You are on page 1of 59

3ª Sesión.

6/7/2011
Jose Manuel Pidre Mosquera

Tecnoloxías Radio
• Radioenlaces de microondas punto a punto
• Telefonía móvil.
• LMDS/Wimax
• Trunking/Tetra
• Radiodifusión

Normativas.
• Cadro nacional de atribución de frecuencias.
• Resumo das principais normas
Definición de Radioenlace
Denomínase radioenlace a todo enlace que emprega ondas de radio para establecer
unha comunicación a longa distancia.
Un radioenlace está constituído por dúas estacións terminais e un conxunto de
estacións repetidoras intermedias
– Radioenlace = circuíto dúplex, é dicir, dúas portadoras moduladas.
– Radiocanle = parella de portadoras.
Características xerais:
– Antenas moi directivas (haz estreito).
– Propagación por onda de espazo (visión directa).
– Estacións repetidoras para enlaces longos (>50km).
– Habitualmente sinais multiplexadas.
– Entre 2 e 50 GHz
Vano: sección de enlace radioeléctrico entre un terminal e un repetidor ou entre
dous repetidores (lonxitude entre 20 e 80 km.)
Modos de Clasificación
•Punto a punto PaP e Punto • Terreais e vía satélite
a Multipunto PmP • Analóxicos e dixitais
• Fixos e móbiles • Segundo o servizo
• Con visión directa LOS e • Segundo a capacidade
transhorizonte NLOS
Tipos de Estacións:
Capacidade Analóxicos Dixitais
• Estación Terminal
Baixa (LC) Ata 30 canles 2 MBps
• Estación Nodal Media (MC) Ata 300 canles 8 MBps

• Estación Repetidora: Alta (HC) Mais de 300 34 MBps


• Activa canles ou mais
• Pasiva
Estación Terminal

Transceptores: equipos transmisores e


receptores no mesmo bastidor, compartindo o
mesmo sistema radiante.

Front-end ou
Cabeceira
Diagrama de Bloques dun Radioenlace de Microondas

Combinador de Canales
Up-converter Filtro Nun primeiro paso se
Sinal en Antena traballa con sinais na
Modulador
Banda Base banda de FI (frecuencia
Amplificador Salida intermedia, ≈70MHz).
Oscilador RF RF
Oscilador FI
MDF Logo se traslada o
Transmisor de Microondas espectro á banda de
microondas.
Os primeiros sistemas usaban FM.
Actualmente se emprégase
PCM/PSK ou PCM/QAM.
As capacidades de transmisión van
dende 12 canais de voz ata mais de
1.890.

Separador de Canles
Down-converter Filtro
Sinal Demodulador
Recibida en Entrada
Banda Base Amplificador Amplificador RF RF
FI Oscilador RF
Receptor de Microondas Antena
Estación Nodal
Estación intermedia onde se remodula o sinal baixándoo a banda base.
• É posible a extracción/inserción (agregación) de información.
• O maior número de etapas leva a introdución dunha maior cantidade
de ruído no sistema.
• Sección de conmutación: conxunto do sistema que vai desde unha
estación nodal ata unha terminal, incluídas estas.
Repetidor Activo
Recíbese o sinal de radiofrecuencia, pásase esta
a unha frecuencia intermedia (FI) onde se
amplifica e retransmítese na radiofrecuencia de
saída, proporcionando unha ganancia do orde de
110 dB.
Repetidores Pasivos
Os repetidores pasivos son simples reflectores (espellos)
que só cambian a dirección de propagación. Utilízanse, en
certos casos, para salvar obstáculos illados. Poden ser:
• Dúas antenas adosadas en configuración “back-to-back”
• Un reflector plano orientado a modo de “espello”
Redundancia
Os radioenlaces deben presentar unha elevada dispoñibilidade. Ao
compoñerse de diversos vanos dispostos en serie, se falla algún
deles, o radioenlace interrómpese. A redundancia garante unha
maior robustez fronte a fallos do equipamento.
A redundancia consiste en empregar M conxuntos de transceptores
idénticos cun conmutador capaz de seleccionar
automaticamente outro en caso de fallo dalgún, sen interromper
o servizo (hot-standby).
É habitual dispor de sistemas de reserva: configuración M+N, onde
M é o número de sistemas operando e N o número de sistemas
de reserva. Utilízanse ata cando se opera cun único sistema
(configuración 1+1).
É usual que as estacións repetidoras funcionen en réxime non
atendido, de maneira que será necesaria a aplicación automática
das técnicas mencionadas.
Topoloxías de Rede Radio
Topoloxía en Anel Topoloxía en estrela

Topoloxía Multidrop
BTS

BTS
Bandas, Capacidades e
Modulacións
C-QPSK 2-16xE1

7 GHz 23 GHz
8 GHz 26 GHz
16 QAM 13 GHz 28 GHz 4-32xE1
15 GHz 32 GHz
18 GHz 38 GHz

128 QAM 64xE1


Asignación de frecuencias
As frecuencias de transmisión e recepción deben estar
suficientemente separadas debido a:
– A gran diferenza entre os niveis dos sinais transmitida e
recibido, que pode ser de 60 a 90 dB.
– A necesidade de evitar os acoplos entre ambos sensos de
transmisión.
– A que a directividade das antenas poida ser insuficiente
Se pode reutilizar as frecuencias en vanos sucesivos, sempre que se
opere en condicións de directividade axeitada das antenas e se
minimícen as interferencias.
As frecuencias máis altas son asignadas aos sistemas de maior
capacidade:
– menor ruído interferente, maior directividade das antenas e
maior potencia recibida
– maior ancho de banda dispoñible para a modulación, maior
esvaecemento e inestabilidade da propagación, e maior custo
do equipo.
Plans de Frecuencia
H H V V H H
F1 F2 F1

T-A Repetidor 1 Repetidor 2 T-B

F2 F1 F2

• Dentro dos radiocanles para os que temos licenza, hai que


asignar un a cada senso de transmisión de cada vano.
• Nas estacións repetidoras poden acoplarse as antenas de dous
vanos consecutivos debido á unha insuficiente FBR. Por iso:
• Nos repetidores múdase a asignación de radiocanles e as
polarizacións para evitar acoplos entre vanos.
• En cada vano altérnase entre polarización horizontal e
vertical, e entre o radiocanle de frecuencia central F1 e o de F2
para cada senso de propagación.
Aplicacións: Redes BACKHAUL
Cada BTS dispón dun
radioenlace PaP para
comunicarse coa BSC
Aplicacións: Radioenlaces PaP

Enlaces dedicados para


o servizo fixo de
Radioenlaces parte comunicación de datos
da rede troncal
Aplicacións: Rede de Acceso
Aplicacións: HUB
A función principal dun hub nunha rede de acceso radio é de
recoller o tráfico transportado a través de varios radioenlaces
e de agrega-lo a un enlace (óptico ou radioenlace) de maior
capacidade de transmisión cara á rede troncal de transporte.
Convencionalmente un hub
realizase interconectando
os tributarios entregados
polos terminais individuais
de radio con equipos de
cross-conexión SDH por
medio de cables coaxiais e
distribuidores dixitais (DDF)
Exemplo: RECETGA
Telefonía Celular
Llamado también telefonía móvil, es un sistema telefónico completo en el cual el acceso
al abonado es inalámbrico. Se le llama celular porque la división de las áreas de
servicio son células o celdas que conforma una especie de panal. El diámetro de las
celdas depende del tráfico esperado y la topología del terreno:
• Macrocélulas (con radios comprendidos entre 1,5 y 30 Km),
• minicélulas (con radios entre 0,7 y 1,5 Km),
3 4 3 • microcélulas (con radios entre 300 y 700 m)
• picocélulas (con radios entre 20 y 300 m).
2 1 2
El ancho de banda disponible se divide en N
3 4 3 4 conjuntos de canales y cada conjunto se asigna a
una célula. Cada celda tiene asignadas unas
frecuencias, que son reutilizadas en celdas no
1 2 1 contiguas
D
Telefonía Celular
Estaciones Base
Terminales Móviles
Centros de (BS, Base Stations).
Conmutación (MS, Mobile Stations).

(MSC, Mobile
Switching Centres).
MSC

Red Telefónica Fibra óptica


Conmutada o
inalámbrica
Telefonía Celular
Desde el móvil (MS).
Pequeña la distancia Reducir la
entre la BS y el móvil potencia Tx. Desde la estación
base (BS).

• MS: reducción de tamaño y consumo de baterías.


• BS: La potencia transmitida se
ajusta al valor mínimo para
asegurar la viabilidad del enlace
establecido (recepción de señal
• Reducción de
interferencias
con calidad suficiente).
• reutilización de
• Variación dinámica de la frecuencias en células
potencia de señal emitida en no adyacentes
función de las condiciones de
cobertura.
Telefonía Celular
• Itinerancia (roaming): rexistro e mantemento do terminal de usuario dentro
da rede. Esta facilidade é a que permite ter servizo a través de outros
operadores cando o preasignado non pode ofrecelo.
• Radiobusca (paging): localización da BS ou BSC onde ubicase o terminal
móbil con obxecto de recibir chamadas.
• Traspaso (handover): traspaso de unha BS a outra no curso dunha
comunicación ao pasar de unha célula a outra.

Banda de Potencia Tx P. terminal Cobertura


Sistema Modulación
frec. (MHz) BS (W) manual (W) de la BS

890-915
GSM 20-40 2 GMSK 0,2-35 Km
935-960

1.710-1.785
DCS-1800 20-40 1 GMSK 0,2-35 Km
1.805-1.855

1.885-2.025
UMTS 15-20 1 QPSK 0,2-15 Km
2.110-2.200
UMTS (Universal Mobile Telecommunication System)
É un sistema dixital de acceso radio
que integra as comunicacións
indoor (DECT), as vía satélite e a
telefonía celular, para permitir
servizos móbiles multimedia de
banda ancha.
É compatible cos sistemas anteriores:
GSM, DCS e GPRS.
Permite diferentes taxas binarias en
función das necesidades e do
número simultáneo de usuarios. O sistema UMTS combina TDM e FDM con CDMA:
Macrodiversidade: cada terminal en TD-CDMA, unha soa canle en TDM e CDMA. Caso
función da súa contorna (tráfico, indoor de baixa mobilidade: ata 2Mbps.
ruído, capacidade do sistema) e W-CDMA, varias canles(FDM) e CDMA en cada canle.
das súas necesidades de Área grande e alta mobilidade: ata 384Kbps.
transmisión/recepción axusta os
seus parámetros e xestiona o seu A área de cobertura das celas UMTS cambia
trafico optimizando os recursos do dependendo do tráfico que soporta en cada momento:
sistema (cambia a súa potencia, aumenta ou diminúe de modo que sempre dá servizo
reparte o tráfico entre celas ou ao máximo número de usuarios posible que garante a
canles, duplícao, etc) calidade de servizo (QoS).
Evolución a 4G: LTE

LTE emprega unha interface radio baseada en OFDMA


para o enlace descendente (ata 326,5 Mbps para 4x4
antenas) e SC-FDMA para o ascendente (ata 86,5 Mbps)

• Tamaño das celas: de 5 km, de 30 km con lixeira degradación e ata 100 km cun
rendemento aceptable.
• Alto rendemento para velocidades de ata 15 km/h. A conexión é mantida a
velocidades de ata 500 km/h.
• O Handover entre tecnoloxías 2G (GSM-GPRS-EDGE), 3G (UMTS-W-CDMA-
HSPA) e LTE é transparente.
• A 2G e 3G están baseadas en técnicas de Conmutación de Circuíto para a voz
mentres que LTE propón a técnica de Conmutación por Paquetes IP do mesmo
xeito que 3.5G.
Wireless Local Loop : WLL
Consiste nun sistema fixo punto a multipunto. Empregase como rede de acceso inalámbrica
de abonados telefónicos. A “Unidade de conmutación local” fai as veces de central
telefónica local, atendendo ata 1.000 abonados . Esta central conectase á rede troncal
de transporte.
En cada área de suscriptores se instala unha “radio base”, conformándose una microcela
de 50 a 100 abonados. A radio base ten unha cobertura de ata 5 Km, preferiblemente con
liña de vista. Todas están conectadas coa unidade de conmutación local . O ancho de
banda se subdivide en canles, cada canle corresponde a un abonado. Se empregan
modulacións de tipo PSK ou QAM dependendo do fabricante de equipos. O tipo de
modulación e entorno restrinxe o tamaño de cada microcelda.

LMDS: (Local Multipoint


Distribution System)
sistema inalámbrico Radio
de alta capacidade, Base
en banda de 25 a 40
GHz.
MMDS: sistema
inalámbrico en Rede Troncal
de Transporte Unidade de
banda mais baixa,
de 2 a 3Ghz. conmutación
Radio Base
local
Local Multipoint Distribution Service (LMDS)
Tecnoloxía de banda ancha fixa, que pode fornecer unha
ampla variedade de servizos sen fíos
– Alta velocidade de acceso a Internet
– Multimedia en tempo real para transferencia de
arquivos
– Acceso remoto a redes locais
– Servizos Interactivos, vídeo baixo demanda,
videoconferencias
– Servizos telefónicos
Pode transmitir entre 51 e 155 Mbps no enlace
descendente, e entre 1 e 54 Mbps no ascendente.
LMDS
LMDS: Frecuencia
Opera en bandas altas, sinais de baixa potencia e
distancias curtas
Utiliza as seguintes bandas de frecuencia
– 27,5 MHz a 28,35 MHz
– 29,1 MHz a 29,25 MHz
– 30 GHz, 31’075 GHz e 31’225 GHz
En cada cela emprega diferentes portadoras: usa
reutilización de frecuencias entre celas
En cada área xeográfica cada operador de LMDS
ten licenza para usar certos radiocanles que
distribúe entre as súas celas
LMDS
Cada unidade subscriptora (nas dependencias do
abonado), conta con:
•Unha antena direccional de entre 30 e 40 cm
•Un radio-módem dixital (IDU)
•Unha unidade de interface de rede
LMDS
Os sistemas LMDS pode usar:
– Acceso múltiple por división de tempo (TDMA)
– Acceso múltiple por división de frecuencia
(FDMA)
Técnicas de modulación
– Modulación por cuadratura de fase (QPSK)
– Modulación por cuadratura de amplitude (QAM)
LMDS
Avantaxes de LMDS
• Permite dar servizo a clientes con ubicacións
xeográficas illadas con baixo custe de instalación e
pouco tempo de posta en marcha
• Pouca potencia de emisión e antenas pequenas
Inconvenientes de LMDS
• Require unha liña directa de visión entre os edificios
• Usa bandas con licenza
• É susceptible ás perdas por choiva e néboa
• É unha tecnoloxía xa obsoleta que está a ser
subtituída por Wimax.
Exemplos de Redes LMDS
• NeoSky: http://www.neo-sky.com
• Iberbanda: http://www.iberbanda.es
• Sistema DMS-26 de Bosch
WIMAX
O estándar 802.16.
IEEE 802.20 WWAN-MBWA
(1Mbps/15Km)

WMAN-WIMAX
IEEE 802.16
(120Mbps/56Km)
WLAN-WIFI
IEEE 802.11
(54Mpbs/100m)

WPAN-Bluetooth
IEEE 802.15
(1Mbps/10m)
WIMAX
Servizos de acceso a comunicacións inalámbricas
de banda ancha en áreas metropolitanas.
Tecnoloxía de acceso a Internet.
– Inalámbrica (cobertura de ata 56 Kms).
– Alta velocidade (ata 70 Mbps na banda de entre 2 e 11 GHz,
aínda que pode alcanzar 120 Mbps, en distancias curtas nas
bandas entre 10 e 66 GHz)
– Integra dispositivos móbiles
– Baixos custos de infraestrutura e instalación.
- www.wimaxforum.org
– www.ieee802.org/16
WIMAX
O estándar 802.16.
– WiMAX: Worldwide Interoperability for
Microwave Access.
Alternativa a LMDS
para a coñecida
como “derradeira
milla” das
operadoras, para as
que non sempre é
posible dar servizos
de banda ancha aos
seus clientes.
WIMAX
– Non require liña de vista (NLOS).
– Solución de acceso de banda ancha con “Carrier Grade QoS”.
– Non require antenas externas ou outro tipo de instalación no
“domicilio do abonado”.
– Con capacidade para
transmitir voz (VoIP)
e datos sobre a mesma
rede.
– Pode operar en
bandas sen necesidade
de licenza do espectro
radioeléctrico.
WIMAX
– Cobertura: 5-10 veces a
de UMTS e outros
sistemas inalámbricos
que carecen de antenas
‘smart-array’.
– Máxima eficacia no uso
do espectro
radioeléctrico:
• Modulación adaptable, e
una combinación do
mellor de cada unha das
tecnoloxías OFDM e
CDMA, incrementa a
eficacia desta solución
inalámbrica.
• Con fiabilidade e
seguridade.
Resumo de Estándares WIMAX
• 802.16-2001 e 802.16-2004
– Especificación da interface para o servizo WMAN
fixo, punto a multipunto
• 802.16a
– Soporta os sistemas de 2 GHz e 11 GHz
• 802.16e
– Define especificacións para a versión Wimax móbil
• 802.16m , tamén chamado “Wimax 2”
– Aumenta o alcance e as velocidades de baixada e
subida, ata 1Gbps sen mobilidade e 120Mbps en
mobilidade.
– Introduce mecanismos de aforro de consumo
WIMAX
O estándar 802.16.
Innovacións Avantaxes
‘Adaptive Phase Array Antennas’ Conexións sen liña de vista
Recepción de sinal múltiple Menores perdas de sinal
Algoritmos de cancelación Redución substancial das
interferencias
Duplex por división no tempo Baixo consumo do espectro de radio/
(TDD) Flexibilidade
CDMA Síncrono Maior capacidade na transmisión
Modulación Dinámicamente Banda ancha a calquera distancia da
Adaptable antena
WIMAX
– Usa OFDM (Multiplexado Ortogonal por División de
Frecuencia), moi eficaz como sistema para a comunicación de
datos a alta velocidade.
– Empregado ao
mesmo tempo para
conexións troncais, e
para a distribución ao
usuario final.
– Estandariza e facilita,
de modo seguro, o
acceso entre as
estacións base (BTS)
e os módems dos
usuarios (CPE).
WIMAX
• Calidade de Servicio (QoS). As características da MAC do
802.16 permiten proporcionar, de xeito simultáneo, servizos con
velocidades mínimas garantidas e servizos con taxas non
garantidas, como os das ADSLs, e todos eles dende a mesma
estación.
• Seguridade. No deseño do 802.16 están incorporadas
funcionalidades de privacidade e encriptación, de forma que se
poden garantir transmisións seguras con datos encriptados,
tamén dende unha mesma estación base, para distintos clientes.
• Inmunidade ás interferencias. O 802.16 inclúe
funcionalidades de selección dinámica de frecuencia, de forma
que, no caso de detectar canles con problemas de interferencia,
“saltaría”, automaticamente, cara a outras canles.
Cobertura de WIMAX

O alcance máximo en WiMAX depende da banda na


que se estea a operar:
– As bandas altas se usan para redes MAN con liña de
vista (line-of-sight), punto a punto ou punto a
multipunto, a velocidades moi elevadas
– As bandas baixas (con licenza) úsanse para
• Redes de datos privadas con liña de vista de ata 16 kms
• Radioenlaces de longa distancia, ata 56 Kms
Exemplos de Wimax
• Operadores:
– Clearwire: http://www.clearwire.es
– Iberbanda: http://www.tngo.es
– Minotec: http://www.minotec.es
– Banda Ampla: http://www.bandaampla.es
• Fabricantes:
– Alvarion: http://www.alvarion.com
– Airspan: http://www.airspan.com
WIMAX
Sistema RIPWAVE de Navini.
Os Sistemas de Radio Trunking
• Os Sistemas Radio Trunking son sistemas de radiocomunicacións
móbiles para aplicacións privadas, formando grupos e subgrupos de
usuarios, coas seguintes características principais:
– Estrutura de rede celular
– Os usuarios comparten os recursos do sistema de forma automática e
organizada.
• Hai dous tipos de sistemas Trunking:
– PMR (Private Mobile Radio) refírese á unha rede de radio onde o grupo de
usuarios (habitualmente unha compañía) tamén é o operador e propietario.
– PAMR (Public Access Mobile Radio) a diferenza do anterior están operadas
por compañías que non se atopan afiliadas cos grupos de usuarios.
• Os sistemas Trunking evolucionaron dende os antigos sistemas
analóxicos ata os sistemas de Trunking Dixitais:
– TETRA, é un sistema Trunking dixital estandarizado pola ETSI
– TETRAPOL é un sistema Trunking dixital propiedade de MATRA.
O Trunking Dixital: TETRA
• Soporta a transmisión de voz e datos a diversas velocidades
• Pode codificar as canles para previr escoitas ilegais
• Ofrece rapidez no establecemento de chamada
• Tipos de Chamadas:
– duplex e semiduplex (do tipo PTT “pulsar para falar”)
– Chamadas individuais e de grupo (utilizan unha única canle e difúndense en
varios emprazamentos)
– Canles de difusión
– Chamadas de urxencia, nese caso pode transmitir terminal a terminal sen
usar a centraliña de conmutación.
– Niveis de prioridades para garantir certo tipo de chamadas
• Ten colas de chamadas para o caso de que non haxa canles libres.
• Integración con sistemas de localización de vehículos (AVL) nos
terminais.
• Terminais específicos:
– portátiles (equiparables a teléfonos móbiles)
– móbiles (destinados a vehículos)
– terminais para estacións base.
O Trunking Dixital: TETRA
• A comunicación entre a radio
móbil e a estación base está
dividida en dúas bandas, unha
para a canle ascendente e outra
para o descendente (duplex por
división de frecuencia).
– Para servizos PAMR (Policia,
forzas de seguridade, etc), de
380 a 390MHz (Ascendente) e
de 390 a 400MHz
(Descendente)
– Para servizos PMR (flotas,
• Emprega TDMA con catro
aeroportos, etc) de 410 a xanelas de tempo por portadora.
420MHz (Ascendente) e de • TETRA utiliza DQPSK, o que lle
420 a 430MHz (Descendente) confire un reducido ancho de
• Amplo radio de cobertura banda: 25 KHz por portadora
• Con Roaming e Handover • É similar a GSM aínda que é
mais moderno
Exemplo Aplicación Tetra
• Operadores:
– Rede de Servizos de seguridade e de emerxencia
Vasca. Itelazpi
– Abertis Telecom: http://www.abertistelecom.com

• Fabricantes:
– Teltronic: http://www.teltronic.es
– Tetrapol: http://www.tetrapol.com
Radiodifusión ou Broadcasting
• Consiste na emisión Punto a Multipunto cun único senso
(simplex), para a difusión de información: dunha beira un
único transmisor, e pola outra moitos receptores.
• Tipos de Servizos de Radiodifusión:
– Radiodifusión sonora Analóxica:
• Con modulación AM-DSB: en onda media MF, en onda curta HF e
onda larga LF
• Con modulación FM: en banda HF
– Radiodifusión sonora Dixital (DAB), banda VHF, modulación
COFDM
– Radiodifusión de Televisión Analóxica (MA-TV), banda UHF e
VHF, modulación AM-VSB
– Radiodifusión de Televisión Dixital Terrestre (DVB-T), banda
UHF, modulación COFDM.
Redes de Difusión Broadcasting
• As redes de Broadcasting empregan nas
súas redes de difusión estacións
emisoras e repetidoras que emiten con
alta potencia para dar cobertura á zoa
xeográfica na que teñan visibilidade
directa.
• Os sistemas analóxicos empregan MFN,
cada repetidor emprega diferentes
radiocanles para non interferir coas
emitidas polos repetidores veciños.
• Nos sistemas dixitais pódese tamén
emitir en SFN: emprégase a mesmo
radiocanle para todos os repetidores.
– Permite emitir con menor potencia
– Esixe que todos os repetidores estean
sincronizados
Radiodifusión DVB-T
• DVB-T (Dixital Vídeo Broadcasting-Terrestrial) é o estándar para
a transmisión de televisión dixital terrestre creado pola
organización europea DVB e implantado en España.
• Banda UHF (entre 470 e 790 MHz), nos modos MFN e SFN.
• A modulación realízase en COFDM:
– Canles de 8MHz en 8k (8192 frecuencias portadoras ortogonais por canle).
– Subportadoras moduladas en 64-QAM
– Video dixitalizado e comprimido en MPEG-2
– Cada Radiocanle leva ata 4 fluxos MPEG2 multiplexados no tempo
• Xa existe o estándar DVB-T2 que mellora respecto a DVB-T:
– Emprega MPEG-4 , o que aporta unha mellora espectral do 30%
– Mellora a cobertura de receptores móbiles
– Mellora a protección fronte a erros e interferencias
– Pode coexistir con DVB-T
Lexislación de Radiocomunicacións
Distribución de
frecuencias entre: Termo
Servizos Atribución
Zonas ou Países Adxudicación
Estacións Asignación

A ITU-R atribúe os servizos ás distintas bandas do


espectro radioeléctrico, é dicir, decide qué servizos
albergará cada banda de frecuencia. Esta atribución
recóllese no Reglamento de Radiocomunicacións que
a ITU-R publica periodicamente.
Adxudicación de Bandas
Cada país en base ás atribucións da ITU-R , realiza o seu
propio plan de adxudicación ou atribución nacional.
Este consiste nun maior nivel de concreción repartindo
as radiocanles ao longo da súa área xeográfica,
impoñendo restricións e reservas segundo as súas
necesidades e buscando o maior grao de harmonización
cos países da súa contorna.
En España a adxudicación recóllese no Cadro Nacional
de Asignación de Frecuencias (CNAF), elaborado pola
Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a
Sociedade da Información (SETSI). A harmonización
no caso de España, asegúrase ao adoptar as asignacións
e normas emitidas polo Comité de Comunicacións
Electrónicas (ECC) da CEPT, e na adopción dos plans
de frecuencia recollidos nas recomendacións da serie F
publicadas pola ITU-R.
Asignación de Radiocanles
Cada país asigna radiocanles ás distintas estacións
emisoras de acordo coa súa CNAF e da ubicación
xeográfica de cada estación. Esta asignación
comprende a concesión dunha licenza de emisión
baixo uns certos condicionantes, entre os que se
inclúe:
– o respecto ás servidumes radioeléctricas que se puidesen
ver afectadas.
– o cumprimento da lexislación relativa á exposición a
campos electromagnéticos. (En España está recollida na
Orde CTE/23/2002 e no RD 1066/2001).
– O cumprimento do plan de frecuencias recollido na nota de
utilización nacional (UN) correspondente do CNAF.
Tipos de Usos en España
En España, no Art. 85 da Lei 33/2003 do Patrimonio das
Administracións Públicas, distínguense 3 tipos de uso das canles
recolleitas no CNAF:
Uso común: é o que corresponde por igual e de forma indistinta a todos
os cidadáns, de modo que o uso por uns non impide o dos demais
interesados. A utilización xeral, colectiva ou individual, se pode
realizar de forma anónima, sen necesidade de título algún.
Uso especial: É uso no que non é fácil de garantir os principios de
igualdade, liberdade e gratuidade. O uso común especial poderá
suxeitarse a licenza, que se outorgará directamente, salvo que o seu
número fose limitado. Nese caso sería por licitación, e se non é
posíbel, por sorteo entre todos os usuarios que cumpran os
requisitos. Estas licenzas non serán transmisibles.
Uso privativo: É uso privativo o que determina a ocupación dunha
porción do dominio público, de modo que se limita ou exclúe a
utilización do mesmo por outros interesados. Outórgase baixo
licenza.
Licenzas de Uso Privativo
En España o Real Decreto 863/2008 de 23 de maio especifica que
para a concesión dunha licenza de uso privativo debe presentarse
un proxecto técnico con:
– planos topográficos de escala axeitada nos que figuren os
emprazamentos das estacións fixas e a zona de servizo da rede
a instalar.
– as características técnicas dos equipos e aparellos.
– os estudos e cálculos das necesidades de dominio público
radioeléctrico suscitadas.
– as características do servizo que se pretende implantar.
Na Secretaría de Telecomunicacións recóllense distintos documentos
que poden servir como guía para a elaboración dos
correspondentes proxectos técnicos.
Os operadores beneficiarios das distintas licenzas de uso privativo
recóllense no Rexistro Nacional de Frecuencias
Exemplo: Ocupación do Espectro
Nacional de Telefonía Móbil
A Normalización
Os equipamentos empregados para os diferentes servizos
de telecomunicacións tamén son obxecto de regulación
internacional e nacional.
En España a Subdirección Xeral de Infraestruturas e
Normativa Técnica ocúpase de regular os diferentes
interfaces radioeléctricos co obxectivo de harmonizar
aos fabricantes, operadores e tecnoloxías. Para iso
baséase nos estándares publicados polo ETSI e nas
correspondentes Notas de Utilización Nacional do
CNAF.
O comité CTN/AEN 133 de Aenor é o responsable da
publicación de normas de aplicación voluntaria en
materia de Telecomunicacións en España.
Empresas Instaladoras
No Real Decreto 244/2010 de 5 de marzo clasifícanse as
instalacións de centros emisores de radiocomunicacións
como de tipo D.
As empresas que se dediquen á instalación, posta a punto
e/ou mantemento de equipos transmisores de radio,
deben figurar no rexistro de empresas instaladoras de
Telecomunicación con habilitación para traballos de
tipo D. Para iso, a empresa ha de cumprir os seguintes
requisitos:
– Contar no seu persoal cun técnico competente cun título
oficial que o habilite como tal.
– Subscribir un seguro de responsabilidade civil.
– Dispoñer do seguinte equipamento: Frecuencímetro,
Watímetro, Multímetro, Medidor de terra, Analizador de
espectro, Carga artificial e Analizador de radiocomunicacións.

You might also like