You are on page 1of 3

QUERIDAS FAMILIAS, NENOS E NENAS!

Nestes intres de incertidumbre e confusión queremos enviarvos a nosa forza e apoio,


a sabendas que esta situación resolverase de forma paciente e responsable.

Así, ofrecémosvos unha serie de ideas, propostas ou suxerencias para poder levar na
casa nos vindeiros días nos que as escolas estarán pechadas, intentando compartir
tarefas en familia e manter así os hábitos e rutinas cotiáns que os nenos/as necesitan:

- É importante seguir mantendo unha rutina de horarios, procurando levantarse e


acostarse sempre a mesma hora. Tal e como facemos no cole, podedes
comezar o día movendo o corpo ao ritmo da música, bailando, saltando,
cantando unha canción, coma poden ser: “Capitán Nemo” de Carlos Núñez (3
anos B/ 5 anos A e B), Canción con pictogramas “As mans” de Mamá Cabra e
“Madre Tierra” de Chayane (3 anos A), “Lo quiero todo contigo” de Macaco (4
anos).
- Facer un pequeno recordatorio do día qué é hoxe: vendo nun calendario o día
da semana, número, mes, estación…se celébrase ou conmemórase algo…
Tamén rexistrar o tempo, facendo se é posible un pequeno reconto ou gráfica
ao rematar a semana ou o mes… Canción DIAS DA SEMANA LSE (3 anos A)
- Debuxar mentres escoitas música e/ou falar do que nos fai sentir (emocións).
- Pon nunha bandexa ingredientes como fariña, sal, azucre, ou area e xoga a
facer trazos, formas xeométricas, letras, debuxos…creatividade ao poder!.
- Fai algún experimento caseiro para manter o pensamento científico e causal.
Podedes obter ideas aquí https://www.pequeocio.com/experimentos-para-
ninos/.
- Divírtete con xogos de mesa clásicos como a oca, o parchís, o dominó, as
cartas… ou facendo puzles e quebracabezas ou memories, mantendo así o
traballo de memoria, atención, concentración e desenvolvemento do
pensamento lóxico-matemático.
- Colle diferentes soportes escritos como revistas, xornais, folletos
informativos… e xogade a buscar diferentes letras, podedes recortalas e
clasificalas, montar os seus nomes, os dos seus compañeiros/as da clase, de
familiares, ou palabras/frases significativas para eles/as… sempre respectando
o proceso madurativo ou momento evolutivo de cada un/unha.
- Reproduce algunas rimas/poesías traballadas na clase como poden ser:
- 10 duendecitos/ Los animalitos buscan casa (Tamara Chuvarovsky)- 3 anos B
- El chaparrón (Tamara Chuvarovsky)- 4 anos
- Cómo se dibuja a un niñx. (Gloria Fuertes) - 5 anos
- Xogar a contar obxectos que teñamos pola casa (pinzas da roupa, botóns,
xoguetes,...), subir as escaleiras contando, pedirlle que che traian un número
determinado de obxectos... sempre respetando a fase na que se atopan.
- Propón retos creativos: debuxar, modelar, pintar… e prepara unha exposición
en casa. Podedes facer visitas virtuais de museos como pode ser ao National
Gallery de Londres (cidade onde estivo Phileas Fogg para dar a Volta ao
Mundo en 80 días). https://www.nationalgallery.org.uk/visiting/virtual-
tours/google-virtual-tour. Os de 5 anos podedes seguir investigando sobre
Fernando Botero.
- Participar nas tarefas do fogar, mantendo así responsabilidades: recoller e
ordenar os xoguetes, poñer ou recoller a mesa, regar as plantas, servir auga...
Tamén relacionado con hábitos de hixiene, lavar os seus xoguetes con auga e
xabón e despois secalos.
- Facer unha receita, investigando os ingredientes, facendo unha lista deles,
manipulando e manchándose, elaborando un video tutorial despois... e sen
olvidarse de lavar ben as mans ao comezo e ao final!.
- Facer pequenas investigacións interesantes para elas/es ou relacionadas cos
Mundos de Xulio Verne, para dar continuidade ao proxecto (países e
bandeiras, mundo submarino, paseo polo ceo...). Tamén podedes viaxar polo
mundo sen sair da casa! A través de Google Earth, Street View...
- Empregar (e procurar limitar) os tempos de “pantalla” en apps educativas
como: “Smile and Learn”, “Rincón de Luca matemáticas ABN”... ou
visualizando algún corto sobre valores ou emocións que de lugar a conversas e
reflexións (“Cuerdas”, “For the birds”, “El puente”, “Tamara”, “Ratón en venta”,
“El regalo”, “Monsterbox”, “La Luna”, Mr. Hublot”, Lily and the snowman”, “A
maior flor do mundo”, ”Llévame contigo”...).
- Reservar un tempo ao día para a relaxación e a respiración, como poder ser a
través de “Ioga para nenos coa Vaca Brahman”
https://www.youtube.com/watch?v=SP5p1gLUOHI&t=332s ou “Ioga para nenos
con animais, de Smile and Learn”
https://www.youtube.com/watch?v=t8748OWc1nQ.
- E non esquezas o conto ou as historias de cada noite antes de durmir.

Esperemos que a través dunhas rutinas e propostas diarias mantendo presente


tarefas educativas coordinadas coas do cole teñades unha levadeira estancia na
casa.

Para calquera dúbida, seguimos activas a través dos medios de comunicación


proporcionados por cada titora (correo electrónico, app Classdojo...) así como do
blogue de infantil https://ocolexioquequeremos.blogspot.com/.

LAURA: lauragiraldez@edu.xunta.es

TERE: terefc3@edu.xunta.es

ASUN: vazquezgestal@edu.xunta.es

SILVIA: silviaac82@edu.xunta.es

ANA: barreiro_ana@edu.xunta.es

CLAUDIA: claudiavaamonde@edu.xunta.gal

ÁNIMO! VÉMONOS AXIÑA


“Os individuos marcan goles pero os equipos gañan partidos”. Zig Ziglar

Fdo:
As titoras de Educación Infantil

You might also like