You are on page 1of 3

1 7ª FICHA DE REPASO

2 A valoración das linguas segundo o número de falantes é irrelevante xa


3 que a cantidade de falantes non ten nada que ver coas características das linguas,
4 nin as favorece nin as empeora. A situación actual, con linguas con moitos
5 falantes e outras con moi poucos, débese a factores políticos e económicos, non
6 lingüísticos. Con todo, para aqueles que aducen que ao pasar Pedrafita o galego
7 non serve de nada, cómpre facerlles ver que sabendo galego o acceso ao
8 portugués non supón ningún esforzo e esa lingua (que en boa medida tamén é a
9 nosa) xa nos outorga eses millóns de falantes que os amantes das cantidades
10 parecen necesitar.

11 Á xente adóitalle sorprender que o galego ocupe o número cento trinta e


12 seis na clasificación das cinco mil linguas do mundo, por diante doutros idiomas
13 estatais europeos como o lituano, o letón, o esloveno, o macedonio, o estonio, o
14 maltés, o islandés ou o luxemburgués. O galego está entre as cento dezaoito
15 linguas que posúen interface en Google, ou que se atopa entre o medio cento
16 escaso de linguas nas que un pode obter o sistema operativo Windows, ou que en
17 canto ao número de libros traducidos a unha lingua, o galego está no posto
18 corenta e oito, xusto por riba do chinés, ou que ocupa o número trinta e sete en
19 canto a número de páxinas web dispoñibles.

20 Manuel Núñez Singala, En galego, por que non?

21 1- Fai un esquema co contido do texto.

22 2- Indica un sinónimo para os seguintes termos: linguas(l.1); falantes (l.1);


23 irrelevante(l.1);favorecer(l.3);aducir(l.5);adoitar(l.10); clasificación(l.11);
24 posuír (l.14).

25 3- Sinala o campo semántico que serve de organizador do texto e indica que palabras
26 forman parte del.

27 4- Busca no texto tres casos de til diacrítico e xustíficao.

28 5- No texto anterior busca dous determinantes de cada tipo e clasifícaos.

29 6- No primeiro parágrafo localiza os pronomes persoais átonos, fai a análise


30 morfosintactica e explica a súa colocación, se é posible outra indícaa.

31 A valoración das linguas segundo o número de falantes é irrelevante xa que a


32 cantidade de falantes non ten nada que ver coas características das linguas, nin
33 as favorece nin as empeora. A situación actual, con linguas con moitos falantes
34 e outras con moi poucos, débese a factores políticos e económicos, non
35 lingüísticos. Con todo, para aqueles que aducen que ao pasar Pedrafita o galego
36 non serve de nada, cómpre facerlles ver que sabendo galego o acceso ao
37 portugués non supón ningún esforzo e esa lingua (que en boa medida tamén é a
38 nosa) xa nos outorga eses millóns de falantes que os amantes das cantidades
39 parecen necesitar.

40 as favorece, as empeora :pronome persoal átono, 3ª p. pl. Feminino, CD, vai


41 antes do verbo porque a oración é negativa e está introducida pola conxunción
42 nin que ten valor negativo.

43

44 cómpre facerlles ver: pronome persoal átono, 3ª p. pl., CI, vai despois do
45 verbo porque se trata de un infinitivo.

46 xa nos outorga : pronome persoal átono, 1ª p. pl., CI, vai antes do verbo
47 porque vai introducido polo adverbio xa.

48 7- En cada unha das seguintes series de sinónimos hai un termo intruso, cal é?
49 a) Agoirar, adivinar, predicir, presaxiar, prescribir, vaticinar.
50 b) Agarimo, agasallo, galano, garrido, obsequio, presente.
51 c) Acedo, acerbo, ácido, agre, amargo, eximio.
52 d) Alcatreo, cheirume, coteno, fedor, gafume, tufo.
53 e) Balizar, deliñar, demarcar, derregar, extremar, limitar.
54 f) Argalleiro, falsete, falso, trampulleiro, impostor, mentireiro, troleiro
55
56
57 8- Analza os valores especiais dos posesivos destes enunciados:
58 a) Como vosa señoría diga, sexa o que sexa acataremos o seu veredicto. Posesivo
59 de respecto
60 b) O domingo vou comer cos meus, hai moito que non os vexo.
61 c) Aínda que non o aparenta, xa debe ter os seus sesenta anos.
62 d) Teñen cadansúa camiseta, non lles fagas caso aínda que protesten
63 e) É moi nova, pero xa ten coche de seu.
64 f)É moi crente e rézalle moito a Nosa Señora dos Ollos Grandes.
65 g) Tivo que deixalo, o golf non era o seu.
66
67 9- Analiza os valores especiais dos demostrativos nestes enunciados:
68 a) O domingo volvémola ver paseando con esa.
69 b) Aínda que che pareza estraño, daquela non había nin móbiles, nin MP3.
70 c) A miña tía Laura sempre tivo moito aquel para elixir a roupa.
71 d) Hoxe non podes ir, daquela vaite mentalizando.
72 e) Chamaron ao timbre e niso parou de chorar a nena.
73 f)Chegou a iso das doce.
74 g) Non sei que lle pasa, ultimamente anda moi desaqueloutrada.
75
76 10- Explica nestas frases se o uso da conxunción comparativa é correcto en todos
77 os casos e se algúns admitirían máis posibilidades:
78 a) Mellor historia cá vosa non pode haber para unha noite de inverno.
79 b) Erguédevos e mostrade se valedes máis a pé que a cabalo.
80 c) Viron un gran edificio á beira dunha encrucillada do camino, rodeado de muros
81 moi altos para ser de curral, pero non tanto nin tan fortes que parecesen ben de
82 castelo.
83 d) Bebía moi ben o arrieiro, máis ca ningún.
84 e) Cabaleiros noveis que pensan moito máis no ceo ca na terra.
85 f)Gustábame ver ese voso Merlín adiviño, e a ver se sequera é capaz de prever coma
86 min se aumentará o prezo da lá para o ano.
87 g) No que non sei por min mesmo creo tamén, e máis ca en nada na volta do rei
88 Artur.
89 h) Se os señores queren algunha cousa, non teñen máis ca pedila.

You might also like