You are on page 1of 2

Departamento de Xeografía e Historia IES San Rosendo de Mondoñedo

PAUTAS PARA O DESENVOLVEMENTO DO COMENTARIO DUN


MAPA METEOROLÓXICO DO TEMPO EN SUPERFICIE

1.- INTRODUCIÓN: ASPECTOS XERAIS.


Debes iniciar o comentario indicando que é o que vas a comentar.

- Tipo de mapa (temático, en superficie, en altura, ...).


- Sistema de representación (liñas, símbolos): isóbaras.

- Tipo de información: representación sinóptica (representación esquemática do


estado da atmósfera nun momento concreto).

2.- COMENTARIO ESPECÍFICO.


Identificar, describir e analizar as características dos centros de acción (anticiclóns e borrascas) e
as frontes.

CENTROS DE ACCIÓN (ANTICICLÓNS E BORRASCAS)

 Debes proceder á súa localización xeográfica.

 Indicar a súa orixe, e de ser o caso a súa vinculación coa situación en altura.

 Establecer a súa potencia observando o valor da presión no seu núcleo,


consultando o valor da isobara que apareza no seu centro. Canto máis alto sexa o valor,
para un anticiclón, ou máis baixo, para unha borrasca, máis potente será (dirase que é
máis ou menos profunda).

 Analizar o vento. Tense que observar o gradiente de presión entre os centros de


acción, indicado pola separación entre as isóbaras. Débese recordar que o gradiente
indica a forza do vento (canto máis xuntas estén as isobaras, maior será a velocidade
deste). A disposición das isóbaras tamén permite explicar o sentido e dirección dos
ventos.

 Tamén debes prestar atención ás diversas configuracións barométricas que adoptan


as isóbaras, ás que corresponden diversos fenómenos meteorolóxicos. Neste sentido,
hai que recordar que os anticiclóns indican estabilidade e ausencia de choivas, mentres
que as borrascas sinalan inestabilidade e probabilidade de precipitacións. Unha
configuración de pantano barométrico (zona sin isóbaras e con anticiclóns e borrascas
próximos) acostuma a indicar tempo inestable.

 Os centros de acción impulsan masas de aire cunhas características de


temperatura e humidade que se deben indicar (están vinculadas á súa rexión manancial e
o seu recorrido).

Xeografía de España Bloque 3: A diversidade climática e a vexetación


Departamento de Xeografía e Historia IES San Rosendo de Mondoñedo

FRONTES
O seginte paso será a identificación das frontes (zonas de contacto entre dúas masas de aire de
características diferentes, que normalmente provocan nubosidade e precipitacións)

 Debes proceder á súa localización xeográfica.

 Comentar as frontes cálidas, que poden dar lugar a un aumento das temperaturas
e a precipitacións en forma de choiva de certa duración.

 Comentar as frontes frías, que poden orixinar un descenso das temperaturas e


chubascos intensos, pero de menor duración que as precipitacións causadas por unha
fronte cálida. Esto é debido a que a zona de comtacto entre masas de aire presenta unha
maior inclinación no caso da fronte fría, por eso a banda do tempo inestable é máis
estreita e pasa antes sobre un punto concreto do territorio.

 Comentar as frontes ocluídas, que indican que a fronte tende a desaparecer. Pode
producir lixeiros aumentos ou descensos da temperatura (según predomine a masa de
aire cálida ou a fría) e provocar tanto choivas como chuvascos débiles.

3.- INTERPRETACIÓN DO MAPA:

Con todos os elementos anteriores estamos en condicións de proceder á interpretación do


mapa, tomando como referencia as situacións típicas de primavera, verán, outono e inverno
(determinando a estación do ano). A modo de conclusión sinalaranse as causas e consecuencias
do tipo de tempo representado:

 Entre as causas pódense indicar as masas de aire, as


altas e baixas presións sinaladas no mapa, cun resume do exposto anteriormente.

 As consecuencias seán as relativas a


temperaturas e precipitacións, facendo unha previsión do tempo para as seguintes
horas.

Finalmente deberase facer referencia á relación da situación atmosférica que reflicte o


mapa cos climas de España.

(Nota: Procura non realizar afirmacións categóricas na túa redacción)

Xeografía de España Bloque 3: A diversidade climática e a vexetación

You might also like