You are on page 1of 1

MEDICIÓNS E VALORACIÓNS DE CONSTRUCCIÓN

UD1. Unidades de obra e análise de proxectos de construcción

A1 Documentos do proxecto
Elaboración dunha ficha numerada a partir dun proxecto de
UD1E1
execución

Partindo dun proxecto de execución localizado na rede realizar a súa análise e, identificados
os seus apartados e capítulos, elaborar unha ficha numerada correlativamente que sintetice
a seguinte información:

▪ Descrición do proxecto

▪ Memoria:
– Axentes intervenientes.
– Situación.
– Programa.
– Superficies útiles e construídas totais.
– Breve descrición dos sistemas construtivos.
Cimentación, estrutura, envolvente, compartimentación, acabados, instalacións e
equipamento.
– Listaxe de regulamentos e anexos á memoria (opcional).

▪ Planos.
– Listaxe dos planos do proxecto e escala destes.

▪ Prego de condicións.
– Listaxe coas súas partes xerais.

▪ Medicións e orzamento.
– Listado dos seus capítulos.
– Total do PEM.

▪ Proxectos parciais (en caso da súa existencia).


Enumeración dos distintos proxectos parciais que serven de complemento.

Exemplo: Dado que a solución desta tarefa variará en función das características de cada
proxecto, a modo de exemplo indícanse os primeiros puntos dunha solución figurada:
. Descrición do proxecto: Vivenda unifamiliar illada situada en Coruña.
. Memoria:
– Axentes intervenientes:
 Arquitecto: Marcos Rodríguez.
 Propietaria: Isabel Vázquez.
– Situación:Rúa do Bidueiro, 13.
– Programa:Estar-comedor, cociña, 3 dormitorios, 1 baño, 1 aseo...
– Superficies útiles e construídas totais:
 Superficie útil: 205,04 m2.
 Superficie construída: 223,64 m2.
– Breve descrición dos sistemas construtivos:
 Cimentación: Zapatas illadas.
 Estrutura: Pórticos de formigón armado.
– Envolvente: Pechamento de dobre folla con illante térmico no seu interior.
– Etc.

Lembremos a importancia para esta tarefa de establecer as referencias entre o listado de ca-
pítulos do orzamento e a documentación na que se basea (número dos apartados da
memoria e número dos planos).

MEDICIÓNS E VALORACIÓNS DE CONSTRUCCIÓN


Carmen Prieto Palmeiro
1

You might also like