You are on page 1of 4

O SECTOR PRIMARIO EN EUROPA E EN ESPAÑA

O sector primario comprende as actividades que obteñen produtos


directamente da natureza: agricultura, gandaría, pesca, explotación forestal
e minaría.
En Europa, o sector primario emprega a un 5% de persoas traballadoras.
AGRICULTURA
En Europa
É a actividade do sector primario que ocupa máis persoas en Europa.
Distínguense dúas grandes zonas:
➔ A Gran Chaira Europea e Rusia: cereais, pataca e remolacha.
➔ A conca do Mediterráneo: trigo, vide, oliveira, hortalizas e froitas.
En España
Alternan os cultivos de regadío e secano:
➔ Os cultivos de secano ocupan a maior parte da superficie cultivada.
Destacan os cereais, a vide e a oliveira en Castela-A Mancha, Castela e
León e Andalucía.
➔ Os cultivos de regadío ocupan un 20% da superficie agrícola.
Obtéñense froitas, arroz e hortalizas, sobre todo, na Comunidade
Valenciana, na Rexión de Murcia e en Andalucía.
GANDERÍA
É a segunda actividade en número de persoas que traballan no sector primario.
En Europa a ganadería pode ser:
➔ A gandería intensiva (países do norte e centro de Europa). Abundan as
grandes explotacións dedicadas a cría de gando bovino, ovino e porcino.
➔ A gandaría extensiva (países da conca do Mediterráneo). Críase gando
bovino e ovino.
En España, o gando máis abundante, é o porcino (Cataluña e Aragón), seguido do
ovino (Extremadura, Castela-León e Castela-A Mancha).
PESCA
Europa é a terceira potencia pesqueira mundial. Os países coa frota pesqueira
máis importante son: Rusia, Noruega, Islandia, Dinamarca e Reino Unido.
En España conviven a pesca de baixura (preto da costa en barcos pequenos), e
a pesca de altura (grandes buques factoría que poden estar largas tempadas
en alta mar).
EXPLOTACIÓN FORESTAL
En zonas do norte de Europa: Noruega, Suecia e Finlandia.
MINARÍA
Hai xacementos de carbón en Reino Unido, Alemaña e Polonia; de ferro, en
Suecia, Francia e Ucraína; de petróleo e gas en Noruega e Rusia.
O SECTOR SECUNDARIO EN EUROPA E ESPAÑA

O sector secundario agrupa as actividades económicas que se dedican a


transformar as materias primas en produtos elaborados.
En Europa, o sector secundario ocupa a un 27% dos traballadores.
En España, ocupa a un 22% dos traballadores.

A INDUSTRIA

Segundo os produtos que se obteñen, a industria pódese clasificar en:

-Industria de base: fabrican produtos que son necesarios para outros


tipos de industria. Localízase en Alemaña, Francia, Rusia e Ucraína. As
principais industrias de base son:
➔ A industria siderúrxica que elabora ferro.
➔ A industria metalúrxica que produce minerais metálicos diferentes do
ferro.

– Industria de bens de equipo: fabrican maquinaria, ferramentas, material


de transporte, madeira... Localízase en Alemaña, Francia, España, Italia,
Reino Unido e Países Baixos.

– Industria de bens de consumo: proporciona produtos que están


destinados aos consumidores. Son as industrias: alimentaria,
farmaceútica, electrónica e a industria do automóbil. Localízase por
toda Europa.

En España, a industria é a actividade que dá emprego a máis persoas (14%).


A mairoría das fabricas son pequenas ou medianas. As máis importantes son:
alimentaria, metalúrxica, a de material de transporte e a química.
As principais rexións industriais son: Cataluña, País Vasco, Comunidade
Valenciana e Comunidade de Madrid.
O COMERCIO EN EUROPA E EN ESPAÑA
O sector terciario ou sector servizos agrupa as actividades económicas que se
dedican a prestar servizos.
En Europa, o sector terciario ocupa arredor dun 68% dos traballadores.
En España ocupa a un 74% dos traballadores.

Destacan:
 O comercio exterior é o que se realiza entren países.
- Exportación: si un país vende a outro país un produto.
- Importación: si un país compra un produto a outro país.
 O comercio interior é o que se realiza dentro dun mesmo país. Pode ser:
- O comercio polo miúdo é o que se vende directamente aos consumidores
en cantidades normalmente pequenas: unha tenda, un supermercado...
(centros retallistas).
- O comercio almacenista: compra grandes cantidades de mercadorías
aos produtores e véndeas a comercios polo miúdo: mercados centrais.

O COMERCIO EN EUROPA
Europa é o continente en que se establecen máis intercambios comerciais do
mundo.
Os países europeos exportan: produtos químicos, metalúrxicos, material
relacionado co tranporte, material tecnolóxico e produtos agrícolas.
Os países europeos importan: petróleo e materias primas.

O COMERCIO EN ESPAÑA
En España, o comercio é a actividade do sector terciario que proporciona máis
empregos.
• O comercio interior. O comercio polo miúdo realízase en pequenas
tendas e grandes superficies. O comercio almacenista realízase na
periferia das cidades.
• O comercio exterior realízase principalmente cos países da Unión
Europea.
- Exportacións: produtos industriais, alimentos e bebidas, calzado e
vehículos.
- Importacións: vehículos, produtos enerxéticos (petróleo e gas),
produtos farmaceúticos e maquinaria.
O TRANSPORTE E O TURISMO EN EUROPA E ESPAÑA

O TRANSPORTE
Consiste no traslado de persoas e mercadorías dun lugar a outro.
Europa posúe:
– Rede de tranportes por estrada e ferrocarril máis densa do mundo.
– En navegación marítima, ten portos con moito tráfico de mercadorías:
Róterdam e Hamburgo.
– Rede de transporte aéreo máis importante e moderna do mundo. Con
aeroportos como: Londres, París e Fráncfort.

En España:
– Transporte terrestre: Rede de estradas e autoestradas, así como a liña
de ferrocarril de alta velocidade (AVE).
– Transporte marítimo: Os principais portos españois son: Alxeciras,
Barcelona e Bilbao.
– Transporte aéreo: O aeroporto con máis tráfico aéreo é o Adolfo Suárez
Madrid-Barajas.

O TURISMO
É a actividade que realizan as persoas mediante viaxes e estancias en lugares
distintos do habitual para descansar ou divertirse.
Tipos de turismo:
✔ Turismo de sol e praia: É o que se dá nas zonas costeiras.
✔ Turismo rural: É o que se desenvolve en pequenas localidades para estar
en contacto coa natureza.
✔ Turismo cultural: É aquel en que se visitan cidades e vilas para gozar dos
seus monumentos.
✔ Turismo deportivo ou de aventura: É o que consiste en realizar unha
actividade física.

Europa é o principal destino turístico mundial. Os países máis visitados son:


Francia, Italia, España, Alemaña e Reino Unido.
España é o terceiro país do mundo que acolle máis turistas.

You might also like