Professional Documents
Culture Documents
Notas de La Clase de Lengua - Odt
Notas de La Clase de Lengua - Odt
As funcións sociais dunha lingua son en realidade funcións xerais de relación social realizadas
mediante a lingua. Entre as distintas maneiras en que unha lingua pode concretar a función
comunicativa no seo dunha sociedade salientamos as seguintes:
• Función de indentidade. A lingua opera como articulación dopensamento propio
• Función familiar. A lingua fálase na casa, cos membros da familia. Esta supón o primeiro espazo
de socialización.
• Función laboral. Primeiro espazo onde se realiza a mudanza de código en lugares onde coexisten
dúas ou máis linguas.
• Función local. A lingua utilízase con normalidade nos contactos diarios entre persoas do mesmo
contorno. O cambio de residencia provoca ás veces o cambio de lingua.
• Función institucional. Un idioma cumpre esta función cando os seus cidadáns o empregan para
se comunicaren coas institucións e administracións.
• Función cultural. Cando a súa comunidade de usurarios se serve dela para expresar e recibir os
conceptos e as mensaxes das artes e as ciencias do seu tempo histórico.
• Función internacional. A lingua cumpre esta función cando é empregada non só por aquelas
persoas que a aprenderon orixinariamente como lingua inicial, senón por cidadáns doutras
comunides lingüísticas que a aprenderon voluntariamente como segunda lingua pola súa
“utilidade”.