You are on page 1of 8

ACTIVIDADES ALUMNADO 5 ANOS

Ola familias! Ola nenos e nenas! Esperamos que esteades ben, dentro da situación na que
nos atopamos... Para facer máis amena a nosa estancia na casa e aproveitar para repasar
e traballar de forma máis concreta os contidos que estábamos vendo na aula antes de este
parón, incluímos as seguintes actividades para os últimos días desta semana.

Se tedes calquera dúbida podedes poñervos en contacto con nós a través dos nosos mails:
claudiavaamonde@edu.xunta.gal e barreiro_ana@edu.xunta.es

Moito ánimo, vémonos axiña!

Ana e Claudia

Mércores 25 de marzo

Hoxe tocaríanos aprender sobre o proxecto no que estamos inmersos: os


submarinos e o fondo do mar. Para repasar sobre este tema, invitámosvos a facer as
seguintes actividades:

1. Para coñecer como funcionan os submarinos dun modo sinxelo podemos ver o seguinte
vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=8tmZJEoDOsw. Ademais, tamén explica como
facer o noso propio experimento para facer flotar ou afundir un submarino. Podedes
probalo!
2. Unha vez coñecido o seu funcionamento... Ides crear o voso propio submarino!

En 20.000 leguas de viaxe submarino, o profesor Aronnnax e seu acompañante,


Conseil, despois de ser atacados polo narval, conseguen chegar a un lugar seguro.
Eles pensan que ese lugar e unha illa, pero non é así. É o submarino do Capitán Nemo.

Agora, imos facer nos o noso propio submarino, con cousiñas que temos pola casa.

1) Recolectamos o material preciso: ( tesoiras, un rolo de papel grande partido a metade ou


ben dous pequenos, cinta adhesiva ou pegamento, unha palla e material para decorar)
2) Decoramos os nosos rolos de papel. Eu cortei un grande a metade e despois un deses
anacos a metade outra vez. Forreinos con papel, xa que atopei este tan chulo pola casa.

3) Marquei cun deles un óvalo no lombo do outro rolo e recortei.

4) Introducín un dentro do outro e rematei de decorar.

5) Por último, facemos os propulsores, co anaco de rolo de papel que nos queda.
Simplemente debuxamos uns óvalos, recortamos e coloreamos.

6) Insertámolo e listo!
Xoves 26 de marzo

Para este día propoñémosvos xogar coas formas xeométricas. Animádesvos?

1. En primeiro lugar, ides crear as seguintes figuras:

Para logralo... Teredes que buscar moi ben por casa obxectos que teñan estas formas
xeométricas para construír con eles estas figuras.
Por si tedes algunha dúbida, incluímosvos un exemplo:

2. A maiores, se tedes o xogo do Tangram tamén podedes aproveitar e reproducir coas


pezas deste xogo as seguintes figuras

No caso de que non teñades este xogo pero queirades usalo, incluímos unha plantilla
para imprimir ou copiar as figuras do mesmo: https://webdelmaestro.com/wp-
content/uploads/2016/03/Tangram-grande-color.pdf

3. Para seguir aprendendo e repasando, a continuación, incluiremos unha serie de atributos


que nos darán as pistas precisas para saber de que forma xeométrica se trata. Tendo en
conta ditas características os nenos e as nenas deben debuxar e colorear a forma
correspondente.

TAMAÑO COR FORMA QUE É?

Adxuntamos tamén a guía de significado dos diferentes atributos:


Tamaños:

NON É GRANDE É GRANDE NON É PEQUENO É PEQUENO

Cores:

É AZUL É VERMELLO É AMARELO

Tipo de forma

CADRADO RECTÁNGULO TRIÁNGULO CÍRCULO

Venres 27 de marzo

Para o último día da semana... tócanos aprender un pouquiño de arte. Como xa


sabedes, estamos traballando co pintor Fernando Botero. Para repasar quen era este autor,
adxuntamos tamén o power point que traballamos xa na aula sobre el.

Así, neste momento estamos afondando na obra Autorretrato que constitúe un


autorretrato do propio autor. Esta é a obra:
A partir desta obra, propoñemos as seguintes actividades:

1. Recordamos que é un autorretrato? A reprodución realista da nosa propia imaxe. Para


coñecer máis autorretratos podemos
a. Revisar a obra proposta e comparala coa imaxe do autor, buscando os
parecidos e as diferenzas entre ambas imaxes.
2. Para converternos en artistas como Fernando Botero, debuxaremos e faremos un
autorretrato da nosa cara. Para poder facelo, porémonos diante dun espello e
miraremos ben: onde temos cada parte, de que cor é o noso cabelo, os nosos ollos...
Unha vez que observamos todas as partes da nosa cara, poñémosvos a seguinte
plantilla para axudarvos a facer o autorretrato:

You might also like