Professional Documents
Culture Documents
Resumo A Organización Dos Seres Vivos 6 Primaria - Odt
Resumo A Organización Dos Seres Vivos 6 Primaria - Odt
A célula
É a unidade máis pequena que forman os seres vivos e que, a súa vez, están vivas.
As células realizan as tres funcións vitais:
• Nutrición.- as células toman substancias do exterior para conseguir materiais e
enerxía.
• Relación.- as células reciben información do medio que as rodea e poden
reaccionar ante ella.
• Reprodución.- as células divídense e orixinan outras células fillas.
-Sistemas e aparellos.-
Un sistema está formado por varios órganos do mesmo tipo que realizan a mesma
función. Ex: o sistema muscular está formado por todos os músculos do corpo.
Un aparello está formado por órganos diferentes. Ex: o aparello locomotor está
formado polo sistema muscular e o sistema óseo.
➢ Tecidos animais
Tecido óseo
- Componse de células óseas.
- Forma os ósos.
- Ten función de soporte.
Tecido muscular
- Componse de células musculares.
- Encárgase do movemento.
Tecido sanguíneo
- Formado por células sanguíneas.
- Encárgase de transportar substancias.
Tecido nervioso
- Formado por neuronas.
- Encárgase de levar información ao cerebro e repostas ao resto do corpo.
Tecido adiposo
- Formado por células adiposas.
- Está especializado en acumular graxas.
Tecido epitelial
- Formado por células epiteliais.
- Dá lugar á pel e ten función protectora.
➢ Tecidos vexetais
Tecido epidérmico
- Ten a función de protexer ás follas e os talos novos.
Parénquima
- Nel realízase a fotosíntese e tamén almacena substancias.
Súber (casca)
- Ten función protectora.
Tecidos condutores
- Atópanse no interior dos troncos, dos talos e dos nervios das follas.
- A súa función é transportar substancias.