You are on page 1of 2

¿Optimismo frente pesimismo?

Cruce de camiños: por una sabiduría galega como ferramenta


para hacer frente ao mundo por vir.

Ultimamente fanse moitas previsións. E están ansiosos por axudar non só psicólogos, senón
tamén, e proliferando no escuro e no estertor, futurólogos, coaches e tamén múltiples
sacaúntos, protexidos por institucións e colexios oficiais. Non me considero un fanático cando
se trata da miña disciplina como o único responsable de axudar a tratar certos problemas da
alma. Máis ben, a miña especialización en antropoloxía da medicina permíteme comprender
aspectos como o pluralismo médico, a eficacia simbólica, ou o coñecemento das persoas para
facer fronte aos seus sufrimentos cotiáns que, como un gran mestre da disciplina di, nada
teñen de profanos.

A miña análise, se é de utilidade, é que o xeito de entender o que nos está a pasar é
incompleto. Hai que engadir algo máis, e iso máis forma parte dun traballo individual e
colectivo ao mesmo tempo.

Dende diferentes ámbitos estendese a mensaxe de que cómpre sermos optimistas perante
esta situación, unha apelación que chamarei, co voso permiso, ao optimismo inxénuo.
Enténdaseme ben, dista moito da miña intención desaprobar os mecanismos ou recursos que
cada quen ten para abordar un problema e buscar solucións (tamén eu fixen equilibrios
inconfesábeis, moitas veces con máis ganas que talento, e certamente ridículos). Simplemente,
e como un diaño na encrucillada, gustaríame ofrecer unha pregunta. Unha humilde dúbida
cargada de sabedoría a través da ambigüidade, porque como sabemos os galegos, "deus é bo,
pero o diaño non é malo".

¿Por que é inxenuo o optimismo e que hai de incompleto? Como resumía fai uns días e de
xeito magnifico o psicólogo J.Pino, referíndose á forma en que nos falamos a nos mesmos,
nesta situación que estamos a vivir sería interesante pasar de dicir que todo sairá ben, a dicir,
loitaremos. Esta última mensaxe parte dun compromiso dun mesmo con outros
comportamentos que tamén implican imaxinación e trata dun xeito máis realista a incerteza.
Desvía un tipo de mensaxe, a do optimismo, individual, mental e de pasividade ante o gran
outro do estado e da dinámica propia do virus, cara unha unha posición activa cun esquema
máis amplo e previsor da realidade. Porque se optimismo é confiar na correlación de forzas
socias e económicas que nos trouxeron até onde estamos, non semella unha boa idea. Dalgún
xeito, a loita é o precipitado social da confianza dunha sociedade en ser capaz de mudar as
cousas i é cecaís aí onde se pode reintroducir o optimismo no porvir, xa desfigurado e
relanzado ao servizo do común.

Se cadra resultaría interesante introducir a nosa lóxica do realismo máxico "do si e do non, do
depende" para navegar pola complexidade dun presente que se nos presenta coa dobre cara
de Xano. Por sorte, como galegos, trataríase dunha anamnese xa que vimos dotados dunha
especie de microchip de aprendizaxes ante enigmas e imprevistos, fronte a misterios e
meigallos, ao que vou a chamar cultura.
Unha complicación que introduce a historia optimista que adoita circular polas redes ( que é
americana e ten un sabor un pouco a comida rápida) é a idea de "e cando todo isto remate".
Deixando espazo para algúns escenarios que inclúen festas, reunións, apertas e ata o mesmo
cuponazo. Todo xunto sería a hostia, unha especie de recuperación do vivido, pero maior. Está
ben, gústame o romanticismo. Porén, coido que é unha complicación porque se algo nos está a
mostrar o presente é precisamente a súa complexidade e a súa incerteza. E tamén todos os
seus paradoxos. Parecen que a cultura galega se globalizou dunha vez. De súpeto, neste
mundo máxico que hai que conxurar para non desintegrarse, distanciarse é unha forma de
coidar ao outro e ser responsable, e deterse, parar, é un dos verbos nos que se conxuga o
futuro. Non será deste xeito que a resposta máis axeitadas ás preguntas de cando rematará
isto sería ¿Como imos continuar a loita polo futuro?

A xornalista Naomi Klein exténdese ao redor do que significa volver á normalidade. Se a


normalidade foi o extrativismo, o cambio climático, o racismo, a acumulación de cartos nunhas
poucas mans, a violencia contra as mulleres, as desigualdades. Enton ¿Regreso cara o normal?,
¿Retroprogreso? Se o que chamamos normalidade é o que nos trouxo aquí, e esta
normalidade ameaza con urxencia a propia posibilidade de existencia, ¿que está nas nosas
mans para transformala?
¿Por que non implicamos toda a nosa antiga sabedoría da conciliación dos opostos, e
convertemos esta paradoxal situación de descanso no sofá e privación de amigos, familia e
natureza como o signo máis claro e revulsivo de que isto non pode continuar?

Dicía Rebeca Solnit que o pensamento crítico sen esperanza non é máis que cinismo, pero que
o optimismo sen pensamento crítico non é máis que inxenuidade. Avancemos pola mesta
néboa dos que nos queren confundir e que nos trouxeron aquí, cos puños pechados, e o polgar
preso no medio como unha figa, como un “escornavirus”. Queremos un futuro para vivir,
queremos un futuro para os nosos fillos e netos. Loitemos por el.

You might also like