You are on page 1of 14

TEMA 6 : UN MUNDODDE CIDADES RESUMO E ACTIVIDADES

TEMA 6: UN MUNDO DE CIDADES

CONCEPTO DE ESPAZO URBANO

O espazo urbano é o territorio que ten densidades de poboación superiores aos 150 habitantes por km² e
en que predominan os usos artificiais do solo, como as vivendas, as infraestruturas de transporte, as
fábricas, os almacéns, os comercios, etc. Nun mesmo espazo urbano pode haber máis dunha cidade.

CONCEPTO DE CIDADE

A cidade é un tipo de localidade que se encontra no espazo urbano.

- Para definir unha cidade debemos atender a dous criterios principais:
· Cuantitativo: número de habitantes. En España considérase cidade toda poboación que supere os 10.000
habitantes.
· Cualitativo: actividades económicas dos seus habitantes, que serían as pertencentes ao sector secundario
e terciario.
Unha cidade é un núcleo de poboación de máis de 10.000 habitantes, caracterizado por unha alta
densidade de edificación e de poboación, os habitantes da cal se dedican principalmente a actividades dos
sectores secundario e terciario; e posúen trazos sociais específicos como a diversidade social, as estruturas
familiares abertas e as relacións impersoais.

FUNCIÓNS DA CIDADE

As cidades poden especializarse nunha función ou desenvolver varias á vez:

• A función residencial é a máis importante. Pero, ademais,cumpren outras funcións:
– Comercial: a escala tanto local como internacional.
– Industrial
– Político-administrativa, orientada á xestión da propia cidade, a través do Concello, ou á xestión de
espazos máis amplos dunhaprovincia, dunha rexión ou dun Estado.
- Cultural: cun marcado interese histórico-artístico, centro universitario, museos, teatros...
- Turística: cando ten atractivos naturais, paias, culturais….
- Relixiosa: caso de ciudades como A Meca, Xerusalén, Roma, Santiago de Compostela……

ESTRUCTURA INTERNA DA CIDADE

As funcións non se distribúen de forma homoxénea no espazo urbano podemos distinguir zonas segundo
a súa función principal:
BARRIOS RESIDENCIAIS:predominio de edificios de vivendas e servizos básicos: escolas, comercios de
alimentación, farmacias..
ÁREAS COMERCIAIS: : bancos, despachos e estudios profesionais, hoteis, restaurantes… Nalgúns
casos, este centro de negocios foise trasladando cara ó ensanche ou cara ás grandes avenidas
externas do casco histórico.
O CENTRO ou CBC (Central Business District): 0nde se concentran os principais bancos, despachosde
avogados, asesres, comercios exclusivos... e as institucións más importantes da cidade, como o concello.
ZONAS DEDICADAS AO TRANSPORTE: estacións de autobuses, ferrocarril, aeroportos
POLÍGONOS INDUSTRIAIS DE DE SERVIZOS:na periferia das cidades con boas conexións a estradas e
autoestradas.
OUTRAS ZONAS: educativas, culturais, , como campus universitarios, , museos, áreas hospitalarias.
Páxina 1 de 14
TEMA 6 : UN MUNDODDE CIDADES RESUMO E ACTIVIDADES

• Nas cidades europeas adóitanse distinguir tres zonas segundo a súa evolución ao longo da historia:
– O centro histórico ou zona antiga, que é o espazo que ocupaba a cidade antes do gran crecemento
urbano que provocou a Revolución Industrial.
– Os barrios dos ensanches, que xurdiron no século XIX arredor de amplas avenidas arboradas de nova
creación; os bulevares, trazados a partir da cidade antiga.
– A periferia ou zona suburbana, que é o anel edificado máis exterior da cidade e a súa zona de
crecemento na actualidade.

ORGANIZACIÓN DO ESPAZO URBANO

O espazo urbano presenta tres zonas: a cidade central, o espazo periurbano e a área rururbana.
- CIDADE CENTRAL: é a localidade central dun espazo urbano, nela se concentran a maioría dos servizos (
hospitais, universidades, comercios especializados, despachos de avogados, bancos...), as vivendas e as
institucións.
- ESPAZO PERIURBANO: é un anel amplo arredor da cidade central, coa que pode formar un área
metropolitana. As localidades do espazo periurbano poden ter concello propio, pero presentan unha forte
dependencia da cidade central.
- ÁREA RURURBANA: territorio que rodea o espazo periurbano. É una zona que, sendo rurais, manteñen
actividades e modos de vida urbanos.
- CIDADE DIFUSA: é aquela que tendo un espazo urbanizado non continúo,nin compacto, senón que hai
espazos rurais intercalados entre espazos urbanos.
- ÁREA METROPOLITANA: formada por unha cidade principal e outros núcleos urbanos menores
comunicados entre si.
- CONURBACIÓN: fórmase cando varias cidades ou áreas metropolitanas próximas se unen nun só
conxunto urbano, aínda que cada unha mantén a súa independencia administrativa.
- MEGALÓPOLES: compostas por varias conurbacións formando espazos urbanos moi extensos. Un
exemplo sería a da costa atlántica dos Estados Unidos, desde Boston a Washington.

PLANO URBANO E TIPOS DE PLANOS

O PLANO URBANO é unha representación esquemática da cidade ou de parte dela. No plano plásmanse a
escala a rede viaria, os edificios, , zonas verdes, zonas verdes non urbanizadas…. Na lenda recóllense os
símbolos que aparecen no plano e o seu significado.
Nunha localidade podemos observar diferentes TIPOS DE PLANOS:
 PLANO IRREGULAR: As rúas, a miúdo estreitas e sinuosas, non seguen unha orde nin manteñen a
mesma anchura en todo o seu percorrido. Os edificios presentan tamaños diferentes. O
crecemento non foi planificado, . Propio do centro de cidades musulmáns e antigas .
 PLANO REGULAR: As rúas son rectas e os edificios agrúpanse en mazás, dando o aspecto dun xogo
de damas; por iso tamén se chama plano en cuadricula, ortogonal ou en dameiro. Os edificios
presentan similitudes no tamaño e forma. É típico de zonas urbanas máis recentes que foron
planificadas (plan urbanístico), podémolo atopar nos ensanches (ex. Ensanche de Barcelona)
 PLANO RADIOCÉNTRICO: as rúas parten dun punto central, normalmente unha praza. Ar rúas
importantes circunvalan ese espazo central. A disposición das rúas e edificios pode ser regular ou
irregular. . É típico do centro das cidades medievais.
O PROCESO DE URBANIZACIÓN

Páxina 2 de 14
TEMA 6 : UN MUNDODDE CIDADES RESUMO E ACTIVIDADES
Urbanización. É o proceso que consiste na progresiva concentración da poboación, das actividades
económicas e das innovacións máis destacadas nas cidades. Pódense diferenciar varias etapas:
preindustrial, industrial e postindustrial.

Nos dous últimos séculos, o crecemento urbano foi espectacular. En 1800, só o 3 % da poboación mundial
vivía en cidades; en 1950, facíao o 30 %; e en 2008, máis do 50 %, uns 3.300 millóns de habitantes. Por iso
se fala de explosión urbana.
O crecemento das cidades explícase porque son centros de actividade económica e, como tales, ofrecen
máis oportunidades de emprego. Ademais, contan cunha maior cantidade e variedade de servizos e estes
son máis especializados.
Este fenómeno deuse en épocas diferentes e por diversos motivos segundo os países.
• Nos países desenvolvidos produciuse no século XIX e a primeira metade do XX, debido á revolución
industrial e á masiva emigración do campo á cidade (éxodo rural) para traballar nas fábricas.
• Nos países menos desenvolvidos comezou século XX, a partir de 1950. Neste caso, os campesiños
emigraban para fuxir da miseria, pero as cidades non contaban con empregos, vivendas nin servizos
suficientes.
Na actualidade, os países desenvolvidos son os máis urbanizados: o 75 % da poboación habita en cidades.
Non obstante, a taxa de crecemento urbano é máis alta nos países menos desenvolvidos.
A maioría das cidades son de tamaño mediano e pequeno, con menos de 500.000 habitantes. Pero nas
últimas décadas aumentou o número de aglomeracións urbanas que teñen 10 millóns ou máis de
habitantes. Son as chamadas cidades xigantes ou MEGACIDADES

A REDE URBANA MUNDIAL

As cidades mundiais ou globais

Denomínase así ás cidades máis ricas nas que se toman as decisión máis importantes. Estas cidades
concentran:
• A maioría das sedes das multinacionais, das grandes empresas industriais e de servizos.
• Os principais mercados e bolsas mundiais.
• A maioría das sedes das organizacións políticas e económicas internacionais.
• As sedes de empresas de medios de comunicación principais no mundo.
• Os aeroportos con maior tráfico do planeta.
Nova York, París, Toquio, Londres e Hong Kong, son as principais cidades mundiais ou globais., Singapura,
Sydney, Beijing (Pequín), Xanghai, Milán e Madrid desempeñan esas funcións,
pero nun grao inferior ás anteriores.
As cidades son os centros políticos, económicos, culturais e de comunicacións de extensas zonas. Ademais,
as cidades relaciónanse entre si e forman unha rede urbana xerarquizada; é dicir, existe unha orde de
importancia das cidades en función da nfluencia que cada unha exerce sobre as demais.
Na rede urbana mundial distínguense:
• Metrópoles mundiais. Son cidades principais dun Estado ou dunha rexión cuxa influencia vai máis alá do
seu propio país.
Este é o caso de Nova York, Toquio ou Londres. Nelas teñen a súa sede institucións internacionais, as
principais bolsas de valores, as grandes empresas multinacionais, etc.
• Metrópoles nacionais. Son as capitais dos Estados e as cidades que exercen unha influencia sobre o
territorio do seu país. Acollen os servizos máis especializados, como os órganos de goberno e de
administración do Estado e as sedes das grandes empresas. Normalmente, cada país ten unha ou dúas
metrópoles nacionais.

Páxina 3 de 14
TEMA 6 : UN MUNDODDE CIDADES RESUMO E ACTIVIDADES
• Metrópoles rexionais. Son as cidades cuxa área de influencia é unha rexión do seu país. Máis pequenas
ca as metrópoles nacionais, ofrecen servizos menos especializados.
• Cidades máis pequenas. A súa influencia limítase a un territorio pouco extenso.

OS PROBLEMAS DAS CIDADES

A segregación socio-espacial
Nas cidades europeas, as persoas máis adiñeiradas habitan nas áreas residenciais da periferia ou nos centros
históricos que foron rehabilitados. Os grupos sociais máis humildes viven nas peores vivendas dos centros non
rehabilitados ou en barrios situados na periferia, que están masificados e que presentan carencias de
equipamentos e mais de infraestruturas.
Nas cidades norteamericanas, as persoas con ingresos altos prefiren vivir na periferia, en casas unifamiliares que
se estenden ao longo de largas avenidas e xunto ás principais vías de comunicación. Os barrios situados arredor do
centro, degradados, foron ocupados polas minorías étnicas, dando lugar a guetos. Nos últimos tempos, non
obstante, algunas persoas de nivel económico alto instaláronse en zonas luxosas do centro.
Nas cidades dos países menos desenvolvidos, a poboación máis pobre constrúe chabolas con materiais de refugo
nos barrios degradados do centro e, sobre todo, na periferia, dando lugar a extensos barrios que reciben diversos
nomes segundo os países: favelas, ranchos, vilas-miseria, bidonvilles, etc.

Os grandes retos das cidades.

 CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA provocada pola concentración de gases de efecto invernadoiro
procedente de coches, calefaccións e industrias que usan carburantes fósiles.
A contaminación atmosférica contribúe ao quecemento global, ao impedir que a calor do sol poida saír
ao espazo, producindo un efecto similar a un invernadoiro.
Ademais, a contaminación atmosférica contribúe a crear un microclima urbano “illa de calor”, que
eleva a temperatura das cidades. Isto tamén se debe aos materiais construtivos, á altura dos edificios e
á falta de vexetación.
 PROBLEMAS DE TRÁFICO. O denso tráfico das cidades obriga a amplos investimentos na rede de
transporte, implica unha perda de chans importante, xera atascos, accidentes de tráfico, gran consumo
enerxético, contaminación,....
 XESTIÓN DOS RESIDUOS é outro problema urbano debido á xeración de enormes cantidades dos
mesmos que requiren vertedoiros controlados, plantas de reciclaxe e compostaxe,...
As incineradoras, nos países desenvolvidos, contaminan o aire, e os vertedoiros ilegais, abundantes nos
países menos desenvolvidos, contaminan chan, aire e auga.
 MARXINALIDADE. Nas cidades créanse bolsas de marxinalidade, ao separar ás clases sociais por barrios
debido ás variacións no prezo do chan e a vivenda entre unhas zonas e outras da cidade debido á
especulación inmobiliaria e dependendo da calidade dos edificios, servizos na zona, transporte, zonas
verdes,... A poboación máis pobre concéntrase en barrios periféricos de chabolas ou favelas sen
servizos, onde crece a delincuencia.
 ABASTECEMENTO É OUTRO PROBLEMA DAS CIDADES.

As cidades necesitan abastecerse de recursos, grandes cantidades de auga, alimentos e enerxía, e

orixinan gran cantidade de residuos. O problema é especialmente grave nos países menos
desenvolvidos. Hai barrios sen redes de auga, sen sumidoiros, sen medios de evacuar o lixo e sen
electricidade. Os residuos humanos e industriais van parar aos ríos.
Tamén os enormes gastos que xera a xestión da cidade (infraestruturas) e a falta de planificación do
crecemento urbano.
Contaminación acústica debido ao ruído dos vehículos, das fábricas, da maquinaria ou dos locais
comerciais e de ocio.
O desenvolvemento do racismo e a segregación doutras culturas tamén é un problema urbano.
Por último, cabe mencionar os problemas de delincuencia e de marxinación social de certos grupos.

Páxina 4 de 14
TEMA 6 : UN MUNDODDE CIDADES RESUMO E ACTIVIDADES
AS CIDADES ESPAÑOLAS .O PROCESO DE URBANIZACIÓN

Ata mediados do século XX, a maioría da poboación española vivía en núcleos rurais, é dicir, de menos de
10.000 habitantes.
Pero, a partir desa data, o crecemento da industria e dos servizos, así como a introdución de melloras
técnicas nas actividades agrarias, orixinou un grande éxodo rural.
As cidades tiveron que acondicionarse para acoller esa importante poboación rural e dotarse dos recursos
necesarios. Así, demoléronse ou rehabilitáronse edificios antigos, xurdiron barrios na periferia, creáronse
polígonos industriais e aumentaron as actividades de servizos.
Na actualidade, unhas tres cuartas partes da poboación é urbana. As principais cidades son: Madrid, a
capital do Estado, con máis de tres millóns de habitantes, e Barcelona, que supera o millón e medio.
Séguenas Valencia, Sevilla, Zaragoza e Málaga, todas elas con máis de 550.000 habitantes. Só estas seis
cidades acollen o 17 % da poboación do país. O resto da poboación urbana vive en cidades de mediano ou
pequeno tamaño.
A XERARQUÍA URBANA ESPAÑOLA

En España, a rede urbana está formada por:

As cidades españolas forman unha rede que se relaciona coa rede urbana mundial.
Só Madrid e, en menor medida, Barcelona realizan as funcións propias das cidades mundiais son cidades
globais.
En España distínguense seis rangos urbanos:
• As áreas metropolitanas de Madrid e Barcelona, que constitúen metrópoles altamente globalizadas.
Están conectadas cos principais centros económicos mundiais e nelas encóntrase o sector terciario máis
avanzado.
• As grandes cidades nacionais, que teñen tamén unha gran proxección internacional. Son Valencia, Bilbao,
Zaragoza, Sevilla e Málaga.
• Os centros urbanos rexionais, que adoitan superar os 300.000 habitantes, como Alacant, Murcia, Vigo,
Santiago de Compostela, Oviedo, Valladolid, Donostia- San Sebastián, Palama, Stª Cruz d eTenerife ou Cádiz
etc.
• As cidades medias e outras capitais de provincia. Son núcleos de entre 50.000 e 300.000 habitantes, por
exemplo:Xixón e Vitoria-Gasteiz.
• As cidades pequenas, cun ámbito de influencia máis reducido e entre 25.000 e 50.000 habitantes.
• As cabeceiras comarcais, localidades máis pequenas que abastecen de servizos básicos as súas comarcas.
A XESTIÓN DAS CIDADES ESPAÑOLAS
Cada cidade está gobernada por un concello, formado por un alcalde e varios concelleiros. As funcións
principais do concello son: distribuír o orzamento segundo as necesidades da cidade, reducir os problemas
urbanos e elaborar o Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) para planificar o crecemento da cidade.

ACTIVIDAES

1. Di como teñen que ser estes aspectos para que un núcleo de poboación sexa considerado
unha cidade.
• Número de habitantes en España.:.…………………………………………………..……………………..

Páxina 5 de 14
TEMA 6 : UN MUNDODDE CIDADES RESUMO E ACTIVIDADES
• Densidade de poboación e de edificación:………………………………………………….……………
• Actividades económicas:…………………………………………………………………………………..
• Aspecto externo ou paisaxe:………………………………………………………………………………….
• Área de influencia:……………………………………………………………………………………………..
2. Observa as seguinte fotografías e responde.

Describe o que ves en cada imaxe.

A:……………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………
………………………………………………………………………………………………………………………………….……...........................
B: ……………………………………………………………………………………………………………………………………….........................
…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………...........
• Que función principal dirías que cumpren? Por que?
A:……………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………
………………………………………………………………………………………………………………………………….……...........................
B: ……………………………………………………………………………………………………………………………………….........................
…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………...........
3. As cidades concentran diferentes funcións (– Comercial– Industrial– Político-administrativa-
Cultural- Turística –Relixiosa). Indica cal ou cales (máximo 3) son as funcións principais polas que
destacan as seguintes cidades:
Exemplo: Santiago de Compostela: Relixioxa (lugar de peregrinación, Universitaria, Político Administrativa
(Capital galega, Sede do Goberno da Xunta de Galicia)
MADRID:..................................................................................................................................................
.......................................................................................................................................................................
........................................................................................................................................................................
GRANADA:...........................................................................................................................................................
.................................................................................................................................................................
BENIDOR:.............................................................................................................................................................
.................................................................................................................................................................
SALAMANCA:.......................................................................................................................................................
.........................................................................................................................................................................M
ALLORCA:.............................................................................................................................................................
..............................................................................................................................................................

4. A cidade de Ferrol que función cres que desempeña. Explica cada una delas .
...................................................................................................................................................................
Páxina 6 de 14

....................................................................................................................................................................
5. Do espazo urbano que forman as cidades de Narón, Neda, Ferrol, Fene.
a) Cal pode ser considerada cidade central?. ..............................................
b) Que servizos (detallar) se concentran nela para considerala cidade central?. (exemplo: hospitais
como a Residencia, Hospital Xeral)
....................................................................................................................................................................
....................................................................................................................................................................
....................................................................................................................................................................
....................................................................................................................................................................
....................................................................................................................................................................
..................................................................................................................................................
c) Ten influenza sobre outros concellos (diferentes a os mencionados no apartado a). Cales?
....................................................................................................................................................................
....................................................................................................................................................................

6. Di se esta imaxe representa un crecemento urbano difuso e explica por que.

………………………………………………………………………………

………………………………………………………………………………

………………………………………………………………………………

………………………………………………………………………………

………………………………………………………………………………

7. Describe o plano de Valencia (páxina 6).

• Sobreo plano. Colorea:
– En vermello, a parte que consideres o centrohistórico da cidade.
– En amarelo, a zona do ensanche.
– En verde, a periferia.
• Como son as rúas no centro urbano? Marca.
Sinuosas e estreitas Rectas e máis anchas
• Como son as rúas no ensanche? Marca.

Páxina 7 de 14
TEMA 6 : UN MUNDODDE CIDADES RESUMO E ACTIVIDADES
Sinuosas e estreitas Rectas e máis anchas
• Como é o plano no centro e no ensanche?Une.
 Centro histórico - Plano regular
 Ensanche - Plano irregular
Analiza a estrutura interna da cidade.
• En que área da cidade se localizan os principais monumentos? e Cales son ese monumentos?
...................................................................................................................................................................
...................................................................................................................................................................
• Que funcións dirías que cumpre o centro urbano? Marca.
Comercial e de ocio Política
Industrial Turística
• Que función principal cres que ten a zona do ensanche? Por que?
...................................................................................................................................................................
...................................................................................................................................................................
...................................................................................................................................................................
• Que funcións destacarías na periferia urbana? Por que?
...................................................................................................................................................................
...................................................................................................................................................................
...................................................................................................................................................................
• Escribe o nome dunha rúa que faga referencia a un personaxe destacado. Se sabes por que destacou,
indícao.
...................................................................................................................................................................
Identifica cada imaxe coa zona urbana a que corresponde.

Páxina 8 de 14
TEMA 6 : UN MUNDODDE CIDADES RESUMO E ACTIVIDADES

8. Relaciona cada concepto coa súa definición:

Páxina 9 de 14
TEMA 6 : UN MUNDODDE CIDADES RESUMO E ACTIVIDADES
ÉXODO RURA—CIDADE-- POBOACIÓN URBANA-- EXPLOSIÓN URBANA.
Crecemento acelerado da poboación que habita en cidades nos séculos XIX E XX: ……………………………….
Desprazamento masivo da poboación desde as áreas rurais ás cidades:……………………………………….
Poboación que habita en cidades:……………………………………
Núcleo con 10.000 habitantes ou máis (en España):…………………………………………..
9. Escribe V (verdadeiro) ou F (falso).

 75 % da poboación mundial vive en cidades.

 Os países desenvolvidos están máis urbanizados.

 Na actualidade, a poboación urbana aumenta máis nos países desenvolvidos.

 A maioría das cidades son grandes.

 Nos dous últimos séculos, o crecemento urbano foi espectacular, por iso se fala de «explosión
urbana».

 Hoxe en día, os países desenvolvidos son os máis urbanizados.

 A taxa de crecemento urbano é máis alta nos países desenvolvidos.

10. En que países comezou o proceso de urbanización: nos países desenvolvidos ou nos menos
desenvolvidos?
En cales crece hoxe máis a poboación urbana? Por que?

11. Observa os MAPAS 1, 2 e 3 e responde.

A. En que continente é menor a poboación urbana?..............................................................................
B. Como son os seus países, pouco ou moi desenvolvidos?....................................................................
C. En que continentes é maior a poboación urbana?..............................................................................
D. Que habitantes ten unha megacidade?................................................................................................
E. En que continente hai máis megacidades?.............................................................................................
F. Hai algunha en Europa occidental?........................................................................................................
G. Cales son actualmente os países máis urbanizados?.................................................................................
.......................................................................................................................................................
H. En cales crece hoxe máis a poboación urbana?........................................................................................
.......................................................................................................................................................
I. Que son as megacidades? Cita as tres maiores. ................................................................................
.......................................................................................................................................................
.......................................................................................................................................................
J. Tres países moi urbanizados:................................................................................................................

K. Tres países pouco urbanizados:..............................................................................................................

Páxina 10 de 14
TEMA 6 : UN MUNDODDE CIDADES RESUMO E ACTIVIDADES

12. Observa o MAPA 2. e coloca cada megacidade no seu continente.

EUROPA AMÉRICA ASIA ÁFRICA OCEANÍA

Cantas megacidades hai?.........................................

En que continente hai máis megacidades?................................................
Por que cres que en África apenas hai cidades con máis de 10 millóns de habitantes?
............................................................................................................................................................
...........................................................................................................................................................
13. Marca cales son os trazos fundamentais das cidades globais ou mundiais.
 Nelas concéntranse:
 As grandes universidades e centros de ensinanza.
 Os gobernos.
 A maioría das sedes das grandes multinacionais, das grandes empresas industriais e de servizos.
 Os principais mercados e bolsas mundiais.
 Os rañaceos máis altos do mundo.
 A maioría das sedes das organizacións internacionais.
 Os restaurantes máis coñecidos.
 Os centros comerciais máis populares.
 As sedes das empresas máis importantes de medios de comunicación.
 Os aeroportos con maior tráfico do mundo.
 Os principais centros de investigación científica.

14. Observa as imaxes e responde.

 Que problemas urbanos poñen de manifesto as imaxes? E indica como algunas solucións.

A ............................................................................................................................................................
...........................................................................................................................................................
............................................................................................................................................................

Páxina 11 de 14
TEMA 6 : UN MUNDODDE CIDADES RESUMO E ACTIVIDADES

B ...........................................................................................................................................................
............................................................................................................................................................
...........................................................................................................................................................
15. Que outros problemas teñen as cidades actuais?

16. Completa o seguinte diagrama sobre os problemas das cidades españolas coas palabras que
aparecen ao comezo do exercicio
Abandono Traballo Tamaño
Acústica Marxinalidade Tensión
Atmosférica Movementos Tráfico
Fame Poucos Verdes
Densidade Rehabilitación
Eliminación Servizos

1. Problemas ambientais.
- Contaminación _________________.
- Contaminación _________________.
- ______________ dos residuos.
2. Problemas urbanísticos.
- Excesivo ____________ de persoas e bens.
- _____________ da casa.
3. Deterioración dos centros históricos.
- ____________ de casas danadas.
- Concentración da poboación con _____________ recursos.
- _________________ permite recuperar estes centros.
4. Problemas sociais.
- _____________ da poboación.
- Intensidade de _____________.
- Pequena ____________ das casas.
- Falta de espazos ______________.
- ____________ conxestión e infraestruturas.
- ___________ condicións que conducen a:
o Depresión
o Aumento de _________
o Estrés
o Situacións de _____________ e pobreza.

17. Responde as preguntas.

• Ata cando a poboación española foi maioritariamente rural?................................................................

• Canta poboación é urbana actualmente?............................................................................

• En España, cantos habitantes ten que ter un núcleo de poboación para ser considerado unha cidade?

................................................................................

Páxina 12 de 14
TEMA 6 : UN MUNDODDE CIDADES RESUMO E ACTIVIDADES

( MAPAS 4 e 5)

18. Que provincias españolas teñen unha maior proporción de poboación urbana? Por que?

a) Cita as metrópoles nacionais e área de influencia.

b) Cita tres metrópoles rexionais. Cal é a súa área de influencia?

c) Enumera tres metrópoles subrexionais.

d) Vives nunha cidade? Identifícala no mapa? Que lugar ocupa na rede urbana?

19. Completa este outro cadro cos eixes das cidades españolas:

EIXES URBANOS EN CIDADES CENTRO

ESPAÑA
Corredor atlántico-
Litoral galego

Vasco- Eixe del Ebro

Central

Catalán

Litoral mediterráneo_
Levantino
Eixe andaluz

Asturiano
Balear
Canario

20. Finalmente responde:

a) Onde están as cidades máis importantes no interior peninsular o na costa? A que cres que se debe?

b) Cal é a cidade máis importante do interior

c) Que territorios permanecen fora destes subsistemas? Que implica?

Páxina 13 de 14
TEMA 6 : UN MUNDODDE CIDADES RESUMO E ACTIVIDADES
Repasa o aprendido

1. Que densidade de poboación se considera que debe ter un espazo para ser urbano?
a. Máis de 100 hab./km2.
b. Máis de 125 hab./km2.
c. Máis de 150 hab./km2.
2. 2 Que distingue unha cidade doutro tipo de localidades?
a. O seu elevado número de habitantes, o predominio dos usos artificiais do solo e encontrarse próxima ás
vías de comunicación.
b. O seu elevado número de habitantes, o predominio dos usos artificiais do solo e un estatuto
administrativo de cidade.
c. A baixa densidade de edificación, o elevado número dos seus habitantes e a variedade de usos do solo.
3. 3 Que é o centro histórico dunha cidade?
a. O espazo en que se desenvolveu a cidade no seu pasado (antes da etapa industrial nas cidades europeas)
e desde o que foi crecendo.
b. A zona onde se concentran as institucións máis importantes da cidade.
c. A zona máis envellecida da cidade.
4. 4 Que diferencia o espazo periurbano da área rururbana?
a. Que conforma unha área metropolitana.
b. Que conforma unha área suburbana.
c. Que rodea a cidade central, coa que pode formar unha área metropolitana.
5. 5 Que é unha cidade difusa?
a. É unha localidade situada no espazo rural.
b. Aquela que ten un espazo urbanizado que non é continuo nin compacto.
c. É unha zona rural que parece unha cidade.
6. 6 O proceso de urbanización é maior actualmente nos países…
a. Europeos.
b. Desenvolvidos.
c. Menos desenvolvidos.
7. 7 Que é unha cidade global?
a. Unha aglomeración urbana con máis de 10 millóns de habitantes.
b. Aquela en que se toman decisión e se desenvolven actividades que teñen repercusións en gran parte do
planeta.
c. Unha cidade moi grande.
8. 8 As principais cidades globais son…
a. Nova York, Madrid, París e Sydney.
b. Nova York, Londres, Madrid e Nova Delhi.
c. Nova York, Londres, París e Toquio.
9. 9 Cales son algúns dos grandes retos das ciudades actualmente?
a. A contaminación atmosférica, o tráfico e a perda de biodiversidade.
b. A contaminación atmosférica, o tráfico, a xestión dos residuos e a aparición de bolsas de marxinalidade.
c. O tráfico, o abastecemento de recursos (auga, alimentos…) e a perda de biodiversidade.
10. 10 A xerarquía urbana española está formada por…
a. Dúas cidades globais (Madrid e Bilbao), una serie de cidades rexionais e núcleos de tamaño medio e
pequeno.
b. Dúas cidades globais, cinco cidades nacionais e unha serie de cidades rexionais.
c. Dúas cidades globais, cinco cidades nacionais, e unha serie de cidades rexionais e de ciudades de tamaño
medio e pequeno.

Páxina 14 de 14

You might also like