You are on page 1of 1

Prexuízos Lingüísticos

Neste artículo do diario dixital en galego Praza Pública, escrito por Marcos Pérez Pena o 21 de
febreiro de 2020, relatase a noticia, con fontes do Instituto Galego de Estadística de que a xuventude
aprende a falar en castelán mais que en galego (43.75% en castelán fronte a 23.35% en galego), a
diferenza das persoas de avanzada idade, que aprenderon a falar en galego máis que en castelán ( Un
56.3% en galego fronte a un 24.23% en castelán). A cantidade de nenos de entre 5 e 14 anos que
aprenderon a falar en castelán presenta un continuo aumento dende o 2008 (Dende un 38.85% en
2008 ata un 49% en 2018), mentres que a cantidade de nenos que aprende a falar nas dúas linguas
descende dende o ano 2008 (Un 34.33 en 2008 fronte a un 29.21% en 2018) En cambio, a cantidade
de nenos que aprenderon a falar en galego conseguiu estabilizarse entre 2013 e 2018 (A partir de un
18.35% en 2013 a un 18.89% en 2018). Nas vilas cunha poboación inferior a 10.000 habitantes
aprenden a falar mais en galego( Un 66.84% en galego fronte a un 12.22% en castelán), mentres que
nas cidades cunha poboación de mais de 50.000 habitantes aprenden a falar mais en castelán (Un
19.93 en galego fronte a un 51.56 en castelán). Sorprendentemente, a porcentaxe de persoas que
aprenderon a falar en galego nas 7 cidades reducese moi considerablemente dende 2013 a 2018, sendo
as baixadas mais considerables as das cidades de Lugo e Ourense (De un 50.61% a un 38.72% en
Lugo e de un 37.34% a un 21.68% en Ourense) excepto en Ferrol e Pontevedra, onde a cantidade de
persoas que aprenderon a falar galego aumentaron nese espazo de tempo de 5 ans (De un 10.88% a un
13.41% en Ferrol e de un 18.71% a un 21.12% en Pontevedra) . Opino que as mudanzas dos usos
lingüísticos débese a percepción da sociedade hacia a “utilidade” do idioma e da visión de
neofalantes en ámbitos urbans como nacionalistas. Na miña opinión, os neofalantes teñen o papel
mais importante na normalización e a normativización da lingua galega, xa que son eles os que, no
futuro terán que manter viva a lingua, a pesar dos prexuízos. Creo que as medidas de planificación
lingüistica que se están levando a cabo por parte da Xunta de Galicia son boas, pero insuficientes para
fomentar de forma considerabel o uso do Galego na sociedade. Estas últimas décadas, os prexuízos
lingüísticos cambiaron de forma considerable, provocando a pedra de prestixio da lingua galega.

Xoán Lamora Mariño


3ºESO A

You might also like