You are on page 1of 3

A ORGANIZACIÓN DOS SERES VIVOS

A célula
É a unidade máis pequena que forman os seres vivos e que, a súa vez, están vivas.
As células realizan as tres funcións vitais:
• Nutrición.- as células toman substancias do exterior para conseguir materiais e
enerxía.
• Relación.- as células reciben información do medio que as rodea e poden
reaccionar ante ella.
• Reprodución.- as células divídense e orixinan outras células fillas.

Según o seu número de células os seres vivos poden ser:


– Pluricelulares.- si están compostos por moitas células: animais e plantas.
– Unicelulares.- si están formados por unha soa célula e só poden verse cun
microscopio.

Como son as células


– Son moi pequenas, pero teñen distintos tamaños.
– Teñen formas diferentes: esféricas, en forma de prisma, estreladas...

As partes das células

➔ Membrana.- cuberta que rodea a célula e que a separa do exterior.


➔ Citoplasma.- formado por auga con numerosas substancias disoltas.
➔ Núcleo.- controla o perfecto funcionamento da célula.
➔ Orgánulos.- están no citoplasma. Hai orgánulos de varios tipos e cada un realiza
unha función diferente.

Células animais e células vexetais


➔ Tando as células animais como as vexetais posúen membrana, núcleo, citoplasma
e orgánulos.
Diferenzas:
➔ As células vexetais posúen unha parede ríxida por fóra da membrana.
➔ As células vexetais posúen cloroplastos: orgánulos de cor verde en que se
arealiza a fotosíntese.
➔ A forma e o tamaño son diferentes. As vexetais son máis grandes e teñen
forma prismática polo xeral.
Os niveis de organización

-Os tecidos.- as células do mismo tipo agrúpanse formando os tecidos:


– Tecido muscular formado por células musculares, producen movemento.
– Tecido óseo que forma parte dos ósos.....

-Os órganos.- unión de varios tecidos que se organizan para funcionar


conxuntamente. Ex: a lingua é un órgano formado polo tecido muscular, tecido
epitelial, tecido nervioso...

-Sistemas e aparellos.-
Un sistema está formado por varios órganos do mesmo tipo que realizan a mesma
función. Ex: o sistema muscular está formado por todos os músculos do corpo.
Un aparello está formado por órganos diferentes. Ex: o aparello locomotor está
formado polo sistema muscular e o sistema óseo.

- Os organismos.- É a unión de todos os aparellos e sistemas, é dicir, un ser vivo


completo.
Os tecidos

➢ Tecidos animais
Tecido óseo
- Componse de células óseas.
- Forma os ósos.
- Ten función de soporte.
Tecido muscular
- Componse de células musculares.
- Encárgase do movemento.
Tecido sanguíneo
- Formado por células sanguíneas.
- Encárgase de transportar substancias.
Tecido nervioso
- Formado por neuronas.
- Encárgase de levar información ao cerebro e repostas ao resto do corpo.
Tecido adiposo
- Formado por células adiposas.
- Está especializado en acumular graxas.
Tecido epitelial
- Formado por células epiteliais.
- Dá lugar á pel e ten función protectora.

➢ Tecidos vexetais
Tecido epidérmico
- Ten a función de protexer ás follas e os talos novos.
Parénquima
- Nel realízase a fotosíntese e tamén almacena substancias.
Súber (casca)
- Ten función protectora.
Tecidos condutores
- Atópanse no interior dos troncos, dos talos e dos nervios das follas.
- A súa función é transportar substancias.

You might also like