You are on page 1of 2

PROXECTO FOTOGRÁFICO.

FASES DO PROCESO DE CREACIÓN

Estas notas son xenéricas para proxectos moi diversos. Cada centro atopará o seu percorrido
segundo o tipo de proxecto, o ámbito de exploración, as características e organización do
grupo, o número de sesións, etc.
A continuación enumeramos, distinguimos e ordenamos momentos do proceso para ter unha
estrutura de referencia, pero non se trata de fases estancas; o traballo que faremos é fluído e
orgánico e cada proxecto requiriranos as súas fases específicas.

TRANSVERSAL A TODO O PROCESO:


- Reflexión
- Publicación no blogue. Xeraranos un diario do proceso de creación, a memoria do noso
traballo.
- Espazo de fotografía: ir visualizando o noso percorrido
- Fotografías de making of: para acompañar as entradas no blogue, para un espazo específico
da exposición, para dalo a ver no noso espazo de fotografía.

1. Marco de traballo
> Proceso longo. Definición do calendario (inicio do proceso; finalización e culminación
do proceso)
> Proxecto colectivo (de cada un e á vez de todos)
> Toma de decisións por consenso e de maneira compartida
> A culminación do proceso: presentación pública do resultado final.
> O Blogue/ O espazo de fotografía / Making of

2. Definición inicial do ámbito inicial de exploración


> Primeira definición do ámbito de traballo: espazo/s, persoas, temas...
> Valorar que o ámbito sexa o suficientemente rico e que á vez sexa posible (por
proximidade, por posibilidades de acceder a el)

3a. Investigación
> Primeira investigación do ámbito de traballo: mapas, listaxes de lugares, de persoas,
primeiros contactos, documentación, etc.
> Ir recollendo todo o traballo no Espazo de fotografía

3b. Inicio exploración fotográfica


> Visionamento de referentes fotográficos
> Establecer as consignas iniciais de traballo: motivos que fotografiaremos, maneiras
de abordalos. Á vez, estaremos moi abertos e atentos na primeira exploración.
> 1a exploración fotográfica ao ámbito de traballo, en xeral, en pequenos grupos. As
exploracións poden organizarse de maneira acompañada e, en paralelo, en
exploracións que de maneira autónoma poidan realizar os alumnos.

4. Visionamento/Revisión
> Visionar de maneira conxunta o material xerado na primeira exploración fotográfica.
> Primeira selección de material a través de proxección e de maneira conxunta a todo o
grupo.
> Redefinir o ámbito de traballo así como os motivos e modos de traballo fotográfico.
> Reflexionar sobre os temas que estamos a explorar, sobre o que pon en xogo o noso
traballo (nos motivos, na forma, etc.)
> Definir o/os modos de traballo fotográfico (en diálogo con los referentes fotográficos).
> Ampliar, se se considera oportuno, os referentes fotográficos

5. Definición breve e inicial do noso proxecto (nun texto)


> Escribimos un pequeno texto sobre o noso proxecto: de que é o noso proxecto, que
estamos a explorar, como o faremos (ámbito, temas, motivos, forma, referentes).
> Este texto, así como ol proceso inicial, o imos compartindo no blogue.

6. Realización - Visionamento/Revisión material - Realización


> A realización do proxecto fotográfico será diferente en cada proceso e ámbito, pero
en xeral sempre despregará as seguintes fases: exploracións fotográficas -
visionamento e selección de material xerado - novas procuras e novas redefinicións do
proxecto.

7. Edición
> Edición: selección final das fotografías (sobre copias de traballo) e ordenación

8. Preparación exposición e exposición


> Preparación da exposición (e/ou a publicación): estudo do espazo, distribución de
elementos.
> Preparación dos textos e elementos que acompañan a exposición: texto de
introdución, posibles cartelas, posibles outros textos (ou follas de man), créditos
> Preparación da presentación.
> Diseño dos elementos de comunicación
> Comunicación: invitacións (especialmente das persoas implicadas no proceso),
carteis, etc.

You might also like