You are on page 1of 1

Lectura 2, Galego

1. Le atentamente o texto e intenta memorizar os detalles.

Facemos trufas

Ingredientes:

– 100 g de chocolate

– 30 g de manteiga

– 6 culleradas de leite condensado

– fideos de chocolate

Elaboración:

• Desfai o chocolate no microondas uns 2 minutos.

• Engade o leite condensado e a manteiga. Mestura todo ben.

• Deixa a pasta na neveira durante 6 horas.

• Fai as bólas e rebózaas en fideos de chocolate.

• Ponas un pouco no conxelador para servilas ben frías.

2. Risca os alimentos que non se empregan na receita das trufas.

Chocolate – vainilla – nata – froitas – manteiga – fariña – azucre

leite condensado – améndoas – lévedo – fideos de chocolate

3. Ordena correctamente o proceso de elaboración das trufas.

o Pon as trufas no conxelador.


o Desfai o chocolate no microondas.
o Fai as bólas e rebózaas en fideos de chocolate.
o Deixa a pasta na neveira.
o Engade o leite condensado e a manteiga.

You might also like