You are on page 1of 7

PROPOSTAS AULA DE 4 ANOS

ola familias,
para estes días tan complicados quero propoñervos algunhas propostas máis concretas para
realizar coas vosas fillas e fillos. irei colgando actividades para 2/3 días para todas aquelas
familias que quieran levalas a cabo.
un saúdo e ánimo.

TAREFAS COTIÁS
ademais das propostas no documento anterior (levantarse sempre a mesma hora, vestirse, peinarse,
almorzar… ) aquí tedes outras como:
- regar e limpar as prantas, algo tan esencial para o seu coidado tal e como facemos coa que
temos na aula.

- barrer e fregar en casa


SITÚOME NO TEMPO (ESTA TAREFA PÓDESE FACER DIARIAMENTE)
- vexo o día que é nun calendario que teño por casa: día da semana, número, mes, ano e
estación.
- en botes ou vasos fago o rexistro do tempo ( un bote para os días de sol, outro para a chuvia,
outro para nubes e outro para a néboa). en función do tempo meto garabanzos no bote ou
vaso e a final de mes contabilizamos.
así mesmo tamén poden plasmalo por escrito coloreando os rectángulos (tedes no adxunto o
documento para imprimir si queredes) o tempo e a finais de mes poremos o nome do mes e
contabilizamos os días de chuvia, sol, nubes e néboa.

XOGO COAS LETRAS (ESTA TAREFA PÓDESE FACER DIARIAMENTE)


- escribo e monto o meu nome con letras que teña por casa (si non temos podemos recortalas
de revistas ou escribilas nun folio e despois recortalas). posteriormente fago o mesmo co
nome de outra persoa ou animal (a mascota) e comparo os nomes: vexo que letras ten cada
un, cantas letras ten e por conseguinte cal é o nome máis longo. neste punto podemos
observar e falar de cantas letras teñen que ter para ter as memas. podemos empregar números
que teñamos por casa móviles, escribilos en tapas ou tamén en papel e despois recortalos.
Crear
- propóñovos crear un lugar da calma e para iso, comezaremos elaborando un “emocionario”
do monstro de cores, tal e como temos en clase e que vos axudará a xestionar todas as
emocións ou situacións críticas nestes días.
podedes primeiro ler o libro e despois pasar a buscar un lugar na casa para este recanto antes
de facer o emocionario. si non tedes o libro podedes atopalo neste enlace:
https://www.youtube.com/watch?v=t8yy_AIeTAA
adxúntovos os mosntros para que os poidades imprimir, pintar
e recortar ou tamén os poden crear as vosas fillas ou fillos sen
necesidade de partir dunha imaxe dada. despois cada persoa da
casa nunha pinza pon o seu nome ou foto e colócase no
monstruo co que se identifique nese día ou nese momento.

EMOCIONARIO
- para este recanto da calma tamén podemos elaborar un “globo sensorial” con fariña e
globos. neste enlace tedes unha pequena demostración:

https://www.youtube.com/watch?v=d9i8ZG49LoQ

- todo o material que imos facendo para a calma podedes gardalo nunha caixa decorada por
vós. podedes empregar unha caixa de cartón ou unha de madeira da froita.
MES:

You might also like