You are on page 1of 4

Grao en Economía

Curso 2019-2020

DESENVOLVEMENTO REXIONAL E DESENVOLVEMENTO LOCAL

Actividade Análise das Disparidades Rexionais ou Locais

Obxectivos e descrición da actividade

Esta actividade de realización individual ten como principal obxectivo comprender as


diversas implicacións territoriais dos fenómenos económicos e os procesos de cambio e
transformación acelerada que veñen experimentado as economías nacionais, rexionais e
locais. Outro obxectivo da actividade é coñecer a diversidade de indicadores para a
análise rexional e local e ilustrar as disparidades territoriais dende unha perspectiva
comparativa.

A actividade consiste en analizar algunha das disparidades territoriais e explicar as súas


causas e consecuencias. En concreto, os pasos que se deben seguir na actividade son os
seguintes:

- Seleccionar entre 1 e 3 indicadores e elixir un ámbito territorial (ámbito local ou


rexional: Galicia, Andalucía, España, UE, China, México, ...)

- Describir as disparidades nese/s indicador/es dentro do ámbito territorial elixido. Para


iso, débense comparar polo menos tres áreas diferentes da mesma escala ou nivel (por
exemplo tres municipios, ou tres cidades, megacidades, comarcas, provincias,
rexións...).

- Analizar esas disparidades en relación cos conceptos e teorías que conforman o


programa da materia (especialmente temas 1 a 5)

- Unha pequena reflexión sobre as tendencias na evolución desas disparidades e as


consecuencias

- Incluír as referencias bibliográficas e/ou fontes estatísticas consultadas para a


realización da tarefa

1
- Entregar a tarefa na Aula Virtual antes da realización da proba telemática e como
máximo ata o 05 de xuño

A extensión recomendada para a tarefa terá unha extensión entre 2 e 5 páxinas.

Exemplos

Como exemplos e sen ánimo de ser exhaustivos, indícanse algunhas propostas. Téñase
en conta que a actividade non se limita aos exemplos que aquí se poñen.

1. Análise de PIB per cápita municipal, rexional


2. Índices de especialización produtiva
3. Distribución de poboación, emprego, empresas, ...
4. Fluxos de mobilidade laboral
5. Indicadores de calidade de vida e benestar económico
6. Stock de capital
7. Capital humano
8. Innovación
9. Competitividade rexional ou urbana
10. Economías de aglomeración
11. Informe de cohesión económica, social e territorial da UE
12. Capitalidade e efectos económicos

Fontes estatísticas e de información de interese

Sen ánimo de ser exhaustivos, indícanse algunhas das fontes estatísticas e de


información útiles para a realización da tarefa. Na Aula Virtual podedes consultar os
enlaces a estas fontes de información

• O Instituto Galego de Estatística (IGE) (www.ige.eu): Na súa web ofrece


diversas estatísticas. Teñen especial relevancia para a materia as estatísticas
Panorama rural-urbano, Panorama dos sete grandes concellos, Información
municipal e comarcal, PIB municipal ou Especialización produtiva.

• O Instituto Nacional de Estadística (INE) (www.ine.es): Ademais das estatísticas


nas que ofrece información rexional, préstase especial atención a Indicadores

2
Urbanos, Indicadores de Calidade de Vida e a Estatística Atlas de distribución de la
renta de los hogares iniciada como experimental en 2019.

• Eurostat (https://ec.europa.eu/eurostat/home): Entre as estatísticas dispoñibles,


destacan as bases de datos Regions e Urban Audit.

Ademais das fontes estatísticas, existen outras fontes de información procedentes de


entidades que con carácter periódico publican memorias, informes ou estudos de
carácter rexional ou local ou con información territorializada. Indicamos algunhas das
máis relevantes:

 Comisión Europea: Ademais da web de Política rexional e urbana da Dirección


Xeral, publica informes de interese sobre distintas temáticas, como o informe
periódico sobre a cohesión económica, social e territorial; o índice de
competitividade rexional; o European Innovation Scoreboard ou Regional
Innovation Scoreboard, Statistical Regional Book, ou o efecto económico da
capitalidade.

 ONU Hábitat (http://es.unhabitat.org/): É o Programa de Nacións Unidas para os


Asentamentos Humanos, que inclúe información e publicacións de interese.

 O Instituto Valenciano de Investigaciones Económicas (IVIE)


(https://www.ivie.es/) conta con bases de datos e publicacións de interese sobre
diversas temáticas que contemplan a perspectiva rexional. Destacan destacamos os
informes sobre competitividade, crecemento, capitalización das rexións españolas,
distribución do capital humano e o talento ou o papel da Universidade no
desenvolvemento rexional.

 A Fundación de Estudios de Economía Aplicada (FEDEA)


(https://www.fedea.net/) publica unha estatística sobre a renda persoal dos
municipios españois e a súa distribución.

 A Axencia Tributaria (https://www.agenciatributaria.es) publica a Estadística de


los declarantes de IRPF por municipio.

 O Consorcio da Zona Franca de Vigo elabora anualmente o Informe Ardán


Directorio de empresas. Informe económico-financiero y de la competitividad. No
apartado 4 “Las actividades empresariales y el territorio” e en particular o apartado
4.2 (“La perspectiva comarcal”)

3
 No que se refire ás entidades financeiras, o Banco Bilbao Vizcaya Argentaria
(BBVA) publicou a primeira fonte con información de renda desagregada a nivel
territorial (Renta Nacional de España y su distribución provincial. A Fundación
publica anualmente dende 1985 o informe A Economía Galega: Informe Anual,
onde podedes ver os índices de especialización produtiva por exemplo no capítulo
de sector industrial.

You might also like