You are on page 1of 13

Dirección Xeral de Formación Profesional e

Ensinanzas Especiais

Material para a preparación


de probas a distancia
Grao Medio
Proba Sociocultural
Parte da proba Xeografía, historia e sociedade
Unidade didáctica 11. Da prehistoria á Idade Media
Actividade 2. O mundo grecorromano
Autores Grupo de traballo de desenvolvemento de
material para a preparación das probas de
acceso
Nome do arquivo UD11_A02_Grecia.e.Roma.doc

Páxina 1 de 13
Índice

1. Ficha técnica.......................................................................................................................3
1.1 Título................................................................................................................................ 3
1.2 Obxectivos....................................................................................................................... 3
1.3 Contidos........................................................................................................................... 3
1.3.1 Contidos conceptuais......................................................................................................... 3
1.3.2 Contidos procedimentais.................................................................................................... 3
1.4 Aspectos metodolóxicos...................................................................................................3
1.5 Descrición do que se vai aprender...................................................................................4
2. Descrición da actividade.....................................................................................................5
2.1 Introducción...................................................................................................................... 5
2.2 Tarefas............................................................................................................................. 6
2.2.1 Tarefa 1: a Antiga Grecia................................................................................................... 7
Autoavaliación.......................................................................................................... 7
2.2.2 Tarefa 2: algúns acontecementos da historia da Antiga Grecia.........................................8
Autoavaliación.......................................................................................................... 8
2.2.3 Tarefa 3:a polis de Atenas.................................................................................................. 8
Autoavaliación:......................................................................................................... 9
2.2.4 Tarefa 4: o mundo romano................................................................................................. 9
Autoavaliación:....................................................................................................... 10
2.2.5 Tarefa 5: algúns acontecementos da historia do mundo romano.....................................11
Autoavaliación:....................................................................................................... 11
2.2.6 Tarefa 6: comparamos a arte grega coa arte romana......................................................11
Autoavaliación:....................................................................................................... 12
3. Materiais...........................................................................................................................13
3.1 Textos de apoio ou de referencia...................................................................................13

Páxina 2 de 13
1. Ficha técnica
1.1 Título
 Da prehistoria á Idade Media.
 O mundo grecorromano.
 UD11_A02_Grecia.e.Roma.doc

1.2 Obxectivos
 Identificar cronoloxicamente as principais civilizacións e sociedades anteriores á Idade
Moderna.
 Coñecer os datos básicos desas sociedades e os seus vestixios materiais e visuais
característicos (edificios, obras de arte, ferramentas, etc.).
 Identificar os elementos básicos na caracterización dunha sociedade.
 Coñecer os trazos propios das sociedades anteriores á Idade Moderna e comprender as
fases do seu desenvolvemento.

1.3 Contidos
1.3.1 Contidos conceptuais
 Das sociedade prehistóricas ás sociedades escravistas.

1.3.2 Contidos procedementais


 Análise e interpretación de gráficos, diapositivas, fotografías, etc.

1.4 Aspectos metodolóxicos


 Tipo da actividade: a distancia, de aprendizaxe e individual.
 Temporalización: 20 minutos.
– Tarefa 1: sete minutos.
– Tarefa 2: nove minutos.
– Tarefa 3: sete minutos.
– Tarefa 4: nove minutos.
– Tarefa 5: nove minutos.
– Tarefa 6: nove minutos.
 Recursos:
– Materiais: calquera texto da área de Ciencia sociais, xeografía e historia
correspondentes os cursos 1º, 2º e 4º de ESO; recoméndase particularmente o texto
“Xeografía e Historia” de 1º de ESO, de Santillana-Obradoiro, unidades didácticas 13,
14 e 15, páxinas 188 a 245.

Páxina 3 de 13
1.5 Descrición do que se vai aprender
Esta actividade 2 está dedicada ao coñecemento do mundo grecolatino, é dicir, das culturas
respectivas da antiga Grecia e de Roma e o seu imperio, entendendo que dalgún xeito
forman unha unidade, pola continuidade do mundo grego tras a súa conquista por Roma e
pola semellanza en formas culturais e artísticas, así como nas crenzas que os romanos
adoptan dos gregos.
Sen dúbida, e malia as semellanzas que vimos de sinalar, ás que podemos engadir o feito
de naceren ambas as culturas nun mesmo momento (o século VIII a.C.), son tamén moitas
as singularidades salientables de cada unha delas, que procuraremos achegarlle no decorrer
das tarefas que deberá vostede realizar.

Páxina 4 de 13
2. Descrición da actividade
2.1 Introdución
Esta segunda actividade dedicarémola ao estudo do mundo grecorromano, é dicir, da antiga
Grecia e de Roma e o seu imperio, que a partir desta cidade se estendeu por toda a conca do
Mediterráneo.
A importancia que ten a herdanza que deste ámbito grecorromano recibimos na nosa
civilización occidental (desde os puntos de vista político, social, económico, ideolóxico,
cultural e artístico) xustifica sobradamente o estudo cunha certa profundidade dos aspectos
máis salientables de gregos e romanos.
Cronoloxicamente trátase de dúas culturas que teñen as súas orixes no século VIII a.C. A
Grecia das polis independentes, ou cidades-estado, cada unha co seu goberno e exércitos
propios, é relativamente breve, e no último terzo do século IV a.C. son conquistadas polo rei
de Macedonia, Filipo II, o pai do célebre Alexandre Magno. Á morte de Alexandre Magno o
seu imperio foi dividido en tres reinos, que inclúen o territorio das antigas polis, e estes, á
súa vez, son conquistados polos romanos de xeito que antes de que remate o século I a.C.
Grecia estará baixo o poder de Roma. Como se pode deducir, os romanos tomarán dos
gregos moitos aspectos, especialmente no eido cultural: a súa arte, os seus deuses (son os
mesmos basicamente, pero os romanos chámanlles doutro xeito), a súa literatura e a
filosofía, a historia, etc.
Pola súa banda, o mundo romano constitúese a partir da fundación dunha cidade, Roma,
na que participan tres pobos diferentes: os latinos, os sabinos e os etruscos. Baixo o dominio
destes últimos, nos primeiros tempos (753 a.C. a 509 a.C.) organízase como unha
monarquía baixo a autoridade dun rei etrusco. Despois inaugúrase un novo réxime, a
República (de 509 a.C. a 24 a.C.), na que os cidadáns participan por medio de asembleas
(Senado para os patricios, Comicios para os plebeos) nas que se elixen os maxistrados, que
terán cada ano o poder nos diferentes ámbitos. Por último, o Imperio (de 24 a.C. a 476 d.C.),
no que o poder volve estar nunha soa man, a do emperador. Se ben todo comeza cunha
cidade, esta experimenta unha rápida expansión, primeiro polo resto da Península Itálica e
logo por toda a conca do Mediterráneo, ata constituír un poderoso imperio, articulado polas
calzadas e vías e defendido polas lexións.

 Na tarefa 1 terá que traballar unha serie de aspectos fundamentais da antiga Grecia
(cronoloxía, etapas, situación xeográfica, política, economía, sociedade, cultura e
crenzas) buscando no cadro que lle achegamos as correspondencias entre estes aspectos
que vimos de sinalar e o seu desenvolvemento no mundo grego.

 Para realizar esta tarefa 1 poderá consultar o texto de 1º de ESO de Santillana-Obradoiro


titulado “Xeografía e Historia”, unidades didácticas 13 e 14, páxinas 188 a 215.

 A tarefa 2 está encamiñada a que vostede recoñeza algúns dos principais acontecementos
da historia da antiga Grecia e saiba situalos na etapa correspondente: época arcaica,
época clásica ou época helenística. Propomos un cadro onde atopará na columna da

Páxina 5 de 13
esquerda unha serie de acontecementos e feitos históricos, e terá que sinalar cun X a
etapa na que considere que debe situar cada un deles.

 Para realizar esta tarefa 2 poderá consultar de novo o texto “Xeografía e Historia” de 1º
de ESO, de Santillana-Obradoiro, unidades didácticas 13 e 14, páxinas 188 a 215.

 A terceira tarefa da actividade céntrase exclusivamente na polis de Atenas, porque foi o


exemplo máis salientable deste tipo peculiar de organización política e tamén polo seu
papel preponderante no conxunto das polis helénicas, tanto desde o punto de vista
político como desde o cultural. Terá que ler un texto que lle achegamos e responder a
unhas cuestións a propósito del.

 A información para responder ás ditas cuestións pódea atopar no propio texto, aínda que
tamén podes dirixirse ao manual indicado para as tarefas 1 e 2, nas mesmas páxinas.

 A tarefa 4 é similar á tarefa 1 e ten o mesmo esquema e procedemento, pero agora


ocuparémonos do mundo romano.

 Para a realizar deberá consultar o texto “Xeografía e Historia” de 1º de ESO de


Santillana-Obradoiro, unidades didácticas 15 e 16, páxinas 216 a 245.

 Canto á tarefa 5, tamén é paralela á tarefa 2, xa que nela tamén cumprirá situar unha serie
de feitos históricos, agora referidos ao mundo romano, nas correspondentes etapas:
Monarquía, República e Imperio.

 Para realizala deberá consultar o texto e as páxinas que se indicaron para a tarefa
anterior.

 Na tarefa 6, a derradeira, imos tratar de xeito conxunto a arte do mundo grecorromano,


concretamente a arquitectura e a escultura. Tratarase de compararmos ambos os estilos
para salientar os elementos que diferencian a arquitectura e a escultura de Grecia e de
Roma. A tarefa consistirá en dous cadros comparativos nos que lle amosamos unha serie
de características: terá que sinalar cun X cal dos dous estilos, o grego ou o romano,
cumpre cada unha das características alí presentadas.

 Para realizar esta actividade deberá consultar o texto citado de 1º de ESO de Santillana-
Obradoiro, unidades didácticas 13 a 16, páxinas 188 a 245.

2.2 Tarefas
 Tarefa 1: A antiga Grecia.
 Tarefa 2: Algúns acontecementos da historia da antiga Grecia.
 Tarefa 3: A polis de Atenas.

Páxina 6 de 13
 Tarefa 4: O mundo romano.
 Tarefa 5: Algúns acontecementos da historia do mundo romano.
 Tarefa 6: Comparamos a arte grega coa arte romana.

2.2.1 Tarefa 1: A antiga Grecia


Na antiga Grecia afunde as súas raíces a nosa civilización occidental. Todo comezou na
Península helénica cara ao ano 800 a.C., cando xurdiron as primeiras polis ou cidades-
estado, cada unha coas súas leis, goberno e exército propios. Cada unha mantivo a súa
independencia ata o ano 338 a.C., cando Filipo II, o pai de Alexandre Magno, conquistou as
polis gregas e, co tempo, formaranse os reinos helenísticos que, á súa vez, terminaron baixo
o poder romano.
Ata o 338 a.C. as polis relacionáronse entre elas tanto de xeito amigable (olimpíadas)
como de maneira belixerante (guerras do Peloponeso). Tamén tiveron que aliarse fronte aos
inimigos comúns, como no caso das guerras contra os persas ou os medos. Experimentaron
ademais diferentes formas de goberno, entre elas a democracia ou goberno do pobo.
Ademais, sobresaen as súas manifestacións artísticas, como os templos e as esculturas que
representan os atletas vencedores das olimpíadas, e desenvolven unha rica literatura,
inventan a filosofía, etc.
 A continuación trátase de que traballe cos aspectos básicos da antiga Grecia nos
diferentes apartados que temos que distinguir nun estudo histórico: a situación
xeográfica, a cronoloxía e as diferentes etapas, os aspectos políticos, económicos e
sociais, sen esquecer a cultura e as crenzas. Para iso propomos o seguinte cadro, no que
terá que emparellar cada aspecto co seu contido referido á Antiga Grecia.
A ANTIGA GRECIA
SITUACIÓN XEOGRÁFICA Cidades independentes, cada unha das cales tiña o seu propio
A
goberno, leis e exército: polis ou cidades-estado
CRONOLOXÍA Basicamente agraria baseada no cultivo da triloxía mediterránea
B (trigo,vide e oliveira). Tamén practican a artesanía e desenvolven
actividades comerciais con moeda (a dracma)
ETAPAS 800 a.C. (primeiras polis) a 30 a.C. (Exipto é o derradeiro reino
C
helenístico en pasar ás mans dos romanos)
POLÍTICA D Gran desenvolvemento: literatura, filosofía, arte, etc.
SOCIEDADE Politeísmo: deuses similares aos humanos e heroes fillos de deus e
E
mortal. As relacións entre todos eles recollíanse na mitoloxía
ECONOMÍA División entre cidadáns e non cidadáns: os primeiros tiñan dereitos
F políticos e os segundos non; os non cidadáns podían tanto ser
estranxeiros (sen dereitos pero libres) como escravos
CULTURA Sur da Península Balcánica e illas do Mediterráneo oriental como
G núcleo orixinal. Expansión polo Mediterráneo occidental e oriental
chegando a Asia e ao norte de África
CRENZAS Época arcaica (800 a.C. a 490 a.C.)
H Época clásica (490 a.C. a 338 a.C.)
Época helenística (338 a.C. a 30 a.C.)

Autoavaliación
A ANTIGA GRECIA
SITUACIÓN XEOGRÁFICA Cidades independentes, cada unha das cales tiña o seu propio goberno, leis e
A D
exército: polis ou cidades-estado
CRONOLOXÍA Basicamente agraria baseada no cultivo da triloxía mediterránea (trigo, vide e
B F oliveira).Tamén practican a artesanía e desenvolven actividades comerciais
con moeda (a dracma)
ETAPAS 800 a.C.(primeiras polis) a 30 a.C.(Exipto é o derradeiro reino helenístico en
C B
pasar ás mans dos romanos)
POLÍTICA D G Gran desenvolvemento: literatura, filosofía, arte, etc.
SOCIEDADE E H Politeísmo: deuses similares aos humanos e heroes fillos de deus e mortal. As

Páxina 7 de 13
relacións entre todos eles recollíanse na mitoloxía
ECONOMÍA División entre cidadáns e non cidadáns: os primeiros tiñan dereitos políticos e
F E os segundos non; os non cidadáns podían tanto ser estranxeiros (sen dereitos
pero libres) como escravos
CULTURA Sur da Península Balcánica e illas do Mediterráneo oriental como núcleo
G A orixinal. Expansión polo Mediterráneo occidental e oriental chegando a Asia e
ao norte de África
CRENZAS Época arcaica (800 a.C. a 490 a.C.)
H C Época clásica (490 a.C. a 338 a.C.)
Época helenística (338 a.C. a 30 a.C.)

2.2.2 Tarefa 2: Algúns acontecementos da historia da antiga Grecia


Nesta tarefa trátase de que sexa capaz de situar algúns acontecementos históricos de grande
importancia sucedidos na antiga Grecia na etapa correspondente da historia. Lembre que
podemos distinguir o período arcaico (800 a.C. a 490 a.C.), o período clásico (490 a.C. a
338 a.C.) e a época helenística (338 a.C. a 30 a.C.).
 Na seguinte táboa só terá que sinalar o recadro correspondente á etapa na que considere
que tivo lugar o acontecemento que figura na columna da esquerda:
ALGÚNS ACONTECEMENTOS DA HISTORIA DA ANTIGA GRECIA
ÉPOCA ARCAICA ÉPOCA CLASICA ÉPOCA HELENÍSTICA
Introdución do alfabeto
Imperio de Alexandre Magno
Guerra do Peloponeso (Atenas contra Esparta)
Fundación de colonias no Mediterráneo
Clístenes inicia a democracia en Atenas
Exipto, derradeiro reino helenístico, cae en poder de Roma
I Guerra Médica (contra os persas) que conclúe coa vitoria
grega

Autoavaliación
ALGÚNS ACONTECEMENTOS DA HISTORIA DA ANTIGA GRECIA
ÉPOCA ARCAICA ÉPOCA CLASICA ÉPOCA HELENÍSTICA
Introdución do alfabeto X
Imperio de Alexandre Magno X
Guerra do Peloponeso (Atenas contra Esparta) X
Fundación de colonias no Mediterráneo X
Clístenes inicia a democracia en Atenas X
Exipto, derradeiro reino helenístico, cae en poder de Roma X
II Guerra Médica (contra os persas) que conclúe coa vitoria X
grega

2.2.3 Tarefa 3: A polis de Atenas


A grande importancia que a polis de Atenas tivo entre o conxunto das polis gregas, tanto
polo seu sistema político, polo seu liderado durante moitos anos sobre o mundo helénico,
como pola transcendencia das súas manifestacións artísticas e culturais, lévanos a dedicarlle
esta tarefa na que pretendemos que vostede afonde un pouco máis no coñecemento de
diferentes aspectos desta polis ateniense. Para realizar esta tarefa terá que ler con atención o
texto que deseguido lle achegamos e, a continuación, responder ás cuestións que se lle
formulan a propósito del.
“Atenas foi a polis máis importante do mundo grego antigo ata finais do século V a.C.,
no que tras o enfrontamento coa súa principal rival, Esparta, na chamada “Guerra do
Peloponeso”, perdeu o seu liderado sobre o resto das polis gregas. Pero antes do declive, é
dicir, no propio século V a.C., acadou o seu máximo apoxeo, tanto polo seu prestixio entre

Páxina 8 de 13
as restantes cidades-estado, gañado durante as guerras contra os persas (“guerras médicas”),
como porque o sistema de goberno chamado “democracia” acadou entón, grazas a Pericles,
a súa máis lograda expresión.
Democracia quere dicir “goberno do pobo” (demos = pobo, cratos=goberno), e este foi
un invento dalgunhas polis gregas que desde o século VI a.C. ensaiaron un novo xeito de
participación dos cidadáns no exercicio do poder a través das asembleas.
Atenas foi ademais a capital cultural do mundo grego: alí naceu o teatro de Esquilo,
Sófocles e Eurípides; a filosofía da man de Sócrates, Platón e Aristóteles; a historia con
Herodoto, sen esquecer a arte onde Fidias fixo culminar, nos edificios da Acrópole de
Atenas, os logros artísticos da Antiga Grecia.
CUESTIÓNS
Por que no século V a.C. Atenas era a polis máis importante do mundo grego?
Que acontecemento ocorrido a fins dese século levou consigo a perda do seu liderado?
Que significa o termo democracia? Como se chamaba o político ateniense que fai
culminar a democracia nesta polis?
Sinale algúns dos máis importantes logros culturais e artísticos do mundo grego antigo.
Autoavaliación
 Por que no século V a.C. Atenas era a polis máis importante do mundo grego?
– Pola súa superioridade política, cultural e artística, e polo liderado que exercía sobre o
resto das cidades-estado gregas, especialmente debido ao seu papel na loita contra os
persas
 Que acontecemento ocorrido a fins dese século levou consigo a perda do seu liderado?
– A Guerra do Peloponeso.
 Que significa o termo democracia? Como se chamaba o político ateniense que fai
culminar a democracia nesta polis?
– Democracia significa “goberno do pobo”. O político en cuestión é Pericles.
 Sinale algúns dos máis importantes logros culturais e artísticos do mundo grego antigo.
– A literatura, especialmente o teatro (Esquilo, Sófocles e Eurípides); a filosofía
(Sócrates, Platón e Aristóteles), a historia (Herodoto) e a arte (Fidias).

2.2.4 Tarefa 4: O mundo romano


O mundo romano é, xunto coa Grecia antiga, o outro piar da nosa cultura, xa que son moitas
as débedas que temos con el: o idioma (falamos unha lingua romance, derivada do latín), as
institucións, a base da nosa lexislación, a ideoloxía e as crenzas (importancia do pensamento
e da moral cristiá na nosa sociedade).
De novo, as orixes desta cultura atópanse no século VIII a.C., concretamente no ano 753
a.C. no que, segundo a tradición, se fundou a cidade de Roma. A fundación de Roma foi por
iniciativa dos etruscos. Este pobo ocupaba as terras do norte de Italia e, por mor do
crecemento da poboación, expandiuse cara ao sur na procura de novas terras. Os etruscos
relaciónanse dese xeito cos latinos e cos sabinos, xa establecidos na zona, e así se inicia o
primeira etapa de Roma, a Monarquía, baixo o dominio de reis etruscos, que vai dende 753
a.C. ata o 509, no que comeza a República.

Páxina 9 de 13
República vén do latín “res pública” que podemos traducir como “asunto de todos” e, xa
que logo, leva consigo a participación dos cidadáns no goberno a través de asembleas
(Senado, comicios, etc.). Estas asembleas elixían á súa vez os maxistrados, que tiñan ao seu
cargo os principais postos de responsabilidade no goberno. Este réxime político durou ata o
ano 24 a.C., aínda que xa durante todo o século I a.C. estivo sometido a unha forte crise.
Como consecuencia desa crise, Augusto, no ano 24 a.C., asumiu todos os poderes que
anteriormente estaban repartidos entre os distintos maxistrados e proclamouse “imperator”,
co que comezou a etapa do Imperio romano. O Imperio durará algo máis de cinco séculos e
finalizará no ano 476 d.C., cando as propias crises internas (económicas, demográficas,
políticas) e a entrada masiva de pobos bárbaros (xermánicos) terminou por acabar co poder
imperial.
Trátase, en todo caso, dun mundo de cidades que chegou a conquistar toda a conca do
Mediterráneo e, por suposto, a Península Ibérica. A esta déronlle o nome de Hispania
(tamén lle deron o nome de Gallaecia ao noso país) e construíron calzadas ou vías que
conectaron todo o Imperio. Tamén fixeron todo un conxunto de obras de enxeñaría
impresionantes para o seu tempo, como pontes, acuedutos para levaren a auga ás cidades,
faros como a torre de Hércules, na Coruña, e numerosas obras de arte.
 Nesta tarefa pretendemos que asente os coñecementos básicos acerca do mundo romano
e, para iso, terá que relacionar, no cadro que deseguido lle achegamos, cada aspecto co
seu contido referido ao mundo romano (como xa fixo na tarefa 1 co mundo grego):
O MUNDO ROMANO
SITUACIÓN XEOGRÁFICA Monarquía (753 a.C. a 509 a.C.)
A República (509 a.C. a 24 a.C.)
Imperio (24 a.C. a 476 d.C.)
CRONOLOXÍA As persoas libres dividíanse en patricios (tiñan o poder político e económico) e
plebeos. Os escravos acadaban esta condición como prisioneiros de guerra ou
B
por débedas, e podían chegar a ser liberados ou libertos.

ETAPAS Núcleo: rexión do Lacio, na Península Itálica. Expansión entre o século IV a.C.
e o II d.C., constituíndo un imperio por toda a conca do Mediterráneo e
C
introducíndose na Europa occidental, central e oriental, no próximo oriente e
no norte de África.
POLÍTICA Basicamente agraria: cultivo de latifundios ou grandes extensións de terreo
que tiñan un mesmo propietario. Triloxía mediterránea (trigo, vide e oliveira);
D
práctica da artesanía; comercio que vinculaba todo o Imperio grazas á rede de
calzadas. Moeda (denario, ás e sestercio).
SOCIEDADE Na Monarquía goberna un rei de orixe etrusca. Na República as asembleas
E (Senado, comicios, etc.) e os maxistrados elixidos por elas. No Imperio o
emperador. As cidades serán o eixe organizador no mundo romano.
ECONOMÍA Politeísmo tomado dos gregos (mesmos deuses con outro nome).
F O cristianismo difundiuse no Imperio progresivamente ata que a fins do século
IV d.C. chegou a ser a relixión oficial do Imperio romano.
CULTURA G 753 a.C.(fundación de Roma) a 476 d.C. (caída do emperador de Occidente).
CRENZAS Literatura, filosofía e ciencia. Arte: templos, obras de enxeñaría (pontes
H
acuedutos), teatros, anfiteatros, termas, basílicas, etc.

Autoavaliación
O MUNDO ROMANO
SITUACIÓN XEOGRÁFICA Monarquía (753 a.C. a 509 a.C.)
A C República (509 a.C. a 24 a.C.)
Imperio (24 a.C. a 476 d.C.)
CRONOLOXÍA As persoas libres dividíanse en patricios (tiñan o poder político e económico) e
plebeos. Os escravos acadaban esta condición como prisioneiros de guerra ou
B E
por débedas, e podían chegar a ser liberados ou libertos.

ETAPAS C A Núcleo: rexión do Lacio, na Península Itálica. Expansión entre o século IV a.C.
e o II d.C., constituíndo un imperio por toda a conca do Mediterráneo e
introducíndose na Europa occidental, central e oriental, no próximo oriente e

Páxina 10 de 13
no norte de África.
POLÍTICA Basicamente agraria: cultivo de latifundios ou grandes extensións de terreo
que tiñan un mesmo propietario. Triloxía mediterránea (trigo, vide e oliveira);
D F
práctica da artesanía; comercio que vinculaba todo o Imperio grazas á rede de
calzadas. Moeda (denario, ás e sestercio).
SOCIEDADE Na Monarquía goberna un rei de orixe etrusca. Na República as asembleas
E D (Senado, comicios, etc.) e os maxistrados elixidos por elas. No Imperio o
emperador. As cidades serán o eixe organizador no mundo romano.
ECONOMÍA Politeísmo tomado dos gregos (mesmos deuses con outro nome).
F H O cristianismo difundiuse no Imperio progresivamente ata que a fins do século
IV d.C. chegou a ser a relixión oficial do Imperio romano.
CULTURA G B 753 a.C.(fundación de Roma) a 476 d.C. (caída do emperador de Occidente).
CRENZAS Literatura, filosofía e ciencia. Arte: templos, obras de enxeñaría (pontes
H G
acuedutos), teatros, anfiteatros, termas, basílicas, etc.

2.2.5 Tarefa 5: Algúns acontecementos da historia do mundo romano


Deseguido imos afondar algo máis no coñecemento da historia do mundo romano, para o
que acompañamos, no seguinte cadro, un conxunto de feitos históricos salientables
ocorridos no mundo romano.
 Deberá sinalar cunha cruz no correspondente cadro a que etapa da historia de Roma
pertencen. Lembre que distinguimos ata tres etapas segundo o réxime político de cada
momento: Monarquía (753 a.C. a 509 a.C.), República (509 a.C. a 24 a.C.) e Imperio (24
a.C. a 476 d.C.).
ALGÚNS ACONTECEMENTOS DA HISTORIA DO MUNDO ROMANO
MONARQUÍA REPÚBLICA IMPERIO
Concédeselles a cidadanía romana a todos os habitantes do Imperio
(Caracalla)
Crise do sistema republicano e acumulación de poderes por Xulio César
Constrúese o anfiteatro Flavio de Roma ou Coliseo
Os etruscos, pobo asentado no norte de Italia, conquistan a zona do Lacio
e xurdiu a cidade de Roma
Entrada de pobos xermánicos, que se instalaron dentro dos límites do
Imperio
Guerras púnicas (Roma contra Cartago) polo control do Mediterráneo
Odoacro, rei dos érulos, destrona a Rómulo Augusto como emperador de
Occidente

Autoavaliación
ALGÚNS ACONTECEMENTOS DA HISTORIA DO MUNDO ROMANO
MONARQUÍA REPÚBLICA IMPERIO
Concédeselles a cidadanía romana a todos os habitantes do Imperio X
(Caracalla)
Crise do sistema republicano e acumulación de poderes por Xulio César X
Constrúese o anfiteatro Flavio de Roma ou Coliseo X
Os etruscos, pobo asentado no norte de Italia, conquistan a zona do Lacio X
e xurdiu a cidade de Roma
Entrada de pobos xermánicos, que se instalaron dentro dos límites do X
Imperio
Guerras púnicas (Roma contra Cartago) polo control do Mediterráneo X
Odoacro, rei dos érulos, destrona a Rómulo Augusto como emperador de X
Occidente

2.2.6 Tarefa 6: Comparamos a arte grega coa arte romana


Esta última tarefa da actividade ímola dedicar ás manifestacións artísticas respectivas dos
mundos grego e romano. Parécenos que pode resultar clarificador establecer unha
comparación entre as características que teñen a arquitectura e a escultura grega coas
correspondentes do mundo romano e, para iso, propómoslle dous cadros que terá que

Páxina 11 de 13
completar marcando cun X os estilos que cumpren as características sinaladas. Basicamente
intentamos salientar as diferenzas e non os elementos comúns de ambas as artes.
COMPARACIÓN ENTRE ARQUITECTURA GREGA E ROMANA
ARQUITECTURA GREGA ARQUITECTURA ROMANA
Non utilizan nin arco nin bóveda
Utilizan arco e bóveda
O material empregado foi inicialmente a madeira e despois a pedra,
preferentemente mármore
Como materiais utilizaron pedra, ladrillo e un novo material: o formigón
Arquitectura baseada en edificios civís e nas obras de enxeñaría
Arquitectura esencialmente relixiosa
Edificios feitos á medida humana
Edificios monumentais á medida do Imperio

COMPARACIÓN ENTRE ESCULTURA GREGA E ROMANA


ESCULTURA GREGA ESCULTURA ROMANA
Función relixiosa
Función conmemorativa: relevo histórico
Preocupación polo realismo
Preocupación pola beleza, a proporción e a harmonía
Material favorito: a pedra, preferentemente mármore (moitas destas esculturas en
mármore son copias das esculturas gregas)
Material favorito: o bronce, aínda que tamén traballan a pedra

Autoavaliación
COMPARACIÓN ENTRE ARQUITECTURA GREGA E ROMANA
ARQUITECTURA GREGA ARQUITECTURA ROMANA
Non utilizan nin arco nin bóveda X
Utilizan arco e bóveda X
O material empregado foi inicialmente a madeira e despois a pedra, X
preferentemente mármore
Como materiais utilizaron pedra, ladrillo e un novo material: o formigón X
Arquitectura baseada en edificios civís e obras de enxeñaría X
Arquitectura esencialmente relixiosa X
Edificios feitos á medida humana X
Edificios monumentais á medida do Imperio X

COMPARACIÓN ENTRE ESCULTURA GREGA E ROMANA


ESCULTURA GREGA ESCULTURA ROMANA
Función relixiosa X
Función conmemorativa: relevo histórico X
Preocupación polo realismo X
Preocupación pola beleza, a proporción e a harmonía X
Material favorito: a pedra, preferentemente mármore (moitas destas esculturas en X
mármore son copias das esculturas gregas)
Material favorito: o bronce, aínda que tamén traballan a pedra X

Páxina 12 de 13
3. Materiais
3.1 Textos de apoio ou de referencia
 Calquera texto da área de Ciencia sociais, xeografía e historia correspondentes os cursos
1º, 2º e 4º de ESO; recoméndase particularmente o texto “Xeografía e Historia” de 1º de
ESO, de Santillana-Obradoiro, unidades didácticas 13, 14 e 15, páxinas 188 a 245.

Páxina 13 de 13

You might also like