You are on page 1of 4

PROCLAMACIÓN DA BOA NOVA DE XESUCRISTO A HUMANIDADE

SEGUNDO LUCAS.

CRONISTA: María, a nosa Naí, descubriu a súa vocación de Nai da humanidade,


dende o encontro co anxo Gabriel, e tras visitar a Isabel, a súa curmá, cando estaba
esperando o nacemento de Xoán Bautista, pronuciou estas palabras onde se nos
amosa que Deus se fai humilde, porque quere estar pretos dos pobres, dos
indefensos, dos nen@s, especialmente dos nen@s que precisan cariño, amor,
acollida, por iso para eles El é o gran regalo.

Por todos eles María faloulle, hoxe, volve a falar para nós:

MARIA:
A miña alma proclama a grandeza do Señor,
e alégrase o meu espírito en Deus, o meu Salvador,
porque reparou na súa humilde escraviña.
Velaí: desde agora tódalas xeracións me van felicitar.
¡Marabillas o Poderoso fixo en min!
O seu nome é Santo;
a súa misericordia chega xeración tras xeración
a todos os que o temen.
Manifesta o poder do seu brazo,
desbaratando os plans dos soberbios.
Derruba do seu trono ós poderosos,
e fai subir os humildes;
ós famentos éncheos de bens,
e ós ricos despídeos baleiros.
Ampara a Israel, o seu Servidor,
lembrándose da súa misericordia,
conforme prometera a nosos pais,
en favor de Abraham e da súa descendencia para sempre.

CRONISTA: Saíu daquela un decreto do emperador Augusto, o gobernador de


Roma, viria a ser hoxe como un Rei, que ten os seus subditos, e ordenou o
empadroamento de todo o mundo, porque queria saber canto medraban as
poboacións. Foi o primeiro censo que se fixo; por entón era Quirino gobernador de
Siria. E todos, en cadansúa cidade, fóronse empadroar, como tamén o facemos hoxe
nestes días.

HERODES: ehh! Atendede! Algo esta sucedendo, e creo, que mo estan ocultado.
Ordeovos que vallades facer un censo a todos os pobos de Xudea, e traedeo o antes
posible.
SOLDADO 1- Imos enton

SOLDADO 2- Aquí ten o censo de todos os pobos de Xudea.

CRONISTA: Tamén subiu Xosé desde Galilea, da vila de Nazaret, ata Xudea, á
vila de David chamada Belén, pois pertencía á casa e familia de David, para
empadroarse con María, a súa muller, que estaba embarazada.

XOSÉ : Maria, imos a Belén a censarnos, que chegou un decreto que nos obriga a
face-lo.

MARÍA: Bueno Xose, iremos entón, aínda que, xa o neno está para nacer e
sintome moi cansa.

CRONISTA: E resultou que, estando alí, chegoulle o tempo do parto, e empezou a


sentirse mal.

MARIA: Xose, sintome mal, non podo mais, vai naner o neniño.

CRONISTA: Foi Xosé, buscando e buscando unha pousada, é decir, como un


hostal nos días de hoxe, pero ninguén lle daba sitio, onde o seu fillo puidese nacer,
por ser pobres.

XOSÉ: (tocar la campana) Podemos hospedarnos aquí?

POUSADEIRO 1: Non, non temos sitio, para xente coma vós.

XOSE:(tocar la campana) Tedes un cuarto para miña muller, que vai ter un meniño.

POUSADEIRO 2: Non, non temos nada, esta todo cheo.

XOSE: por favor señor, acercaselle a hora, e non podemos esperar.

POUSADEIRO 2:Pasen, podedes quedarvos aquí, nunha corte, sempre estaredes


mellor que o frío.

CRONISTA: O fin, nunha corte, porque dentro da pousada non había lugar para
persoas pobres, deronlle sitio, e alí naceu o fillo de Deus. Cando deu a luz
envolveuno nuns capizos e deitouno nunha manxadoira, na corte das bestas.

CRONISTA: Había naquela comarca uns pastores que pasaban a noite ó


descuberto facendo oracion e vixiando o seu rabaño.
OVELLAS: Beh, beh, beh, beh, beh, beh.

PASTOR1: Que noite máis fría. Nunca tal cousa vira.

PASTOR 2: Mirade para o ceo, que escuro esta, e as estrelas brillan de maneira
especial.

PASTOR 3: Certo, será, que Deus escoitou as nosas oracións?.

CRONISTA: Presentóuselles un anxo do Señor, e de supeto formouse unha gran


tormenta. (3 truenos)

CRONISTA: Eles levaron un gran susto.

PASTOR 4: ah, ah! Que medo, que medo, que é iso.

PASTOR 5: Será que Deus nos quere dicir algo?.

PASTOR 6: Será que por fin a presencia de Deus está nos pobres e nos humildes, e
nós fomos os escollidos.

CRONISTA: Pero o anxo díxolles:

ANXO: Non vos asustedes, que vos veño anunciar unha boa nova: vai haber unha
gran alegría para todo o pobo. Hoxe na vila de David naceuvos o Salvador, o
Mesías Señor. Este é o sinal: atoparedes a criatura enbrullada e deitada nunha
manxadoira, dentro dunha corte.

CRONISTA: E, de súpeto, arredor do anxo apareceu unha multitude do exército


celestial, que louvaba a Deus dicindo:

ANXOS: ¡Gloria a Deus no ceo


e na terra paz ós homes
que gozan do seu amor!
(CANTAMOS O GLORIA)

CRONISTA: Cando os anxos se retiraron marchándose ó ceo, comentaban os


pastores entre eles:

PASTOR 7 Vaiamos a Belén ver o que sucedeu, e o que o Señor nos manifestou.
PASTOR 8- Si vaimos a ver o fillo de Deus. Que gran alegria para todos os pobres.

PASTOR 9- Si imos, e prostremonos diante del, porque é gran alegria a que


levamos no noso corazón, para toda a humanidade.

CRONISTA: Foron a correr e atoparon a María e mais a Xosé, e á criatura deitada


na manxadoira. O que o viron, contaron todo o que lles dixeran do meniño.

PASTOR 10- Maria, que bonitiño e o neno!.

MARIA: Grazas, Moitas grazas.

PASTOR 11: Maria, o anxo que se nos apareceu, dixonos que El é o salvador.

PASTOR 12: E dixonos, que nel, todos somos irmáns.

PASTOR 13: E que, no seu nome, se perdoan os pecados, que El trae a paz e o
amor.

PASTOR 14: E Dixonos que os pobres e os humildes están de noraboa.

CRONISTAS: María, pola súa parte, conservaba todas estas cousas no seu
corazón. Os pastores volveron, glorificando e loando a Deus por canto viran e
oíran, tal como lles fora anunciado.

PASTOR 11- Benaventurados nós, os pobres, porque noso e o reino de Deus.

PASTOR 12- Benaventurados nós, os que pasamos moita fame, porque Deus nos
fartará.

PASTOR 13- Benaventurados nós, os que hoxe choramos, porque outro día
rieremos.

PASTOR 14- Benaventurados nós, porque moitos nos aldraxan, e nos porán nas
listas negras polo teu nome.
Alegradevós porque co nacemento de Xesus, será grande a recompensa no ceo.

PALABRA DO SEÑOR

You might also like