Tecnologías para A Estimulación Sensoriomotriz

You might also like

You are on page 1of 11

“Tecnoloxías para

a estimulación
sensoriomotriz”
C.E.E.P.R Nuestra Señora de Lourdes
Coordinadora: Paula Tomé Seoane

Grupo de trabajo Plan anual de Formación 2012/2013


29/10/2012
ÍNDICE

1. Título……………………………………………3

2. Xustificación……………………………………3

3. Obxectivos………………………………………5

4. Contidos e Actividades………………………….6

5. Metodoloxía……………………………………..7

6. Recursos…………………………………………8

7. Criterios de Avaliación do Seminario…………..9

8. Temporalización………………………………..10

9. Orzamento………………………………………11

10.Outras achegas………………………………….11

1. Título: “Tecnoloxías para a Estimulación Sensoriomotriz”


2
2. Xustificación:

2.1. Punto de partida

O colexio de Educación Especial “Nosa Señora de Lourdes” é un centro educativo


que acolle a alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, asociadas a
discapacidade intelectual. Por este motivo, o noso propósito é a creación dun aula móvil
de estimulación multisensorial. ¿Qué é un aula multisensorial? É un aula que pretende
abrir a experiencia a tódolos sentidos a través dunha exposición sensorial controlada
co fin último de facilitar a aprendizaxe e as relacións sociais. Por tanto, estamos a falar
dun espazo no que se mellorará o benestar físico e emocional dos nosos alumnos, e
onde se facilitará a experimentación, o aprendizaxe, o disfrute, a relación, a
comunicación, a movilidade, e por tanto, a integración.

Así, o noso grupo de traballo, propón o uso do Makey Makey,do Pictogram Room e
dos obxectos RFID ( Identificación por radiofrecuencia) como algunhas das
ferramenteas para a creación desa aula multisensorial.

2.2 Detección das necesidades para a identificación da área de mellora

Todos os alumnos do centro presentan necesidades educativas especiais de carácter


permanente e xeralizado, e algúns deles están gravemente afectados. Por este motivo,
creemos que é necesario traballar de forma activa e constante a estimulación
sensoriomotriz con estes alumnos para poder mellorar así, a súa intención comunicativa,
a súa participación no entorno, e por tanto, traballar cara a consecución dunha maior
autodeterminación, o que nos conlevaría a unha mais alta calidade de vida.

2.3. Autoevaluación da práctica educativa da que se parte

Este grupo de traballo parte do resultado e evaluación do seminario de "Experiencias


de uso da Wii e Kinect en ANEAE" realizado no curso 2011/2012. Nel valorouse a
posibilidade de continuar na investigación das novas tecnoloxías para a atención e o
traballo de alumnos e alumnas con mayores necesidades de apoio.

2.4. Importancia do proxecto a nivel pedagóxico

Debido a que estamos ante un proxecto de índole educativo, temos que ter en conta
que a inclusión das competencias básicas no currículo ten diferentes finalidades. No
caso dos alumnos con maiores necesidades de apoio o feito de que o seu desenrolo se
sitúe en estados evolutivos básicos móstranos cales de esas competencias básicas son as
indicadas para traballar con estos alumnos e alumnas.

o A competencia en comunicación lingüística: Esta competencia refírese a


utilización da linguaxe como instrumento oral e escrita, de representación,
3
interpretación e comprensión da realidade, de construcción e comunicación do
coñecemento e da organización e autorregulación do pensamento, as
emocións e as conductas.
o Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico: É a habilidade
para interactuar co mundo que nos rodea en na que se desenrola a autonómía e
iniciativa persoal, e polo tanto, a integración. Forma parte desta competencia a
percepción do espacio físico e a habilidade para interactuar co espacio
circundante (moverse nel,resolver problemas nos que interveña os obxectos e a
súas posición).
o Tratamento da información e competencia dixital: Incorpora diferentes
habilidades, que van dende o acceso á información ata a súa transmisión nos
distintos soportes unha vez tratada, incluíndo o uso das tecnoloxías da
información e a comunicación como elemento esencial para informarse,
aprender e comunicarse.
o Competencia social e ciudadana: Fai posible a realidade social na que se vive.
Nela intégranse as habilidades que permiten participar, tomar decisions, …
o Autonomía e iniciativa persoal: refírese á capacidade de elexir, o coñecemento
de sí mesmo, á afrontación dos problemas...

Polo tanto, encontrámonos ante un proxecto de carácter multidisplinar, debido a que


todo o que se pretende crear e experimentar a través do Makey Makey, do Pictogram
Roon e dos obxectos RFID está destinado a traballar diferentes áreas como son a
comunicación, a interacción, a autodeterminación, o uso das tics, a relaxación, a
estimulación.

A través da aplicación das actividades, creadas a partir destas ferramentas, que


se adaptarán ás realidades das diferentes aulas, tendo, como fin último a aplicación
destas actividades nas aulas a través do traballo colaborativo entre os diferentes
profesionais do centro.

3. Obxectivos

4
• Reflexionar acerca do uso das tecnoloxías no ámbito da estimulación
sensoriomotriz.
• Investigar sobre o uso interdisciplinar do Makey Makey, do Pictogram Room e
das tarxetas RFID.
• Mellorar a capacidade sensoriomotora dos nosos alumnos con maiores
necesidades de apoio.
• Buscar e estudiar as competencias básicas que poden ser desenroladas a través
da estimulación sensoriomotriz.
• Desenvolver unha metodoloxía específica de traballo para cada un dos
dispositivos.
• Valorar a posibilidade de crear unha aula de estimulación sensoriomotriz móvil
utilizando o Makey Makey, o Pictogram Room e as tarxetas RFID.
• Mellorar a calidade de vida dos nosos alumnos.
• Optimizar a relación dos nosos alumnos co entorno e os seus aprendizaxes.
• Promover a interacción, o desenrolo e a comunicación dos nosos alumnos con
maiores necesidades de apoio, coñecendo tanto o canal prioritario polo que
recibe a información como o grado de sensibilidade cara os estímulos.
• Potenciar e/ou mellorar a autodeterminación dos alumnos facéndoos partícipes
do maior número de experiencias/vivencias no entorno.

4. Contidos e Actividades

4.1. Contidos:
5
o Investigación sobre o uso do Makey Makey, do Pictogram Room e das tarxetas
RFID en canto o seu uso multidisciplinar.
o Evaluación do Makey Makey, do Pictogram Room e das tarxetas RFID como
ferramentas para a creación da aula sensoriomotriz.
o Valoración do tipo de alumnado ó que vai dirixido o Makey Makey.
o Valoración do tipo de alumnado ó que vai dirixido o Pictogram Room.
o Valoración do tipo de alumnado ó que van dirixidos as tarxetas RFID.
o Caracterísitcas mínimas (conductuales, atención, motrices...) necesarias para o
uso do Makey Makey.
o Características mínimas (conductuales, atención, motrices...) necesarias para o
uso do Pictogram Room.
o Características mínimas (conductuales, atención, motrices...) necesarias para o
uso das tarxetas RFID.
o Elaboración do material para traballar co Makey Makey.
o Elaboración do material para traballar co Pictogram Room.
o Elaboración do material para traballar coas tarxetas RFID.
o Registro de evaluación inicial, seguimento e evaluación final do Makey Makey.
o Registro de evaluación inicial, seguimento e evaluación final do Pictogram
Room.
o Registro de evaluación inicial, seguimento e evaluación final dos obxectos
RFID.

4.2 Actividades:
o Vídeos do uso das distintas ferramentas de traballo ( Makey Makey, Pictogram
Room e os obxectos RFID).
o Creación das distinas actividades que se traballarán co Makey Makey, co
Pictogram Room e cos obxectos RFID.
o Elaboración dos distintos materiais que se necesitarán para levar a cabo as
diferentes actividades.
o Creación dunha folla de rexistro, onde se indicarán as probas realizadas cos seus
aspectos positivos, negativos, criterios mínimos do alumnado necesarios para o
empleo dos dispositivos, observacións, modificacións...

4.3. Temporalización:
A elaboración do material, a creación de actividades e a elaboración das follas
de rexistro realizaranse durante todo o periodo de duración do grupo de traballo,
deixando os meses de novembro e decembro para a investigación sobre as distintas
ferramentas de traballo (Makey Makey, Pictogram Room e obxectos RFID) e a
valoración do alumnado ó que vai dirixido cada ferramenta de traballo e as
características mínimas para o seu uso, e o mes de Xuño para a súa evaluación.
5. Metodoloxía

5.1. Dinámicas previstas das sesións de traballo

6
o Plantexamento teórico: debates, aclaración de dúbidas…
o Sesións de traballo, con sesións grupais presenciais e traballo en rede do
grupo, para tratar os seguintes aspectos:

 Análise e valoración do tratado na sesión teórica.


 Selección dos aspectos a traballar.
 Organización do traballo a desenvolver.

o Sesións de revisión:

 Recollida de datos.
 Análise e valoración das aportacións, da metodoloxía e outros
aspectos relevantes.

o Sesións de reformulación das propostas e elaboración de conclusións.

5.2. Metodoloxía e procedementos para realizar as distintas actividades

Partirase das preferencias e gustos dos alumnos á hora de deseñar as actividades


a realizar, co fin de atraer a súa atención e interese buscando que o estímulo resposta
sexa máis gratificante.

Estableceranse grupos de traballo no que cada un adicarase a investigar un


dispositivo, e farase unha posta en común periódica co fin de informar sobre os
resultados que se van obtindo. Este traballo cos dispositivos será rotatorio, a fin de que
cada membro do grupo coñezca o seu uso e aplicacións na aula, así como a libertade de
experimentar con diferentes complementos (sons, imaxes...) desta forma todo o grupo
coñecerá e empregará os diferentes dispositivos. Unha vez realizada a avaliación inicial
do alumnado co que se pretende traballar, procederase a levar a cabo a parte práctica,
empregando diferentes materiáis funxibles, tecnolóxicos... e realizaranse
periódicamente grabacións co fin de rexistrar os progresos, e poder ralizar
modificacións en función dos resultados visualizados.

Buscaranse aqueles recursos materiais, técnicos... que mellor se adapten ós


diferentes dispositivos, a través de búsquedas online, deseño propio, preferencias do
alumnado...

Na folla de rexistro se plasmarán todos os aspectos fundamentáis para que o


emprego dos diferentes dispositivos sexa o máis exitoso, desta forma, os items a valorar
terán relación con diferentes habilidades e capacidades (nivel mínimo de comprensión,
motriz, conductual, atención...) isto realizarase con cada un dos dispositivos.
6. Recursos

Recursos humanos:

7
Raquel Quintela López
Esther Tarela Villanueva
Feliciano José Couto Escanciano
Mª del Mar Serrano Pazos
Paula Tomé Seoane

Asesor do CEFORE: Gerardo Nistal

Recursos materiais:

Os recursos materiais que se utilicen no seminario estarán a disposición de todos


os membros do equipo e centralizaránse no Sites (vídeos, comentarios, valoracións,
dudas…) e no despacho de dirección e aula do coordinador de TICs (portátil, Makey
Makey, tarxetas RFID…)

o Internet (grupo de traballo online)


o Fotocopias, folios, bolígrafos, ... (material funxible)
o Discos duros
o Makey Makey
o Cañón
o Altavoces
o Kinect
o Pictogram Room
o Portátil
o Léctor RFID e tarxetas

7. Criterios de avaliación do seminario

A avaliación do seminario realizarase mediante unha enquisa na que se


contemplarán os seguintes ítems nos que se avalíe o grado de satisfacción dos membros
do equipo en función de:
8
Grado de satisfacción con: MI I S MS
ORGANIZACIÓN:
Duración.
Participación dos asistentes en aspectos organizativos.
Número de reunións.
Asistencia ás reunións.
COORDINACIÓN DO GRUPO DE TRABALLO
Ofertou posibilidades de participación.
Favoreceu a concreción en propostas concretas e prácticas.
Prestou atención ás necesidades e expectativas do equipo.
RECURSOS MATERIAIS.
Recursos didácticos e bibliografía.
Espacio físico de reunións e traballo.
Medios funxibles.
Medios informáticos.
RECURSOS METODOLÓXICOS.
Traballo de grupo.
Dinámicas empregadas.
Temporalización.
TRABALLO REALIZADO.
Polo grupo.
Individual
RESULTADO FINAL DO GRUPO DE TRABALLO
Grado de significatividade das actividades realizadas.
Grado de funcionalidade.
Viabilidade dos materiais e da metodoloxía para a súa aplicación no
centro.
FORMACIÓN DOS COMPOÑENTES DO GRUPO DE
TRABALLO
A miña dedicación ó seminario.
A miña participación.
A miña asistencia.
A miña adquisición de coñecementos.
O meu compromiso cos obxetivos do equipo.
Os resultados do meu traballo.
OUTRAS OBSERVACIONS........

8. Temporalización

O grupo de traballo sobre "As tecnoloxías para a estimulación sensoriomotriz"


levarase a cabo durante o curso académico 2012/2013.

9
Lugar de reunión: na sala de reunións, no ximnasio ou/e nas propias aulas xa que todas
están dotadas de equipos informáticos con conexión a internet.

Día: preferentemente os lúns ás 17:00.

8.1. Fases do seminario e estimación do número de horas

Fases do Seminario Estimación en horas


-Plantexamento teórico: dúbidas, debate,… 10 horas
-Traballo en rede 10 horas
-Seguemento, experimentación e posta en común 24 horas
do proxecto.
-Compilación do todo o traballo realizado 3 horas
-Avaliación do proxecto 1 hora
Total: 50 horas

8.2. Periodicidade/calendario de reunións e actividades

-Plantexamento teórico: debates, aclaración de 3 tardes (dous días durante 4 horas e


dúbidas… outro día 2 horas)
-Traballo en rede 1 hora semanal de adicación
individual de cada membro do
equipo
-Seguemento e posta en común do proxecto. Dous luns ao mes en sesións de 2
horas ( Dende Novembro ata Maio)
-Compilación do todo o traballo realizado Dúas sesións de 2horas e media
cada unha.
-Avaliación do proxecto Unha sesión de 1 hora

9. Orzamento

Material Precio
6 Discos duros externos Western digital 118,90 euros (unidad)
2 TB

10
Total 713,40 Euros

10. Outras achegas

Este grupo de traballo non recibiu ningunha outra achega económica e tampouco
a ten solicitada.

11

You might also like