You are on page 1of 31

Curso 2019-20 Tema 18

O Franquismo

Jose Ramon Perez Calvelo


IES DE VILALONGA (SANXENXO)
Tema : Franquismo.
Índice.
0. Introdución. ..................................................................................................................................... 3
1. Características básicas. ....................................................................................................................... 3
1.2. Bases ideolóxicas ......................................................................................................................... 4
Exército. .......................................................................................................................................... 4
FET de las JONS. ............................................................................................................................ 5
Igrexa. ............................................................................................................................................. 5
Elite económica e social.................................................................................................................. 6
As "Familias" do Franquismo. ........................................................................................................ 6
1.3. As Leis Fundamentais do Franquismo.......................................................................................... 7
Lei Consultiva a Cortes en 1942. ..................................................................................................... 7
“Fuero de los Españoles” ou Foro dos Españois en 1945. ............................................................. 8
Lei de Referendo Nacional en 1945. ............................................................................................... 8
Lei de Sucesión en 1947. ................................................................................................................. 8
Lei de Principios do Movemento en 1958. ..................................................................................... 9
Lei Orgánica do Estado en 1966. ..................................................................................................... 9
A Democracia Orgánica. ..................................................................................................................... 9
2. EVOLUCIÓN POLÍTICA E ECONÓMICA. .............................................................................................. 10
2. 1. A Primeira Etapa: 1939-1959. Dende a Autarquía o aperturismo. ........................................... 10
A política exterior durante esta fase............................................................................................. 11
A situación económica: da Autarquía ós comezos da liberalización da economía....................... 13
2.2. A Segunda Etapa : 1959-1973. O desenvolvemento económico e o inmobilismo político. . 14
O cambio social. ............................................................................................................................ 16
Inmobilismo Político. ........................................................................................................................ 18
2.3. A Terceira Etapa: 1973-1975. A agonía do Franquismo........................................................ 19
3. Exilio, represión e oposición. ............................................................................................................ 21
3.1. Represión. .................................................................................................................................. 21
3.2.OPOSICIÓN Ó RÉXIME. ................................................................................................................ 22
3.2.1. Oposición Interior. .............................................................................................................. 22
3.2.2. Oposición Exterior. ........................................................................................................ 26
HE Franquismo.

Termos de Selectividade. ...................................................................................................................... 29


Contubernio de Munich. ................................................................................................................... 29
FET das XONS. ................................................................................................................................... 29
Lei para a reforma política. ............................................................................................................... 29
Nacional-catolicismo. ........................................................................................................................ 29
Plan de Estabilización. ....................................................................................................................... 30
Plataxunta. ........................................................................................................................................ 30
Sección Femenina. ............................................................................................................................ 30
Sindicato vertical. .............................................................................................................................. 30

2
0. Introdución.
O triunfo dos sublevados en 1936 permitiu o establecemento dun réxime ditatorial: o
franquismo, que adoita considerarse unha longa etapa da historia de España caracterizada pola
falta de liberdades e pola dura represión contra os disidentes, que foron eliminados ou tiveron
que exiliarse. As opinións e liberdades estaban controladas por unha estrita censura para
eliminar calquera discrepancia.
Esta situación comezou a modificarse lentamente a partires dos anos setenta, nos que
se produce certo aperturismo, que estaba centrado no desenvolvemento económico, pero que
non planeaba cambios políticos nin ideolóxicos dentro do sistema. O franquismo mantívose
sen modificar os seus postulados básicos case todo o tempo. Teremos que esperar ata a morte
de Franco para poder ver certos cambios reais na política nacional.

1. Características básicas.
O Franquismo considerase un réxime político baseado nunha ditadura, que estaba
personalizada en Francisco Franco Bahamonde. Este réxime foi un goberno personalista,
autoritario e sustentado inicialmente polo exército, e logo polas “Familias do Franquismo”.
Este foi evolucionando co tempo, pero mantivo certa coherencia e estabilidade en certos puntos
básicos: o principal Franco.
Nos primeiros anos do Réxime Franquista seguiu unha tendencia na que favorecía a
influencia Falanxista, debido a influencia e a admiración de Franco pola Italia Fascista e a
Alemaña Nazi. Estes foron moi importantes xa que foron un dos baluartes internacionais dos
sublevados durante a Guerra Civil. Pero xa a finais do ano 1944, debido a caída en desgracia
das potencias do Eixe na II Guerra Mundial, o Réxime Franquista foi abandonando a
preeminencia falanxista para adaptarse ó novo contexto internacional, e así aumentar as súas
posibilidades de supervivencia. Mantivo moitas das súas ideas fundamentais, pero intentou
arredarse dos contactos con Alemaña Nazi e a Italia de Mussolini. Tras isto aumento o peso do
Nacional-Catolicismo e dos ideas de loita contra os comunistas, nun contexto de Guerra Fría
da que saíu beneficiado.
Francisco Franco foi un ditador carismático que concentrou nas súas mans un enorme
poder, do que so respondía, segundo as súas propias palabras, "ante Deus e a historia". Para
iso xogou co uso dos medios de comunicación, na que os defensores do réxime exaltaron e
mitificaron a figura do Caudillo, identificándoo como un heroe que salvou a España dos
grandes males da humanidade. Chegouse a identificar a Franco cunha persoa providencial, que
"salvou a España dos males do marxismo, o anarquismo e dos males provocados polos
masóns". Isto acabase reducindo a unha das frases máis coñecidas do Franquismo: "Francisco
Franco, Caudillo de España pola graza de Deus", que aparecía nas moedas da época.
HE Franquismo.

Isto acabou levando a creación de toda unha simboloxía na que me mestura o concepto
de respecto, admiración e culto a figura do ditador. Pódese ver un caso particular, xa que Franco
tiña unha posición preponderante dentro da Igrexa Católica, debido a toda esa simboloxía.
Intentouse vinculalo cun destino divino e mensaxeiro de Deus. Un bo exemplo diso é que en
diferentes cerimonias relixiosas ía baixo un palio1, dándolle ese carácter sacrosanto.
Isto acabou sendo parte desa simboloxía, que o vinculaba co grupo de ideoloxía católica
e conservadora, que favorecía a creación dun estado con carácter confesional, e que defendía
mediante a relixión a creación dun Estado unitario, centralista e cun gran preso da simboloxía
relixiosa. Moitos consideran que o Franquismo intentaba dar un paso cara atrás, vinculándose
co Antigo Réxime.
Para manterse no poder exerceu unha continua e sistemática represión contra a
oposición: suprimindo gran parte das liberdades e dereitos fundamentais como os de
manifestación, opinión ou reunión. Creou un Novo Estado no que os españois quedaban
sometidos a unhas leis moi restritivas, nas que limitaba as garantías xurídicas e podían ser
suprimidas no caso dunha convocatoria de estado de excepción.

1.2. Bases ideolóxicas


O Franquismo non se define como un Réxime que teña unha ideoloxía política e social
unificada, senón que é a suma de toda unha serie de compoñentes e institucións fundamentais
que van evolucionando ó longo do Franquismo, pero sempre mantendo certos elementos clave.
Franco serviuse disto para poder manterse no poder, xa que o apoio ós membros dunha ou
outros ideoloxía para poder reforzar a súa posición. El actuaba como a figura dun mediador e
garantía de estabilidade do Réxime. Esta habilidade política de Franco permitiulle non so
conservar o poder, senón aínda máis agrandar a súa influencia entre as diferentes ideoloxías
fundadoras do alzamento.
Exército.
O exército foi a columna vertebral do Réxime, xa que os militares eran fieis ó seu
Xeneralísimo, e Franco sempre lles outorgou toda unha serie de privilexios e beneficios durante
o seu goberno. Os militares gozaron dunha posición prioritaria dentro do Réxime e chegaron a
ocuparse de moitas das tarefas de goberno durante todo o franquismo. Pero non sé pode dicir
que os militares foran un grupo homoxéneo, xa que dentro deles podemos ver varias tendencias:
os monárquicos, que aspiraban a restablecer unha monarquía; os coloniais, que aspiraban a ter
unha posición preponderante nas colonias, e que se viron prexudicados pola descolonización
(Marrocos en 1956, Guinea en 1969, e Sáhara Occidental en 1975); os inconformistas pola
falta de modernización do exército; e incluso un pequeno grupo que aspiraba a volver a un

1 Reservado so as figuras máis importantes dos cristianismo e as imaxes relixiosas de Santos, a Virxe
María ou Xesús.

4
HE Franquismo.

sistema democrático (so visibles a finais da ditadura). Eles eran o grupo máis leal a Franco, e
poucas veces foron un problema para o ditador.
FET de las JONS.
Os falanxistas quedaron subordinados ó Caudillo polo decreto de unificación de 1937,
que os vinculaba cos Carlistas, e permitía a creación da FET das JONS. O seu ideario político
e ideolóxico foi clave para a formación do Réxime, o control da sociedade e o equilibrio de
poder entre as diferentes "familias do Franquismo".
Unha das peculiaridades da Falanxe, e que comezou a perder peso debido a dous
motivos. O primeiro vai ser a saída de Serrano Suñer do goberno en 1942, como consecuencia
do contexto internacional, xa que os fascismos comezaban a perder a II Guerra Mundial. Pero
quen era este personaxe, e porque é tan importante. Debería explicar que foi o líder de Falanxe
tras a morte de José Antonio Primo de Rivera, e tiña moita afinidade coa Alemaña Nazi e a
Italia Fascista. No ano 1942 considerase o cambio na II Guerra Mundial e foi cando as
potencias do Eixo daban mostras de debilidade. Iso fixo necesario apartarse un pouco deles.
O segundo motivo desa perda de poder foi a derrota definitiva tras 1945 dos partidos
fascistas e nazis. A guerra estaba perdida para Alemaña e Italia, as vinculacións con eles podían
levar a España a ser illada das asociación internacionais polo seu ideario profascista. Tras unha
situación internacional complicada para todo aquel que apoiara ós nazis e os fascistas, Franco
decidiu reducir o peso da Falanxe dentro do Réxime; pero iso non implica que perdera a súa
influencia que conservou a través do sindicato a Secretaria Xeral do Movemento e as súas
organización (Xuventudes, Sección Feminina, etc.). Digamolo así cambioulle o nome, para
facerlle unha limpeza de cara.
Igrexa.
O peso da Igrexa dentro do Novo Estado Franquista foi moi importante e fundamental
durante todo a súa existencia. A Igrexa Católica identificouse co bando sublevado dende a
Guerra Civil, xa que os sublevados defendían unha España tradicional e de base católica.
Franco como líder dos sublevados era una persoa defendeu esa posición dende o comezo do
conflito, xa que era moi devoto. A elite relixiosa, tanto española como no Vaticano, bendixo e
lexitimou o alzamento en 1936 e durante toda a ditadura.
Para conseguir o seu apoio Franco deixou en mans da Igrexa Católica a educación e o
control moral e relixiosos da sociedade. Iso acabou provocando problemas cos Falanxistas,
pero alí estaba franco para mediar e conseguir favores de ambas partes. A alianza entre o Estado
Franquista e a Igrexa católica levou o nacemento do nacional-catolicismo2, que se define como
unha ideoloxía unificadora e hexemónica do novo estado.

2
Termo de ABAU.

5
HE Franquismo.

Elite económica e social.


Os sublevados contaron dende os primeiro momento co apoio de importantes membros
da elite económica e social do país: empresarios, comerciantes, terratenentes, homes de
negocios e pequenos e medianos propietarios. Todos eles defendían unha tendencia
conservadora e oposta as reformas da II República, e sobre todo opostas os movementos de
tipo socialista, comunistas ou nacionalistas.

As "Familias" do Franquismo.
O Réxime de Franco foi un enorme conglomerado de diferentes ideoloxías, que moitas
veces teñen pouca relación entre eles. Moitas das institucións, asociacións ou corporación que
apoiaron o alzamento so coincidían na oposición ó liberalismo, á democracia, ó nacionalismo
periférico, ó socialismo e ó comunismo. Pero había moitas máis cousas que o separaban, como
a nova concepción do Estado que debía instaurarse tras a vitoria, o que enfrontou a todas estas
tendencias durante gran parte da Ditadura de Franco. Todas estas ideoloxías constituíron o que
se coñece co nome de "Familias do Réxime". Franco aproveitou a situación, e as rivalidades,
para exercer a posición de árbitro do poder, manter un equilibrio político e nomear a diferentes
persoas para reforzar o seu concepto de líder.
As familias con máis importancia durante a evolución do franquista foron, das que xa
falamos antes: os militares, os falanxista, os católicos e a oligarquía. Pero estes foron
evolucionando, e creando novos grupos tras a vitoria na Guerra Civil. Por iso podemos dicir
que as familias do franquismo creceron e chegaron a ser as seguintes:
• os militares, que ocuparon os ministerios castrenses e os de orde pública.
• os falanxista, que controlaron en diferentes momentos o ámbito social, vivenda, traballo
e o control do sindicato vertical.
• os católicos e os membros do Opus Dei 3 , que tiveron importancia en Educación e
Economía.
• os monárquicos4 que xogaron un peso destacado nas relacións internacionais.
• os tecnócratas5, que o final acabaron controlando a economía e industria; etc.

3
Estes son un grupo relixioso dentro da Igrexa Católica que chegou a ter un enorme peso dentro do Franquismo,
e que chegou a constituír a súa propia familia dentro do sistema.
4
Estes defendía a volta a unha monarquía trala ditadura de Franco, que vían como un mero receptor da soberanía
ata a chegada dun novo monarca.
5
Este formaban parte dun grupo de persoas que pretendían un avance tecnolóxico de España, propiamente a
entrada da industrialización moderna de posguerra, e poder poñer o país a niveis dun desenvolvemento económico
parecido os países europeos. Moitos deles formaban parte do Opus Dei.

6
HE Franquismo.

1.3. As Leis Fundamentais do Franquismo.


O Franquismo para poder lexitimar a súa posición e organizar a estrutura do novo
estado foi formulando toda unha serie de leis, que organicen a vida e a estrutura de poder,
dentro destas podemos ver. Sen estas non podemos entender a evolución do franquismo nin a
súa realidade.

“Fuero del Trabajo” ou Foro do Traballo en 1938


O Foro do Traballo ou “Fuero del Trabajo” foi a primeira das leis fundamentais, que
apareceu no goberno de Franco. Regulou as relación laborais entre os traballadores e os
empresarios e estableceu os principios do nacionalsindicalismo de corrente falanxista. Esta
estaba inspirada no “Carta di Lavoro” de Mussolini. O seu obxectivo era intentar implantar a
ideoloxía falanxista dentro do novo réxime que saíu do alzamento. Durante todo este período,
intentou plasmar a idea dun sistema de traballo que pretendían negar a concepción dunha loita
de clases propia do movemento marxista ou anarquista. Este establecía que como non era
necesario unha loita de clases Réxime de Franco, non sería necesario a creación dunha
lexislación laboral ou dunha reforma como a da II República. Estes mantiñan que as
reivindicación obreira estaría incluída dentro do propio sistema, que defendía ós traballadores
e os empresarios. Isto levou a prohibición das folgas e de calquera sindicato, salvo a excepción
de FET das XONS.

Lei Consultiva a Cortes en 1942.


A Lei Constitutiva de Cortes ou “Ley de Creación das Cortes Españolas” foi elaborada
en 1942. As Cortes foron un intento de manifestar a creación dunha institución que representará
a toda a sociedade española dentro do Réxime. As Cortes estarían formadas por unha Asemblea
sen poder lexislativo, e na que o seu poder estaba supeditado a vontade do Xefe de Estado (o
Caudillo). Realmente as Cortes eran unha asemblea de carácter sen ningún poder, e os seus
membros, denominados procuradores, eran elixidos directamente polo ditador ou polas
institucións dos Réxime (sindicato vertical, as cámaras de comercio, os municipios, as cabezas
de familia, etc.).
No caso das primeiras Cortes vese a seguinte estrutura:
Dos 424 escanos distribuíanse do seguinte xeito:
• 126 foron asignados a membros do Consello Nacional de Falanxe
• 141 a funcionarios da Organización Sindical, tamén falanxistas.
• 102 a alcaldes das cidades máis importantes, todos os ministros do goberno, presidentes
das institucións estatais máis importantes, tales como o Tribunal Supremo e reitores de
todas as universidades.
• Representantes das organizacións profesionais (50 designados persoalmente polo
caudillo).

7
HE Franquismo.

Os procuradores representaban as elites do Réxime: membros do Consello Nacional do


Movemento, do Sindicato Vertical, alcaldes das cidades máis importantes, reitores
universitarios, membros da FET de las JONS, etc. O modelo de representación foi denominado
como “Democracia Orgánica”, xa que intentaba organizar o sistema como unha democracia,
no que cada órgano fundamental estaba representado dunha forma ou doutra. Esta
denominación era un intento de diferenciala dos sistemas democráticos parlamentarios, que o
Réxime desprezaba, e das democracias socialistas-comunistas.

“Fuero de los Españoles” ou Foro dos Españois en 1945.


“Foro dos Españois” ou Fuero de los Españoles foi elaborado e aprobado polas Cortes
do Réxime en 1945, e consistiu nunha táboa de dereitos e deberes que deben ter tódolos
españois. Este estaba condicionado por unha serie de puntos como a submisión a Ditadura e
pola unidade espiritual de España. Tras a derrota das potencias do Eixo, e dos fascismos, Franco
intentou ofrecer unha visión aperturista cara o exterior, que lle permitiría perpetuarse no poder
durante todo o tempo posible. Isto levoulle a reforzar a idea da “Democracia Orgánica”,
considerando o Réxime como unha nova forma de representación popular que se exerce fora
do sufraxio universal.

Lei de Referendo Nacional en 1945.


A Lei de Referendo ou “Ley de Referendum” foi promulgada en 1945, para potenciar
esa idea de aperturismo e intentar potenciar a Democracia Orgánica. Mediante esta lei Franco
podía someter a Referendo os proxectos de lei aprobados nas Cortes, sempre que o ditador o
considerase oportuno. Pero iso trato no seguinte punto.

Lei de Sucesión en 1947.


Lei de Sucesión ou “Ley de Sucesión a la Jefatura del Estado” foi aprobada en 1947
por medio do referendo a nación. Nesta lei establecíase a monarquía como forma de goberno,
e na que Franco sería o Xefe de Estado de forma vitalicia, ou ata que el se retirará
voluntariamente. Sorprendentemente conseguiu unha votación na que participaron segundo as
fontes oficiais un 88% da poboación española, e conseguiu un apoio do 93% a favor de Franco.
Nela definíase a España como un "Estado católico, social e representativo que, de
acordo coa súa tradición, quedaba constituída como un Reino". A lei establecía a condición de
que Franco sería considerábao Xefe de Estado cun carácter vitalicio, e dáballe o dereito a elixir
o seu sucesor neste cargo ou futuro rei. Para isto creouse o “Consello do Reino”, que daría
asistencia e consello ó ditador na designación da persoa que ocuparía o cargo: propoñendo toda
unha serie de candidatos para a designación do xefe do goberno. Pero sería Franco quen tería
a ultima palabra no asunto.

8
HE Franquismo.

Lei de Principios do Movemento en 1958.


Lei de Principios do Movemento ou “Ley de Principios del Movimiento” que foi
aprobada en 1958. Esta estableceu as bases sobre as que se sustentaba o Réxime: a familia, a
patria e a relixión. Ademais de proclamar o obrigado cumprimento de respecto polas Leis
Fundamentais.

Lei Orgánica do Estado en 1966.


Lei Orgánica do Estado foi promulgada en 1966 nun intento de adaptar toda a
lexislación previa e organizar unha nova etapa do Franquismo, segundo os principios da
Democracia Orgánica.
A Democracia Orgánica.
Xa mencionamos ese termo antes, pero agora o que hai que facer e definilo ben. A
Democracia Orgánica foi a denominación que lle deu Franco ó seu novo Estado, baseada nun
Estado Corporativo no que o Estado marcaba as formas de participación dos españois a través
de tres canles: a familia, o municipio e o sindicato. Este sistema baseouse en tres leis
fundamentais: Fuero del Trabajo, Constitutiva de Cortes e Fuero de los Españoles.
En principio, o sistema de Democracia Orgánica oponse a unha Democracia
Parlamentaria, ou Democracia Inorgánica, que se baseaba nun sistema de partidos políticos e
na liberdade de reunión, asociación e expresión. Nesta sistema a poboación non elixe os seus
representantes, senón que hai unha serie de persoas que representan a cidadanía e son elixidos
polo Réxime.
As Cortes era un órgano superior de representación e de participación do pobo español
nas tarefas do Estado dentro da Democracia Orgánica; pero controlada polo Xefe de Estado, o
Caudillo. Os procuradores, ou membros das Cortes, eran elixidos: uns polas condicións do seu
cargo dentro do Réxime, outro polo sindicato e as entidades locais, e o resto elixidos polo Xefe
de Estado.
Pero isto evolucionou debido a Lei Orgánica de 1966 na que as Cortes estaban
divididas en tres grupos dependendo de como foran nomeados: os procuradores do
sindicalismo compoñían o terzo sindical; os de entidades municipais ou o terzo municipal; e
a partir da Lei Orgánica de 1966, incorporábase ás Cortes os representantes elixidos polas
cabezas de familia, o chamado terzo familiar.
A estrutura do Réxime complétase cun organigrama organizado por provincias, en que
o goberno nomea para cada provincia os gobernadores militares e civís. Estes mantiñan a
xefatura provincial do Movemento e controlaban e nomeaban ós alcaldes dos concellos, que
exercían a súa función como xefes locais do Movemento.

9
HE Franquismo.

Para consolidar todo o sistema existía tamén unha estrutura militar que se establecía
completábase co nomeamento dos Capitáns Xenerais, que tiñan o control de amplas zonas da
Península.
Pero o máis importante, que da nome a esta sistema político. O Réxime consideraba
que o seu modelo de Estado era como un corpo humano, onde cada parte do sistema era un
órgano que permitía funcionar ós demais. A cabeza de todo isto e cerebro era Franco, que rexía
o corpo do Estado.

2. EVOLUCIÓN POLÍTICA E ECONÓMICA.


2. 1. A Primeira Etapa: 1939-1959. Dende a Autarquía o aperturismo.
Durante esta primeira etapa Podemos ver como o Réxime vaise manifestar por medio
do illamento en política exterior e pola Autarquía Económica. Todo ven como consecuencia
das relacións que mantivo o Réxime co Nazismo Alemán e o Fascismo Italiano durante a
Guerra Civil e a II Guerra Mundial.
Mentres as potencias do Eixo triunfaban na II Guerra Mundial, o franquismo imitaba
ós réximes fascistas. Coa Lei de Reorganización da Administración Central do Estado de
agosto de 1939, ponse en mans do xeneral Franco non só o mando supremo do exército co
título de Xeneralísimo, senón tamén a totalidade do poder político, lexislativo e executivo como
Xefe de Estado e de Goberno. Franco ostenta a xefatura absoluta nun réxime de partido único,
que asume a exaltación da unidade nacional, a tradición, o catolicismo e a loita contra os
considerados inimigos do Estado: o separatismo das rexións, o liberalismo e o comunismo.
Este en esencia é un sistema totalitario xa que o Estado intenta controlar os diversos
aspectos da vida cidadá. A falta dunha Constitución, a ditadura foi elaborando sucesivas leis
orgánicas, que xa vimos, que permitiron a institucionalización progresiva do réxime franquista:
1. O Foro do Traballo (1938), que regulamentaba o mundo laboral, prohibía o sindicalismo
de clase e outorgaba o monopolio das relacións laborais á Organización Sindical de
Falanxe (Sindicato Vertical) e establecía o control estatal sobre as condicións de traballo.
2. Lei de Cortes (1942). Establecía unha cámara elixida por sufraxio indirecto polas
corporacións e polo propio Franco. A función básica destas Cortes era a de deliberar sobre
os borradores das leis, seguindo as instrucións do ditador e aprobalas, case sempre por
unanimidade. As Cortes non representaban en absoluto a soberanía nacional, porque
ademais o Caudillo conservaba plena potestade lexislativa.
3. O Fuero de los Españoles (1945). Tivo como obxectivo básico maquillar a imaxe
autoritaria do réxime nun intre no que rematada a II Guerra Mundial, as potencias iniciaban
o illamento da ditadura franquista. É unha táboa de dereitos e deberes, a xeito de Carta
Outorgada; quedaban rexistrados na lei pero non estaban garantidos na práctica.

10
HE Franquismo.

A partir de 1942 cando o desenvolvemento da guerra favorece ós aliados e, sobre todo


dende o fin da II Guerra Mundial, o Réxime de Franco procura desfacerse de elementos
fascistas visibles, buscando fórmulas propias para xustificar e definir a ditadura persoal. Para
iso Franco decide unha serie de cambios: supresión do saúdo fascista do brazo en alto, e os
falanxistas, que foron os que formaron os primeiros gobernos, comparten o poder con outras
familias do réxime (monárquicos, católicos). Ó mesmo tempo, preténdese renovar a imaxe do
réxime cara ó exterior con medidas como o Foro dos Españois, xa citado.

A política exterior durante esta fase.


A política exterior deste período estivo totalmente determinada pola II Guerra Mundial
e as súas consecuencias. Xa que ós poucos meses de rematada a Guerra Civil española,
comezou a II Guerra Mundial. A invasión de Polonia polos Alemáns no 1 de setembro de 1939
provoca o estoupido do conflito, e foi o xerme dunha das máis sanguinarias guerras na que se
involucrou Europa no s. XX. A entrada de Italia o ano seguinte, en xuño de 1940, na contenda
ó lado de Alemaña provocou unha serie de consecuencias para España.
Estes feitos colocaban ó goberno español diante dunha situación difícil porque ámbolos
dous países, empuxan ó goberno de Franco na procura de apoio, como compensación da axuda
que prestaran na Guerra Civil. Sen embargo, España decidiu declararse neutral, pero esta
situación vai cambiar cando se producen as grandes vitorias dos países do Eixo no 1940. Nese
momento España decidiu adoptar unha política diferente: pasando da neutralidade á non
belixerancia. Esta situación permitíalle a Franco non participar directamente na guerra, pero
si manter unha política de amizade e colaboración coas potencias do Eixo. Así Franco llo
comunicou directamente a Hitler na entrevista que mantiveron ambos o 23 de outubro de 1940
en Hendaya, para analizar as posibilidades de que España entrara como aliada do Eixo.
Alemaña quería que España entrara na Guerra para poder contar con novas bases estratéxica
para atacar ós aliados, e poder contar con tódolos recursos que podían subministrar a península:
Pero Franco pedía demasiado para chegar a involucrarse directamente na Guerra. Sinceramente
creo que Franco pedía demasiado para ter unha escusa, e non meterse na II Guerra Mundial.
Cando en xuño do 1941 Alemaña invade a URSS, país considerado polo franquismo
como a súa antítese ideolóxica, organízase axiña unha participación máis activa. Franco
permite a creación dunha nova cruzada contra o comunismo e permite a creación dun corpo de
voluntarios para loitar contra a Unión Soviética. Esta conxunto de tropas que se enviou ó fronte
ruso coñecese como a División Azul.
Esta División Azul, que recibe o nome pola cor da indumentaria falanxista, xa que
moitos dos voluntarios eran falanxistas, contou con todo o apoio do Réxime. Esta foi mandada
polos xenerais Agustín Muñoz Grandes e Esteban Infantes, e quedou integrada no exército
alemán como a División 250. Pola División Azul pasaron uns 60.000 homes entre os que había
dende fanáticos anticomunistas ata militares de carreira e aventureiros. Pero tamén participaron
toda unha serie de persoas para facer unha limpeza ideolóxica dentro do Réxime, e purgar os

11
HE Franquismo.

seu “pecados” republicanos, xa que se ías ala perdoaban toda unha serie de delitos políticos.
Esta foi un corpo de exército que tivo case 5.000 mortos, 2.000 mutilados e varios centos de
prisioneiros. Pero curiosamente contou con loas por parte dos seus mandos alemáns, e foi unha
das forzas de voluntarios máis valoradas.
Pero chegou o ano 1943, no que as vitorias aliadas eran moi evidentes. Franco decidiu
abandonar a política de non belixerancia, e retorna á de estrita neutralidade. Finalmente en
decembro de 1943 a División Azul foi retirada da fronte rusa e regresa a España. Unha desas
cousas curiosas foi que non todos volveron a España, xa que uns 1.800 homes permaneceron
voluntariamente nas forzas nazis formando a Lexión Española ata marzo de 1944. Deses,
moitos deles falanxistas, permaneceron co exército alemán ata o remate da guerra incluídos nas
SS e defenderon Berlín ata o final.
A vitoria dos aliados sobre Alemaña, Italia e Xapón, desencadeou unha forte oposición
internacional contra todos os sistemas políticos que manifestaran algún tipo de apoio ou
identificación cos vencidos. O sistema político español sufriu entre 1946 e 1948 os embates
desta oposición.
Na Conferencia de Postdam (1945) Stalin, lider da URSS, tentou provocar
militarmente a caída do réxime franquista, pero o desgaste militar freou esa idea nos aliados.
Pero os gobernos de EE.UU., Gran Bretaña e Francia rexeitan a lexitimidade do goberno
español de Franco. Iso levou a que España non fora aceptada na ONU, argumentando que era
un Réxime de carácter ditatorial, e recoméndase ós países membros das Nación Unidas, que
racharan as relacións diplomáticas con Madrid.
Os anos seguintes foron de continua ofensiva internacional, na que España foi
expulsada de numerosos organismos internacionais. Franco unicamente podía contar con
Portugal, os sectores católicos de todos os países e con algunhas nacións iberoamericanas,
especialmente Arxentina. Ali o goberno de Perón proporcionaba alimentos a cambio de
produtos industriais ou materias primas.
Pero a partires de 1947 prodúcese un cambio polo inicio da Guerra Fría . A división
do mundo en dous bloques antagónicos: o capitalista occidental, liderado polos EE.UU e o
comunismo soviético, liderado pola URSS. As potencias occidentais consideraban necesario
o apoio de todos os países anticomunistas, incluída España. Iso beneficia a Franco e permítelle
ir abrindo relacións con diferentes países:
➢ 1948: Francia reabre a fronteira e permite o comercio con España.
➢ 1949: comeza a normalización das relacións diplomáticas coas potencias occidentais.
➢ 1950: a ONU levanta o seu veto contra o sistema político español e autoriza ós países
membros a reabrir as relacións diplomáticas con España.
➢ 1951: EE.UU. restablece as relacións diplomáticas co goberno español.
➢ 1951: España ingresa nos organismos internacionais dos que fora excluída como a FAO
(Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación) e a UNESCO

12
HE Franquismo.

(Organización das Nacións Unidas para a Educación a Ciencia e a Cultura), creada en 1946
para fomentar a paz e a seguridade a través da promoción do desenvolvemento educativo e
cultural.
➢ 1953: asínanse acordos entre EE.UU. e España polos que cedía ós americanos o dereito a
instalar bases militares en territorio español (Morón de la Frontera, Rota, Zaragoza e
Torrejón de Ardoz) a cambio de axuda económica e militar.
➢ 1955: España ingresa como membro de pleno dereito da ONU, co apoio decisivo de
EE.UU.

A situación económica: da Autarquía ós comezos da liberalización da economía.


Durante os primeiros anos do Franquismo España atopábase nunha situación
económica penosa, como consecuencia da Guerra Civil. Iso levou a crear unha economía de
Guerra para subministrar recursos para a fronte bélica e descoidar a produción cara os produtos
de uso común ou de interese comercial. Pero o illamento internacional, e o peche de mercados,
salvo os dos países do Eixo, levou a que España tivera que producir todo o necesario dentro
das súas fronteiras. Iso acabou obrigando ó goberno a crear un sistema económico que levou a
Autarquía.
Enténdese por autarquía aquela situación na que unha economía é, ou pretende ser,
autosuficiente respecto ó exterior. Isto supón a orientación de toda a produción interior ó
aproveitamento dos recursos propios, co obxecto de reducir ó máximo o volume de
importacións. Este principio é viable cando o país é o suficientemente extenso e diversificado
para dispoñer dos recursos básicos precisos e da tecnoloxía suficiente para prescindir do
exterior. En España obsérvase doadamente a súa inviabilidade dada a insuficiencia ou carencia
absoluta de produtos como petróleo, caucho, algodón, pasta de papel e abonos, entre outros.
Pero en realidade a política de Autarquía pode considerarse tanto unha imposición polo
illamento dos países aliados, como unha propia necesidade. Xa que España non tiña os
suficientes recursos como para poder comprar esas materias primas nun mercado que estaba
destinando todo a produción de Guerra. Os aliados non nos vendían petróleo polo feito de que
o necesitaban todo para o seu consumo na II Guerra Mundial.
A política económica da posguerra (1939-1950) caracterizouse pola autarquía e a
intervención estatal mediante a protección da produción nacional da competencia exterior,
mentres se deseñaba unha política económica global coa que se pretendía lograr a
autosuficiencia económica.
Na agricultura houbo unha clara caída da produción debido a escaseza de abonos, a
falta de maquinaria agrícola, que non podían chegar polo illacionismo. Iso acentuou a caída
produtividade e levou á redución da superficie cultivada, xa que se abandonaron os chan pouco
fértiles. Isto levou a máis problemas de abastecemento de alimentos básicos. Neste anos de
posguerra a fame e o racionamento prolongáronse, e arrastrando á miseria absoluta a amplos
sectores da poboación.

13
HE Franquismo.

Unha grande parte das existencias foron rigorosamente controladas polo Estado
mediante a política de intervención directa para asegurar o abastecemento das cidades e da
poboación. O goberno racionaba os produtos de uso cotiá (pan, aceite, xabón, tabaco,…)
mediante a cartilla de racionamento, que existiu ata 1953.
Pero no so se racionaron os alimentos básico tamén moitos produtos artesanais e
industrias foron racionados para manter unha economía de autarquía. A produción industrial
tamén sufriu, e teremos que esperar ata finais da década de 1950 para ver un proceso de
recuperación.
Na industria seguiuse unha política intervencionista e de fortes restricións legais ós
investimentos estranxeiros. En setembro de 1941 creouse o INI (Instituto Nacional de
Industria) co que se poñía de manifesto o protagonismo directo do Estado como inversor e
promotor, especialmente nos sectores que esixían fortes investimentos; tamén interviña para
salvar empresas privadas en crise. A dependencia tecnolóxica do exterior dificultou que se
lograra o obxectivo fundamental da política industrial oficial que era a redución drástica das
importacións.
A década dos anos cincuenta supuxo importantes cambios na orientación económica do
réxime. As boas colleitas dos primeiros anos da década dos cincuenta permitiron contar con
excedentes agrícolas e suprimiuse a cartilla de racionamento. A sinatura do acordo hispano
norteamericano no 1953 supuxo a chegada de divisas, materias primas, fontes de enerxía e bens
de equipo, o que se traduciu nun pulo ó proceso industrializador (fundación da Sociedad
Española de Automóviles de Turismo –SEAT vencellada á FIAT italiana, que fabricou o
Biscuter, símbolo da época). A entrada no goberno en 1957 dalgúns técnicos foi modificando
a política autárquica e abrindo a economía ós investimentos estranxeiros.
No medio dunha poboación que pasaba fame e miseria e que estaba nunha situación
desesperada xurdiu o estraperlo ou mercado negro, é dicir, a compra e venda de xeito
fraudulento, de aqueles produtos intervidos pola administración. Os traficantes conseguían
enormes beneficios e os intentos gobernamentais de castigar as súas prácticas, chocaban coas
grandes influencias que tiñan os que practicaban o contrabando e o estraperlo 6nas xerarquías
da Falanxe, da administración ou do exército.
O resultado foi a proliferación de novos ricos cércanos ó poder, adictos ó réxime, que
raramente canalizaba os seus beneficios cara investimentos produtivos.

2.2. A Segunda Etapa : 1959-1973. O desenvolvemento económico e o


inmobilismo político.
Os anos sesenta e comezos dos setenta caracterizáronse por un importante
desenvolvemento económico, pero que sigue mantendo un importante contraste no

6Non confundir co Estraperlo do Bienio Negro, que foi unha cousa diferente. Aínda que si teñen unha
certa relación no termo, son dúas cousas diferentes.

14
HE Franquismo.

inmobilismo político. Esta etapa do franquismo adoita coñecerse co nome de “Desarrollismo”,


que foi levado a cabo por homes da órbita do Opus Dei e políticos cunha sólida formación
técnica, que son coñecidos como tecnócratas. Estes controlaron, baixo a dirección do Caudillo,
os gobernos daquela etapa, e fai que tamén se coñeza como a etapa autoritaria-tecnocrática.
Non significa que os resto das familias desapareceran dos goberno, senón que estes ocupaban
cargos de maior importancia.
O Réxime veu a necesidade de introducir cambios no modelo autárquico, que se
amosaba ineficaz e incapaz de mellorar a situación do país. Isto levou á elaboración dun Plan
de Estabilización en 1959, que significaba a adopción dun novo modelo económico,
caracterizado basicamente pola introdución de medidas liberalizadoras no ámbito económico.
Isto tivo que loitar contra certos sectores do franquismo, representados por Carrero Blanco,
que non acababan de aceptar a renuncia ó vello sistema controlado e autárquico. Franco como
sempre actuaba como mediador, e facendo de arbitro entre ambas posturas. Si é certo que
Franco non aceptaba a liberalización en asuntos relacionados coa política e as liberdades.
O Plan de Estabilización de 1959 tiña como obxectivos básicos a mellora de economía
e o aumento da produción. Par iso levou a cabo toda unha serie de medidas como: a
flexibilidade da economía mediante a liberalización de prezos, a supresión do intervencionismo
estatal, o restablecemento da libre competencia e o reaxuste da política laboral, vencellando o
aumento salarial ó aumento da produtividade. No sector exterior liberalizáronse os
intercambios comerciais e os investimentos estranxeiros.
O logro máis importante do Plan de Estabilización foi sentar as bases para principiar
o forte crecemento da década dos sesenta e o abandono definitivo do modelo autárquico. Entre
1960 e 1973 España viviu unha fase de desenvolvemento, de transformación profunda e un
desenvolvemento espectacular, só superado neste período por Xapón.
O Estado organizou a economía inspirándose na experiencia francesa coñecida como
“planificación indicativa”, que consistía en fixar unha serie de obxectivos para catro anos, de
obrigado cumprimento para o sector público e orientacións indicativas para a iniciativa privada.
Por isto, a partir de 1960, a normativa en materia económica recóllese nos Plans de
Desenvolvemento. Laureano López Rodó, comisario do Plan de Desenvolvemento, foi
elaborando e facendo seguimento dos sucesivos Plans de Desenvolvemento ou “Planos de
Desarrollo” ata 1975.
Os Plans foron tres: 1964-66, 1969-72, 1972-75. Todos centraron a súa atención
preferentemente no desenvolvemento da industria, sector económico que se consideraba
esencial para acadar o crecemento económico. Foron creadas grandes industrias, algunhas
novas e outras a partir das xa existentes e mediante os Polos de Desenvolvemento intentáronse
corrixir as diferenzas rexionais potenciando novas industrias con medidas favorables como
exencións fiscais, terreo industrial barato, subvencións para a instalación, etc. Localizábanse

15
HE Franquismo.

xunto a cidades importantes que non dispoñían de implantación industrial destacable


(Valladolid, Zaragoza, Sevilla, Granada, Córdoba, Vigo, A Coruña, Burgos, etc.).
Non hai que esquecer que foron anos dunha grande prosperidade xeral en Europa e que
este feito activou de xeito positivo a economía española:
➢ sector industrial experimentou un espectacular crecemento, especialmente a siderurxia e
a industria do automóbil (o SEAT 600 converteuse nun símbolo da sociedade de consumo).
En Valladolid instalouse FASA-RENAULT que tamén fabricou modelos populares (o R-4
ou “catro latas”), e en Vigo CITROËN en 1958 (o “dous cabalos”). Tamén se potenciou a
produción hidroeléctrica a partir da construción de encoros, política moi visible dentro da
simboloxía franquista. Os encoros non so eran para a produción de electricidade, senón que
foron aproveitados para a acumulación de auga destina a rega, e permitiu o
desenvolvemento de amplas zonas de invernadoiros no levante español.
➢ sector agrícola non participou na mesma medida que o industrial do desenvolvemento,
pero si tivo un crecemento significativo, orientado cara a exportación de produtos cara
Europa. No caso da Gandaría aumentou o gando vacún e porcino, pero retrocedeu o lañar.
En xeral foi importante a mecanización e introdución de melloras técnicas agrícolas
(abonos, insecticidas, especialización de produtos…).
➢ Nos restantes sectores económicos existen fortes diferenzas. A construción experimentou
un despegue extraordinario, potenciado moitas veces polo turismo e o crecemento
industrial en torno as cidades. A balanza comercial mantívose negativa pola importación
de abundante material para a industria e pola dependencia tecnolóxica do exterior. O déficit
da balanza de pagos cubriuse grazas a tres recursos:
• Os ingresos procedentes do turismo que acudía masivamente a pasar as súas
vacacións en España.
• Investimentos estranxeiros que, aínda que exportaban parte dos beneficios obtidos,
continuaron regularmente ata o 1973.
• Achegas dos emigrantes que enviaban a maior parte das súas ganancias en Europa
para mantemento das súas familias, o que significaba unha grande cantidade de
divisas engadidas.

O cambio social.
O Réxime non permitiu un aperturismo dentro ámbito das liberdade, pero si levouse a
cabo unha serie de políticas sociais, posibilitado polo crecemento económico e a intentar
conseguir maior apoio social. A transformación económica que experimentou España entre
1960 e 1973 propiciou un fondo cambio na sociedade.
Dentro desta transformación social hai que destacar:

16
HE Franquismo.

Éxodo Rural.
España durante este período experimentou un acelerado despoboamento do agro, cun
éxodo masivo de traballadores cara as cidades e o estranxeiro. Calcúlase que máis dun millón
de traballadores emigraron a países europeos desenvolvidos: Alemaña Federal, Francia, Suíza,
Países Baixos, Gran Bretaña e Bélxica principalmente, onde desenvolvían os empregos que os
traballadores nativos rexeitaban. Este fenómeno encubriu enormes cifras de paro real que
existían en España, pero supuxo, ó final do período, un drama humano de enormes proporcións
para o mundo rural.
Pero ese éxodo rural non so se encamiñaba cara os países ricos, tamén houbo unha
importante emigración cara as zonas industrializadas de España. Iso provocou un enorme
crecemento urbanístico, en moitos casos mal organizados, e que tivo unhas condicións
cuestionables. Os traballadores que emigraron cara as cidades tampouco tiveron moita máis
sorte: miles de familias amoreábanse nos suburbios en poboados improvisados, na procura dun
traballo que non atopaban con facilidade. So a finais do período pode verse unha melloría nesta
poboación, que comeza a desfrutar do desenvolvemento económico.

Aumento da clase media.


Si que foi certo que durante este período aumentaron considerablemente as clases
medias e cambiou o sistema de valores e de conduta aceptados pola maioría da poboación
debido a: influencias estranxeiras a través do turismo e a emigración; a influencia dos medios
de comunicación, radio, prensa e televisión que comeza a popularizarse; e o aumento do
consumo cultural: libros, cinema, revistas, etc. Todo isto permitiu o desenvolvemento dun
grupo de persoas cun poder adquisitivo importante, pero que dependían do crecemento
económico constante.

Aumento da poboación.
Durante esta época, na que naceron moitos dos voso pais, apareceu o que se coñece
como “Baby-boom”: espectacular medre da poboación. Este estivo impulsado en parte pola
política “pronatalista” do Réxime fomentada pola Igrexa Católica e os Tecnócratas do Opus
Dei. Isto obrigou o Réxime a multiplicar o número de escolas e institutos públicos. Isto non so
estaba inspirado en asuntos relixiosos, senón tamén por outras razóns, xa que o
desenvolvemento económico esixía aumentar a formación dos traballadores, e a Igrexa,
tradicionalmente orientada cara ó ensino, non podía cubrir as necesidades.

O aumento da muller no mundo laboral.


Durante todo este período o incremento da poboación activa feminina foi
considerable. Isto debese a demanda de man de obra especializada, xa que nesta época
considerábase que certos traballos so podían ser realizados por mulleres como: limpeza, talleres
de costura, secretarias, coidado de fillos, asistencia domiciliaria, enfermería, etc. Pero tamén é
certo, que moitas mulleres comezaron a ocupar postos, que tradicionalmente eran de homes

17
HE Franquismo.

(médicos, profesores superiores, arquitectos, etc.). Houbo un aperturismo lento, pero


considerable.
Todo isto foi posible gracias o desenvolvemento económico, e o aumento desa clase
media que mencionamos antes, e que demandaba toda unha serie de servizos. En torno a 1970
a porcentaxe de mulleres no mundo laboral ascendía ó 20%, e foi crecendo pouco a pouco.

Mantemento da clase dirixente.


Pero pese a que houbo un avance entre clases populares, e o crecemento das clases
medias, as cousas seguían sendo como sempre. A clase dirixente seguía estando composta
polos grupos financeiros ultracatólicos e conservadores. Estes seguían tendo unha importancia
considerable nas decisións do Réxime e atopábanse cada vez a maior distancia dunha sociedade
evolucionada e allea ós valores da ditadura.

Inmobilismo Político.
Foi certo que o Réxime durante esta etapa evolucionou moito no eido económico e
social, pero non foi o mesmo no aspecto político e de liberdades. Polo cal adoitase recoñecer
que nesta fase houbo un claro continuísmo ou inmobilismo político. Si é certo, que o Réxime
realizou algúns intentos reformistas ou aperturistas, pero con moi pouco calado, e case máis
simbólicos que reais.
O equipo, ou grupo de persoas, que Franco nomea en febreiro de 1957 e pon en marcha
o novo modelo económico, supuxo unha remodelación do poder das estruturas de poder das
Familias do Franquismo. Isto supón a perda definitiva de poder do sector máis ortodoxo da
Falanxe, pero que non desaparece; e o aumento da influencia política de Carrero Blanco e o
seu círculo, no que destaca Laureano López Rodó. Este goberno tratará de dar unha imaxe
moderada de España no estranxeiro.
En maio de 1958 promúlgase a Lei de Principios do Movemento Nacional, que reúne
principios moi xerais, considerados como inmutables e permanentes:
• A unidade de España
• A condición de reino e de país católico.
• Confiaba nas entidades naturais da vida social: familia, municipio e sindicato.
Pero tamén as cousas van evolucionando, e xa no goberno nomeado en xullo de 1962
aporta como novidade a designación dun vicepresidente do goberno con poderes para substituír
a Franco en caso necesario. O cargo recae en Agustín Muñoz Grandes. Como ministro de
Información e Turismo nomean a Manuel Fraga Iribarne que acomete certas reformas como
a Lei de Prensa (1966).
Iso permítenos considerar que dentro do franquismo hai dúas correntes ou dúas posturas
políticas que loitan por facer co control do Réxime, pero sen arredar a Franco do seu poder:

18
HE Franquismo.

• Os aperturistas que queren algunhas reformas políticas para axeitarse á nova situación
económica e social. Estes pretenden un aperturismo para poder entrar en Europa e no seu
mercado comercial.
• Os inmobilistas que non queren cambios políticos, senón só económicos e administrativos.
A corrente inmobilista acaba por imporse, debido a presión das vellas familias do
Réxime, que seguen tendo forza e influencia sobre o Ditador. En setembro de 1967 Carrero
Blanco, membro dos inmobilistas, é nomeado vicepresidente. Este vai a seguir unha política
de arredar os aperturistas de tódolos cargos políticos máis relevantes, e intenta manter a
integridade do Réxime.
En cambio, Franco para contentar a eses aperturistas decide en 1969, nomear ó príncipe
Juán Carlos de Borbón, como sucesor, e futuro rei de España. Isto foi un intento de congraciarse
coa rama monárquica, e fomentar unha nova visión do Réxime arredada do inmobilismo. Juan
Carlos e visto dende o exterior como un intento de aperturismo e democratización da sociedade,
arredando ós máis intransixentes do poder.

2.3. A Terceira Etapa: 1973-1975. A agonía do Franquismo.


Os derradeiros anos do franquismo foron os máis axitados. En contra do agardado, a
prosperidade económica dos anos sesenta non xerou unha maior adhesión ó réxime, senón que,
pola contra, fixo xurdir unha ansia xeral de cambio e de maiores liberdades. A maior
preocupación do entorno de Franco, durante os seus derradeiros anos de réxime, foi tentar
asegurar a continuidade do réxime ditatorial. Fronte a esa idea ergueuse unha crecente
oposición democrática formada pola oposición interna e a oposición externa.
Dentro do réxime produciuse a ruptura entre os “aperturistas” partidarios de reformar
o sistema dende dentro para ir achegándoo progresivamente a un modelo parlamentario; e os
sectores máis “inmobilistas” (búnker) que se organizaron en torno a Fuerza Nueva. Esta era
unha asociación organizada en torno a unha Editorial e Revista, que chegou a crear un partido
político durante a Democracia. Esta estaba dirixida por Blas Piñar. Tamén foi importante a
Hermandad de Excombatientes formada por sectores afíns ós inmobilistas e próximos o
Bunker. Pero non debemos esquecernos dos sectores máis dereitistas da Falanxe encabezados
por José Antonio Girón de Velasco e Raimundo Fernández Cuesta.
No 1973 o almirante Luis Carrero Blanco, que representaba ó inmobilismo en tódolos
os niveis, foi nomeado presidente do goberno. Iso marcaba a vitoria do Búnker sobre os
aperturistas. Pero isto cambio despois do 20 de decembro de 1973, cando Carrero Blanco foi
asasinado nun atentado de ETA (coñecida como Operación Ogro). Este feito afectou
fondamente a Franco por varias razóns: dende o punto de vista político, Carrero Blanco
representaba a continuidade do réxime; e dende o punto de vista persoal representaba a
fidelidade á persoa e á obra de Franco.

19
HE Franquismo.

O clima de crispación posterior ó asasinato de Carrero Blanco foi controlado grazas á


reacción prudente do goberno presidido, de xeito interino, por Torcuato Fernández Miranda
e pola actuación dalgúns altos mandos militares como Díez Alegría, que conseguiron evitar un
golpe de forza que reclamaba a extrema dereita. Xa que houbo moitas mencións a colaboración
de sectores aperturistas ou da oposición na morte de Carrero Blanco.
Tras isto Franco nomeou como presidente do goberno a Carlos Arias Navarro, ata
daquela ministro de Gobernación e non a Fernández Miranda. Arias Navarro, partidario da
“liña dura” e o seu goberno, nomeado en xaneiro de 1974, tivo que tomar as primeiras medidas
tralo impacto da Crise do 737 ou Crise do Petróleo, que provocou un aumento do prezo dos
carburantes e dos produtos de consumo. Tamén tivo que facer fronte a serios problemas de
orde pública e sobre todo ó fin de franquismo. O 12 de febreiro de 1974 presentou nas Cortes
unha serie de reformas, coñecido como o “espírito do 12 de febreiro” para contentar os sectores
sociais máis reivindicativos e gañar tempo. Entre as medidas que tiña estaban: maior liberdade
de prensa, escolla de alcaldes, creación de asociacións políticas, maior liberdade xudicial e
reforma da lei sindical.
Pero eses propósitos aperturistas duraron pouco. Porque Arias Navarro non era
partidario dos cambios, e porque tivo que afrontar a crise económica e unha situación social ás
veces explosiva por unha oposición cada vez máis intensa. Por todo iso volveu a endurecer a
súa actuación e forzou o cese, por petición directa a petición expresa de Franco, dunha serie de
ministros considerados aperturistas, entre os que se atopaba o ministro Pío Cabanillas. A
dimisión, en sinal de solidariedade, do ministro de Facenda, Barrera de Irimo, e altos
funcionarios, como é o caso do presidente do INI, Francisco Fernández Ordóñez, demostraron
a debilidade do goberno. Foi a primeira vez na historia do réxime, no que varios ministros
dimitían por razón de cuestionar as decisión de Franco. Iso amosaba os atrancos no interior do
goberno e primeira quebra ó poder do Ditador. Deste xeito, eliminados os poucos aperturistas,
só quedaban a carón de Franco os máis intransixentes.
A “Revolución dos Caraveis” en Portugal o 25 de abril de 1974, e a caída do réxime
dos coroneis en Grecia en xullo de 1974, deixaba a Franco como o derradeiro resto das
ditaduras en Europa Occidental. Iso daba un mal precedente para a continuidade do Réxime se
Franco morría, e xa comezada a dar mostras de debilidade física.
O ditador Francisco Franco finou o 20 de novembro de 1975, e deixou como derradeiro
escrito o seu testamento político, lido ós españois por televisión, entre bágoas, por Carlos Arias
Navarro. Trátase dunha reiteración das últimas ideas básicas que sostiveron ó Réxime dende

7A Crise do 73 ou Crise do Petróleo ve como consecuencia da Guerra do Yom Kippur entre Israel
contra Israel e Exipto. Nesta caso os países árabes, que apoiaron a Siria e Exipto, negáronse a
subministrar petróleo ós países que axudaran a Israel, iso incluía a Estados Unidos e moitos países de
Europa Occidental. A falta de Petróleo provocou a subida dos combustibles e unha enorme crise
económica a nivel mundial. A nos afectounos especialmente debido a dependencia directa do petróleo
árabe.

20
HE Franquismo.

1936: catolicismo como base do seu ideario, patriotismo ó seu xeito, autoritarismo e
rexeitamento da democracia e do liberalismo.
Con Franco remataba o franquismo e a ditadura máis longa da historia de España. Juán
Carlos I iniciaba o seu reinado anunciando a súa intención de que España debía ser unha
Monarquía parlamentaria. Comeza, deste xeito, un intenso período de cambio e transformación
das institucións do Estado e da lexislación franquista, que remataría coa elaboración e
aprobación da Constitución de 1978 (6-XII-1978). Dando lugar a fase coñecida como
Transición Democrática, que imos ver no seguinte tema.

3. Exilio, represión e oposición.


3.1. Represión.
Unha vez rematada a Guerra Civil o número en 1939 de prisioneiros superaban os
270.000 homes e mulleres, pero a iso temos que engadir máis de medio millóns de recluídos
en campos de concentración entre 1936 e 1947. Se ben é certo que cara 1942 o número de
prisioneiros reduciuse á metade, moitos deles (máis de 140.000 persoas) morreron a causa da
fame, as enfermidades e as execucións. En moitos casos, considerouse que a gran parte dos
presos foron causa de vinganzas, inxustizas e denuncias interesadas, que foron alentadas polas
autoridades franquistas para acrecentar a sensación de medo e poder dos sublevados. Tódalas
causas foron xulgadas por tribunais militares en consellos de guerra, que se rexían polas novas
leis do Estado Franquista, e que empregaban un tipo de xustiza militar sumaria.
A situación dos presos foi moi precaria durante todo o confinamento, pero os que non
foron executados formaron parte de batallóns disciplinarios de traballos como man de obra
barata para as obras públicas ou para empresas privadas8. Os máis afortunados quedaron en
liberdade provisional, e suxeitos a un estrito control das autoridades franquistas. As persoas
que foron sospeitosas de ser republicanas ou con afinidade os movementos de esquerda, ou
outras variantes como comunismo, anarquismo, socialismo, masonería, etc., foron depuradas.
Este tivo especial forza dentro do grupo dos funcionarios, empregados das institucións privadas
e intelectuais. Un dos sectores máis depurado foi o de mestres e profesores, xa que máis dun
30% destes perderon o seu traballo ou foron fusilados. As razón son basicamente ideolóxicas,
pero tamén entra en xogo as rivalidades persoais ou económicas.
A represión serviulle ó Réxime de Franco para manter a división entre os españois, que
se atopaban vixiados, silenciados e converténdose en espías de si mesmos. Para acentuar o seu
poder prohibiu calquera manifestación de nacionalismo periférico: a lingua, as tradicións e os
trazos de identidade propia. A pesares das prohibición, os sentimentos nacionalistas
mantivéronse vivos na ámbito familiar e privado.

8Os sublevados poñían a disposición de certas persoas, a fins ó Réxime, a traballadores para a
realización de traballos especializados ou traballos precarios.

21
HE Franquismo.

Para dar legalidade a todos isto o franquismo valeuse de toda unha serie de leis:
• Lei de Responsabilidades Políticas (Febreiro 1939).
• Lei de Represión de Masonería e do Comunismo (1940).
• Lei de Seguridade do Estado (1941).

3.2.OPOSICIÓN Ó RÉXIME.
3.2.1. Oposición Interior.

Aparición das Guerrillas: os Maquis.


Moitas veces os avances dos sublevados durante a Guerra Civil deixou a partidarios da
República illados, dentro da zona sublevada e detrás da liñas de combate. Xa neses momentos
moitos refuxiáronse nos montes ou en zonas illadas para escapar da persecución dos
“nacionais”. Pero cando comezou a perderse a Guerra Civil, os excombatentes republicanos,
especialmente comunistas e anarquistas, iniciaron unha guerra de guerrilla nas zonas
controladas polos franquistas para intentar continuar co Guerra a espera da entrada da II Guerra
Mundial. Isto recórdanos a idea de Juan Negrín de continuar a guerra de forma desesperada
para conseguir a axuda dos aliados.
Estes foron reforzados durante a II Guerra Mundial, onde os partidos no exilio
comezaron a mobilizarse para comezar unha intervención militar contra Franco, pero que non
acabar de ter bos resultados. Xa avanzada das potencias do Eixo, as forzas republicanas
intentaron facer varios intentos de socavar o poder de Franco. Isto levounos a introducir en
España toda unha serie de partidas de guerrilleiros que invadiron o Val de Arán en 1944, e
que tiñan como obxectivo avanzar cara o sur e destruír ó Réxime. Eles contaban coa idea de
que en España forzas de rebelde fóranse levantado; e que iso obrigaría os aliados a realizar
unha intervención militar e a axudalos. Estas actividades guerrilleiras fixéronse fortes nas zonas
rurais e montañosas, onde conseguiron resistir os ataques do exército e a Garda Civil. Pero non
chegar a supoñer un rival para o poder de Franco, e non conseguiu que os aliados se decidiran
a intervir.
As actividades máis importantes foron entre 1945 e 1947, tralo cal deixaron de contar
de apio internacional. Aínda que en 1952 deixaron de ser un perigo para o Réxime de Franco,
houbo focos de resistencia ata a década de 1970.
As forzas franquistas para poder manter a orde pública, e defender ó Réxime,
desenvolveuse a Lei de Represión do Bandoleirismo e do Terrorismo de 1947, que serviron
para reprimir as guerrillas con todos os medios dispoñibles polo Réxime.

As folgas.
No mundo laboral xunto ós problemas característicos dunha posguerra, houbo que facer
fronte ó desmantelamento das organizacións sindicais. O Sindicato Vertical, creado a partires

22
HE Franquismo.

de FET das XONS, quería garantir a tranquilidade laboral e eliminar os sindicatos de corrente
anarquista e marxista. Eles argumentaban que si había “tranquilidade laboral” non cabía a
protesta obreira e calquera acción reivindicativa era interpretada como un acto de rebeldía
contra o Réxime.

1. O movemento obreiro.
Malia estas circunstancias, en 1946 producíronse as primeiras protestas en Manresa
debido ás malas condicións de vida, de traballo e ós baixos salarios. Aínda que non tiveron eco
na prensa nacional, debido a censura exercida polo Réxime, conseguiron un pequeno efecto
dominó nalgunhas fábricas en Cataluña. Pero que foron rapidamente reprimidas polas forzas
de seguridade e as forzas armadas.
No 1947 produciuse unha importante folga en Bilbao que foi duramente reprimida ó
igual que as que se produciron nos anos seguintes en varios puntos de España. Pero teremos
que esperar ata os anos sesenta para poder ver unha serie de folgas organizadas e que podían
facer fronte a represión. Estas caracterizáronse pola intensificación da oposición que pedía a
restauración do sistema democrático.
A partir dos anos sesenta as accións de protesta son algo cotiá: folgas que reivindican
melloras salariais, redución da xornada laboral…Neste contexto fúndase no 1962 Comisións
Obreiras (CC.OO.), que actuaban na clandestinidade. A táctica defendida por líderes como
Marcelino Camacho ou Julián Ariza, ámbolos dous daquela comunistas, foi introducirse e
aproveitar as estruturas do Sindicato Vertical para poder chegar con máis facilidade ós obreiros.
En 1962-1963 prodúcense os primeiros conflitos laborais serios en Asturias, Cataluña
e o País Vasco. A represión sufrida por líderes, militantes ou simples simpatizantes estimulou
a afiliación e votación nas eleccións sindicais a representantes de CC.OO. e USO, este último
fundado en 1960 en Euskadi e Asturias, por membros procedentes do socialismo histórico e da
J.O.C. (Juventud Obrera Católica). Para controlar a estes líderes e ás masas obreiras, o réxime
puxo en práctica todo tipo de medidas represivas: despidos, multas, creación do temido
Tribunal de Orde Público (TOP)…
A tensión orixinada pola acción dos obreiros levou á declaración do estado de
excepción en toda España en varias ocasións. A partir de 1970, a actuación sindical foi cada
vez máis significativa; e a participación nas eleccións sindicais de 1971 foi seguida
maioritariamente, obtendo CC.OO. numerosos delegados.
Un feito importante dentro da protesta obreira foron os sucesos de Ferrol do 10 de
marzo de 1972, onde como resultado do enfrontamento das forzas da orde pública cunha
manifestación de varios milleiros de persoas. Nesta houbo dous obreiros mortos e máis de vinte
feridos. Todo isto penalizou socialmente o Réxime, que comezou a ver a forza de apoio
popular, e que as cousas quedaban fora do seu control.

23
HE Franquismo.

As manifestacións de protesta polos feitos de Ferrol espalláronse por toda Galicia e na


factoría Citroën de Vigo iniciouse unha folga no mes de setembro que durante vinte días
mantivo á cidade en tensión. Estas folgas, auténticas folgas políticas e revolucionarias
contribuíron poderosamente ó desgaste do réxime.

2. Un reducido sector da intelectualidade.


Basicamente estaba vencellado coa Universidade, denunciaba a falta de lexitimidade
do franquismo e defendían a necesidade de volver a un réxime parlamentario. A resposta do
goberno, que consideraba as protestas como un problema de orde pública, foi sempre unha dura
e intensiva represión dos seus participantes. Entre este leváronse a cabo expedientes
disciplinarios, detencións, peche de universidades, profesores expedientados e apartados das
súas cátedras (Tierno Galván, Aranguren, García Calvo,…). Se foi certo que aquí non houbo
moitas mortes, estas persoas tiveron que vivir en condicións moi pesimas, e algúns tiveron que
optar polo exilio voluntario.

3. A Igrexa Católica.
Non debemos considerar que toda a Igrexa Católica era igual, os xerarcas da Igrexa
Católica e gran parte do clero apoiaban a Franco durante o alzamento, pero había certos sectores
que vían a necesidade de aperturismo e perdón. Nesta institución apréciase un cambio de
actitude de boa parte da xerarquía eclesiástica e de numerosos curas a partires da década de
1960 e 1970.
En 1971, a Asemblea Conxunta de Bispos presentou unha resolución (que non foi
aprobada por falta de apoio suficiente) e na que solicitaba o perdón por non ter colaborado na
reconciliación entre os españois despois da Guerra Civil. En 1973 os bispos solicitaron a
revisión do Concordato de 1953 e a separación Igrexa-Estado, clara mostra do interese da
Igrexa española por marcar distancias co réxime de Franco e numerosos sacerdotes sufriron
persecución e cárcere.

4. A oposición política.
A oposición política ó réxime aumentaba a medida que a debilidade do franquismo
crecía, pola división entre aperturistas e inmobilistas. Iso levou o crecemento da actividade
terrorista, oposición clandestina no interior e aumento do número de militantes e simpatizantes
no exterior.
➢ No 1959 fundouse ETA (Euskadi Ta Askatasuna, Euskadi e Liberdade) como forma
radicalizada do nacionalismo vasco. Naceu dun sector das xuventudes do PNV e do grupo
estudantil EKIN, como un movemento vasco de liberación nacional e contra o réxime de
Franco, que adoptou como táctica a loita guerrilleira e o terrorismo. As accións terroristas
multiplicáronse axiña, logo do primeiro asasinato en 1968 de Melitón Manzanas, xefe da
Brigada Político-Social de Guipúscoa. Como resposta a este atentado, o réxime restableceu
a Lei de represión da bandidaxe e do terrorismo, pola cal pasaban a xurisdición militar

24
HE Franquismo.

todos os delitos de carácter socio-político. Sen embargo, a oposición vasca medrou,


especialmente tralas sentenzas ditadas no Proceso de Burgos de 1970 contra dezaseis
etarras: nove penas de morte que logo foron conmutadas por cadea perpetua debido ás
presións internacionais, incluída a petición de clemencia do Papa Paulo VI.
➢ Entre os partidos obreiros destacou a actividade do PCE, malia á forte represión que
padecen algúns dos seus membros (execución de Julián Grimau, membro do Comité
Central do Partido Comunista de España en 1963 e numerosas condenas). Tiveron un
destacado papel figuras como Santiago Carrillo e as emisións clandestinas de Radio
Pirenaica mantiñan informada á oposición no interior.
➢ O PSOE despois do pasamento do seu dirixente Indalecio Prieto en 1962 tivo problemas
entre os socialistas no exilio (os históricos) e os do interior (os renovados) polo control do
Partido. A súa actividade foi menos intensa, e que o PCE fora a forza de esquerdas con
máis peso no interior do país.
➢ O feito máis significativo da oposición política desta etapa foi o IV Congreso do
Movemento Europeo en Munich en 1962, tamén coñecido como Contubernio de
Munich 9polos franquistas. A este asistiron oitenta figuras da oposición interior e trinta e
oito do exilio (democratacristiáns, socialistas, nacionalistas vascos e cataláns e
socialdemócratas, aínda que foron excluídos os comunistas).
Todos tiñan en común o desexo de instaurar en España un sistema político democrático.
Neste Congreso de Munich, que debatía sobre o tema “España e Europa”, redactouse
unha resolución na que se esixía ós países que quixeran entrar a formar parte dos
organismos europeos, ter réximes democráticos. Como consecuencia desta reunión moitos
asistentes foron apartados dos seus cargos, confinados a prisión, desterrados á súa volta a
España ou víronse obrigados ó exilio.
Todos estes signos de oposición manifestaban claramente o fracaso do franquismo
como obra inmutable, que reprimía as voces que se alzaban na súa contra. Para iso o Réxime
usou todas las armas que tiña para silenciar a oposición: a través do TOP, as condenas a morte,
a declaración do estado de excepción, arrestos, multas, peche de universidades, etc.
-Nos anos setenta a oposición interior veu de:
1. Un grupo de políticos e intelectuais, o grupo Tácito, (pseudónimo co que os seus
compoñentes asinaban a maior parte dos artigos xornalísticos) e que pretenden unha
transformación do réxime cara posicións democráticas. Moitos dos seus compoñentes
entraron a formar parte do goberno de Adolfo Suárez logo da morte do ditador Francisco
Franco.

9 Termo de ABAU.

25
HE Franquismo.

2. Tamén na Igrexa, tradicional apoio do réxime, xurdiron enfrontamentos. O máis grave foi
o caso do bispo de Bilbao, monseñor Añoveros, orixinado pola defensa que fixo do
euskera. Ponse de manifesto a paulatina perda de apoio de importantes sectores da Igrexa
ó réxime.
3. A oposición dentro do exército estivo representada pola Unión Militar Democrática,
fundada en agosto de 1974, que intentaba que a institución militar non fose un atranco cara
a democracia. A UMD nace sen vocación golpista e coa intención de disolución cando os
seus obxectivos fosen realidade. Este feito demostraba que unha serie de novos oficiais
pretendían un cambio. Nove dos seus homes perderon a posibilidade de continuar a súa
carreira militar (entre eles o cotobadés Xosé Fortes Bouzán), outros foron arrestados e
perderon o mando das unidades.
4. O mundo obreiro e universitario intensificou a súa actividade a través de folgas,
manifestacións e protestas.
5. A actividade terrorista contribuíu a crear un clima de malestar social a fins de 1974 e
comezos de 1975 con numerosos atentados de ETA, FRAP (Frente Revolucionario
Antifascista y Patriótico) e GRAPO (Grupos de Resistencia Antifascista Primero de
Octubre).
Malia que o réxime vía como se perdían os seus apoios fundamentais, seguía sendo
contundente e duro. En marzo de 1974 foi executado o anarquista Salvador Puig Antich, o
que orixinou numerosas condenas internacionais ó réxime de Franco. En agosto de 1975
aprobouse unha nova lei antiterrorista que ampliaba a aplicación da pena de morte. Baixo estes
supostos celebráronse diversos consellos de guerra que ditaron once penas de morte para
implicados en actos terroristas, sendo fusilados (27 de setembro de 1975) cinco dos condenados
inicialmente a morte (tres militantes do FRAP e dous de ETA). As peticións de clemencia
chegaban de todas partes: os bispos, o Papa Paulo VI, diversos gobernos estranxeiros,… pero
ningunha foi escoitada.

3.2.2. Oposición Exterior.

Goberno Republicano no Exilio.


Esta foi como quen di a primeira oposición ó Réxime, e pode considerarse como parte
dun conxunto de persoas que formaban parte dos gobernos republicados e pretendían defender
a lexitimidade da II República. Dentro deles entraban dentro da categoría de Resistencia contra
o Fascismo ou Antinazis, e que tiñan a esperanza de que os aliados acabasen iniciando unha
operación militar que quitará a Franco do poder.
Dentro destes grupos podemos atopar membros de diferentes partidos e ideoloxías:
Unión Republicana, Izquierda Republicana, Esquerra Republicana, PSOE e diferentes sectores
de CNT. Todo eles acabaron creando en 1943 a Xunta Española de Liberación ou Junta
Española de Liberación, que decidiu formar un Goberno Republicano no Exilio, e que

26
HE Franquismo.

contou co apoio do goberno de México. Este Goberno no exilio estaba formado por Diego
Martínez Barrio, que foi elixido Presidente da República, e José Giral, que foi nomeado
presidente do Goberno. Intentaron integrar a todas as forzas políticas no exilio, incluídos os
comunistas, pero cada corrente acabou tirando polo seu propio lado.
Este goberno foi recoñecido por algúns países, pero tras o fin da II Guerra Mundial e o
novo contexto internacional de Guerra Fría, os países aliados descartaron a liberación de
España, e foron abandonando o Goberno Republicano no Exilio. Isto acabou provocando que
o Goberno no Exilio so conservou o apoio de México. Aínda que as súas institucións
perduraron ata 1977, cando se disolveron tras o restablecemento da Democracia en España.

Oposición Monárquica.
O contexto internacional durante a II Guerra Mundial animaron a posibilidade dunha
Restauración Monárquica da monarquía na figura de Don Juan de Borbón, fillo de Alfonso
XIII. Dentro do propio franquismo había unha corrente monárquica, pero que no vía con vos
ollos a Don Juan debido a toda unha serie de razón que son moi longas de explicar, e aquí non
nos da tempo a tratar.
Don Juan presentou o Manifesto de Lausana en 1945 para reclamar a restauración
dunha monarquía parlamentaria baixo a súa figura. Representándose como o monarca ideal
para unha Restauración Borbónica similar a que fixera Alfonso XII. Pero iso acabou sendo
unha mala idea, xa que Franco e os membros do Réxime viron iso como unha traizón ós ideais
do alzamento. Pese a iso esta opción chegou a contar co apoio de varios partidos como o PSOE
e outros partidos de Esquerda, cos que firmou o Pacto de San Juan de la Luz en 1948.
Pero a situación internacional, coa aparición da Guerra Fría, levou a que Franco
conseguira toda unha serie de apoios no bloque capitalista, e arredara tódolos apoios a Don
Juan.
Isto acabou provocando a perdida de prestixio de Don Juan en España. Este tras duras
negociacións conseguiu pactar con Franco a posibilidade de que Juan Carlos, fillo de Don Juan
de Borbón, viñera a educarse a España. A idea de Don Juan, e que se el non puidera reinar,
quizais o seu fillo puidera ocupar o trono en algún momento. E como sabemos, iso si que
chegou a pasar.

A Xunta Democrática.
Os partidos e organizacións antifranquistas do interior iniciaron un proceso para
conseguir a unidade, e intentar levar a España cara unhas institucións democráticas. Isto
realizouse mediante a confluencia de varios partidos e grupos.
En xullo de 1974, por iniciativa do líder do PCE, Santiago Carrillo, constitúese en
París a Junta Democrática. En xuño de 1975 organízase a Plataforma de Convergencia
Democrática, liderada polo PSOE, partido que poucos meses antes, no Congreso de Suresnes

27
HE Franquismo.

(Francia, outubro de 1974), elixía a Felipe González, coñecido co alcume de “Isidoro”, como
Secretario Xeral.
Pero vendo a necesidade de presentar unha fronte común, tanto nun caso coma no outro,
reclámase un sistema democrático e un proceso constituínte. Os contactos entre ámbalas dúas
deron como resultado a creación da Platajunta 10(30-X-1975). Esta servira de elemento de
unión e intercambio de ideas.

10 Termo de ABAU.

28
Termos de Selectividade.
Contubernio de Munich.
Termo pexorativo que usaron os franquistas para definir o IV Congreso do Movemento
Europeo celebrado en Munich en 1962. Nela participaron políticos de diversas tendencias
(monárquicos, demócratas, liberais, republicanos e socialistas), pero nela había tanto disidentes
do Réxime como membros da oposición. Estes pretendían solicitar o recoñecemento de
liberdades individuais e políticas en España. Este tivo lugar despois dun intento fracasado da
entrada de España na Comunidade Económica Europea ou CEE. Para os seu participantes
implicou unha severa represión a súa volta a España.

FET das XONS.


Termo que refire a Falanxe Española Tradicionalista das Xunta de Ofensiva Nacional
Sindicalista creadas durante a Guerra Civil, mediante o decreto de Unificación de 1937. Foi a
rama política do Movemento Nacional que estivo en vixencia dende o Alzamento ata a súa
disolución en 1977 por Adolfo Suárez. Este manifestouse como o único partido legal durante
o Réxime Franquista. A súa ideoloxía parte da mestura de elementos fascistas,
ultranacionalistas, tradicionalistas, conservadores e católicos. Os seus símbolos son a camisa
azul, a chapela vermella dos requetés e o gravata negra.

Lei para a reforma política.


Lei elaborada durante o goberno de Adolfo Suárez, que foi promulgada polas Cortes
Franquistas o 18 de Novembro de 1976 e sometida a referendo o 15 de decembro, na que
conseguiu un 94% de aprobación. Nela manifestase a transición dende a ditadura franquista
cara un sistema constitucional e democrático.

Nacional-catolicismo.
Ideoloxía que serviu de base o Réxime de Franco durante a Ditadura (1939-75). Nela
manifestase o control do estado sobre a sociedade por medio dun control ideolóxico no que se
mestura os ideais da Igrexa Católica, a ideoloxía fascista e carlista de FET das XONS. Esta
baseábase nos principios da orde pública, a defensa dos valores nacionais e do catolicismo.
Esta controlaba gran parte da vida pública e privada dos individuos, a educación e as
manifestacións culturais ou artísticas.
HE Franquismo.

Plan de Estabilización.
O Plan de Estabilización e Liberalización de 1959 supuxo un cambio na vida económica
española durante o Réxime de Franco. Por un lado, evitou a situación de quebra financeira en
que se encontraba España e sentou as bases do que foi o gran crecemento económico dos anos
60 (desarrollismo). Polo outro, estabilizou as finanzas públicas, reducindo os gastos do Estado,
estableceu un valor máis realista da peseta: o que facilitou as exportacións e terminou co
preocupante déficit que afectaba á balanza de pagos.

Plataxunta.
Tamén coñecida como Coodinación Democrática foi un organismo de oposición ó Réxime
Franquista que naceu o 26 de marzo de 1976 debido a fusión da Plataforma para a Converxencia
Democrática (impulsada polo PSOE) e a Xunta Democrática (impulsada polo PCE). Nela
participaron o PSOE, PCE, democristiáns, socialdemócratas, CCOO, nacionalismo e outras
forzas sociais. Surxíu como consecuencia do Inmobilismo dos gobernos de Arias Navarro
durante a Transición. Os seus obxectivos foron proclamar unha amnistía política, liberdade
política, recoñecementos das nacionalidades históricas e convocar Cortes Constituíntes.

Sección Femenina.
A Sección Feminina foi a rama feminina de FET das XONS, que foi creada e dirixida por Pilar
Primo de Rivera en 1934. Foi unha organización que pretendía integrar ás mulleres dende a súa
xuventude, no ideario do réxime e do movemento nacional-católico. Controlaba o Servizo
social do muller mediante a realización de traballos sociais e a realización de obradoiros e
publicación destinadas a facilitar o adoutrinamento feminino, no que a muller debía ocupar
unha posición subordinada ó home. Desapareceu en 1977 ó igual que FET de las JONS.

Sindicato vertical.
O seu nome oficial era Organización Sindical Española, que se creou en 1949 pola Lei de
Unidade Sindical. O sindicato vertical era o sindicato único, inspirado de controlado por
Falanxe, e por tanto polo Réxime Franquista. Este supuxo a eliminación de calquera sindicato
de clase e estaba inspirado nos réximes fascistas europeos. Este integraba a tódolos
traballadores, xa que a súa filiación era obrigatoria, e os empresarios do mesmo sector
produtivo. Disolveuse na Transición durante o goberno de Adolfo Suárez.

30

You might also like