You are on page 1of 9

Dirección Xeral de Formación Profesional e

Ensinanzas Especiais

Material para a preparación


de probas a distancia
Grao Medio
Proba Sociocultural
Parte da proba Xeografía, historia e sociedade
Unidade didáctica 11. Da prehistoria á Idade Media
Actividade 3. A Idade Media (I)
Autores Grupo de traballo de desenvolvemento de
material para a preparación das probas de
acceso
Nome do arquivo UD11_A03_A.Idade.Media.I.doc

Páxina 1 de 9
Índice

1. Ficha técnica.......................................................................................................................3
1.1 Título................................................................................................................................ 3
1.2 Obxectivos....................................................................................................................... 3
1.3 Contidos........................................................................................................................... 3
1.3.1 Contidos conceptuais......................................................................................................... 3
1.3.2 Contidos procedementais................................................................................................... 3
1.4 Aspectos metodolóxicos...................................................................................................3
1.5 Descrición do que se vai aprender...................................................................................3
2. Descrición da actividade.....................................................................................................5
2.1 Introdución....................................................................................................................... 5
2.2 Tarefas............................................................................................................................. 5
2.2.1 Tarefa 1: O antigo Imperio romano tras o 476 d.C.............................................................6
Autoavaliación.......................................................................................................... 7
2.2.2 Tarefa 2: O islam................................................................................................................ 7
3. Materiais.............................................................................................................................9
3.1 Textos de apoio ou de referencia.....................................................................................9

Páxina 2 de 9
1. Ficha técnica
1.1 Título
 Da prehistoria á Idade Media.
 A Idade Media (I).
 UD11_A03_A.Idade.Media.I.doc

1.2 Obxectivos
 Identificar cronoloxicamente as principais civilizacións e sociedades anteriores á Idade
Moderna.
 Coñecer os datos básicos desas sociedades e os seus vestixios materiais e visuais
característicos (edificios, obras de arte, ferramentas, etc.).
 Identificar os elementos básicos na caracterización dunha sociedade.
 Coñecer os trazos propios das sociedades anteriores á Idade Moderna e comprender as
fases do seu desenvolvemento.

1.3 Contidos
1.3.1 Contidos conceptuais
 As sociedades medievais.

1.3.2 Contidos procedementais


 Análise e interpretación de gráficos, diapositivas, fotografías, etc.

1.4 Aspectos metodolóxicos


 Tipo da actividade: a distancia, de aprendizaxe e individual.
 Temporalización: 15 minutos.
– Tarefa 1: sete minutos.
– Tarefa 2: oito minutos.
 Recursos:
– Materiais: calquera texto da área de Ciencia sociais, xeografía e historia
correspondente a 2º de ESO; recoméndase especialmente o texto “Xeografía e
Historia” 2º de ESO, de Santillana-Obradoiro, unidades didácticas 10 e 11, páxinas
140 a 173.

1.5 Descrición do que se vai aprender

Páxina 3 de 9
Na actividade que agora comezamos ofrécese unha panorámica da situación do que fora o
Imperio romano tras a caída do emperador de Occidente no ano 476 d.C., no que foi deposto
polo rei dun pobo bárbaro dos moitos que penetraron nos límites do Imperio romano.
Achegarémonos, xa que logo, ao mapa da conca do Mediterráneo e veremos como se
estableceron distintos reinos xermánicos no que fora o territorio do Imperio de Occidente,
entanto que en Oriente segue a manterse o Imperio romano, agora denominado Imperio
bizantino, posto que a súa capital xa non é Roma senón Bizancio.
Tamén faremos unha aproximación ao islam como relixión e como imperio que chegou a
conquistar extensos territorios e que se estableceu na Península Ibérica durante oito séculos.

Páxina 4 de 9
2. Descrición da actividade
2.1 Introdución
Esta terceira actividade tratarase o comezo da Idade Media. É ben sabido que a Idade Antiga
finaliza no ano 476 d.C., cando cae o último emperador de Occidente, o emperador de
Roma. Ábrese neste momento unha etapa longa e heteroxénea (composta de momentos de
características bastante diferenciadas), na que o primeiro que chama a atención é a enorme
fragmentación do poder no que fora a parte occidental do Imperio.
Xorde unha serie de reinos chamados xermánicos, porque son o resultado do
establecemento, nos diferentes territorios europeos, dos pobos xermánicos que desde había
séculos xa penetraran no interior do Imperio. Pois ben, ao desaparecer a autoridade central
co emperador e o co seu aparato de goberno, identifícanse algúns destes pobos cun territorio
concreto (os francos na Galia romana, actual Francia; os visigodos na Hispania, etc.) e
organízanse nel en torno a un rei, constituíndo unha monarquía, como era a costume destes
pobos.

 Na tarefa 1 trataremos xustamente de situar nun mapa estes pobos xermánicos e os reinos
que se constituíron tras a caída de Roma. Completaremos o panorama coa localización
nel do Imperio bizantino ou Imperio oriental, que continúa vixente coa súa capital
establecida na cidade de Bizancio e que chegará a expandirse no seu momento máis
potente (nos tempos de Xustiniano, no século VI d.C.) por boa parte da conca do
Mediterráneo.

 Para poder identificar correctamente as distintas unidades políticas que se propoñen,


deberá consultar o texto de Santillana-Obradoiro titulado “Xeografía e Historia” de 2º de
ESO, unidade didáctica 10, páxinas 140 a 157.
Pero o panorama que segue ao afundimento do Imperio romano e á consolidación dunha
nova situación no mundo mediterráneo non estará completa sen unha referencia ao islam. A
súa importancia radica tanto na relixión que xorde da man de Mahoma no século VII d.C.
(monoteísta e predicando a crenza en Alá) como pola importancia do Imperio islámico. O
conxunto de territorios conquistados polos musulmáns chega á Península Ibérica, onde se
establecen a comezos do século VIII e que non abandonan ata a toma de Granada polos Reis
Católicos en 1492.

 A tarefa 2 dedicarémola ao estudo dalgúns aspectos do islam, tanto de xeito xenérico


como desde outras perspectivas máis concretas e vinculadas á presenza musulmá en Al-
Andalus. Al-Andalus foi o nome que lles deron aos territorios que gañaron na Península
Ibérica (case a totalidade dela, coa excepción da costa Cantábrica).

 Como texto de apoio para realizar a tarefa 2 empregarase o texto de Santillana-Obradoiro


titulado “Xeografía e Historia” 2º de ESO, unidade didáctica 11, páxinas158 a 173.

Páxina 5 de 9
2.2 Tarefas
 Tarefa 1: O antigo Imperio romano tralo 476 d.C.
 Tarefa 2: O islam.

2.2.1 Tarefa 1: O antigo Imperio romano tras o 476 d.C.


No ano 476 d.C. finaliza a Idade Antiga coa caída do Imperio romano de occidente. Neste
momento, os historiadores consideran que se abre unha nova etapa da historia: a Idade
Media.
Vimos de falar de Imperio romano “de occidente” e, xa que logo, iso precisa unha
explicación. Xa a fins do século IV d.C., un século antes de que se producira a fin de Roma,
o emperador Teodosio dividiu o Imperio romano en dúas partes: Imperio de Occidente, á
fronte do cal deixa o seu fillo Honorio, e o Imperio de Oriente, onde gobernará o seu outro
fillo, Arcadio. As causas de tal separación están na evidencia das profundas diferenzas
políticas e tamén de estrutura social e económica que separaban ambas as metades.
Así pois, cando o rei dos érulos, Odoacro, depón en 476 d.C. o derradeiro emperador da
metade occidental, que levaba o simbólico nome de Rómulo Augusto, esta división
consúmase de xeito definitivo.
No que fora o Imperio occidental atoparemos un mosaico de reinos xermánicos, é dicir,
produto do establecemento dentro dos límites do Imperio dos pobos xermanos que, ao
desaparecer a autoridade de Roma, se organizan en torno a un rei (monarquía) segundo a
súa tradición política.
Pola súa banda, na parte oriental do Imperio atopamos o Imperio Bizantino, chamado así
porque a súa capital é Bizancio (a antiga Constantinopla, fundada polo emperador romano
Constantino, que hoxe en día se chama Istambul, tal como a denominaron os turcos otománs
cando se apoderaron dela en 1453).
 Deseguido terá que localizar no mapa que lle achegamos as seguintes entidades políticas,
coa finalidade de que poida ver a situación política na que quedaron os antigos territorios
do Imperio romano tras a caída do Imperio de Occidente.
1 – Imperio Bizantino.
2 – Reino dos visigodos.
3 – Reino dos francos.
4 – Reino dos suevos.
A continuación deberá identificar sobre o mapa, co número correspondente, as entidades
políticas que arriba lle indicamos:

Páxina 6 de 9
Autoavaliación
1- Verde.
2- Azul.
3- Marelo.
4- Malva.

2.2.2 Tarefa 2: O islam


Islam significa “submisión” e é o nome que recibe a relixión que predicou Mahoma no
século VII d.C. Tamén utilizamos ese nome para designar o extenso imperio conquistado
polos musulmáns partindo da Península Arábiga e chegando a controlar todo o
Mediterráneo, mesmo na súa vertente máis occidental: a Península Ibérica.
Precisamente os musulmáns chegan á Península Ibérica no ano 711 d.C., no medio dunha
guerra civil no interior do reino visigodo, e fanse rapidamente co control do territorio.
Inicialmente Al-Andalus, que así foi como denominaron os musulmáns o territorio
ibérico, foi unha provincia do califato Omeia con sede en Damasco, pero xa no século X
xorde o Califato de Córdoba, que é cando o poder andalusí acada o seu máximo esplendor.
Despois decaerá desde comezos do século XI ata quedar reducido, xa no XIII, ao reino
nazarí de Granada (un sultanato que comprendía desde Almería ata Alxeciras).
Traballaremos algúns aspectos do mundo islámico a través do seguinte cuestionario no
que debe elixir, cun X, o enunciado que considere acertado de entre os tres que se lle
propoñen para cada cuestión:
A relixión islámica:

Páxina 7 de 9
 Creouna Zoroastro e predica a crenza en Alá.
 Creouna Mahoma e predica a crenza en Alá.
 Creouna Xesús Cristo e predica a crenza en Yaveh
A expansión territorial do islam:
 Baséase na guerra santa ou yihad, que fai desexable pelexar contra os infieis.
 Produciuse por razóns estrictamente económicas.
 O islam case non experimentou unha expansión territorial.
A máxima autoridade para os musulmáns era o:
 Emir, que gobernaba unha provincia.
 Visir, que actuaba como primeiro ministro.
 Califa, que reunía na súa persoa o poder político e o espiritual.
O libro sagrado dos musulmáns chámase:
 O Corán ou Alcorán.
 A Biblia.
 A Tora.
O lugar onde os musulmáns se reúnen para a oración recibe o nome de:
 Basílica.
 Panteón.
 Mesquita.
O territorio da Península Ibérica conquistado polos musulmáns recibiu o nome de:
 Al-Andalus.
 Hispania.
 Reino visigodo.
Na sociedade andalusí existían descendentes dos visigodos que seguían a ser cristiáns
pero que vivían baixo o dominio musulmán; eran os:
 Xudeus.
 Mozárabes.
 Muladís.
A maior parte da poboación no mundo islámico vivía:
 No campo.
 Nas cidades.
 Repartíanse a partes iguais entre a cidade e o campo.

Páxina 8 de 9
3. Materiais
3.1 Textos de apoio ou de referencia
 Calquera texto da área de Ciencia sociais, xeografía e historia correspondente a 2º de
ESO; recoméndase especialmente o texto “Xeografía e Historia” 2º de ESO, de
Santillana-Obradoiro, unidades didácticas 10 e 11, páxinas 140 a 173

Páxina 9 de 9

You might also like