You are on page 1of 5

5.

INTEGRAL DEFINIDA

INTRODUCCIÓN E DEFINICIÓNS
Trátase de calcular áreas de figuras con lados non rectos.

Resolveremos o seguinte problema:

Dada unha función f(x) continua f(x)>0 en [a,b].


¿Cal é a área da rexión delimitada pola gráfica de y=f(x), as
rectas x=a e x=b e o eixe ox [chamada R(f,a,b)]? .

A idea será tratar de aproximar a área desa rexión usando áreas de


figuras xa coñecidas: rectángulos.

Definición :
Partición dun intervalo [a, b] é un conxunto de puntos P = {x0, x1, …., xi-1, xi, …..xn} con
x0 =a < x1 < ...<xi+1<xi<...<xn=b, que definen os intervalos pechados [x0, x1], [x1, x2], …...[xi-1, xi], ...
…, [xn-1, xn].
x0 = a x1 x2………...xi-1 xi…………..xn-1 xn = b

Definición : Dadas dúas particións P1 e P2 dun mesmo intervalo [a,b].


Dise que P2 é máis fina que P1 se P1P2
(Ou sexa, se en P2 están os puntos de P1, e hai máis puntos en P2 que en P1)
Exemplo :
1
Unha partición de [0, 1] sería P1 = {0, ,
2 A partición P2 é máis fina
1} 0 ½ 1
1 1
que a partición P1
Outra partición de [0,1]: P2 = {0, , , 1}
4 2 0 ¼ ½ 1

Recorda: (Teorema de Weiestrass)


f continua nun intervalo pechado [a, b] ⇒ f alcanza máximo ( M ) e mínimo ( m ) en [a, b].
Logo tamén é certo
f continua nun intervalo pechado [a, b] ⇒ f continua en cada intervalo pechado [xi-1, xi] determinado por unha partición P
calquera dese intervalo ⇒ f alcanza máximo (chamarémoslle Mi ) e mínimo (chamarémoslle mi ) en cada un dos
intervalos [xi-1, xi] determinados pola partición P.

Definición : Suma superior de f asociada a unha partición P : S(f, P)


n
S(f, P) = (x1-x0)M1 + (x2-x1)M2 + ...+ (xn-xn-1)Mn ou escrita como un sumatorio S(f, P) = ∑ ( xi − xi −1 ) M i
i =1
É a suma das áreas dos rectángulos que teñen
Base: os subintervalos [xi-1, xi], determinados pola partición P
Altura: o máximo Mi da función en cada un deses subintervalos.

É unha aproximación por exceso da área da rexión R(f, a, b)


(Na gráfica de exemplo os máximos alcánzanse nos extremos da dereita de cada un dos
tres subintervalos da partición)

A suma superior de f decrece a medida que construímos particións


máis finas aumentando os puntos da partición.
(Por exemplo se entre os puntos x1 e x2 introducimos un novo punto x4 teríamos dous
novos rectángulos, de bases [x1, x4] e [x4, x1]en vez do rectángulo de base [x1, x2] pero
a suma das áreas destes dous novos é menor que a área do anterior, xa que coa nova
partición non estaría a zona raiada)

Definición : Suma inferior de f asociada a unha partición P : I(f, P)


1
n
I(f, P) = (x1-x0)m1 + (x2-x1)m2 + ...+ (xn-xn-1)mn ou escrita como un sumatorio I(f, P) = ∑ ( xi − xi −1 ) mi
i =1
É a suma das áreas dos rectángulos que teñen:
Base: Os subintervalos [xi-1, xi], determinados pola partición P.
Altura: o mínimo mi da función en cada un deses subintervalos.

É unha aproximación por defecto da área da rexión R(f, a, b)


(Na gráfica do exemplo os mínimos alcánzanse nos extremos da esquerda de cada un dos
tres subintervalos da partición)

A suma inferior de f crece a medida que construímos particións máis


finas aumentando os puntos da partición.
(Por exemplo se entre os puntos x1 e x2 introducimos un novo punto x4 teríamos dous
novos rectángulos, de bases [x1, x4] e [x4, x1]en vez do rectángulo de base [x1, x2] pero a
suma das áreas destes dous novos é maior que a área do anterior, xa que coa nova
partición agora estaría tamén a zona raiada)

Faise o seguinte razoamento:


Considérase unha sucesión de particións P1P2...Pn... de [a,b] (que definen intervalos cada vez máis pequenos)

chegarán a ser iguais


S(f, Pi) > S(f, Pi+1) e sempre maior que a áreacando i
Como Pi+1 é máis fina que Pi
I(f, Pi) < I(f, Pi+1) e sempre menor que a área

Ou sexa nlim S ( f , Pn ) = lim I ( f , Pn ) que é a área da rexión R(f,a,b) .


→∞ n→ ∞
(Ou sexa, a medida que aumentamos os puntos da partición as sumas inferiores crecen e as superiores decrecen
aproximándose cada vez máis , unha por defecto , e outra por exceso á área baixo a curva no intervalo [a, b]. No límite
serán iguais a ela)

Definición:
Dada f(x) definida en [a,b] e unha sucesión de particións P1  P2 ......Pn ... do intervalo [a,b]
Dicimos que f(x) é integrable en [a,b] se nlim S ( f , Pn ) = lim I ( f , Pn ) .
→∞ n→∞
Definición:
Se f(x) é integrable en [a,b] chámase integral definida de f(x) en [a,b] ó NÚMERO REAL
b

∫ f ( x ) dx = lim S ( f , Pn ) = lim I ( f , Pn )
n →∞ n→∞
a

(a e b chámanse extremos inferior e superior de integración)

Teorema:
Se f(x) é unha función continua nun intervalo [a,b] ENTÓN f(x) é integrable en [a,b].

INTERPRETACIÓN XEOMÉTRICA DA INTEGRAL DEFINIDA.

Se f(x)  0 en [a,b]
Se f(x)  0 en [a,b] é área de En xeral
é a área de R(f,a,c)
é a área da b R(f,a,b) b
b menos a área de
∫ f ( x ) dx 0 rexión R(f,a,b) ∫ f ( x ) dx 0 cambiada de ∫ f ( x ) dx
R(f,c,b)
a
a signo a

En xeral, se a función toma valores positivos e negativos, para calcula-la área entre a función e o eixe:
2
f(x)
A Área = A+C+D =
D b c d
a b
C
c d ∫ f ( x ) dx − ∫ f ( x ) dx + ∫ f ( x ) dx
a b c

PROPIEDADES DA INTEGRAL DEFINIDA


b c b

a) Se c[a,b] ∫
a
f (x )d x= ∫
a
f ( x ) d x+ ∫
c
f (x )d x

b) ∫
a
f ( x ) d =x 0 ( Se non hai intervalo a área , se f > 0, sería cero )

b a

c) ∫
a
f ( x )d x= − ∫ f ( x ) d
b
x ( Se cambiamos os extremos de integración a integral cambia de signo )

b b b

d) ∫(
a
f ± g ) (x ) d x= ∫
a
f ( x ) d x± ∫ g (x )d
a
x

b b

e) ∫(k . f
a
) (x ) d x= k ∫
a
f ( x )d x con k un número real

6. TEOREMA DO VALOR MEDIO DO CÁLCULO INTEGRAL


b

f c o n t ei nn[ a u, b ]a ⇒ ∃ c ∈ ( a , b ) / ∫ f ( x )d x= f ( c ) (. b − a )
a (c chámase valor medio)
Demostración :
Por ser f continua en [a, b] ⇒ existe m ( mínimo ) e M ( máximo ) de f en [a, b ] (Teorema de
Weiestrass)

Polo tanto m ≤ f(x) ≤ M para todo x de [a, b]. Integrando estas tres funcións (m e M son funcións constantes)
B b b b b
1
∫A m dx ≤ ∫a f ( x ) dx ≤ ∫a M ( b − a ) m . ≤ ∫a f ( x ) d ≤
x ( b − a ) M
.  m ≤
( b − a ) ∫a
f ( x ) d ≤x M

Por ser f continua en [a, b] ⇒ f toma tódolos valores comprendidos entre m e M (Teorema de Darboux)
b b
1
( b − a ) ∫a ∫a f ( x ) d x
Ou sexa, ∃ c ∈ ( a , b ) / f ( c ) = f ( x ) d x ⇒ ∃ c ∈ ( a , b ) / f ( c ) ( . b − a ) =

Interpretación xeométrica supoñendo f > 0 en [a, b] :

O teorema asegura que a área da rexión limitada


pola gráfica, as rectas x=a x=b e o eixe ox :
R(f,a,b) coincide coa área dun rectángulo que ten
-como base (b-a)
-como altura un número f(c) comprendido entre o
a c b máximo e o mínimo da función.

3
7. TEOREMA FUNDAMENTAL DO CÁLCULO INTEGRAL.
Definición : Función integral.
x

Dada f(x) continua en [a,b] definimos no mesmo intervalo [a,b] a función integral: F ( x ) = ∫
a
f (t)d t

• Se x = a F (a ) = ∫
a
f ( t ) d =t 0

Obsérvese que F(x) verifica


• Se x = b F (b ) = ∫
a
f (t)d tintegral definida de f en [a, b]

• Se f > 0 en [a, b] F(x) dá o valor da área baixo a curva no intervalo [a,x]

TEOREMA FUNDAMENTAL DO CÁLCULO INTEGRAL.


x

Se f é continua en [a, b] entón a función integral asociada F ( x ) = ∫


a
f (t)d té derivable en [a, b]

e F´(x) = f(x) para todo x de [a, b] ( A función integral é unha primitiva de f en [a, b]

Demostración :
x+h x

Pola definición de derivada F ′ ( x ) = lim


F ( x + h) − F ( x )
= [definición de F(x)] = ∫a f ( t ) d −t ∫ f (t)d t
=
h→0 h l i m a
h→ 0 h
x+h

= [propiedade (a) da integral definida] = ∫ f (t)d t


= [T. do Valor Medio do C. I.] = lim
h. f (c)
con c ∈ [x,x+h] =
l i m x h→0 h
h→ 0 h
= lim
h→0
f ( c) = f (x) xa que cando h → 0 temos que c → x, e como f é continua f( c ) → f( x )

Interpretación Xeométrica se f > 0 en [a, b]

F(x) é a área baixo a curva entre a e x (zona raiada dúas veces)


F(x+h) é a área baixo a curva entre a e x+h
F(x+h)−F(x), que é o incremento da función integral no intervalo
[x, x+h], será a área baixo a curva entre x e x+h (zona raiada unha
vez)
F ( x + h) − F ( x )
Do Teorema temos que = f ( c) con c en [x, x+h], é
h
dicir
F(x+h)-F(x)=f(c).h e que podemos interpretar como que :
O incremento da función integral nun intervalo [x, x+h] coincide
coa área dun rectángulo de base h , que é a lonxitude dese
intervalo, e altura f( c ) con c un punto de (x, x+h)

4
8. REGRA DE BARROW.
b
f c o n t ei n n [ au , b a ] 
∫ o t a c [ G i ó ( n]xa ) )
b
⇒ f ( x ) d x= G ( b ) − G ( a ) ≡ ( n
G p r i ma di t e i v f a

Demostración :
x
-Polo Th.Fundamental do Cálculo Integral a función integral F ( x ) = ∫ f ( t ) d té unha primitiva de f en [a, b].
a
-Por hipótese G(x) tamén é unha primitiva de f en [a,b]

ENTÓN F(x) = G(x)+K con K un número real (teorema visto ó principio do tema)
a
Para x = a temos que F(a) = G(a)+K pero como F ( a ) = ∫ f ( t ) d =t 0 temos que K = −G(a)
a
[Entón : F(x) = G(x)−G(a)]
Para x = b teremos entón que F(b) = G(b)-G(a),
b
Ou sexa F(b)= ∫ f ( x ) d x= G ( b ) − G ( a ) que é o que queríamos probar.
a

EXERCICIOS
1. Comproba que se verifica o Teorema do Valor Medio do Cálculo Integral e calcula os valores medios
das seguintes funcións nos intervalos que se citan:
(a) f(x)=x2 en [0,1] (b) g(x)=a+b·cos(x) en [-,] (c) h(x)=sen2(x) en [0,]
b
2. Sabendo que ∫ a
f (x )d =x 0 ¿Pódese asegurar que a =b?. Razoar a resposta.

CÁLCULO DE ÁREAS PLANAS: 2 TIPOS DE EXERCICIOS:


1º Tipo:
(a) a gráfica da función, o eixe ox e as rectas x=a e x=b.
Dáse unha función f(x) e pídese a área entre [R(f,a,b)]
(b) a gráfica da función e o eixe ox.
Se f(x) é continua, resólvese calculando os puntos de corte da gráfica co eixe ox [buscando x con
f(x)=0] e facendo tantas integrais como signos distintos teña a función no intervalo [a,b] ou no intervalo
onde está acotada. Hai que ter en conta que se a función é negativa, a integral debe cambiarse de signo.

3. Calcula a área limitada pola curva y=Ln(x+2), o eixe ox e as rectas x=0 e x=1
4. Calcula a área limitada pola curva y=sen(x), e o eixe ox no intervalo[0,2]
5. Calcula a área limitada pola curva y=-x2+4 , o eixe ox e as rectas x=0 e x=1
o eixe ox e as rectas x=-3 e x=3
e o eixe ox
6. Calcula a área encerrada entre a curva y=x4-x2 e o eixe ox
7. Calcula a área encerrada entre a curva y=x3-6x2+8x e o eixe ox

2º Tipo: Danse dúas funcións continuas f(x) e g(x) e pídese a área encerrada entre elas.
Resólvese o sistema para calcular os puntos de intersección. Faise a integral de f(x)-g(x) entre os puntos
nos que se cortan. Se se cortan en máis de 2 puntos, fanse tantas integrais como parellas de puntos tendo
en
conta o signo.
8. Calcula a área limitada polas curvas y=5-x2 e y=x2
Mesturas dos dous tipos:
9. Calcula a área limitada polas curvas y=ex y=e-x e a recta x=1
10. Calcula a área limitada pola curva y2=x e a recta x–y=2

You might also like