00 Introducion

You might also like

You are on page 1of 3

Introdución http://127.0.0.1:51235/temp_print_dirs/eXeTempPrintDir_beyt1j/00_in...

Introdución

Introdución
Drupal é un sistema de xestión de contidos (CMS: Content Management System) co que dun xeito sinxelo, cómodo e en
liña se pode manter un espacio web dinámico.

Este sistema foi o adoptado dentro do proxecto Webs dinámicas desarrollado e posto en marcha polos Asesores Siega
(asesores de zona da Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos) da Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria.

Esta aplicación permite o traballo colaborativo de distintos roles de usuarios para que, dun xeito uniforme, creen, xestionen,
publiquen e actualicen contidos na web.

Crear contidos e tan sinxelo como encher formularios que o usuario pode publicar en diferentes menús (sección da web)
simplemente seleccionando as opcións de saída dispoñibles.

Usar Drupal non implica coñecemento de código de programación web como HTML, PHP, etc. nin tampouco empregar
programas de FTP (File Transfer Protocol) ou instalación de ferramenta algunha no ordenador do usuario, xa que tan so
será necesario empregar un navegador web.

Os centros participantes no proxecto reciben acceso á aplicación completamente instalada e configurada, cun menú
orientativo que cada centro poderá adaptar as súas necesidades.

Os asesores de zona darán apoio técnico aos centros participantes.

Dentro do proxecto optamos por facer menús mediante taxonomías e termos así como empregar determinados módulos que
permiten un control fiable dos usuarios e os seus contidos. Os centros participantes no proxecto poderán propoñer novos
módulos para á aplicación pero so serán instalados cando estean sobradamente probados e sexan de interés xeral.

O material dispoñible para o presente curso está pensado para os usuarios administradores da web do centro educativo.
Esta publicación vai estar condicionada pola configuración particular que o equipo de administradores do centro realicen
sobre a web do seu centro.

Un saúdo.

1 de 4 11/03/2014 18:48
Introdución http://127.0.0.1:51235/temp_print_dirs/eXeTempPrintDir_beyt1j/00_in...

O proxecto Webs Dinámicas

Dende o Proxecto Webs Dinámicas ofértase a tódolos centros educativos públicos que o solicitan un conxunto de
aplicacións web que lles permitirá construír os seus portais educativos e aulas virtuais dun xeito sinxelo e rápido.

Actualmente ofrécense tres aplicacións:

Drupal como portal colaborativo de centro, que viría a substituír á clásica páxina web. A súa principal vantaxe é o
seu dinamismo á hora de publicar contido xa que non son precisos coñecementos técnicos para compartir
información co resto da comunidade educativa.
Moodle como aula virtual: Estándar de facto, permite a xeración e restauración de propostas curriculares
completas, onde integrar obxectos dixitais.
Coppermine como galería de imaxes e vídeos.

Os centros adscritos ao proxecto terán a máis da instalación o asesoramento "in situ" para a posta en marcha inicial do
proxecto por parte dos asesores Siega/Abalar da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Dispoñen tamén dun portal de referencia, http://www.edu.xunta.es/centros/websdinamicas, no que a comunidade de


centros conta con foros, talleres ou mensaxeira para solucionar calquera cuestión relacionada co tema.

É tamén a propia AMTEGA quen se encarga do mantemento e actualizacións das aplicacións ás novas versións.

Nos centros educativos deberá existir un grupo de profesores que farán as funcións de administradores dos espazos no
centro. Estas persoas serán as encargadas de, por exemplo, dar de alta aos novos usuarios que desexen empregar as
ferramentas e, tamén, dar de baixa das mesmas aos que xa non formen parte do centro.

2 de 4 11/03/2014 18:48
Introdución http://127.0.0.1:51235/temp_print_dirs/eXeTempPrintDir_beyt1j/00_in...

Autoría

Este contido está desenvolto no marco do "Proxecto Websdinámicas" pola Consellería de


Cultura Educación e Ordenación Universitaria en colaboración coa Axencia para a Modernización
Tecnolóxica de Galicia (Xunta de Galicia).

Este contido está elaborado coa ferramenta de software libre eXeLearning que pode descargar da
páxina eXeLearning.net.
Pertence aos materiais dos cursos imparticos no marco dos Plans de Formación do Profesorado. Pode acceder a
estes materiais na Aula Virtual Aberta do Proxecto Webs Dinámicas.
Neste enlace pode acceder ao ficheiro fonte deste contido.
Pode comunicar os erros atopados neste contido no seguinte formulario.

Vostede é libre de compartir, copiar, distribuír, comunicar a obra, facer obras derivadas e facer un uso comercial desta
obra baixo as condicións de atribución (Licenza: CC-BY-SA)

RECOÑECEMENTO de autores e recursos empregados:

3 de 4 11/03/2014 18:48

You might also like