You are on page 1of 6

A BRUXA CATUXA

CONTO: A bruxa Catuxa


A bruxa Catuxa
é unha bruxa moi especial.
A esta bruxiña o que máis lle gusta é
axudar.

A bruxa Catuxa emprega súa vasoira para voar


e visitar aos nenos que están tristes. Logo séntase a
súa beira e cóntalles historias moi divertidas.
Gústalle moito contar cando lle puxéronlle dúas
multas: por deixar a vasoira mal aparcada, e por
exceso de velocidade.
Tamén usa a súa vasoira para apagar o lume,
para facerlles cóxegas as nubes, para que se boten a
rir e reguen os hortos, para peitar as árbores, para
facerlles aloumiños ao sol, para bailar, para pintar o
arco da vella e ata para dar concertos tocando a
vasoira coma se fose unha guitarra.
Hai días nos que Catuxa, coa súa vasoira, se
dedica a varrer: varre os enfados , as rabechas, os
insultos, as mentiras e tira todo isto ao lixo para
que ninguén o poida empregar nunca máis.
Catuxa é unha bruxiña moi guapa e moi boa,
que sempre está disposta a axudar a quen a poida
necesitar.
Un día comezou a arder o bosque, menudo
incendio! As árbores choraban e os animais foron
buscar a Catuxa para pedirlle axuda.
Catuxa saíu voando, coa axuda das nubes e da
súa vasoira logrou apagar o incendio.
Ao rematar, como estaba un pouco cansa,
botouse a durmir, e cando espertou non atopou a
vasoira.
Catuxa buscou e buscou, buscou a vasoira no
bosque e non atopou nada. Buscou na súa casa: no
salón, no garaxe, na habitación, na cociña….pero a
vasoira non aparecía.
Catuxa estaba moi triste, porque sen vasoira
non podía axudar aos demais, non podía voar, non
podía bailar e non podía varrer. Tampouco podía ir
ao concerto de bruxiñas que se ía celebrar esta fin
de semana en Ourense, no barrio do Pino.
Os animais do bosque querían axudar a Catuxa,
por iso recolleron xestas e vimbios para facer outra
vasoira e foron levarllos a súa casa.
Pero ninguén sabía como facer vasoiras.
O señor coello intentouno e só deu feito unha
cama, o paxaro tamén quixo intentalo e fixo unha
casa, e por máis que se esforzou o rato acabou
facendo unha estrada.

Catuxa, o día que explicaran na escola como se


facían as vasoiras, non puidera ir ao cole porque
tiña gripe.
Pensou en preguntarlle a súa nai, a súa avoíña,
ou a profe de manualidades, pero deuse conta de
que se ían enfadar moito cando descubriran que
perdera a vasoira.
Íanlle dicir que era unha irresponsable, e a
Catuxa esta palabra non lle gustaba nada, nadiña.
Catuxa estivo pensando durante moitos días
que podía facer, e de súpeto acordouse da mascota
do noso horto. Acordouse de “Traste” porque ela
contáralle que os nenos da nosa escola sabían
coidar do horto e sabían axudar cando alguén tiña
un problema
Catuxa chamou a Traste e a nosa mascota
díxolle:
-Non te preocupes seguro que os nenos das
profes Conchi, María Xosé e Pilar saben facer
vasoiras.
Catuxa púxose moi contenta porque contaba
coa nosa axuda. Asique ímoslle facer unha vasoira
nova para que poida voar, axudar, bailar , varrer e ir
ao concerto de bruxiñas esta fin de semana.
CANCIÓN: A vasoira da bruxa

TALLER :FACENDO UNHA VASOIRA PARA CATUXA

You might also like