You are on page 1of 2

A fotografía mostranos unha paisaxe de montaña.

Este tipo de paisaxes naturais son o


resultado da combinación no espazo dos diversos elementos que etan no medio natural
como por exemplo a vexetación, o clima, as augas e o solo.
Na imaxe podemos observar pronunciadas pendentes con pequenas zonas de vexetacion,
que estará adaptada as condicions do relevo e climaticas que se dan nesta zona, e na zzona
mais elevada careceria de vexetacion e poderian aparecer pequenas plantas adaptadas as
rochas.
Nesta maxe dos Pireneos existirían tres pisos a partir dos 1200m:
- o piso subalpino con coníferas como o piñeiro negro e o abeto
- o piso alpino (2400-3000 m), pode estar máis de medio ano cuberto de neve, a única
vexetación que se pode desenvolver é o prado
- por riba dos 3000 m só crecerían pequenas plantas rupícolas adaptadas ás rochas, como
liques.
O clima das áreas de montaña caracterízase por precipitacións anuais superiores aos 1.000
mm. Con frecuencia estas precipitacións son en forma de neve
A temperatura media anual é inferior a 10 °C., con veráns frescos e invernos fríos con algún
mes con temperatura media próxima ou inferior a 0ºC.

Respecto as augas, que non se aprecian na imaxe,dicir que os ríos de montaña, teñen o
caudal máximo en primavera (debido ao desxeo) e mínimo en inverno (augas retidas en
forma de neve).

Os rios de alta montaña, en torno aos 2.500m, teñen un réxime nival, e os de montaña
media, de 1600 a 2500 metros. teñen réxime nivo-pluvial ou pluvio-nival.

Os solos dos paisaxes de montaña son pouco evolucionados porque as pendentes provocan
forte erosión. Poden ser:
-Rankers, pouco evolucionado por estar en pendente e sometido a forte erosión
- Rendzinas, son solos pouco profundos, ricos en hunus que se forman sobre rochas
calcarias.

You might also like