You are on page 1of 14

PRIMEIROS PASOS CON GIMP

ARRINCAMOS O PROGRAMA THE GIMP 2

Cando arrincas Gimp por primeira vez


aparéceche unha pantalla con varias xanelas
(configuración predeterminada). Será semellante á
da imaxe, depende da versión que empregues.
Pódese configurar da forma que mais interese:
abrindo mais diálogos, e empotrándolos, se queres,
aos existentes, e distribuíndo as xanelas.

AS XANELAS E OS DIÁLOGOS

A seguinte xanela que imos ver é A Caixa de Ferramentas.


É o corazón de Gimp e a xanela mais importante. Non se pode
duplicar nin riscar (obviamente, isto pecharía Gimp). En ela
atópanse a maioría de ferramentas de Gimp (as cinco primeiras
filas de iconas ).

Baixo as ferramentas , os cadrados negro e branco,


mostran a cor de fondo e fronte seleccionado, espetando dúas
veces sobre calquera de eles, accedese ao diálogo para seleccionar
unha nova cor, o mesmo co outro.

Se sitúas o rato sobre as distintas iconas aparecerá


información sobre eles e, no caso das ferramentas, tamén mostra
un atallo de teclado.

Opcións de Ferramentas, é un diálogo empotrable, neste


caso está empotrada á Caixa de Ferramentas, che permite
configurar distintos parámetros da ferramenta seleccionada,
neste caso o Pincel.
FERRAMENTAS DE DEBUXO

Utiliza a ferramenta Zoom para achegar ou


afastar a pantalla de debuxo. Tamén podes
facer Zoom co teclado (teclas + e -) ou co rato
directamente (calca a tecla Control e á vez xira a roda
central do rato)

Utiliza a ferramenta Lapis , para pintar liñas


de diferentes cores e formas.

Utiliza a ferramenta Pincel , para pintar.

Utiliza tamén aerógrafo e tinta

En todos os casos poderás mudar de cores con este cadro .

Utiliza as opción

Ver->Mostrar Grella

Ver->Axustar á Grella

Para debuxar rectas

Coa tecla Maiúsculas calcada, calca o primeiro e último punto dunha recta.
coas ferramentas de pincel, lapis, aerógrafo ou tinta.

Utiliza a ferramenta de recheo para dar cor a algunha forma.

Para debuxar un círculo

Utiliza a opción Selección circular debuxa o círculo, e calca o


botón dereito do rato, selecciona Editar->Trazar selección.

Para debuxar unha forma libre

Utiliza o procedimento anterior coa opción Ferramenta de rotas


Unha vez que temos unha imaxe acabada utilizamos Arquivo->Guardar
Como...

Se non indicamos nada nos garda o arquivo con extensión XCF, se queremos
gardar a imaxe con outro formato escollemos o mesmo coa opción Seleccione o
tipo de arquivo e escolles o que desexes (JPG, GIF, ...)

Agora fai o seguinte exercicio: Dentro das opcións do menú, calca Arquivo ->
Novo e aceita as opcións do tamaño da nova imaxe, 640x400 píxel. Aparecerá unha
xanela con fondo branco sobre a que imos comezar a debuxar, maximiza a xanela.
Utiliza o Zoom para ter maior controlo da imaxe. Debuxa as bandeiras de Alemania
e Japón nun mesmo arquivo, empregando as ferramentas descritas. Guarda o
arquivo co nome bandeiras.jpg e envíamo por correo con asunto bandeiras.
O GIMP é un programa de manipulación de imaxes que permite retoques
fotográficos, e a composición e creación de imaxes propias. A súa capacidade
para a manipulación de imaxes atinxe os niveis de outros programas como Adobe
Photoshop, Corel Photo Paint ou Paint Shop Pro.

The GIMP é un programa gratuíto e de código aberto o que facilita o


desenvolvemento e a mellora por parte de programadores e usuarios.

The GIMP soporta a maioría dos formatos bitmap de arquivos debuxo mais
utilizados tais como PostScript, JPEG, GIF, PNG, XPM, TIFF, TGA, MPEG,
PCX, BMP e outros. Tamén pode ser usado para creación de pequenas animacións
baseadas en fotograma a fotograma, así como a lectura e escritura de vídeo AVI e
GIP, e de lectura en formato MPEG.

PRINCIPIOS BÁSICOS

A comunicación con The GIMP se realiza mediante xanelas que permiten


tanto o acceso ás opcións de os menús como ás accións directas sobre as imaxes.
nun principio pode semellar complicado traballar con varias xanelas sobre o
escritorio, pero pronto verás que resulta moi útil, tendo en conta ademais que só
manteremos abertas as xanelas necesarias.

Dous das xanelas principais son a Caixa de Ferramentas para selección de


ferramentas, cores e opcións de menús, e a xanela de Imaxe onde se visualiza a
imaxe.

A Caixa de Ferramentas é a xanela onde sitúanse as ferramentas e algúns


menús do programa. Ábrese sempre ao iniciar GIMP e se pechase esta xanela,
tamén pecharáse o programa. Cada ferramenta ten as súas propias opcións de
configuración . As súas partes son:

1. Barra de menús: contén os menús Arquivos,


Extensións e Axuda.

2. Ícones de ferramentas: onde se aloxan as


ferramentas para ser utilizadas sobre a imaxe.

3. Zona do patrón, brocha e degradado activo:


onde se realizan as seleccións de brocha (forma e
tamaño), patrón de imaxe e gradiente de recheo.

4. Cores de fronte e fondo: selección da cor de


liña e da cor de cubro sobre diferentes paletas.

5. Opcións de ferramenta: Cada ferramenta ten


as súas propias opcións de configuración que facilitan o
afinar ou determinar como actuará a ferramenta. Estas opcións están situadas
inicialmente xusto embaixo da caixa de ferramentas.

A Xanela de imaxe

É a xanela utilizada para visualizar e editar


o arquivo de imaxe. Ábrese cando criamos unha
nova imaxe ou cando abrimos unha imaxe xa
existente (menú Arquivo >Novo... ou Abrir... da
barra de menús). Unha imaxe nova abrese coas
especificacións de preferencia actuais e que
aparecen previamente á creación da imaxe.

Introdución ás ferramentas de selección

Unha ollada rápida ás ferramentas que temos para seleccionar áreas en


Gimp

 Ferramenta de selección de rectángulos: selecciona unha zona rectangular


 Ferramenta de selección elíptica: selecciona unha zona elíptica
 Ferramenta de selección libre ou lazo: selecciona unha rexión debuxada a
man
 Ferramenta de selección difusa ou Variña Máxica: selecciona unha rexión
contigua baseándose na cor
 Ferramenta de selección por cor: seleccionar rexións con cores similares
 Ferramenta de tesoiras de selección: seleccionar formas usando un axuste
intelixente dos bordes

A presentación das diferentes ferramentas de pintura que existen no Gimp.

 Ferramenta balde de pintura : Cubrir con unha cor ou patrón o área


seleccionada
 Ferramenta degradado: Cubrir con unha degradada de cores
 Ferramenta lapis : debuxo de bordes duros mediante un pincel
 Ferramenta brocha: pintar trazos de bordes suaves mediante un pincel
 Ferramenta borragoma : risca a cor de fondo ou a transparencia, mediante
un pincel
 Ferramenta aerógrafo : pintar con presión variable mediante un pincel
 Ferramenta choute de tinta : escritura tipo caligrafía
 Ferramenta de clonado :copiar a partir dunha imaxe ou deseño, usando un
pincel
 Ferramenta de saneado: sanear irregularidades da imaxe
 Ferramenta de clonado en perspectiva: clona desde unha imaxe de orixe
tras aplicar un transformación de perspectiva
 Ferramenta de enfoque e desenfoque: emborronado ou desemborronado
selectivo usando un pincel
 Ferramenta de emborronar: útil cando se nos podo cortar a imaxe, e
queremos amaña-la un pouquiño. Para ir cubrindo coa mesma cor que tiña ao
lado
 Ferramenta de marcado a lume / queimar : ilumina ou escurece usando un
pincel

PRATICA I: PRATICA AS FERRAMENTAS DE PINTURA

Neste exercicio imos abrir un novo arquivo de imaxe.


Realizaremos algunhas liñas e recheos utilizando
estas ferramentas que serán moi fácil utilizar. Por
último, gardaremos a imaxe dándolle un nome e co
formato de GIMP.

1. Unha vez que abrísemos The GIMP


pecharemos todas as xanelas excepto a caixa de
ferramentas.

Accederemos a barra de menú: Arquivo > Novo...

De momento, deixaremos os valores por


defecto, en outros exercicios faremos
algunhas modificacións iniciais a estas
opcións. Unha vez que calquemos en
Aceitar se abrirá unha xanela de imaxe.
2. Imos realizar unhas liñas coas opcións por defecto de cor (negra) e tipo de
brocha. O noso debuxo será a dunhas montañas sobre un lago que nos ficará
así:
3. Para iso, selecciona a ferramenta lapis
da caixa de ferramentas, e realiza
unhas liñas sinuosas a modo de
montañas calcando e arrastrando o
cursor sobre o área da imaxe.

4. Agora debuxa unha liña


horizontal recta calcando as
combinación de teclas Controlo +
Maiúscula ao mesmo tempo que
debuxas a liña. Fai clic no punto
final da liña.

5. Debuxa libremente tamén unhas liñas en forma de neve sobre os cumes das
montañas.

6. Agora imos cubrir os espazos coa ferramenta de recheo . Para


iso seleccionaremos unha cor calcando sobre a cor de fronte
(cor negro da zona de cor activa, por defecto).
Cando apareza unha paleta de cores actuaremos sobre a barriña da cor azul
(B) e poremos o marcador a 255. Deste modo, a cor de fronte anterior
(negro) ficará substituída pola cor azul seleccionado.

Calcando agora sobre a zona inferior do debuxo poderemos cubrir a zona do


lago. Actuando da mesma maneira, poderemos cubrir a zona superior do ceo (Azul e
Verde a 255), e a zona das montañas (Azul=100, Verde=125 e Vermello=150).

Por último realizaremos un círculo cubro de amarelo. Escollendo a ferramenta


Selección Rexións Elípticas e colocándoo sobre a imaxe, calcaremos e moveremos o
cursor para definir a elipse. Se calcamos conxuntamente a tecla Maiúscula mentres
situamos o segundo punto obteremos un círculo perfecto.

Unha vez acabada a selección, e mentres fica activada, escolleremos a cor amarela
(Vermello=255 e Verde=255) da paleta e poderemos cubrir a nosa selección. Fixate
que a ferramenta cubro actúa sómente sobre a selección e non sobre todo o fondo
da imaxe.

8. Agora nos toca arquivar a imaxe. Aínda non o fixemos e poderíamos ter perdido
o noso traballo se se nos desconecta o ordenador, así que convirá face-lo de vez en
cando e ir salvando o noso debuxo para evitar "sorpresas" desagradables. Accede
ao menú Arquivo > Gardar... ou Gardar como.... Ao ser a primeira vez que se vai
gardar, aparecerá unha xanela onde teremos que indicar o directorio onde
queremos almacenalo e o nome e extensión do arquivo.

9. Lle poremos de nome Gimp01.xcf co formato propio dos arquivos GIMP


(extensión XCF) calcando sobre Determinar tipo de arquivo. Unha vez gardado o
arquivo envialo por correo con asunto.

PRATICA II: PRATICA AS FERRAMENTAS DE PINTURA (2)

Debuxar con lapis, pincel e aerógrafo utilizando diferentes tipos de brochas e


cores neste exercicio debuxaremos a lapis e seleccionando varios tipos de brocha
unhas liñas a modo de serpentinas e confetti. Tamén utilizaremos a ferramenta
aerógrafo.

1. Abriremos un arquivo novo de 300 x 300 pixeis, tipo RGB e con recheo con cor
branca.

Deixaremos a cor branca como cor de fondo e escolleremos a ferramenta pincel

2. Se calcamos sobre o a brocha activa se abre unha xanela onde están as brochas
cargadas en The GIMP. Imos seleccionar a brocha Confetti (27 x 28) e co lapis
debuxaremos algunhas liñas onduladas verticais, pero antes seleccionaremos a cor
vermello da paleta GIMP (calcando sobre a cor de fronte).

3. Levaremos ao valor de 255 a barra R do ton vermello. Comprobaras que a cor de


fronte, na caixade ferramentas, toma o ton vermello seleccionado. Os parámetros
de Tinte, Saturación e Valor se axustan automaticamente en función da mestura de
cores Vermello, Verde e Azul.

Agora se podemos debuxar 3 liñas verticais coa ferramenta pincel .

Se non sae como o esperabas, podes desfacer os pasos dados calcando ao mesmo
tempo as teclas Control e Z.

Tamén debuxaremos 2 liñas similares coa ferramenta lapis .

Escolleremos de novo a ferramenta


pincel e a brocha Diagonal star (11)
con un Espazado a 100. Escolleremos
tamén a cor verde (reducindo a 0 a
cor vermello) e debuxaremos unha
liñas verticais.
Unha vez debuxadas escolleremos a
ferramenta lapis e brocha Diagonal star
(25) . O espazado o colocaremos en un
valor de 125.

Por ultimo escolleremos a cor azul a 255 e reducindo a 0 o verde e o vermello.


Escolleremos a brocha Galaxy small , e
actuaremos neste caso coa ferramenta
aerógrafo . neste caso calcaremos
sobre a imaxe pero sen arrastrar. Veras
que canto mas tempo deixes calcado o
rato mas se fixase a brocha sobre a
imaxe. neste caso utiliceino para cubrir
algunhas zonas en branco.

4. Por ultimo garda o arquivo como gimp02.xcf e envialo por correo con asunto.

PRATICA III: MONECO DE NEVE

Nesta actividade imos debuxar un moneco de neve utilizando as ferramentas lapis


e brocha.

Cubriremos con cor azul e vermello a algunhas zonas da imaxe, e por ultimo
gardarémo-la no formato de GIMP.

1. Abre un arquivo novo de 400 x 300 pixeis en menú Arquivo > Novo.... Ao calcar en
Aceitar, ábrese a xanela de imaxe con esas medidas. Escolleremos a cor Branca
como Tipo de recheo (cor de fondo). O Tipo de imaxe será RGB.

2. Antes de comezar a debuxar, faremos a selección de brocha indo á xanela da


caixa de ferramentas, e calcando sobre a zona da brocha activa. Escolleremos a
brocha Circle (09) (9 x 9)
Isto nos dará un groso de brocha
de 9 pixeis.

Tamén seleccionaremos a
ferramenta Lapis calcando sobre a
icona . Respecto á cor de fronte,
deixaremos de momento a cor
negra.

!Comecemos a debuxar!

3. Tratase de facer un moneco de


neve debuxando a cabeza, corpo, e
un sombreiro. Tamén porémoslle unhas pólas en forma de brazos, e unha vasoira.
Cubriremos algunhas zonas con outras cores diferentes ao negro e branco. !Non lle
debuxes o nariz! Porémoslla posteriormente de cor vermello.

Para debuxar coa ferramenta Lapis, e outras ferramentas de pintura, simplemente


tes que colocar o cursor sobre o area da imaxe, calcar, e arrastrar o rato sen
soltar o botón tal como fixemos no exercicio anterior.

Lembra que podes desfacer os pasos dados calcando ao mesmo tempo as teclas
Control e Z.

Non é moi complicado .verdade? !! Adiante!!

Se utilizas a ferramenta Riscar ten en conta que a punta da goma ten o mesmo
grosor que a do pincel, polo que a precisión ao riscar non será moi boa. Tamén
convén activar a opción Bordes duros para ter un riscado completo dunha só
pasada.

4, Imos seleccionar as cores para cubrir parte do fondo en azul claro, e o nariz do
moneco en vermello.

Fai clic sobre a cor de fronte na zona de cor activa para que apareza a paleta de
cores GIMP.

Despraza as barras dos tons Azul e Verde até o valor 255, o máximo. Fíxate como
na zona inferior se visualiza o novo ton. A nova cor se coloca como cor de fronte na
caixa de ferramentas.

5. Agora selecciona a ferramenta de recheo , sitúa o cursor sobre a zona do ceo e


fai clic co botón esquerdo do rato.
Se algunha zona se fica en branco,
actúa de novo coa ferramenta cubro.

En caso de que algunha zona moi


pequena sexa difícil cubrir, podemos
achegarnos e utilizar a ferramenta
zoom para agrandar a imaxe e poder
retocar esas zonas coa ferramenta lapis
(os trazos do lapis son agora tamén coa
cor de fronte). Probabelmente teñas
que mudar o tamaño da brocha.

Unha vez retocado, para recuperar o


tamaño de imaxe orixinal, coa
ferramenta zoom activada, calca en
numero 1 do teu teclado. Isto devólvenos ao tamaño orixinal 1:1.

Que tal o levas? Espero que ben.

6. Xa só nos falta debuxar o nariz do moneco con cor vermello e estará acabado.
Imos seleccionar a cor vermella calcando de novo sobre a zona da cor de fronte, e
sobre a paleta de cores de GIMP daremos máximo valor ao Vermello, e mínimo ao
Verde e ao Azul.

De novo utilizaremos a ferramenta Lapis para debuxar o nariz.

7. Imos a colocar algúns copiñas de neve sobre o sombreiro, vasoira, brazos do


noso debuxo. Podes utilizar neste caso a ferramenta Pincel que nos dá contornos
menos definidos que os da ferramenta Lapis. Utiliza tamén o tipo de brocha Circle
Fuzzy para diminuír aínda mais esa nitidez de contornos.

Para poñer a cor branca como cor de fronte só teremos que calcar sobre a dobre
frecha ao lado das cores activas de fronte e fondo, e estes trócanse.

8. Gárdao en formato jpg co nome de Gimp03.jpg.

Lembra que é en menú Arquivo > Gardar... ou


Gardar como...

Para o arquivar en formato jpg terás que


activar a opción Determinar o tipo de
formato e seleccionar JPG ou tamén
escribir a extensión directamente a
continuación do nome do arquivo.
Cando vaias a gardalo che aparecen unhas xanelas de opcións para o formato jpg.
Unha destas opcións é indicar o grao de calidade. Lembra que o formato jpg é un
formato de compresión, polo que a maior calidade menor compresión e
consecuentemente maior tamaño de arquivo. A calidade (compresión) terás que
tomala en función da imaxe que estes tratando e esta recomendado para imaxes
que teñan cor verdadeira (a risco de perder algo en calidade), ou para imaxes que
polos seus dimensións podan ocupar moito espazo no disco (onde o tamaño do
arquivo sexa unha condición preferinte a unha calidade óptima).

9. Envialo por correo con asunto.

PRATICA IV: Leonardo Dá Vinci

Leonardo dá Vinci, inventor

A partir dos arquivos que che dou na carpeta Leonardo inventor, realiza unha
composición similar a proposta nun arquivo de imaxe de 600 x 500 pixeis.

Utilizaremos a ferramenta clonar para cubrir espazos en branco con texturas


similares.

1. Baixa a imaxe Leonardo.jpg facendo clic sobre o enlace. Unha vez abrises o
arquivo, reduce a imaxe proporcionalmente para que teña 150 pixeis de ancho.
Menu Imaxe > Escalar a imaxe...

2. Selecciónaa completamente, copiala e pégaa a un novo arquivo de 600 x 500


pixeis. Situala na zona central.

3. Imos realizar unha selección o redor da imaxe batida utilizando a ferramenta


selección elíptica calcando simultaneamente a tecla Maiúscula para que a selección
sexa circular. A selección debe adiantar o area da figura, e unha vez realizada
poderemos desprazala calcando a tecla Alt. mentres a arrastramos co cursor.

4. Imos limpar o exterior da selección, e para iso investiremos a selección en Menú


Seleccionar > Inverter, e a continuación Menú Editar > Limpar. Voltamos á
selección orixinal inverténdoa de novo.

5. E a continuación utilizaremos a ferramenta pintar usando patróns ou rexións da


imaxe (clonar) , para cubrir os espazos en branco dentro da selección. Deixamos
activada a opción Imaxe orixe.

Calcaremos a tecla Control para recoller a patrón orixe de lectura e que imos a
clonar sobre as zonas brancas da selección circular. Veras que ao calcar a tecla
Control se forma unha cruz que debemos situar e facer clic na zona de patrón
orixe. Entón soltamos o botón do rato.

Se agora colocamos o cursor sobre a nova zona a cubrir (a zona en branco do area
circular seleccionada) e calcamos veremos que a cruz vai lendo na zona orixe e
clonándoa sobre a zona por onde imos arrastrando o cursor.

Podemos recolocar a zona orixe calcando de novo a tecla Control e facendo clic.

Coa ferramentas Desenfocar/Enfocar poderás retocar o fondo creado. Tamén


imos crear unha liña o redor da imaxe coa brocha Circle (01) e menú Editar >
Trazar a selección...

6. Agora colocaremos as
imaxes dos arquivos GIF
(Ballesta, Catapulta,
Cortador de tea, Elevador
de auga, Helicóptero,
Maquina de guerra, Tanque,
Tren de aterraxe) o redor
da imaxe de Leonardo, pero
antes reducirémo-los de
forma que cada imaxe teña
un ancho de 150 pixeis.

7. Guarda o teu exercicio co


nome de Gimp04.jpg e
envialo por correo con asunto.

You might also like