You are on page 1of 11

SMR2SR: SERVIDOR WEB

ACTIVIDADE 2: VARIACIÓNS SOBRE A CONFIGURACIÓN DUN SERVIDOR WEB

Na actividade anterior instalamos un servidor Apache HTTP e configuramos un servidor web. Nesta
actividade imos a probar variacións na configuración establecida na actividade anterior.

Crear outro sitio web que escoite noutro porto

1. Crearemos un directorio para almacenar os arquivos web do noso novo sitio web. Como na
actividade anterior, partiremos da árbore de directorios por defecto e crearemos un directorio
separado.
cd /var/www/html/
mkdir sitiowebdous

Prepararemos un arquivo index.html coa páxina de hypertexto do noso novo sitio. Para isto
podemos copiar o arquivo creado na actividade anterior e modificalo ou crear un novo arquivo.
cp sitiowebun/index.html sitiowebdous/index.html
nano sitiowebdous/index.html

2. Modificaremos o ficheiro /etc/apache2/ports.conf onde engadiremos unha directiva Listen para


indicarlle ao servidor que tamén debe escoitar polo porto 82.

nano /etc/apache2/ports.conf
Contido:

Listen 82

3. No directorio /etc/apache2/sites-available crearemos un novo arquivo .conf para configurar o novo


sitio web virtual. Nel indicaremos ao servidor que as peticións recibidas polo porto 82 serán servidas
polo novo sitio web virtual. Para isto podemos copiar o arquivo creado na actividade anterior e
modificalo ou crear un novo arquivo.

cd /etc/apache2/sites-available
cp sitiowebun.conf sitiowebdous.conf
nano sitiowebdous.conf
Contido:
<VirtualHost *:82>
ServerAdmin marinhauser@smr2sr.eu
ServerName dominio2.com
DocumentRoot /var/www/html/sitiowebdous/
DirectoryIndex index.html
</VirtualHost>

4. Activaremos o sitio web e recargaremos a configuración.


a2ensite sitioswebdous.conf
service apache2 reload

5. Finalmente probaremos desde o navegador que todo funciona.


Pega dúas capturas de pantalla mostrando cada un dos sitios web presentados no navegador do
cliente.
Configurar un dominio para o sitio web

6. Modificaremos a configuración de rede do servidor para ter acceso a internet (VM con rede NAT e IP
dinámica por dhcp).
Instalaremos un servidor DNS bind9: apt-get install bind9
Volveremos a establecer a configuración de rede que tiña a máquina (rede interna sr-web-1 e IP
192.168.20.1/24).
7. Configuraremos zonas mestras directas e inversas para os dominios dos dous sitios web que temos
configurado (as inversas non se van utilizar por agora, pero xa as deixamos configuradas).
Despois reiniciaremos o servidor:

◦ No ficheiro /etc/default/bind9 engadimos a opción -4


...
# startup options for the server
OPTIONS="-u bind -4”

◦ No ficheiro /etc/bind/named.conf.local engadimos as zonas mestras directas e inversas


zone "dominio1.com" {
type master;
file “db.dominio1.com”;
};
zone "20.168.192.in-addr.arpa" {
type master;
file “db.192.168.20.dominio1”;
};
zone "dominio2.com" {
type master;
file “db.dominio2.com”;
};
zone "20.168.192.in-addr.arpa" {
type master;
file “db.192.168.20.dominio2”;
};

◦ No directorio /var/cache/bind engadimos os ficheiro das zonas mestras cos seus rexistros:
db.dominio1.com
;
; BIND data file for dominio1.com
;
$TTL 604800
$ORIGIN dominio1.com.
@ IN SOA ns.dominio1.com. root.dominio1.com. (
2 ; Serial
604800 ; Refresh
86400 ; Retry
2419200 ; Expire
604800 ) ; Negative Cache TTL
@ IN NS ns.dominio1.com.
ns IN A 192.168.20.1
@ IN A 192.168.20.1

db.192.168.20.dominio1
;
; BIND data file for dominio1.com inverse
;
$TTL 604800
$ORIGIN dominio1.com.
@ IN SOA ns.dominio1.com. root.dominio1.com. (
2 ; Serial
604800 ; Refresh
86400 ; Retry
2419200 ; Expire
604800 ) ; Negative Cache TTL
@ IN NS ns.dominio1.com.
10 IN PTR ns.dominio1.com.
10 IN PTR dominio1.com.
db.dominio2.com

;
; BIND data file for dominio2.com
;
$TTL 604800
$ORIGIN dominio2.com.
@ IN SOA ns.dominio2.com. root.dominio2.com. (
2 ; Serial
604800 ; Refresh
86400 ; Retry
2419200 ; Expire
604800 ) ; Negative Cache TTL
@ IN NS ns.dominio2.com.
ns IN A 192.168.20.1
@ IN A 192.168.20.1
db.192.168.20.dominio2

;
; BIND data file for dominio2.com inverse
;
$TTL 604800
$ORIGIN dominio2.com.
@ IN SOA ns.dominio2.com. root.dominio2.com. (
2 ; Serial
604800 ; Refresh
86400 ; Retry
2419200 ; Expire
604800 ) ; Negative Cache TTL
@ IN NS ns.dominio2.com.
10 IN PTR ns.dominio2.com.
10 IN PTR dominio2.com.
◦ service bind9 restart

8. Configuraremos a máquina cliente para que use como servidor DNS o que acabamos de configurar.
Panel de control > Redes e Internet > Centro de redes y recursos compartidos
Seleccionar a conexión + Propiedades
Seleccionar o elemento (Protocolo de internet versión 4 (TCP/IPv4)) + Propiedades
Marcar o radio button: Usar as seguintes dirección de DNS
Completar o DNS preferido: 192.168.20.1
Aceptar

Comprobaremos desde unha consola que o servidor DNS é quen de resolver ambos dominios, así
como os rexistros inversos.
Pega unha captura de pantalla na que se observen as resolucións directas e inversas realizadas.
9. Para probar a configuración establecida utilizaremos o navegador web do cliente, e na URL
introducida substituiremos a IP do servidor polo dominio configurado para cada sitio.
Pega dúas capturas de pantalla mostrando cada un dos sitios web presentados no navegador do
cliente.

You might also like