You are on page 1of 3

CS EDUCACIÓN INFANTIL

Grao: Superior (LOE).

Oferta do CIFP a Xunqueira


o Réxime Ordinario, presencial (Horario de mañá)
o Réxime modular ou de persoas adultas, modalidade a distancia.

Duración: 2000 horas (Dous cursos no réxime ordinario)

Qué título se obtén?: Técnico/a superior en Educación Infantil

Temporalización:
Réxime Ordinario:
1º curso: de setembro a xuño.
2º curso: de setembro a marzo e a formación en centros de traballo (384 horas)
e o proxecto de atención á infancia (26 horas) de abril a xuño ou en calquera
dos períodos extraordinarios (setembro-decembro, xaneiro-marzo, abril-xuño)
Réxime Modular (duración variable, matrícula por módulos). Duración mínima:
1º ano: de setembro a xuño.
2º ano: de setembro e xuño
3º ano: formación en centros de traballo (384 h) e proxecto de atención á
infancia (de setembro a decembro ou en calquera dos períodos extraordinarios)

Que se aprende a facer?


Deseñar, pór en práctica e avaliar proxectos e programas educativos de atención á
infancia no primeiro ciclo de educación infantil no ámbito formal, consonte a proposta
pedagóxica elaborada por un mestre ou unha mestra coa especialización en
educación infantil ou título de grao equivalente, e en toda a etapa no ámbito non
formal, xerando contornos seguros e en colaboración con profesionais e coas famílias.

En que ámbitos se traballa?


No sector da educación formal e non formal e no sector dos servizos sociais de
atención á infancia.

Ocupacións e postos de traballo máis relevantes


Educador ou educadora infantil en primeiro ciclo de educación infantil, sempre baixo a
supervisión dun mestre ou dunha mestra, en institucións públicas e privadas.
Educador ou educadora en institucións ou en programas específicos de traballo con
menores (de cero a seis anos) en situación de risco social, ou en medios de apoio
familiar, seguindo as directrices doutros profesionais. Educador ou educadora en
programas ou actividades de lecer e tempo libre infantil con menores de cero a seis
anos; ludotecas, casas de cultura, bibliotecas, centros educativos, centros de lecer,
granxas escola, etc.

Acceso a outros estudos: Universidade, con posibilidade de validación de


asignaturas dos estudos de Grao.

MÓDULOS HORAS
Primeiro curso
Desenvolvemento cognitivo e motor 213
Formación e orientación laboral 107
Didáctica da educación infantil 240
Expresión e comunicación 213
O xogo infantil e a súa metodoloxía 187
Segundo curso
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Autonomía persoal e saúde infantil 155
Formación en centros de traballo 384
Desenvolvemento socioafectivo 123
Habilidades sociais 123
Intervención con familias e atención a menores en risco social 123
Primeiros auxilios 53
Proxecto de atención á infancia 26
Total 2000

*Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia.

Normativa:
*Real decreto 1394/2007, do 29 de outubro, polo que se establece o título de técnico
superior en educación infantil e se establecen as súas ensinanzas mínimas. (BOE
24/11/2007)
*Decreto 226/2008, do 25 de setembro, polo que se establece o currículo do ciclo
formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en educación
infantil. (DOG 13/10/2008)
*Decreto 38/2010, do 18 de marzo, polo que se modifica o decreto 226/2008 (DOG
25/03/2010)
Requisitos de acceso:

Podes acceder a un ciclo de grado superior cando reunas algún dos seguintes
requisitos:
Acceso directo:

 Estar en posesión do título de Bacharelato ou dun nivel académico


superior.
 Estar en posesión dun título de Técnico superior ou de Técnico Especialista
ou equivalente a efectos académicos.
 Ter superado o COU

Acceso mediante proba (para os que non teñan algún dos requisitos anteriores)

 Ter superado a proba de acceso a ciclos de grao superior (requerirase ter,


dezanove anos cumpridos no ano de realizar a proba ou dezaoito no caso
de ter un título de técnico dunha familia profesional da mesma opción).

 Probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

You might also like