You are on page 1of 4

AS NECESIDADES DAS PLANTAS

➔ As plantas fabrican o seu propio alimento. Para iso necesitan: luz, aire, auga e,
a maioría, unha terra fértil.

• A luz: A enerxía da luz do Sol.


• A auga é imprescindible. Varía dunhas plantas a outras.
• O aire: O dióxido de carbono que hai no aire é necesario.
• A terra: As sales minerais e a auga que contén a terra.
• Temperatura axeitada: A maioría das plantas precisan dunha temperatura
temperada para vivir.

A FOTOSÍNTESE E A RESPIRACIÓN
A nutrición nas plantas ten dous procesos:
➢ A fotosíntese.- as plantas fabrican o seu propio alimento.
➢ A respiración.- as plantas obteñen enerxía a partir do alimento que se produce
na fotosíntese.
Para realizar estes dous procesos as plantas necesitan: auga e sales minerais,
dióxido de carbono, osíxeno e a enerxía da luz do Sol.

– Obtención da auga e dos sales minerais da terra.- as plantas toman auga da


terra pola raíz a través dos pelos absorbentes. Os sales minerais entran na
raíz disoltos na auga.
A mestura da auga cos sales minerais é o zume bruto. Éste ascende pola raíz e
polo talo ata as follas, a través duns tubos moi finos chamados vasos leñosos.

– Obtención do dióxido de carbono do aire.- lévase a cabo a través dos


estomas, presentes nas follas.

A fotosíntese
– Prodúcese nas partes verdes da planta.
– O zume bruto transfórmase en zume elaborado.
– É necesaria a luz solar (fonte de enerxía). As plantas captan a luz solar través
dunha substancia verde chamada clorofila que se atopa nas follas e no talo.
– O transporte do zume elaborado realízase a través dos vasos liberianos.
– As plantas, mediante a fotosíntese, producen osíxeno

A respiración
– As plantas toman osíxeno do aire e combínano cos alimentos para producir
enerxía.
– Neste proceso prodúcese dióxido de carbono que se expulsa a través dos
estomas.
A reprodución sexual das plantas

As plantas teñen dous tipos de reprodución diferentes: sexual e asexual. Na


reprodución sexual interveñen as flores.
A flor
• É o órgano encargado da reprodución sexual das plantas.
• Ten unha parte masculina e outra feminina:
➢ A parte masculina está formada polos estames: teñen unha cabeza grosa
chamada antera, donde se produce o pole.
➢ A parte feminina da flor chámase pistilo, o cal ten na súa base o ovario, onde se
encontran os óvulos. No estremo oposto está o estigma.

Os estames e o pistilo están rodeados pola corola e polo cáliz.


A corola está formada polos pétalos.
O cáliz está formado polos sépalos.

A polinización
É o paso do pole desde as anteras dunha flor ao estigma doutra.
A polinización é necesaria para a reprodución sexual.
As plantas usan varios métodos:
• Polinización mediante insectos: algúns insectos ao pousarse nas flores,
transportan o pole dunhas flores a outras. Moitas destas flores producen un
líquido azucrado, o néctar, do que se alimentan os insectos.
• Polinización polo vento: neste caso é o vento o encargado de transportar o gran
de pole para que chegue a outra flor.
O froito e as sementes
Despois da polinización fórmase o froito e os óvulos transfórmanse en semente.
Función do froito: protexer as sementes que contén e axudalas a que se dispersen.
Tipos de froito:
• Froitos zumarentos e nutritivos: cereixas ou amoras. Os animais cómenos e as
sementes saen coas feces.
• Froitos lixeiros que se dispersan con facilidade polo aire: dente de león.
• Froitos con ganchos ou pinchos cos que se enganchan ao pelo de diferentes
animais para dispersarse.
O embrión é unha pequena planta que se encóntra no interior das sementes. Conta con
raíz, talo e unha xema.

A xerminación prodúcese cando unha semente cae ao chan e encontra un terreo


adecuado con sufiente humidade. O embrión empeza a medrar ata que pode
alimentarse por si só, para empezar a transformarse nunha planta adulta.

A reprodución asexual das plantas

Na reprodución asexual intervén unha soa planta e a planta filla ten as mesmas
características da planta nai.
Tipos de reprodución asexual:
➔ Estolóns.- talos que medran horizontalmente da terra, producen raíces e talos
novos e dan orixe a unha nova planta: amorodo.
➔ Bulbos.- talos subterráneos envoltos por follas carnosas. Teñen xemas das que
pode formarse a nova planta: cebola e tulipán.
➔ Rizomas.- talos subterráneos que cada certo espazo producen talos que saen á
superficie e forman unha nova planta: lirios e xenxibre.
➔ Tubérculos.- talos subterráneos que teñen reservas alimenticias e xemas:
pataca e mandioca.
Aplicacións prácticas da reprodución asexual

➔ Os gallos.- son fragmentos de pólas que, ao plantalos, producen raíces e xeran


novas plantas: Ex: os xeranios, as roseiras, as oliveiras.

➔ A porbaixa ou mergullo.- conseguir unha nova planta a partir dunha rama que
está unida á planta orixinal, ata que produce raíces. Cando estas medraron, a
rama sepárase da planta: Ex: abeleira e árbores froiteiras coma a maciñeira.

➔ O enxerto.- consiste en unir un fragmento dunha planta a outra. Así obtéñense


plantas resistentes a enfermidades e con froitos saborosos. Ex: a vide.

You might also like