You are on page 1of 11

SMR2SR: SERVIDOR WEB

ACTIVIDADE 1: INSTALAR E PROBAR UN SERVIDOR WEB

Nesta actividade imos instalar un servidor Apache HTTP e observar a configuración por defecto. Despois imos a
modificalo para configurar o noso propio sitio web.

Seguiremos os seguintes pasos:

Instalación dun servidor Apache HTTP:

1. Crearemos unha VM Debian á que chamaremos D-WEB-S-1, cambiaremos o seu hostname e


engadiremos marinhauser ao sudoers file.
2. Instalaremos o servidor Apache co comando: apt-get install apache2
3. Observaremos os ficheiros de configuración vistos na clase.

Proba do servidor Apache coa configuración inicial:

4. Modificaremos a configuración de rede do equipo D-WEB-S-1, para incluílo nunha rede interna sr-web-1
e asignarlle a IP 192.168.20.1/24
5. Crearemos unha VM Windows que imos utilizar como cliente, e chamarémola W-WEB-C-1:
◦ Cambiaremos o seu hostname.
◦ Modificaremos a configuración de rede para incluílo nunha rede interna sr-web-1 e asignarlle a IP
192.168.20.2/24.
◦ Desactivaremos o Firewall
6. Verificaremos a conectividade entre as dúas máquinas executando o comando ping en ambos sentidos.
7. Para probar o noso servidor no cliente abriremos un navegador e escribiremos a URL do noso servidor,
esto é http://192.168.20.1 (ou ben http://192.168.20.1:80), onde
◦ http é o protocolo que utiliza o servidor
◦ 192.168.20.1 é a IP do servidor (poderíamos substituílo por un dominio se o tivésemos configurado)
◦ 80 é o porto por defecto do servidor web, e complétase automaticamente se non se cubre
Se todo funciona correctamente observaremos a páxina web que trae por defecto Apache:
Creación dun sitio web virtual

8. Accederemos ao directorio no que imos almacenar os arquivos web.


Partiremos da árbore de directorios por defecto e crearemos un directorio separado para o noso sitio
web virtual (cada sitio virtual aloxado na máquina debería ter o seu propio directorio con arquivos):
cd /var/www/html/
mkdir sitiowebun
cd sitiowebun

Prepararemos un arquivo index.html coa información básica que contén una páxina de hypertexto:
nano index.html

Contido:
<!DOCTYPE html>
<html>
<body>
<h1>O meu primeiro sitio web</h1>
<p>Apache 2.4 funcionando estupendamente</p>
</body>
</html>

9. No directorio /etc/apache2/sites-available imos crear arquivos coa extensión .conf que incluirán a
información necesaria para que Apache sirva as páxinas ás que fai referencia o VirtualHost:
cd /etc/apache2/sites-available
nano sitiowebun.conf

O nome do arquivo de configuración pode ser calquera, coa extensión .conf (en versións anteriores de
Apache non era necesario indicar extensión).

O contido do arquivo conterá os valores do virtualhost que vai procesar o Apache:


<VirtualHost *:80>
ServerAdmin marinhauser@smr2sr.eu
ServerName dominio1.com
DocumentRoot /var/www/html/sitiowebun/
DirectoryIndex index.html
</VirtualHost>

Desta forma estaremos indicando que:


◦ O virtualhost responde desde calquera IP (*) y escoita polo porto 80.
◦ ServerAdmin indica a dirección de correo electrónico do responsable do sitio
◦ DocumentRoot apunta ao directorio que aloxa as páxinas
◦ ServerName É o FQDN (nome de dominio) vinculado ao sitio; despois será necesario configuralo.
◦ DirectoryIndex indica o nome do arquivo de inicio definido por defecto.
10. Activaremos o novo sitio e recargaremos a configuración de Apache.

O sistema funciona enlazando de forma simbólica os arquivos .conf creados no directorio sites-available
cara o directorio sites-enable. Para facer o enlace simbólico usaremos o comando a2ensite arquivo.conf

a2ensite sitioswebun.conf
service apache2 reload

11. Finalmente probaremos que todo funciona utilizando o navegador web do cliente. Indicaremos:
◦ O protocolo que utiliza o servidor
◦ A IP do servidor (poderíamos substituílo polo dominio se o tivésemos configurado)
◦ Opcionalmente o porto por defecto do servidor web
◦ O directorio no que está o noso sitio web (sitiowebun)

É dicir: http://192.168.10.1/unsitioweb.

Pega unha captura de pantalla mostrando o sitio web presentado no navegador do cliente.
Nótese que se non indicamos o directorio do noso sitio, o servidor buscará o index.html no directorio
raíz, e mostrará o sitio por defecto. Se quixésemos modificar este comportamento teriamos que
deshabilitar o enlace simbólico do sitio por defecto, configurado no ficheiro 000-default.conf:
a2dissite 000-default.conf
service apache2 reload

You might also like