You are on page 1of 36

Estruturas Metálicas. Tema 1.

A construción metálica. O aceiro estrutural

ARTURO NORBERTO FONTÁN PÉREZ


Fotografía. Golden Gate Bridge
(San Francisco, 1937).
Van principal: 1280 m.

ETS Enxeñeiros de
Camiños, Canais e Portos
Introdución

- segura.
- funcional.
Obxectivo do deseñador/proxectista/construtor lograr unha estrutura
- estética.
- económica.
Requírense coñecementos de:
- Materiais,
- Cálculo de estruturas,
- Procedementos de fabricación (taller),
- Procedementos de construción (montaxe),
e adoptar unha aptitude racional, creativa e con imaxinación, baseándose en deseños previos (experiencia).

O proceso de deseño e construción dunha estrutura consiste en xeral en:


- Distribución da estrutura e avaliación de accións.
- Predimensionamento de pezas.
- Cálculo da estrutura.
- Dimensionamento.
- Comprobación de seccións e de barras.
- Planos e requisitos (prego de condicións).
- Planos de taller e detalles (unións, …).
- Fabricación.
- Montaxe.

Estruturas metálicas. Tema 1 2


Contido. Tema 1. A construción metálica. O aceiro estrutural

1. Materiais metálicos na construción.


2. Normativas.
3. Características dos aceiros.
4. Tipos de aceiro.
5. Produtos de aceiro.
6. Fabricación e montaxe en taller.
7. Criterios de plastificación.

Fotografía. Ponte Coalbrookdale


(Gran Bretaña, 1779).
Van principal: 30.5 m.

Estruturas metálicas. Tema 1 3


1.1. Materiais metálicos na construción

Ferro e as súas aliaxes: Campo de aplicación:


- Armas e ferramentas. - naves industriais,
- Finais s. XVIII: primeiras estruturas (pontes). - pontes (grandes luces, pasarelas, mixtas,…),
- antenas de comunicación e mastros,
- 1885: edificio de 12 plantas en Chicago.
- cubertas,
- 1931: Empire State Building en Nova York (443m). - depósitos e silos,
- Avances en metalurxia e soldadura. - comportas de presas,
- Competencia co formigón armado. - torres eléctricas, …

Materiais metálicos:
- Composto ferroso: mineral con alto contido en ferro:
• Ferro: contido de carbono inferior ao 0.03%.
• Aceiro: contido de carbono inferior ao 2%.
• Fundición: contido de carbono superior ao 2% (material duro pero fráxil).
- Cobre: boas cualidades electroquímicas, maleable.
- Zinc: protector anticorrosivo (galvanizado). Aliaxe para chapas corrugadas.
- Aluminio: lixeiro, resistente á corrosión, dúctil, maleable. Para exteriores e carpintería.

ACEIRO FERRO METALOIDES (C, S, P, Si) METAIS VARIABLES (Mn, Cr, Ni, …)
Laminado en quente
alto forno afino
Mineral de ferro Arrabio (≈4% de C) Aceiro Lingoteiras Moldeo
redución % C Colada continua Forxado
Fundición Trefilado

Estruturas metálicas. Tema 1 4


1.1. Materiais metálicos na construción

 Vantaxes das estruturas metálicas:  Inconvenientes das estruturas metálicas:


- Lixeireza (alta relación resistencia/peso, esbeltez dos - Alto custe.
elementos, grandes luces, aproveitamento do espazo). - Sensibilidade á corrosión (necesaria protección).
- Facilidade de montaxe e transporte (taller, - Sensibilidade ao lume.
prefabricación). - Inestabilidade por esbeltez.
- Rapidez de execución. - Alta flexibilidade (deseño limitado por deformación).
- Facilidade de reforzos e/ou reformas. - Sensibilidade á rotura fráxil (fatiga, unións mal
- Ausencia de deformacións diferidas (relaxación). proxectadas).
- Sustentabilidade (desmontable, adaptable, valor - Dificultade de adaptación a formas variadas.
residual como chatarra).
- Resistencia ao choque e solicitacións dinámicas
(ductilidade).
- Material homoxéneo e de calidade controlada
(alta fiabilidade, dimensións precisas).
 Vantaxes das estruturas de formigón:  Inconvenientes das estruturas de formigón:
- Menor custe. - Incapacidade de resistir traccións.
- Posibilidade de adaptación a formas variadas. - Peso e dimensións elevadas.
- Excelente resistencia a compresión. - Mal acabado superficial.
- Maior peso propio (estabilidade, muros, - Dificultades e custe de demolición.
cimentacións).
- Solidez.
- Estabilidade fronte a ataques químicos.

Obsérvese que moitas das apreciacións anteriores son subxectivas.

Estruturas metálicas. Tema 1 5


Contido. Tema 1. A construción metálica. O aceiro estrutural

1. Materiais metálicos na construción.


2. Normativas.
3. Características dos aceiros.
4. Tipos de aceiro.
5. Produtos de aceiro.
6. Fabricación e montaxe en taller.
7. Criterios de plastificación.

Fotografía. Home Insurance Building (Chicago, 1885).


Altura: 55 m.

Estruturas metálicas. Tema 1 6


1.2. Normativas

Normativas europeas: EC-3 (Eurocódigo 3) (Deseño estrutural) EAE


Instrucción de Acero Estructural
EN1090 (Fabricación + montaxe)
Con comentarios de los miembros
de la Comisión Permanente de
Normativas españolas: EAE (Instrución de Aceiro Estrutural) Estructuras de Acero

CTE (Código Técnico da Edificación DB SE-A) Ministerio de Fomento, 2012

Comentario: COM

A norma EAE está en total sintonía co prescrito pola normativa europea de referencia: o Eurocódigo 3 (a
nivel de cálculo e deseño) e a norma EN 1090 (a nivel de fabricación, execución e control de calidade).

A norma EAE establece esixencias que deben cumprir as estruturas de aceiro (proxecto + construción +
control/mantemento) e proporciona procedementos que permiten demostrar o seu cumprimento.
Terminoloxía, notación, unidades (sistema internacional), criterio de signos: Anexo 1. EAE § 1

Ámbito de aplicación: a norma EAE é de aplicación en todas as estruturas e elementos de aceiro estrutural
de edificación ou de obra civil (ou industrial), coas seguintes excepcións:
- aceiros especiais (fy > 460 N/mm2 ou aceiro inoxidable), EAE § 2
- elementos estruturais mixtos,
- elementos estruturais de formigón dunha estrutura de aceiro (elementos pretensados segundo EHE).
Accións: regulamentación específica (edificación: CTE, pontes: IAP/IAPF, sismo: NCSE/NCSP) e
complementariamente EAE. EAE § 2

Estruturas metálicas. Tema 1 7


1.2. Normativas

COM § A1.1

COM § A1.2

Estruturas metálicas. Tema 1 8


1.2. Normativas

Para xustificar que unha estrutura cumpre as esixencias da EAE:


- Adoptar solucións técnicas conformes cos procedementos da EAE. EAE § 3
- Adoptar para o cálculo os Eurocódigos + Anexos Nacionais.
- Adoptar solucións alternativas baixo persoal responsabilidade, xustificando documentalmente que se
cumpren as esixencias da EAE.
Vida útil dunha estrutura: período de tempo dende a finalización da execución durante o que deben
manterse as esixencias básicas nuns límites aceptables (CTE: período de servizo). EAE § 5
Requisitos Esixencias

Seguridade e funcionalidade - De resistencia e estabilidade: non deben xerarse riscos inadmisibles por
estrutural accións previsibles durante a execución e a vida útil. En eventos
extraordinarios non deben producirse consecuencias desproporcionadas.
- De aptitude ao servizo: non deben producirse:
- Deformacións inadmisibles (limitacións de frecha).
- Comportamentos dinámicos inadmisibles (vibracións)
- Degradacións inaceptables.
Seguridade en caso de A estrutura debe manter a resistencia o tempo necesario para:
incendio - Limitar a propagación do lume.
- Evacuar os ocupantes
Tamén hai que cumprir a regulamentación específica.
Hixiene, saúde e protección Cando se estableza o cumprimento deste requisito: esixencia de calidade
ao medio ambiente medioambiental na execución, minimizando a xeración de impactos
ambientais, reutilizando materiais, evitando a xeración de residuos.

Estruturas metálicas. Tema 1 9


1.2. Normativas

EAE § 5

Vida útil: t

Índice de fiabilidade: β

Probabilidade de fallo: Pf

Estruturas metálicas. Tema 1 10


Contido. Tema 1. A construción metálica. O aceiro estrutural

1. Materiais metálicos na construción.


2. Normativas.
3. Características dos aceiros.
4. Tipos de aceiro.
5. Produtos de aceiro.
6. Fabricación e montaxe en taller.
7. Criterios de plastificación.

Fotografía. Torre Eiffel (París, 1889).


Altura: 324 m.

Estruturas metálicas. Tema 1 11


1.3. Características dos aceiros

 Ensaio de rotura a tracción: EAE § 26.2


As características fundamentais para definir a calidade dos aceiros son:
- Diagrama tensión-deformación.
- Carga unitaria máxima a tracción ou resistencia a tracción (fu).
- Límite elástico (fy).
- Deformación correspondente á resistencia a tracción ou
deformación baixo carga máxima (εmáx).
- Deformación remanente concentrada de rotura (εu).
- Módulo de elasticidade (E).
- Estricción (Z) expresada en porcentaxe.
- Resiliencia (KV).
- Tenacidade de fractura. COM § 26.2
O límite elástico fy defínese como a tensión correspondente a unha deformación remanente do 0.2 por 100
(soe coincidir co escalón de cedencia).
Os aceiros utilizables deberán cumprir certos requisitos de ductilidade: EAE § 26.3

Datos para o proxecto: EAE § 32.4

Estruturas metálicas. Tema 1 12


1.3. Características dos aceiros

 Ensaios con cargas cíclicas (ciclos de carga e descarga superando o límite elástico fy):
- Endurecemento por deformación ou acritude:

E1 > E

- Efecto Bauschinger:
O material tracciónase ata a carga máxima e logo
descárgase e comprímese ata a mesma carga
negativa. Obsérvase que a deformación plástica a
compresión sucede antes de acadar o límite elástico
negativo, sen embargo, o material soporta o mesmo
valor de carga. Sucede en moitos metais.

- Histérese:
En cada bucle acumúlase enerxía (de histérese) cambiando a estrutura interna do material e
producindo calor.

Estruturas metálicas. Tema 1 13


1.3. Características dos aceiros

 Ensaio de resiliencia: EAE § 26.5.3


A resiliencia mide a disposición dun material á rotura fráxil ou dúctil. Tamén se pode definir como a enerxía
absorbida (KV) no ensaio de flexión por choque sobre probeta Charpy, que consiste en romper a unha
temperatura prefixada unha probeta entallada normalizada mediante o golpe cunha masa e medir a
enerxía acumulada na peza. As normas de produto esixen absorber unha determinada enerxía de
impacto.

Este fenómeno afecta aos aceiros estruturais, En función da súa resiliencia, a cada tipo de aceiro
pero non ao aluminio ou aos metais non asígnaselle un grado JR, J0, J2 ou K2: EAE § 27.1
ferrosos.

Estruturas metálicas. Tema 1 14


1.3. Características dos aceiros

EAE § 32.3
En ausencia de estudos rigorosos, os máximos espesores t do material de base que poden empregarse para
garantir a resistencia do material á rotura fráxil poden obterse da táboa seguinte en función do tipo e
grado do aceiro, o nivel de tensión de referencia no aceiro σref e a temperatura de referencia Tref :

Estruturas metálicas. Tema 1 15


1.3. Características dos aceiros

 Ensaio a torsión:
Consiste en someter a un torsor crecente unha probeta cilíndrica de aceiro
ata acadar a plastificación. Dado que a sección transversal é circular, a
torsión é uniforme e só aparecen tensións tanxenciais. A tensión que
produce a plastificación do material pode medirse e vale:=τ 0.56 ⋅ f y

 Factores que favorecen a rotura fráxil:


- Temperaturas baixas.
- Espesor do produto (a maior espesor,
maior probabilidade de rotura fráxil).
- Deformación en frío.
- Clases de esforzos (dinámicos-estáticos, fatiga).
- Concentracións de tensións (evitar estados triaxiais):
• Entallas.
• Cambios bruscos de sección.
• Tensións residuais (soldadura, laminación, …).
- Forma e condicións de execución.

COM § 31.2.3

Estruturas metálicas. Tema 1 16


1.3. Características dos aceiros

 Tensións residuais por arrefriamento (enfriamiento):


1. Arrefríanse antes as paredes exteriores e máis delgadas.
2. As paredes frías retráense e arrastran ás paredes quentes que non se opoñen,
pois ao estar quentes teñen un módulo de elasticidade moi baixo.
3. O resultado é que toda a sección se retrae, pero non hai tensións internas.
4. Logo arrefría o resto da sección, que tende a retraerse, pero impídenllo libremente as zonas xa frías no
primeiro momento (agora o módulo de elasticidade é elevado).
5. O resultado é que as zonas que primeiro arrefriaron quedan comprimidas e as que arrefriaron máis
tarde quedan traccionadas.

Estruturas metálicas. Tema 1 17


1.3. Características dos aceiros

 Soldabilidade (carbono equivalente): EAE § 26.4


Aptitude dun aceiro para ser soldado mediante os procedementos habituais sen que apareza fisuración
en frío.
O parámetro fundamental dos aceiros dende o punto de vista da soldabilidade é o valor do carbono
equivalente (CEV) a partires dos contidos dos elementos químicos indicados en tanto por cen:
Mn Cr + Mo + V Ni + Cu EAE § 26.5.5
CEV =C+ + +
6 5 15
O CEV está limitado para cada tipo de aceiro en función do espesor nominal do produto.

 Resistencia ao desgarro laminar: EAE § 26.4


Resistencia á aparición de fisuras en pezas soldadas sometidas a tensións de tracción en dirección
perpendicular á súa superficie.
Evítase reducindo no posible ditas tensións mediante un proxecto axeitado dos detalles construtivos
correspondentes e analizar a posibilidade de empregar aceiros pouco susceptibles a este defecto (ver
“tipos de aceiro”, Z).
Un aceiro será resistente ao desgarro laminar se cumpre unhas esixencias de estricción no ensaio de
tracción. EAE § 26.5.7

COM § 26.4

Estruturas metálicas. Tema 1 18


1.3. Características dos aceiros

 Efectos de cargas térmicas. Exemplo:

Estruturas metálicas. Tema 1 19


1.3. Características dos aceiros

 Efectos de cargas térmicas. Exemplo:

Estruturas metálicas. Tema 1 20


1.3. Características dos aceiros

 Efectos de tensións residuais. Exemplo:

Estruturas metálicas. Tema 1 21


1.3. Características dos aceiros

Estruturas metálicas. Tema 1 22


Contido. Tema 1. A construción metálica. O aceiro estrutural

1. Materiais metálicos na construción.


2. Normativas.
3. Características dos aceiros.
4. Tipos de aceiro.
5. Produtos de aceiro.
6. Fabricación e montaxe en taller.
7. Criterios de plastificación.

Fotografía. Empire State Building (Nova York, 1931).


Altura: 443 m.

Estruturas metálicas. Tema 1 23


1.4. Tipos de aceiro

A EAE contempla os seguintes tipos de aceiro utilizables en perfiles e chapas para estruturas de aceiro:
- Aceiros sen aliaxe laminados en quente: EAE § 27

Nota: As características mecánicas


mínimas dependen do espesor do
produto.

- Aceiros con características especiais (S235, S275, S355, S460):


• Aceiros soldables de gran fino, na condición de normalizado (N). O laminado normalizado consiste en
laminar nun intervalo de temperatura que conduce a un estado do material similar ao que se obtería cun
tratamento de normalizado. Alta soldabilidade e alta resiliencia.
• Aceiros soldables de gran fino, laminados termomecanicamente (M). O laminado termomecánico
consiste en laminar nun intervalo de temperatura que conduce a un estado do material que non se pode obter só
con tratamento térmico. Alta soldabilidade e alta resiliencia.
• Aceiros con resistencia mellorada á corrosión atmosférica (aceiros patinables) (W). Presentan na súa
composición química, certos elementos de aliaxe, o que fai que se forme unha capa de óxido ou pátina
autoprotectora que os protexe ulteriormente da corrosión atmosférica. Precisan de períodos sucesivos alternados
de humidade-sequedade que permitan a formación da pátina autoprotectora.
• Aceiros de alto límite elástico, na condición de templado e revenido (Q). O proceso de templado e
revenido consiste nun enfriamento rápido seguido dun quecemento a temperatura especificada e un enfriamento
a temperatura controlada.
• Aceiros con resistencia mellorada á deformación na dirección perpendicular á superficie do
produto (Z). Calquera dos aceiros anteriores que ademais cumpra uns valores mínimos de estrición en ensaio
de tracción na dirección do espesor. Teñen maior isotropía, pode ser importante nalgunhas construcións soldadas.

Estruturas metálicas. Tema 1 24


1.4. Tipos de aceiro

Os medios de unión contemplados na EAE son os constituídos por: EAE § 29


- Parafusos, porcas (tuercas) e arandelas, para unións aparafusadas (tamén bulóns).
- Material de achega (aportación), para unións soldadas.

Os parafusos utilizables corresponden aos grados seguintes:

Poderán pretensarse os parafusos de alta resistencia.

Tipos especiais de parafusos:


- De cabeza avelanada. Teñen tal forma que quedan igualados coa cara exterior da chapa externa.
- Calibrados. O diámetro da espiga do parafuso é igual ao do burato.
- De inxección. Inxéctase unha resina por unha perforación na cabeza para reencher a folgura entre espiga e burato.

O material de achega utilizable para a realización de soldaduras deberá ter unhas características mecánicas
non inferiores ás correspondentes ao material de base que constitúe os perfiles ou chapas que se
pretende soldar.

Estruturas metálicas. Tema 1 25


1.4. Tipos de aceiro

Equivalencia de aceiros: EAE § 27

Compatibilidade de uso de parafusos, porcas e arandelas: EAE § 29.2

Estruturas metálicas. Tema 1 26


Contido. Tema 1. A construción metálica. O aceiro estrutural

1. Materiais metálicos na construción.


2. Normativas.
3. Características dos aceiros.
4. Tipos de aceiro.
5. Produtos de aceiro.
6. Fabricación e montaxe en taller.
7. Criterios de plastificación.

Fotografía. Dispensario Central Antituberculoso


(Barcelona, 1935-8).
Altura: 16 m.

Estruturas metálicas. Tema 1 27


1.5. Produtos de aceiro

Series de perfiles e chapas de sección chea laminados en quente (t ≥ 3mm e sección constante):

COM § A1.2

EAE § 28.1

Estruturas metálicas. Tema 1 28


1.5. Produtos de aceiro

Series de perfiles de sección oca (hueca) acabados en quente (ou conformados en frío con tratamento térmico
posterior) (t ≥ 2 mm e sección constante) :

EAE § 28.2

Series de perfiles de sección oca conformados en frío (t ≥ 2 mm e sección constante) :

EAE § 28.3

Series de perfiles de sección aberta conformados en frío (UNE EN 10162): L, U, C, Z, Omega, perfil tubular con
bordes rexuntados. EAE § 28.4

Perfiles e chapas non normalizadas: poderán empregarse se o fabricante garante dimensións e tolerancias.
EAE § 28.5
Outros: paneis (grecados, ondulados, sandwich, ...), cables, raís (railes), pezas moldeadas para apoios, ...

Estruturas metálicas. Tema 1 29


Contido. Tema 1. A construción metálica. O aceiro estrutural

1. Materiais metálicos na construción.


2. Normativas.
3. Características dos aceiros.
4. Tipos de aceiro.
5. Produtos de aceiro.
6. Fabricación e montaxe en taller.
7. Criterios de plastificación.

Fotografía. Terminal T4 (Barajas, 2006).


Peso: 21.000 Tm.

Estruturas metálicas. Tema 1 30


1.6. Fabricación e montaxe en taller

Procesos básicos de fabricación e montaxe en taller: EAE § 75


- Elaboración de planos de taller.
- Preparación do material:
• Marcado, manipulación e almacenamento.
• Endereitado (enderezado) (prensas ou máquinas de rodillos).
• Corte (serra, cizalla ou oxicorte).
• Conformación (dobrado ou pregado).
• Perforación (taladrado ou punzonado).
- Ensamblado previo en taller.
- Fixación con elementos mecánicos: EAE § 76
• Buratos.
• Utilización de parafusos, porcas e arandelas.
• Apretado de parafusos (pretensados e sen pretensar).
• Superficies de contacto.
• Fixacións especiais (pernos).
• Parafusos especiais.
- Soldadura: EAE § 77
• Plan de soldadura.
• Proceso de soldadura.
• Cualificación do proceso de soldadura.
• Preparación e execución da soldadura.
• Criterios de aceptación de soldaduras.

Estruturas metálicas. Tema 1 31


Contido. Tema 1. A construción metálica. O aceiro estrutural

1. Materiais metálicos na construción.


2. Normativas.
3. Características dos aceiros.
4. Tipos de aceiro.
5. Produtos de aceiro.
6. Fabricación e montaxe en taller.
7. Criterios de plastificación.

Fotografía. Burj Khalifa (Dubai, 2010).


Altura: 828 m.
De aceiro só dende a planta 156 (586 m de altura) ata o cumio.

Estruturas metálicas. Tema 1 32


1.7. Criterios de plastificación

O tensor de tensións representa o estado tensional dun corpo nun punto. Nuns eixos coordenados calquera:
σ x τ yx τ zx 
 
T = τ xy σ y τ zy 
τ xz τ yz σ z 
 
Se os eixos son principais de inercia:
σ 1 0 0 
T =  0 σ2 0 
 
 0 0 σ 3 
O tensor de tensións pode descompoñerse en esférico máis desviador:
σ oct 0 0  σ 1 − σ oct 0 0 

T =Tesf + Tdesv = 0 σ oct 0 +   0 σ − σ oct 0  ; σ =σ 1 + σ 2 + σ 3
   2  oct
3
 0 0 σ oct   0 0 σ 3 − σ oct 

Bridgman comprobou que o aceiro resiste tensións esféricas (presións hidrostáticas) moi grandes sen
plastificar, e propuxo que só influía na plastificación o tensor desviador.

As curvas e as superficies de plastificación representan, nuns eixos de tensións principais σi, os puntos
xeométricos que producen a plastificación do material. Proporcionan o lugar xeométrico dos estados
tensionais nos que se inicia a plastificación. Poden obterse:
- Experimentalmente: ensaios de Lode.
- Teoricamente: criterios de plastificación.

Estruturas metálicas. Tema 1 33


1.7. Criterios de plastificación

 Ensaios de Lode:
Os ensaios consisten en someter un cilindro de parede delgada, oco, pechado e de aceiro a unha presión
interna p e a un torsor uniforme no eixo lonxitudinal MT de forma controlada ata acadar a plastificación
no material. O ensaio repítese para distintas parellas de presión-torsor ata plastificación. Mediante
axuste por puntos obtense a curva de plastificación:
τ fy

p⋅R p⋅R MT
σL = σ L =2 ⋅ σ L = τ=
2⋅t t 2 ⋅ π ⋅ R2 ⋅ t

σ fy

 Criterios de plastificación:
Enúncianse formas de comportamento do material que hai que contrastar cos datos empíricos.
- Criterio de Rankine-Lamé. Este criterio considera que ningunha tensión principal pode superar o límite
elástico: σ ≤f
i y

Validación a tracción simple: σ 1 ≠ 0, σ 2 =σ 3 =0 ⇒ σ i ≤ f y → OK


Validación a tensión tanxencial pura: τ = σ1 = −σ 3 , σ 2 =⇒
0 τ ≤ f y → NON, pois τ ≤ 0.56 ⋅ f y

Estruturas metálicas. Tema 1 34


1.7. Criterios de plastificación

- Criterio de Beltrami-Haig. Este criterio considera que a enerxía de deformación acumulada ata
plastificación é invariante e independente do estado tensional que a produza:
3
1  1 
Edef =∑ ⋅ σ i ⋅ ε i =k 2 ⇒  ε 1 = ⋅ σ 1 − ν ⋅ (σ 2 + σ 3 )   ⇒
i =1 2  E 
1
Edef = ⋅ σ 12 + σ 22 + σ 32 − 2 ⋅ν ⋅ (σ 1 ⋅ σ 2 + σ 1 ⋅ σ 3 + σ 2 ⋅ σ 3 )  = k 2
2⋅E
f y2
En tracción pura pódese obter k: σ 1 = f y ≠ 0, σ 2 = σ3 = 0 ⇒ Edef = = k2
2⋅E

e substituíndo: σ co = σ 12 + σ 22 + σ 32 − 2 ⋅ν ⋅ (σ 1 ⋅ σ 2 + σ 1 ⋅ σ 3 + σ 2 ⋅ σ 3 ) ≤ f y

Validación a tensión tanxencial pura: τ =


σ1 =
−σ 3 , σ 2 = τ ⋅ 2 ⋅ ( 1 + ν ) ≤ f y ⇒ (ν =
0 ⇒ σ co = 0.3 ) ⇒
τ = 0.62 ⋅ f y → valor inseguro, pois τ ≤ 0.56 ⋅ f y

- Criterio de Von Mises-Hencky. Seguindo as suxestións de Bridgman, este criterio supón que a enerxía de
deformación acumulada ata plastificación é invariable e independente do estado tensional que a
produza, pero considerando só a contribución do tensor desviador, que da lugar a:
1 
σ co = ⋅ ( σ 1 − σ 2 ) + (σ 1 − σ 3 ) + (σ 2 − σ 3 )  ≤ f y
2 2 2

2  
Validación a tracción pura: σ 1 ≠ 0, σ 2 =σ 3 =0 ⇒ σ co =σ 1 ≤ f y → OK
Validación a tensión tanxencial pura: τ = σ1 = −σ 3 , σ 2 =
0 ⇒ σ co =τ ⋅ 3 ≤ fy ⇒
τ= 0.577 ⋅ f y ≈ 0.56 ⋅ f y → OK

Estruturas metálicas. Tema 1 35


1.7. Criterios de plastificación

- Criterio de Von Mises-Hencky (…)


Expresando nuns eixos calquera (non principais de inercia) e nun plano:

σ co= σ x2 + σ z2 − σ x ⋅ σ z + 3 ⋅ τ xz2 ≤ f y

É o criterio aceptado internacionalmente e empregado pola instrución EAE.


Segundo a EAE, para comprobar o esgotamento da resistencia dunha sección con criterios elásticos
pode empregarse o criterio de Von Mises para o punto crítico da sección transversal:

EAE § 34.1.1

A EAE tamén usa o mesmo criterio para comprobar o estado límite de plastificacións locais:

EAE § 41.2

Nota: en moitos casos o criterio de Von Mises é folgadamente conservador ao non considerar
posibles aumentos de resistencia por plastificación ou outros factores.

Estruturas metálicas. Tema 1 36

You might also like