You are on page 1of 4

RESUMO: GRAVITACIÓN

LEI DA GRAVITACIÓN UNIVERSAL (REPASO)


Dúas partículas materiais atráense mutuamente cunha forza directamente proporcional ó produto
das súas masas e inversamente proporcional ó cadrado da distancia que as separa

F
r
M m 
Matematicamente Fg = G u .

r2 M

a) O signo negativo indica que a forza ten sentido inverso ao vector da masa atraída (como se
pode ver no debuxo
b) G é a constante da Gravitación Universal. G = 6,67·10-11 Nm2kg-2
c) M e m son as masas de dous corpos.
d) r é a distancia que separa a un dos obxectos do outro.
e) u é un vector de valor unidade na dirección que une a unha masa coa outra.

INTERACCIÓN A DISTANCIA: CONCEPTO DE CAMPO GRAVITATORIO


O concepto de campo defínese como a perturbación creada por unha masa no espacio que o
rodea, de forma que cando outro obxecto se sitúa nese lugar, aparece unha forza entre ambas A
correspondencia entre cada punto do espazo e a forza que nel actúa é única, é dicir, a cada
punto do espazo lle corresponde unha única forza. Os campos poden ser:
Campos escalares
Son campos onde a magnitude característica vén representada por un escalar, como os campos
de temperaturas ou os campos de presións...
Campos vectoriais
Son os campos onde a magnitude característica vén representada por un vector, como os campos
de forzas (no noso caso, os campos de forzas gravitatorias e, máis adiante tamén veremos as
forzas electrostáticas).
Campos conservativos
Dicimos que un campo de forzas é conservativo se o traballo que realizan as forzas do campo
para trasladar unha partícula dende unha posición inicial A a outra posición final B é independente
do camiño seguido entre A e B. Matematicamente se expresa:

 0
 
F·dr

1
Para representar esquematicamente os campos empréganse as liñas de campo, tamén
chamadas liñas de forza.

Debemos ter en conta que as liñas de campo nunca poden cruzarse pois, de ser así, no punto
no que se cruzan estarían actuando dúas forzas distintas (o que vai contra a definición de campo).

INTENSIDADE DE CAMPO GRAVITATORIO


Para describir o campo gravitatorio, asignamos a cada punto do espazo un vector (con módulo,
dirección e sentido) que chamamos intensidade de campo gravitatorio, g

A intensidade de campo gravitatorio nun punto do espacio é a forza que actuaría sobre a unidade de masa situada
nese punto. As súas unidades no sistema internacional (S.I), polo tanto, son de N/kg

 F M 
g   G· 2 ·u
m r
Principio de superposición: Interacción dun conxunto de masas puntuais.
Basta con sumar vectorialmente todas as forzas que actúan sobre unha masa determinada para
coñecer a forza total que actúa sobre ela.

FORZAS CONSERVATIVAS: ENERXÍA POTENCIAL GRAVITATORIA

As forzas gravitatorias son conservativas


2
O traballo dunha forza é W  F ·dr  Ep1  Ep 2   Ep , onde Ep é a enerxía potencial.
 
1

Como acabamos de ver, a enerxía potencial escríbese como Ep, e ten as seguintes
características: a) É a forma de enerxía en que se almacena o traballo realizado contra as forzas

conservativas; b) Ten diferentes expresións matemáticas para o seu cálculo, segundo a forza F
(enerxía potencial gravitatoria, eléctrica, elástica, etc...).
Faise realmente importante ter claro o concepto seguinte: o traballo que realizan as forzas do
campo para levar unha partícula de 1 a 2 é igual a diferencia entre a enerxía potencial en 1 menos
a enerxía potencial en 2. Matematicamente: W  Ep1  Ep 2
A Enerxía potencial gravitatoria, nun punto concreto do espacio calcúlase como o traballo que
realiza o campo gravitatorio para trasladar esa partícula dende ese punto concreto até o infinito.
As súas unidades no S.I son os Julios (J)

W A   F ·dr  Ep A  Ep   Ep A

 
A

2
Os cálculos matemáticos proporcionan unha ecuación para a enerxía potencial gravitacional:
Mm
Ep = G
r
As magnitudes que aí aparecen son xa de sobra coñecidas (Constante da Gravitación Universal
(G), Masa creadora de campo (M), masa que se despraza (m), distancia entre elas (r).

POTENCIAL GRAVITATORIO.
Representa a enerxía potencial gravitatoria por unidade de masa nun punto do campo.
Ep M
V= = G
m r
O potencial que crea unha mesma masa só depende da
distancia a ela. Para unha mesma distancia o potencial
terá un único valor (superficie equipotencial).

VALORES DE CAMPO GRAVITATORIO EN DIFERENTES LUGARES DA TERRA


Os valores da intensidade do campo gravitatorio terrestre poden variar coa altura, a profundidade
M 
e a latitude. Sabendo que o valor de g  G 2 · ur

r
 altura h sobre a superficie da Terra.
M
g  G· . a intensidade de campo gravitatorio diminúe coa altura.
( RT  h) 2
 profundidade h baixo a superficie da Terra.).

g (m·s-2)

9,8

RT r

3
 Coa latitude, debido ao achatamento dos polo da Terra, o radio diminúe ao subir ou baixar de
latitude, polo tanto a intensidade de campo gravitacional aumenta coa latitude.

SATÉLITES E FOGUETES ESPACIAIS

Período de revolución dun corpo


O período de revolución defínese como o tempo que tarda un corpo en dar unha volta enteira
arredor do corpo sobre o que orbita:
2 πR
T=
v
Velocidade Orbital
v2 Mm G·M
Fcentrípeta = Fgravitatoria => m =G 2 => v
r r r

Velocidade de escape
Aplicando o principio de conservación da enerxía entre o punto inicial e o final (infinito) teríamos:

EcA + EpA = Ec∞ + Ep∞

Como Ep∞ e Ec∞ valen cero:

1 1 2·G·M
EcA + EpA= 0 =>  GMm·  ·m·v 2  0 => ve 
r 2 r

You might also like