You are on page 1of 16

MÚSICA NA ESCOLA: CONCERTOS DIDÁCTICOS

WALTER SILVA ENSEMBLE

SERGIO SIRGO, TEXTO E NARRACIÓN

GUÍA DIDÁCTICA
Amalia Moreiras
ÍNDICE DE CONTIDOS

INTRODUCIÓN

OS INTÉRPRETES E O PROGRAMA

ACTIVIDADES ANTERIORES Ó CONCERTO:

1. Os instrumentos:
• guitarra
• contrabaixo
• bandoneón

2. As formas musicais:
• tango
• chacarera
• milonga
• vals

ACTIVIDADES POSTERIORES Ó CONCERTO:

1. Vocabulario

2. “Gallegos”

ANEXOS

1. Textos das cancións

2. Debuxos para colorear

DISCOGRAFÍA

INTERNET

Música na escola. Trío tango.


A. Moreiras
INTRODUCIÓN

A guía que empezas a ler foi pensada como unha axuda ó profesorado de
Música que quere preparar á súa clase antes da asistencia a un concerto. É o
complemento escrito á música que logo se escoitará en vivo. Neste caso, trátase
dun concerto dirixido a estudiantes dos primeiros cursos de Primaria programado
dentro do ciclo Música na escola do Concello de Ourense. Todo o traballo
presentado a continuación ten como obxectivo preparar ó alumnado para que
aproveite o concerto ó máximo. Aínda que as propostas de actividades veñen
divididas para realizar antes ou despois do concerto, a maioría delas poden ser
desenvolvidas indistintamente antes ou despois, quedando ó criterio do profesorado
a súa orde de realización para poder adaptar as propostas didácticas ó tempo
dispoñible e ó seu grupo e nivel.

OS INTÉRPRETES E O PROGRAMA

O conxunto Walter Silva emsemble é un grupo instrumental formado por


cinco músicos, aínda que para o concerto La bella Argentina reducirán a súa
formación a trío, composto por contrabaixo (Luis Miguel Francesch), bandoneón
(Jorge Lema) e guitarra (Walter Silva) Os integrantes do grupo, dirixido por Walter
Silva dende a súa creación no ano 1995, teñen unha sólida formación de vertentes
tan diversas como a música clásica ou o tango.

O concerto desenvólvese en torno a unha narración a cargo de Sergio Sirgo, que


conta a historia do que lles acontece a tres músicos que deixan os seus países de
orixe para embarcarse rumbo á Arxentina. A maior parte do repertorio do concerto
didáctico é música arxentina característica, composta por autores destacados do
pasado e da creación musical actual. A relación de obras e autores, na orde de
aparición do concerto, é a seguinte:

• Garúa (tango), de Aníbal Troilo

• La cumparsita (tango), de Matos Rodríguez, Maroni e Contursi

• Chacarera de los gatos, de Mª Elena Walsh

• El día que me quieras (canción), de Carlos Gardel e A. Le Pera

• La trampera (milonga), de Aníbal Troilo

• Tirá ese chicle (milonga), de Graciela Pesce

• Palomita blanca (vals criollo), de Anselmo Aleta

• Te dije, mamá, te dije (milonga), de Graciela Pesce

• A Carolina, popular galega

Música na escola. Trío tango.


A. Moreiras
______________________________ACTIVIDADES ANTERIORES Ó CONCERTO

1.- OS INSTRUMENTOS

a) Guitarra

Como é un dos instrumentos máis coñecidos e


populares seguramente non teremos que dedicar
moito tempo a explicar as súas características.
Podemos facelo en forma de xogo, por medio de pistas
que vaian dando información ata que alguén acerte a
resposta. Por exemplo:
• está feito de madeira
• é un pouco grande pero non demasiado
• é un instrumento de corda
• existen moitos tipos, pero nós coñecemos o
propio de España
• tócase moito en Andalucía
• ten 6 cordas

Cada docente pode crear a serie de pistas que queira, o importante é graduar a
información que se ofrece, indo dende o máis xenérico ata o máis específico. Unha
vez atopada a resposta, falaremos do aspecto da guitarra e da súa posición para
tocar, observando diferentes imaxes ou vídeos elixidos polo profesor. Se o
alumnado é moi pequeno, tamén se lles pode dar algún tipo de debuxo para
colorear como os incluídos nos anexos, por exemplo. Debe quedar claro que
estamos falando da guitarra clásica ou española, que será o instrumento que se
escoite no concerto.
Como complemento, poden escoitarse exemplos de música de guitarra
variada de sabor latinoamericano (incluíndo a ser posible algún tango o milonga) de
autores como Antonio Lauro, Heitor Villalobos, Agustín Barrios Mangoré, Leo
Brower, etc.

b) Contrabaixo
Para a presentación do contrabaixo podemos
proceder de forma similar á da guitarra ou ben
directamente por medio de audicións e fotografías.
Unha forma de traballar podería ser por medio da
comparación, atendendo a aspectos físicos do
contrabaixo e cotexándoos coa guitarra, xa vista. Por
exemplo: tamaño, número de cordas, buratos,
trastes, posición, forma de tocar, etc. Pode
encargarse ó alumnado de máis idade que realice
unha táboa comparativa cos datos anteriores, do
xeito seguinte:

Guitarra Contrabaixo
Tamaño mediano moi grande
Número cordas 6 4
Buratos 1 redondo 2 en forma de f
Trastes Si Non
Posición en diagonal en vertical
Forma de tocar cos dedos con arco

Música na escola. Trío tango.


A. Moreiras
c) Bandoneón

Este instrumento tan tipicamente característico da música arxentina é un aerófono


con fol, parente do acordeón, de forma rectangular e sección cadrada, cun timbre
particular. É moi popular en Río de la Plata, particularmente Buenos Aires e
Montevideo, pola súa vinculación co tango. Ó
parecer, o seu nome provén do alemán
bandonion e este de Heinrich Band (1821-
1860) a quen se lle adxudica a súa invención.
Posiblemente o bandoneón resulte descoñecido
para o alumnado, aínda que é moi probable que
si coñezan o acordeón. Pode ser introducido por
medio dunha adiviña, como por exemplo:
Parece unha caixa chea de vento
e ti non gastas nin gota de alento
O obxectivo será que o alumnado comprenda
que non é preciso soprar para que o bandoneón
funcione, igual que sucede con outros
instrumentos, como o acordeón, o harmonium
e os órganos de tubos. Unha vez comprendido
o seu mecanismo, falaremos do seu aspecto en
comparación co acordeón, e as súas diferenzas
principais: o tamaño, máis reducido no
bandoneón, e a ausencia de teclado, que no
bandoneón é substituído por botóns.
Finalmente, escoitaremos exemplos da sonoridade do bandoneón,
preferentemente procedentes do repertorio típico do máximo representante deste
instrumento, Astor Piazzolla, en obras como Libertango, Verano porteño, Adiós
Nonino ou outras.

2. AS FORMAS MUSICAIS

Durante o concerto didáctico La bella Argentina teremos ocasión de escoitar


varias das formas musicais típicas arxentinas. Non é necesario que o alumnado
coñeza todas as características de cada unha delas pero si os rasgos esenciais.

a) Tango

É un estilo de música e baile que naceu en Arxentina a principios do século


XX. Ten sempre un compás cuaternario (aínda que se coñeza como a “música do
dous por catro”) e uns patróns rítmicos no acompañamento e na melodía onde
teñen moita importancia os acentos e as notas en staccato. Unha das primeiras
pezas do concerto será o famosísimo tango La Cumparsita, sobradamente coñecido
e doado de atopar en diferentes versións. Sobre unha delas podemos traballar unha
pequena coreografía por parellas co alumnado; non se trata de realizar un baile moi
elaborado senón de atender ás frases musicais e desprazarse polo espazo en
parellas, collidas das mans e cun brazo estendido cara adiante. Primeiro darán
catro pasos avanzando, logo dous pasos máis lentos e amplos para cambiar de
sentido, e logo novamente desprazarse catro pasos noutra dirección. Máis ou
menos, correspondería ó esquema musical seguinte:

Música na escola. Trío tango.


A. Moreiras
Pode introducirse tamén o cambio de parella no momento do cambio, aínda que
isto pode provocar un certo caos inicial. O obxectivo, en todo caso, será escoitar a
estrutura musical do tango e as súas frases e facer coincidir os cambios no
movemento en cada unha delas. Remataremos a actividade escoitando o mesmo
tango en versión cantada, a ser posible por Carlos Gardel.

b) Chacarera

A seguinte peza do concerto cun ritmo característico arxentino é a Chacarera


de los gatos, da compositora Mª Elena Walsh, destacada autora de músicas infantís
e cancións tan famosas como La tortuga Manuelita, El reino del revés, El brujito de
Gulubú, e outras moitas. A chacarera é un baile de movemento vivo que se
interpreta por parellas e que tamén se canta; os seus textos soen ser suxerentes e
humorísticos. Nesta Chacarera de los gatos prodúcese un xogo de palabras co
vocablo “gato”, que tanto pode referirse ó animal (os tres protagonistas da canción)
como a unha danza popular arxentina. Nos anexos pode verse o texto completo da
canción. Durante o concerto, o alumnado deberá participar na interpretación desta
chacarera cantando o seu estribillo, que é así:

Poden utilizarse as páxinas web indicadas no apartado de internet para escoitar a


canción e practicar cantando sobre as gravacións.

c) Milonga

Esta canción bailable de movemento lento e compás binario é moi similar ó


tango, tanto no baile, de parellas enlazadas, como na música. Durante o concerto
poderemos escoitar varias milongas, unhas máis “clásicas”, como La trampera, e
outras máis actuais e específicas para público infantil, como as tituladas Tirá ese
chicle e ¡Te dije, mamá, te dije! (os textos destas dúas últimas poden verse nos
anexos) Posiblemente se solicite a participación do público durante a interpretación
dalgunha destas milongas, ben facendo un acompañamento rítmico cos “pitos”, ben
cantando algunha frase en concreto que se especificará no propio concerto.

d) Vals

Seguramente todo o alumnado coñeza este


elegante baile en compás ternario onde as parellas
dan rápidos xiros agarrados nun abrazo. Este baile
xurdiu no século XIX en Europa e tivo diversas
variantes, como o vals vienés, o máis coñecido e
difundido, o vals inglés, de movementos e pasos
deslizantes, ou o vals criollo de Sudamérica, que soe
incluír golpes de tacóns e zapateos. Deste último tipo
é a peza que se escoitará no concerto, Palomita
blanca. Pode escoitarse a versión que aparece na
páxina de internet www.todotango.com para utilizala
co alumnado. O obxectivo será percibir o compás
ternario e o seu acento, desprazándose no espazo
seguindo a música. Dependendo do nivel do grupo,
pode realizarse por parellas, dando voltas como nun
vals habitual, ou individualmente, dando pasos amplos
que coincidan cos acentos de cada compás.

Música na escola. Trío tango.


A. Moreiras
_____________________________ACTIVIDADES POSTERIORES Ó CONCERTO

1. VOCABULARIO

Na primeira peza do concerto explícase o significado da palabra garúa, que


ven sendo o noso orballo, esa chuvia fina e menuda que empapa pouco a pouco.
Esta é só unha das diferentes palabras que aparecerán nas cancións do concerto e
que corresponden ó vocabulario típico americano, infrecuente na nosa terra. É unha
boa ocasión para ampliar coñecementos a partir das cancións. Ademais da xa citada
garúa, podemos falar das seguintes palabras:
• galera: sombreiro de copa, chistera
• morrongo: gato
• abrojos: planta de tallos longos e rastreiros, follas compostas e froito case
esférico cheo de púas. É prexudicial nos sembrados
• trampera: persoa que caza con trampas
• cuneros: referido ó berce, calquera cousa que se meta nel. Tamén pode
denominarse así ó propio bebé.
• prender: encender, referido tamén á luz eléctrica

O seguinte paso será inventar un pequen relato que inclúa todas ou algunhas
destas palabras e que conte, por exemplo, a continuación da historia dos tres
músicos protagonistas do concerto. Pode ampliarse o listado engadindo os nomes
dos instrumentos e danzas arxentinas xa estudadas.

2. “GALLEGOS”

A emigración galega dende finais do século XIX ata


mediados do XX cara Sudamérica foi un feito de enorme
repercusión para Galicia e América. En Galicia, sufriuse un
gran despoboamento, especialmente de varóns, que
influíu na economía e desenvolvemento do territorio
durante moitísimo tempo e configurou a súa identidade
propia. En Arxentina, a chegada da inmigración dende
países europeos (España e Italia, fundamentalmente)
Foto: Manuel Ferrol, 1957 contribuíu ó desenvolvemento económico e á
prosperidade do país, especialmente na primeira metade
do século XX. A presenza de galegos en Arxentina foi tal, que alí chegouse a
identificar a calquera persoa chegada de España como “gallego”, e aínda hoxe
segue a empregarse o termo como sinónimo de “español”. Podemos preguntar
entre o alumnado se alguén tivo ou ten na súa familia algún parente na Arxentina
ou noutro país sudamericano ou europeo. Tentaremos logo debuxar unha árbore
xenealóxica que mostre os familiares emigrados e o seu lugar de destino.
Igualmente faremos a viaxe en sentido inverso, esto é, indagando se algún dos
nosos alumnos procede de Arxentina ou doutro país, tanto sudamericano como
non, e así coñecer cal é a procedencia da inmigración nas aulas galegas, que
poderemos ver máis claramente se a situamos debuxando nun mapamundi, por
exemplo. O obxectivo será facer comprender ó alumnado que os fenómenos
migratorios forman parte da historia e afectan a todo o mundo, e que todos somos
iguais, independentemente da nosa procedencia xeográfica. No propio concerto
faise fincapé neste feito, resaltando que non importa onde esteas ou de onde
proveñas senón a equipaxe non material que cada un leva consigo alí onde vai:
recordos, tradicións, costumes, cancións...

Música na escola. Trío tango.


A. Moreiras
ANEXOS

1. Textos das cancións

NOTAS:
morrongos: gatos
galeras: sombreiros de copa, chisteras
Tucumán: importante cidade de Arxentina
Mate de Luna: gran avenida da cidade de Tucumán
gato: danza cantada típica arxentina
abrojos: tipo de mala herba

Música na escola. Trío tango.


A. Moreiras
¡Tirá ese chicle! (Milonga)
Letra: G..Pesce
Música: M. Valdez

¡Tirá ese chicle! y me pregunto


a quién le causo tanto mal
¡Tirá ese chicle! y yo lo tiro
como una botella al mar
porque en ese pedacito que mastico de dulzura
yo lo lanzo sin saber si lo podré recuperar.
¡Tirá ese chicle! y mientras busco
dónde lo podré pegar
¡Tirá ese chicle! y yo lo amaso
entre mis dedos como a un pan
porque en ese pedacito hago bolitas de ilusiones
es que espero que te olvides y lo vuelva a masticar.

Estribillo:
¡Tirá ese chicle!
esto no es chiste
El chicle goma
esto no es broma,
que te entra en una oreja
que te sale por la otra.
Esto yo escucho de tu boca
pero si es siempre la misma milonga.

¡Tirá ese chicle! y no has notado


qué bien puedo articular
¡Tirá ese chicle! y yo disiento
porque puedo coordinar,
puedo hablarte y hacer globos o hacer ritmos tan sonoros
con chasquidos y soplidos que los causo al explotar.
¡Tirá ese chicle! y el olor
a tutti frutti te hace mal
¡Tirá ese chicle! y veo un brillo
en esos ojos sin mirar
porque chicle que has tirado fue dinero malgastado
más los años de tu niño que quedaron muy atrás.

Estribillo:
¡Tirá ese chicle!
esto no es chiste
El chicle goma
esto no es broma
que te entra en una oreja
que te sale por la otra.
Esto yo escucho de tu boca
pero si es siempre la misma milonga.

me pregunto

Música na escola. Trío tango.


A. Moreiras
¡Te dije mamá, te dije! (milonga)
Letra e Música: G.Pesce

¡Te dije mamá, te dije!,


no me gusta dormir solo
me llenaste de peluches
que no abrazan cuando lloro.

¡Te dije mamá, te dije!,


que el silencio me da miedo
me colgaste y con alarmas
sonajeros y cuneros.

Estribillo
Yo agradezco enormemente
tu cariño y comprensión
pero ahora pa’ que duerma
de corrido estoy peor.
Siendo asi lo que hay que hacer
te bato la solución,
es que yo pase a tu cama,
y papi vaya al comedor.

¡Te dije mamá, te dije!,


que la oscuridad me asusta
me prendiste tantas luces
que las noches ya son fiestas.

¡Te dije mamá, te dije!,


que de noche tengo sed
me pusiste un vaso de agua
pero quiero leche y té.

Estribillo
Yo agradezco enormemente
tu cariño y comprensión
pero ahora pa’ que duerma
de corrido estoy peor.
Siendo asi lo que hay que hacer
te bato la solución,
es que yo pase a tu cama,
y papi vaya al comedor.

Música na escola. Trío tango.


A. Moreiras
2. Debuxos para colorear

Guitarra

Música na escola. Trío tango.


A. Moreiras
Guitarra

Música na escola. Trío tango.


A. Moreiras
Contrabaixo

Música na escola. Trío tango.


A. Moreiras
Acordeón

Música na escola. Trío tango.


A. Moreiras
DISCOGRAFÍA

As pezas da tradición “clásica” arxentina, como La cumparsita, El día que me


quieras, La trampera, etc., poden atoparse en versións varias na discografía do
mercado actual.

A Chacarera de los gatos apareceu nun disco de Mª Elena Walsh editado por CBS no
ano 1963, hoxe en día case imposible de atopar.

As dúas pezas de Graciela Pesce están editadas en Arxentina dentro do segundo


disco de Tango para chicos que esta autora ten publicados.

Gabriela Pesce Vol. I Vol. II Vol. III

INTERNET

Pódese suplir a carencia de discografía concreta ou accesible por medio dos enlaces
seguintes:

http://www.youtube.com/watch?v=FIwdPbIlRWQ
Moi interesante vídeo onde o propio Astor Piazzola explica as orixes do bandoneón e
o seu funcionamento

http://www.youtube.com/watch?v=AeopRinxBq0
Vídeo mostrando un músico tocando o bandoneón, interpretando música de tango

http://www.todotango.com/spanish/biblioteca/default.asp
Páxina moi completa sobre o tango, onde podemos escoitar as pezas Garúa, La
Cumparsita, El día que me quieras, e Palomita blanca, e ver tamén as súas
partituras.

http://www.youtube.com/watch?v=cmZH6SxDBtc
Vídeo coa interpretación da milonga La trampera, con bandoneón e guitarra

http://www.youtube.com/watch?v=frE9HT9Ga-8
Vídeo antigo en branco e negro coa interpretación de La trampera con orquestra e
baile

http://www.youtube.com/watch?v=fnbBAOtk7h8
Bonito vídeo animado coa música da Chacarera de los gatos, moi apropiado para os
rapaces de Primaria

Música na escola. Trío tango.


A. Moreiras
http://it.sawgi.com/mp3/MARIA+ELENA+WALCH/5.html
Páxina para escoitar e descargar a chacarera anterior en mp3

http://www.me.gov.ar/efeme/mewalsh/
Páxina con moita información sobre María Elena Walsh

http://www.myspace.com/gracielapesce
Páxina para escoitar Tirá ese chicle, Te dije, mamá, te dije, e outras pezas de
Gabriela Pesce

http://www.gracielapesce.com.ar/
Páxina oficial do proxecto Tango para chicos, da compositora Graciela Pesce

profmusicamalia@gmail.com
Enderezo electrónico para enviar preguntas, comentarios, suxerencias, ou calquera
outra cuestión relacionada con esta guía didáctica.

Música na escola. Trío tango.


A. Moreiras

You might also like