AnuncioG0424 120320 0001 - GL PDF

You might also like

You are on page 1of 6

DOG Núm.

65 Xoves, 2 de abril de 2020 Páx. 17769

VI. ANUNCIOS

A) ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, pola


que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración
de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no
concello de Arteixo (expediente IN407A 2015/297-1 novo).

Expediente: IN407A 2015/297-1 novo.

Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: recuamento da LMT, CT e RBT Uxes pobación e anexo 1.

Concello: Arteixo.

Feitos:

1. Con data do 28 de marzo de 2017, a empresa promotora solicitou a autorización ad-


ministrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade
pública do proxecto de execución: recuamento da LMT, CT e RBT Uxes poboación.

O 21 de maio de 2019, a dita empresa solicitou a autorización administrativa previa, a


autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita ins-
CVE-DOG: gspsjqu9-m9w5-yhg8-avv6-qkxomq7liw24

talación de distribución eléctrica referente ao anexo 1.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publi-


cada nos seguintes medios:

– Acordo de información pública: 15 de xullo de 2019.

– DOG: 13 de agosto de 2019.

– BOP: 29 de xullo de 2019.

– Xornal La Voz de Galicia: 1 de agosto de 2019.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 65 Xoves, 2 de abril de 2020 Páx. 17770

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal da secretaria xeral


do Concello de Arteixo de 28 de agosto de 2019.

3. Durante o período en que se someteu ao trámite de información pública José Luís


Rama Rodríguez achegou alegacións. Destas alegacións déuselles traslado á empresa
promotora, que respondeu en defensa dos seus intereses.

4. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o


caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas. A empresa
promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos de Augas de
Galicia-Zona Hidrográfica Galicia Norte da Xefatura Territorial da Consellería de Infraes-
truturas e Mobilidade da Coruña, do Servizo de Xestión Cultural da Xefatura Territorial da
Consellería de Cultura e Turismo da Coruña, da Deputación Provincial da Coruña e do
Concello de Arteixo.

5. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a solicitu-


de de autorización.

Consideracións legais e técnicas:

1. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administra-


cións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236,
CVE-DOG: gspsjqu9-m9w5-yhg8-avv6-qkxomq7liw24

do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decem-


bro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de


transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autoriza-
ción de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre


condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e
as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de
marzo).

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 65 Xoves, 2 de abril de 2020 Páx. 17771

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre


condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e
as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de
xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotéc-


nico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da


Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria,
enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes


para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan
competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

– Decreto 146/2016, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da


Xunta de Galicia (DOG núm. 217, do 14 de novembro).

– Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da


Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 18, do 25 de decembro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17


de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropia-


CVE-DOG: gspsjqu9-m9w5-yhg8-avv6-qkxomq7liw24

ción forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

2. Características técnicas:

– Desmantelamento da liña eléctrica de media tensión aérea GRN-704 entre os apoios


números 27 e 47 a 15 kV cunha lonxitude de 1,879 km coa orixe no apoio número 27 exis-
tente da LMT GRN-704 condutores tipo LA-30 mm2 e tipo LA-56 e remate no apoio núme-
ro 47 existente da LMT GRN-704. Retirada do CT Uxes poboación actual.

– Liña eléctrica de media tensión soterrada ao CT Uxes poboación (proxectado) (ac-


tuación núm. 1) a 15 kV cunha lonxitude de 0,010 km coa orixe e remate en empalmes
proxectados na LMTS GRN-704 no treito entre o CT Breogán III (expediente 282/00) e o

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 65 Xoves, 2 de abril de 2020 Páx. 17772

CS Souto (15CWB0) condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-1x240 AI unha vez entra e saia do
novo CT Uxes poboación (proxectado).

– Liña eléctrica de media tensión soterrada ao CS Uxes (proxectado) (actuación


núm. 2) a 15 kV cunha lonxitude de 0,068 km coa orixe e remate en empalmes proxecta-
dos na LMTS GRN-704 no treito entre o CT Breogán III (expediente 282/00) e o CS Souto
(15CWB0) condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-1x40 AI unha vez entra e saia do novo CS
Uxes (proxectado).

– Liña eléctrica de media tensión soterrada a CCTT Uxes estación e Uxes urbaniza-
ción (actuación núm. 3) a 15 kV cunha lonxitude de 0,251 km coa orixe no novo CS Uxes
(proxectado) condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-1x240 AI e remate no paso aéreo-sote-
rrado proxectado a realizar no apoio de formigón núm.: 48 existente da LMT GRN-704
(expediente 27.385) no treito entre o CT Uxes estación (expediente 27.385) e o CT Uxes
urbanización (expediente: 272/99).

– Novo centro de transformación prefabricado Uxes poboación, cunha potencia de


250 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

– Novo centro de seccionamento Uxes poboación 3L telecontrolado GSM/GPRS/FO con


envolvente de formigón manobra exterior.

3. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou,


nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidu-
CVE-DOG: gspsjqu9-m9w5-yhg8-avv6-qkxomq7liw24

me sinaladas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

4 Respecto das alegacións formuladas por José Luís Rama Rodríguez (parcela nú-
mero 247-polígono 76) solicita que non se autorice o treito de liña que vai paralelo á súa
propiedade e que se barallen outras alternativas alegando, coma se reflicte no seu escrito
de 6 de xullo de 2017, o seguinte:

– Que vai impedir a execución material dunha futura resolución ao seu favor nunha de-
manda interposta contra ADIF.

– Que existen outras parcelas en que se podería situar o CS proxectado.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 65 Xoves, 2 de abril de 2020 Páx. 17773

Na súa resposta, UFD Distribución Electricidad, S.A. declara que:

– Tramitou o permiso de paso do treito en conflito co titular do terreo que é ADIF, o cal
amosou a súa conformidade solicitando o cumprimento dunhas determinadas condicións
que teñen pensado cumprir.

– Segundo o sinalado no Real decreto 223/2008, «as liñas eléctricas estudaranse se-
guindo a traza que considere máis conveniente ao autor do proxecto, no seu intento de
acadar a solución máis óptima para o conxunto da instalación, axustándose en todo caso
ás prescricións que nesta instrución se establecen».

Con relación ás alegacións achegadas relativas ao cumprimento regulamentario das


instalacións electromecánicas e eléctricas proxectadas e a afectación correspondente na
declaración de utilidade pública en concreto solicitada, e segundo as manifestacións de
UFD Distribución Electricidad, S.A., infórmase que non procede atender a solicitude reali-
zada por José Luís Rama Rodríguez, por non definir técnica e economicamente a alterna-
tiva que propón de localización do CS para a súa valoración.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura terri-
torial.

Consonte con todo o indicado,

RESOLVO:
CVE-DOG: gspsjqu9-m9w5-yhg8-avv6-qkxomq7liw24

1. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de cons-


trución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da dita instalación de distribución
eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación


dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e


de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do
artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 65 Xoves, 2 de abril de 2020 Páx. 17774

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta


xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certifica-


cións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das


especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das
regulamentacións e normas oportunas para a montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a
lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao medio ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse
recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes
contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos
artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común
das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as
persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que considere pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo


o esixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo
común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 10 de marzo do 2020

Isidoro Martínez Arca


CVE-DOG: gspsjqu9-m9w5-yhg8-avv6-qkxomq7liw24

Xefe territorial da Coruña

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like