You are on page 1of 18

MÓDULO 12

Características web 2.0


Que é iso da web 2.0?
https://www.youtube.com/watch?v=Bc0oDIEbYFc

Concepto web 2.0


Nos últimos tempos hai dúas expresións moi utilizadas: web 2.0 e
Redes sociais, ambas as dúas relacionadas.
O termo Web 2.0 utilizouse por primeira vez no ano 2004 cando,
Tim OReilly e Dale Dougherty, da editorial estadounidense
especializada en libros de tecnoloxía OReilly Media utilizaron o
termo web 2.0 nunha conferencia na que falaban "do renacemento
e evolución da Web".
A Web 2.0 refírese a unha nova concepción de páxinas Web baseadas en contidos compartidos e
producidos polos propios usuarios ou navegantes da páxina.
Hai un artigo de Christian Van Der Henst S. en Maestros del web,
onde atopamos unha descrición da web 2.0 interesante:
“A Web 2.0 é a representación da evolución das aplicacións
tradicionais hacia aplicacións web enfocadas ao usuario final. O
Web 2.0 é unha actitude e non precisamente unha tecnoloxía"
Características Web 1.0:
• Os sitios Web non son interactivos. Os usuarios limitábanse á
visualización pasiva de información que se lles proporciona.
• A Web 1.0, que é a Web tradicional, caracterízase porque o
contido e información dunha páxina ou sitio é producido por
unha persoa, o editor ou webmaster. Eses contidos son, unha
vez publicados, visitados polos navegantes, sen posibilidade
que estes poidan modificalos, opinar sobre eles ou engadir
contidos novos.
• A Web 1.0 é estática, é dicir, os datos que se atopan nela non
se poden cambiar, non varían, non se actualizan.
• Anteriormente internet era unidireccional, é dicir, a
información era máis ben de corte informativo e non permitía
a interación directa con e entre os usuarios.
Características Web 2.0:

• Como o seu nome indica, a Web 2.0 é a evolución da Web


anterior, a Web 1.0
• Un sitio Web 2.0 permite aos seus usuarios interactuar con
outros usuarios ou cambiar contidos do sitio Web.
• Na Web 2.0, a información e contidos prodúcense directa ou
indirectamente polos usuarios do sitio Web e é compartida.
• Coa 2.0, a comunicación é bidireccional e permite a interación
de todo tipo de contido, xa sexan videos, imáxes ou textos e
incluso o almacenamento e edición de arquivos online e en
tempo real.
• Na Web 2.0 os consumidores de información son produtores
da información que eles mesmos consumen.
• A Web 2.0 pon a disposición de milleiros de persoas
ferramentas e plataformas de fácil uso para a publicación de
información na rede. Na actualidade, a Web 2.0 proporciona
novas tecnoloxías e aplicacións que permiten que calquera
persoa que non saiba nada sobre programación Web poda, por
exemplo, xestionar o seu propio blog e publicar os seus artigos
de opinión, fotos, videos, arquivos de audio, etc., e
compartilos.

• A Web 2.0 contribúe á democratización dos medios, facendo


que calquera persoa teña as mesmas posibilidades de publicar
noticias que un xornal tradicional. De feito existen
experiencias de grupos de persoas que crean blogs que
reciben máis visitas que as versións Web de moitos xornais.
• A Web 2.0 reducíu ademais os costos de difusión da
información, xa que a través de certas páxinas, podemos ter
gratuitamente unha emisora de radio propia, un xornal e ata
un canal de vídeos.
• A Web 2.0 é unha actitude coa que se propón utilizar internet.

Podes atopar máis información en Principios generales de la Web


2.0:
http://www.ite.educacion.es/formacion/materiales/155/cd/modulo_
1_Iniciacionblog/principios_generales_de_la_web_20.html

Qué permite a Web 2.0:


Podemos dicir que as aplicacións permiten as seguintes accións:
• Compartir información
• Traballar de forma colaborativa
• Subir arquivos á rede (tanto documentos como fotos, vídeos,
presentacións...)
• Escribir (colaborar na produción de contidos por medio de
wikis, blogs e otras ferramentas)
• Reescribir la información (editar).
• Escoitar e falar (participar en vídeo ou teleconferencias por
medio de ferramentas como: Skype, YouTube)
• Participar en redes sociais (por medio de ferramentas como:
Myspace, Second Life, Facebook).
• Proporcionar plataformas educativas
https://www.youtube.com/watch?v=-KALxBabMbk

Mapa visual da Web 2.0:


Servizos web 2.0
Como xa vimos no tema anterior, existe gran variedade de Sistemas Xestores de Contidos,así como
outras ferramentas que nos axudan a desenvolver unha grande variedade de aplicacións web.

• Blogs:
Nas que poderemos engadir novas ou artigos en orde cronolóxica
con espazo para comentarios e discusión. Nesta categoría podemos
citar algunhas ferramentas para a elaboración de blogs, por
exemplo a Blogger e Wordpress,.
• Wikis:
Nas que todas as persoas que queiran poden colaborar, tanto
aportando artigos, cambios nos mesmos como permitindo espazo
para discusións. É moi apropiado cando se traballa con
documentación que irá evolucionando co tempo. O exemplo máis
coñecido é Wikipedia. Neste caso podemos utilizar ferramentas
como MediaWiki ou Wikispaces.

• Sitios web:
Sitios con contido e diversa funcionalidade que serven como fonte
de información ou como soporte a unha comunidade. Poden
realizarse con CMS como Joomla, Drupal ou PHPNuke.

• Compartición de arquivos:
Servizos que proporcionan aloxamento para arquivos na nube,
permitindo aos usuarios compartir, almacenar e sincronizar
arquivos en liña. Exemplos coñecidos son Dropbox, WeTransfer e
Google Drive.
• Proposta de práctica co alumnado: Compartir arquivos
con compañeiros e compañeiras.

• Galerías:
Un tipo de software que permite administrar e mostrar contido
audivisual, imaxes ou vídeos. ( Flickr (fotos), Youtube (vídeos),
Instagram (fotos e vídeos), vimeo (vídeos)...).

Peggy_Marco, YouTuba, CC BY-SA

• Comunicacións e videoconferencia:
Contamos con software que permite comunicacións de texto, voz e
vídeo sobre Internet. Podemos citar neste apartado Skype,
Hangouts ou Yahoo! Messenger

• Foros:
Para crear un foro de discusión en liña onde as persoas se podan
reunir e discutir temas nos que están interesados. Podemos facer
uso de CMS como phpBB e MyBB

• Compartición de presentacións:
Sitio web que permite aloxamento de diapositivas de presentacións
en diferentes formatos. Citaremos algunha: SlideShare, Google
Presentaciones, slideboom, scribd, Prezi, ...
• Por se vos apetece probar a traballar con SlideShare:
Titorial de SlideShare.

• Xornais dixitais:
Aparte dos xornais máis coñecidos, atopamos unha morea de
pequenas publicacións locais con novas próximas ao lugar onde se
producen as mesmas. Podemos ver unha lista dalgunhas delas na
seguinte ligazón prensadixital, e tamén algúns exemplos que nos
pillan cerca como Dende a Limia, Que pasa na Costa, Crónica3, ...

• Música na rede:
Existen varias plataformas que permiten escoitar, compartir e
mesmo descargar música de forma gratuíta ou de pago, segundo o
caso. Hai algúns casos nos que a plataforma permite a
reproducción de música, pero non é en sí rede social, como é o
caso de spotify, mentras que noutros casos se trata de redes
sociais, ofrecendo incluso servizo de tenda musical, Google Play
Music, SoundCloud, Myspace, ...
MIH83, Spotify, CC BY-SA

• Podcasting ou radio "a pedido":


Consiste na distribución de arquivos multimedia, normalmente
audio ou vídeo que soen ser de curta duración e que poden incluir
texto como subtítulos e notas. Destacamos ivoox ( que é un kiosco
para escoitar radios e podcasts, unha plataforma onde poder
reproducir, descargar e compartir audios de todo tipo de temáticas
e xéneros.). Moitas emisoras de radio ofrecen servizo de podcast
cadenaser podcast, rtve podcast, ...
• Proposta de práctica co alumnado: Unha boa práctica
pode ser probar a crear algún podcast en ivoox con
grabacións de relatos feitas polo alumnado.

• Formularios e decisións colaborativas:


Existen outras moitas aplicacións que permiten tanto elaborar
formularios e gardar as respostas proporcionadas por as persoas
que as contesten, como por exemplo Google formularios, 123
Contact Form, gravityForms, wuffo, ...
Incluimos tamén neste apartado ferramentas que facilitan o
proceso de organizar un evento, a base de enquisas-formulario,
como é o caso de Doodle, meetomatic, When is Good, meetifyr,
timebridge, ...
• Proposta de práctica co alumnado: Son ferramentas moi
doadas de manexar, polo que tamén vos propoñemos
tanto a creación dun formulario como dunha enquisa co
alumnado.

• Sitios de votación de noticias:,


É un sitio web baseado na participación comunitaria na que os
usuarios rexistrados envían historias que os demais usuarios do
sitio, estean ou non rexistrados, poden votar, promovendo as máis
votadas á páxina principal. Temos algúns exemplos como digg ou
meneame.

• Plataformas educativas:
Entendemos por plataforma educativa un sitio na Web, que permite a unha persoa (xeralmente
docente) contar cun espazo virtual en Internet onde sexa capaz de colocar todos os materiais do seu
curso, enlazar outros, incluir foros, wikis, recibir tarefas do seu alumnado, desenvolver tests,
promover debates, chats, obter estatísticas de avaliación e uso,... Todo isto permitiralle establecer
actividades de aprendizaxe que axuden ao alumnado acadar os obxectivos planificados.
Entre as plataformas educativas máis coñecidas atopamos moodle,
schoology, edmodo, coursesites, udemy, RCampus, ...

• Xestores de Contidos persoais:


Funcionan como un escritorio personal on line. Algúns dispoñen de
múltiples aplicacións, outros especialízanse en aspectos concretos
como as nosas páxinas favoritas ou os nosos comentarios. Todos
nos permiten compartir os nosos contidos se o desexamos, tanto
para ser lidos como para ser modificados.(Del.icio.us, EyeOS,
Google, NetVibes)

• RSS:
RSS son as siglas de Really Simple Syndication.
RSS é unha forma moi sinxela para que podas recibir, directamente
no teu ordenador ou nunha páxina web online (a través dun lector
RSS) información actualizada sobre as túas páxinas web favoritas,
sen necesidade de que teñas que visitalas unha a unha. Esta
información actualizarase automáticamente, sen que teñas que
facer nada. Para recibir as noticias RSS, a páxina deberá ter
dispoñible o servizo RSS e deberás ter un lector Rss.
https://www.youtube.com/watch?v=t5m5lKx6rEo

Poderiamos seguir a falar de aplicacións web 2.0, por


exemplo na seguinte web seguro que podedes atopar
iniciativas diferentes ás citadas: Algunos ejemplos de
Iniciativas Web 2.0 :

http://www.ite.educacion.es/formacion/materiales/155/cd/modulo_1_Iniciac
ionblog/algunos_ejemplos_de_iniciativas_web_20.html

Redes Sociais

Aínda que algunhas das ferramentas que citamos son ou inclúen


plataformas para redes sociais, dedicamos un apartado especial ás
mesmas
https://www.youtube.com/watch?v=g5vHlAgbZg8
http://josefacchin.com/lista-redes-sociales-mas-importantes-del-planeta/

Tipos de Redes Sociais


Podemos facer unha clasificación dos tipos de redes sociais atendendo a diversos criterios, podemos
por exemplo distinguir entres estes tres tipos:
• Redes sociais personais
• Redes sociais temáticas
• Redes sociais profesionais

Se non podes visualizar o seguinte vídeo, fai clic na ligazón Tipos


de redes sociais:
https://www.youtube.com/watch?v=K1Fg4DYTh9A

www.elrincondelnetworker.com

Se che interesa profundar nos conceptos de redes sociais,


podedes acceder a varios vídeos a partir da seguinte ligazón
El rincón del Networker:
https://www.youtube.com/watch?v=JWSK-
fbViJA&list=PLGXDZtcOKqhwaf8GuiGaJPT2JFpLwSyvU

Perigos das Redes Sociais


Son moitos os perigos que atopamos na rede, especialmente a
través das Redes Sociais. Mostrámosvos aquí algúns vídeos
bastante ilustrativos, e podedes acceder a máis a través da ligazón
Pantallas amigas:
https://www.youtube.com/watch?v=jKfYC6-3p5U
https://www.youtube.com/watch?v=t-x73w1N1os
https://www.youtube.com/watch?v=dtzk41Eo9gc
https://www.youtube.com/watch?v=_VAgyuNjnoY

Blog
Crear un blog
Un dos servizos da web 2.0 máis empregados é o blog, por iso nos
imos centrar un pouco na súa definición e elaboración.

A Real Academia Española define blog como “sitio web que inclúe,
a modo de diario personal do seu autor ou autores, contidos do seu
interese, actualizados con frecuenza e a menudo comentado polos
lectores”.
Un blog, tamén chamado bitácoras ou weblog, é un sitio web onde un ou varios autores (bloggers)
publican regularmente artigos (tamén chamados entradas ou posts) de temas moi varados que son
ordenados cronoloxicamente, de máis actual a menos.
Debaixo de cada entrada ofrécese un espazo onde os lectores poden deixar os
seus comentarios e varios botóns para compartir o contido.
https://www.youtube.com/watch?v=BLf3tlsCYmo

Podes atopar máis información interesante na web


Multimedia y Web 2.0 :

http://www.ite.educacion.es/formacion/materiales/155/cd/modulo_1_Iniciac
ionblog/blogs.html

Tamén podes atopar información moi útil na ligazón Cómo


crear tu Blog hoy :
http://www.crearunblog.com/?
t202id=43274&c1=txt20spain&t202kw=es.wikihow.com%2Fcrear-una-
wiki&gclid=CP7Lidu9rtACFSUW0wodSpgFIw

Clasificación dos Blogs


Podemos clasificar os blogs atendendo a diferentes criterios.

• Tipos de blog dende o punto de vista dos seus propietarios:

• Blog Personal:
Ten como obxectivo expresar a forma de pensar, contar experiencias e habilidades determinadas
dunha ou varias persoas. Xeralmente estes blogs non perseguen un fin económico, senón a
satisfacción persoal de axudar, expresarse e compartir información, experiencias e coñecementos.

• Blog Profesional:
Xeralmente están asociados a unha persoa, axencia o pequena empresa que ofrece un servizo ou
produto. Perseguen un fin económico.
, CC BY-SA

• Blog Corporativo:
Están asociados a empresas ou corporacións, co fin de establecer unha canle adicional para unha
marca. Poden ser creados asociados directamente á marca ou de xeito anónimo e independente
como parte da estratexia da compañía.

• Tipos de Blogs segundo o formato e uso que se espera de cada


un:

• Blog temático:
Trátanse temas específicos: política, opinión, noticias, actualidade, ...

• Blog de marca, produtos e/o servizos:


Para dar a coñecer todo o relacionado cunha marca ou o propietario do blog (vivencias,
experiencias, actividades, atributos, experimentos, etc.).

• Blog de fotos o Fotoblog:


O contido principal son as fotografías e as imaxes.

• Audioblog:
O contido principal está en formato de audio (Podcast, MP3, Audio Streaming ou similares).

• Vlog o Vídeoblog:
O contido principal son os vídeos.

• Mixtos:
Combinan dous o máis dos formatos mencionados.

• Tipos de Blogs segundo a cantidade de autores que crean e


publican contidos no blog:

• Blogs individuales:
Son os realizados por un só editor/autor.

• Blogs colaborativos:
Son os que son elaborados por máis de un autor/editor.
Crear un blog:
https://www.youtube.com/watch?v=n5Hh7PEhJOs

Primeiros pasos con Blogger


Primeiros pasos na creación dun Blog
Tentaremos explicar en poucas imaxes os primeiros pasos para a creación dun blog con Blogger.

Os pasos son os seguintes:


Acceder ao enderezo de blogger:

Seleccionamos perfil:

Nome do blog na url:


Confirmamos a creación do blog:

Título do blog e categoría


Pulsamos ver o blog no panel de control
Editar blog
Creación dun blog con Blogger
Indicámosvos unha ligazón a un vídeo que é un pouco longo, pero
no que vén moi ben explicado todo o proceso de creación dun blog
facendo uso da ferramenta Blogger Creación dun blog con Blogger
https://www.youtube.com/watch?v=jChOyuA0sYI

Wiki
Segundo a Wikipedia "Wiki (do hawaiano wiki, ‘rápido’) é o nome
que recibe un sitio web, cuxas páxinas poden ser editadas
directamente dende o navegador, onde os usuarios crean,
modifican o eliminan contidos que, xeneralmente, comparten. Non
ten por qué ser necesariamente un sitio na web, posto que hai wikis
instalables para uso no escritorio de computador persoal, ou
portables nun chaveiro usb que levan un entorno LAMP, como por
exemplo XAMPP".

Tamén na Wikipedia se indica que: "As aplicacións de maior peso e


á que lle debe a súa maior fama ata o momento foi a creación de
enciclopedias colectivas, xénero ao que pertence Wikipedia. Existen
moitas outras aplicacións máis cercanas á coordinación de
información s e accións, ou a posta en común de coñecementos ou
textos dentro de grupos.

A maior parte dos wikis actuais conservan un historial de cambios


que permite recuperar fácilmente calquera estado anterior e ver
qué usuario fixo cada cambio, o cal facilita o mantenento conxunto
e o control de usuarios nocivos."

https://www.youtube.com/watch?v=jIgk8v74IZg

Creación de wiki
• Facilitamos un enderezo onde podedes atopar información
valiosa sobre Cómo crear unha wiki

• Aquí tedes unha ligazón na que podedes atopar información


para Crear unha wiki en Wikispaces

• Por últmo, mostramos un vídeo bastante sinxelo, onde nos


indica os pasos para crear unha wiki

https://www.youtube.com/watch?v=VPRQ1EHdgPo

O rap da Educación
Se non podes visualizar este vídeo, fai clic na ligazón O rap da
Educación

https://www.youtube.com/watch?v=3_3XKefLsig

You might also like