You are on page 1of 3

ORIENTACIÓNS PARA AS FAMILIAS

NO PERIODO DE CONFINAMENTO
Estas semanas de confinamento representan para
todos uns momentos de moita preocupación polos
nenos e nenas e polas súas familias. Sabemos o
importante que é o proceso académico, que a
maioría das familias están levando a cabo con moita
entrega e disciplina.

Pero enfrentámonos todos a unha situación


descoñecida que nos fai sentir medo, frustración,
ansiedade, incertidumbre… polo que é moi
importante xestionar ben esas emocións. Para
facelo dun xeito adecuado, pais e nais debemos ter
en conta que os nenas e nenas aprenden o que ven,
é dicir, que a forma en que os adultos xestionamos
esas emocións sírvenlle de modelo.
QUÉ DEBEMOS FACER

AS NAIS E OS PAIS
1. Darlle a información adecuada á súa idade, a que poidan
comprender e asimilar e transmitirle a seguridade,
tranquilidade e confianza en que imos a ter fortaleza para
superar estas dificultades .
2. Falar de cómo nos sentimos nós e de cómo se sinten eles.
Algúns nenos sentirán nerviosismo, outros preocupación,
outros medo a contaxiarse, outros tristeza, outros
frustración…Son emocións naturais .
3. Buscar a forma de canalizar esas emocións con estratexias
que den calma e axuden a pensar con optimismo. Verbalizar
o que sinten, expresalo con debuxos e poñer en práctica
técnicas de relaxación poden ser unhas actividades para facer
nun momento do día todos xuntos.
4. Evitar ser sobreprotectores porque é un momento no que é
fundamental que desenrolen as capacidades emocionais,
fundamentalmente a fortaleza.
5. Traballar a responsabilidade, sendo cada día máis
autónomos, responsabilizándose das súas tarefas individuais
e participando das común. As tarefas da casa pódense facer
entre todos, según a idade e posibilidades de cada un,
establecendo uns horarios e rutinas.
6. Desenvolver a perseverancia, para acadar uns obxectivos
hai que esforzarse nas tarefas que levamos a cabo. Esto
axudará a fortalecer o seu carácter e a mellorar a súa
autoestima.
7. Ensinarlles a fixarse no positivo desta situación, poden estar
máis tempo na casa, compartir mais tempo de xogo cos
irmáns, estar moito tempo xuntos toda a familia…
8. Fomentar hábitos saudables de hixiene e coidado para
evitar contaxios, de alimentación e tamén o exercicio físico
que permita esta situación.

Son momentos difíciles pero é unha oportunidade para


traballar os valores, para ensinarlles a afrontar os
problemas do mundo adulto, para traballar as emocións e
para potenciar a saúde física e mental dos nosos nenos e
nenas.

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
As familias que o necesiten poden poñerse
en contacto nesta dirección
chuscarrera@edu.xunta.es

You might also like