You are on page 1of 2

Tema 2.

Equilibrio Químico

Exercicios do Química General, Petrucci, Harwood e Herring, Prentice Hall (2006). Cap.
16

1. Determina Kc para a reacción:


½ N2(g) + ½ O2(g) + ½ Br2(g)  NOBr(g)
a partir da seguinte información a 298 K.
2 NO(g)  N2(g) + O2(g)Kc = 2.1  1030
NO(g) +½ Br2(g)  NOBr(g) Kc = 1.4

2. Unha mestura en equilibrio a 1000 K contén 0,276 mol de H 2, 0,276 mol de CO2, 0,224 mol
de CO, e 0,224 mol de H2O.
CO2(g) + H2(g)  CO(g) + H2O(g)
a) Demostra que para esta reacción Kc é independente do volume de reacción, V.
b) Determina os valores de Kc and Kp.

3. Introdúcese unha mostra de NH4HS(s) nun matraz de 2,58 L que contén 0,100 mol de
NH3(g). ¿Cál será a presión total do gas cando se acade o equilibrio a 25 C?

NH4HS(s)  NH3(g) + H2S(g)


Kp = 0.108 at 25 C

4. Se se comenza con 0,280 mol de SbCl3 e 0,160 mol de Cl2, ¿cántos moles de SbCl5, SbCl3, e
Cl2 haberá cando se teña acadado o equilibrio a 248 C nun matraz de 2,50 L?
SbCl5(g)  SbCl3(g) + Cl2(g)
Kc = 2.5  10-2 a 248 C

5. Para a seguinte reacción, Kc = 2,00 a 1000 C.


2 COF2(g)  CO2(g) + CF4(g)
Se 5,00 L dunha mestura contén 0,145 mol de COF 2, 0,262 mol de CO2, e 0,074 mol de CF4 a
unha temperatura de 1000 C,
a) ¿Estará a mestura en equilibrio?
b) Se os gases non están en equilibrio, ¿en qué sentido terá lugar o cambio neto?
c) ¿Cántos moles de cada gas hai no equilibrio?

6. Explicar cál é o efecto de cada un dos seguintes factores na cantidade de H 2 presente na


mestura de equilibrio para a reacción:
3 Fe(s) + 4 H2O(g)  Fe3O4(s) + 4 H2(g)
H = -150 kJ
a) Elevar a temperatura da mestura
b) Introducir máis H2O(g)
c) Duplicar o volume do recipiente que contén a mestura
d) Engadir un catalizador adecuado

7. No equilibrio a 25 C para a reacción:

1
N2O4(g)  2 NO2(g)
Kc = 4,61  10-3. Se [NO2] = 0,0236 M nun matraz de 2,26 L, ¿ cántos gramos de N 2O4 hai
tamén presentes?

8. Engádese cadmio metálico a 0,350 L dunha disolución acuosa con [Cr 3+] = 1,00 M. ¿Cáles
serán as concentracións das especies iónicas no equilibrio? ¿Cál é a masa mínima do metal
cadmio necesaria para acadar o equilibrio?
2 Cr3+(aq) +Cd(s)  2 Cr2+(aq) + Cd2+(aq)
Kc = 0,288

9. Encérranse nun recipiente de 1,41 L CO, H 2O, e H2 en cantidades de 1,00 g cada un, e
deixase que acaden o equilibrio a 600 K. ¿Cántos gramos de CO 2 haberá na mestura en
equilibrio?
CO(g) + H2O(g)  CO2(g) + H2(g)
Kc = 23,2

10. Introdúcense nun matraz de 1,75 L, no que previamente se fixo vacío, CO e Cl 2, en


cantidades de 1,00 mol cada un, e establécese o seguinte equilibrio, a 668 K:
CO(g) + Cl2(g)  COCl2(g)
Kp = 22,5
Para este equilibrio calcula (a) a presión parcial do COCl 2(g); (b) a presión total.

You might also like