarice coa CDU.
- Realizar actividades de busca de documentos, libros, información,…
- Realizar actividades na utilización das TIC: busca de títulos ou autores
no blogue da nosa biblioteca o outras para familiarizarse co entorno
gráfico das páxinas e poder utilizar todas as ferramentas dispoñibles.
- Contribuír a un maior uso da Internet como motor de busca de
información, destacando a súa inmediatez e a actualización continua.
- Establecer criterios de selección a seguir á hora de adquirir os materiais
necesarios.
- Establecer unha hora semanal de uso da biblioteca por aulas.
- Seleccionar fondos para ás bibliotecas de aula.
- Repoñer os fondos para ás bibliotecas de aula.
- Revisión e actualización do Proxecto Lector.
- Realizar actividades como : Invitar a autores/as e a “contacontos”,
talleres de contos, mochila viaxeira, exposición de novidades, concursos
literarios (contos, poesía, …), emprego das novas tecnoloxías,…
- Abrir a biblioteca nas horas de recreo.
- Participación nos diferentes proxectos educativos no que o Centro
participa:
* PLAN PROXECTA: planproxectaceipsanxoan.bolgspot.com.es

* E.Twinning:

*Blog da biblioteca: http://biblioliosanxoan.blogspot.com.es

* Blog CEIP San Xoán: ceipsanxoan.blogspot.com.es

RECURSOS
No presente curso, a Dirección ha asignado horario de biblioteca aos seguintes
mestres que formaran parte do Equipo da Biblioteca:
- Mª Ángeles Muries Fernández: 2 horas. Coordinadora e membro da Comisión
da Biblioteca.
- Mª José López López: 2 hora.
- Mar López Dafonte: 2 hora.
- Susana Vázquez Regueiro: 2 horas.
- Teresa López Farelo: 1 hora. Xefe de Estudos.
O resto do profesorado do centro colaborará co equipo da biblioteca.

HORARIO

A biblioteca non terá restrición horaria.

Asignarase unha hora semanal a cada curso para o fomento da lectura que
quedará reflectido nos horarios de inicio de curso e no Plan Lector do centro,
exceptuado as horas de traballo dos membros do equipo da biblioteca. As
horas sen asignar quedarán a disposición de todo o profesorado.

AVALIACIÓN
Ao término do curso realizarase unha avaliación por parte do Equipo da
Biblioteca e do resto do claustro.
A avaliación será sempre flexible, global e continua. Os instrumentos que
utilizaremos será un caderno de seguimento, enquisas, observación directa,…

Realización o inicio do curso dunha avaliación inicial das necesidades e


diagnostico da situación actual da Biblioteca, mediante unha enquisa realizada
a todo o profesorado do centro.
A final do curso tamén realizarase outra enquisa para valorar o consecución
dos obxectivos propostos, as actividades realizadas, … e así poder corrixir e
mellorar o funcionamento da biblioteca.

Para os/as alumnos/as temos un buzón de suxestións.

Para avaliar axeitadamente a consecución dos obxectivos do proxecto


poderemos responder a temas como:

- Compromiso e implicación do profesorado.

- Utilización da biblioteca por parte do profesorado e alumnado.

- Número de exemplares catalogados no programa MEIGA.

- Número de prestamos realizados e presenza de alumnado na biblioteca en


horas de recreo.

- Funcionamento do blogue e consultas.

You might also like