You are on page 1of 18

Índice

UD1.A2. Unidades de obra e presupostos ...................................................................... 2

1. Descomposición dos elementos da obra en Unidades de Obra ........................... 2

2. Designación de Unidades de Obra .......................................................................... 7

3. Bases de datos de prezos ...................................................................................... 11

4. Tipos de presupostos ............................................................................................. 15

MEDICIÓNS E VALORACIÓNS UD1A02


CARMEN PRIETO PALMEIRO
UD1.A2. Unidades de obra e
presupostos
Na actividade que nos ocupa aprenderanse os seguintes conceptos:

▪ A estrutura do presuposto.
▪ O concepto de unidade de obra tendo en función dos materiais, o proceso
construtivo, e os criterios e as normas de medición.

▪ O nivel de integración das unidades de obra en función de distintos criterios.


▪ A orde lóxica das unidades de obra, seguindo a orde de execución dos traballos.
▪ Os cadros de prezos de unidades de obra mais empregados.

1. Descomposición dos elementos da obra en


Unidades de Obra
Como xa se comento una actividade UD1A1, para poder determinar o valor dunha obra, imos
empregar un procedemento que consiste en descompoñer a obra en fragmentos pequenos,
fácilmente descriptibles, doados de medir e de valorar,aos que imos denominar unidade o
partida de obra.

1.1 Unidade de obra


A primeira tarefa para realizar un presuposto é compoñer a lista de unidades de obra
necesarias para describir e ejecutar o proxecto, sen que falte ningunha nin se solapen.

Unha unidade de obra é un sistema constructivo perfectamente definido, que forma parte
dunha construcción, de tal forma que, sumada a outras unidades o partidas, nos da o total da
obra que tratemos o a edificación completa.
Tamén pode definirse como o elemento de obra (elemento constructivo) realizado por un
mesmo grupo de especialistas e que, polo tanto, conceptualmente pode separarse do resto
pola súa distinta ubicación ou características.
Son unha forma convinte de dividir un proxecto en partes máis pequenas, desde o punto de
vista da súa execución.

Por exemplo, unha unidade de obra de tabiquería interior se describe:

m2 Hoja de partición interior, de fábrica de ladrillo cerámico cara vista.

Hoja de partición interior de 11,3 cm de espesor de fábrica, de ladrillo cerámico cara vista
perforado A8, modelo Terracota A8 "PALAUTEC", acabado liso, 23,8x11,3x5,2 cm, con junta
de 1 cm, rehundida, recibida con mortero de cemento industrial, color gris, M-5, suministrado a
granel.

Como exemplos destes fragmentos nunha construcción, podemos establecer os seguintes:


• Excavación de zanxas
• Cimentacións de formigón armado
• Aceiro en estructura metálica
• Forxado de viguetas e bovedillas
• Etc.
MEDICIÓNS E VALORACIÓNS UD1A02
Carmen Prieto Palmeiro
2
A continuación se mostra un modelo de folla de medicións cun exemplo de numeración de
unidades de obra.

1.2 Unidade de obra integrada


A confección das medicións dunha obra se basa moito no coñecemento do proceso real de
execución da mesma. Non existe unha definición única do nivel de detalle ou integración que
deben ter as UO elexidas para describir o proxecto, hai varias opcións.
Por exemplo, ao presupostar unha estrutura se pode elixir entre estas opcións (maior oun
menor integración):
▪ Un prezo global para o metro cadrado de forxado, con vigas e soportes incluidos.
▪ Crear UO distintas para o forxado, os zunchos, os piares e as vigas, cunha cuantía
promedio de aceiro.
▪ Medir por separado o formigón, o encofrado e o aceiro.
MEDICIÓNS E VALORACIÓNS UD1A02
Carmen Prieto Palmeiro
3
As UO que integran elementos que se executan en procesos moi separados no tempo non se
poden valorar e aboar con facilidade, xa que sempre haberá compoñentes cuxa execución vaia
mais avanzada (ex, un muro que inclúe capa exterior e interior; en instalacións: si as rozas, o
cableado e a instalación dos aparatos están na mesma UO).

SI unha UO contén compoñentes que realizan distintos subcontratistas será necesario


desglosala da mesma maneira na que se vai executar.

As UO moi integradas facilitan a compresión do proxecto pero pode ser dificil asignalas a
capítulos ou subsistemas concretos(ex, si o illamento e a impermeabilización están incluidos na
UO do muro, non poden asignarse a capítulos específicos e coñecer o seu prezo fácilmente).

Según esto as UO poden agruparse de diferentes formas para facilitar a redacción do


presuposto:

▪ Sen agrupación de elementos:

Segundo este sistema, por exemplo, definiriamos por separado cada unha das capas que
forman un muro de fachada. Así se conseguiría gran precisión, aínda que o traballo resulte moi
laborioso.

▪ Elementos complexos ou unidades funcionais:


Tamén chamados conxuntos construtivos, son grupos de UO relacionadas físicamente, que
poden ser realizadas por un ou por varios especialistas (como un cerramento con todas as
súas capas).
Un exemplo de aplicación deste sistema sería definir conxuntamente o muro de fachada
agrupando todas as capas que o forman. Con este método, máis simplificado, facilítase a
medición pero pérdese en precisión (aínda que esta diferenza pode chegar a ser aceptable).
Outro exemplo sería a estrutura de formigón ou a cuberta, un baño completo,etc.

Non obstante con este segundo sistema non se pode seguir a orde lóxica da obra cando
algunha das fases (por exemplo unha capa de illante térmico proxectada sobre o cerramento)
non se realizan de modo simultáneo con outras.

1.3 Partida
Moitas veces falamos de “partidas” para referirnos a “unidades de obra”.
Partida é a designación dunha unidade de obra que xa ten asignada unha cantidade concreta.

É decir, todas e cada unha das Unidades de Obra que constituen o proxecto se expresan de
xeito completo na documentación correspondiente mediante unha “Partida”.

Noutras palabras, cada unidade de obra asóciase coa súa partida correspondente na
documentación do presuposto.

Para que unha partida estea correctamente designada estará formada polos seguintes
elementos:
MEDICIÓNS E VALORACIÓNS UD1A02
Carmen Prieto Palmeiro
4
– Número de orde dentro dun capítulo.
– Unidade de medida: ud, m, m2, m3, kg...
– Texto resumo do concepto.
– Texto completo ou epígrafe.
– Liñas de medición.
Incluiranse as sumas parciais ou totais das cantidades medidas.
– Prezo unitario da unidade de obra.
Prezo por unidade de medida de acordo co cálculo do seu prezo
descomposto.
– Valoración económica da unidade de obra.
É o resultado de realizar o produto de medición por prezo unitario.

Un exemplo de partida (precedida polo seu número de orde dentro do capítulo correspondente)
podería ser este:

1.3.1. - m3 Formig.arm. H-25 zapata piar

m3 Formigón armado H-25 N/mm2 en zapatas de piares, elaborado en central con cemento CEM II/A-V 42,5 R, consistencia plástica e árido de
diámetro máximo 45 mm, posto en obra segundo EHE, incluso armaduras de proxecto con aceiro B 400 S ferrallado, vibrado, curado e
encofrado se fose necesario. Medido o volume a escavación teórica chea.

Uds. Longo Ancho Alto Parcial Total

Zapatas tipo 1 4 1,20 1,20 0,70 4,03

Zapatas tipo 2 8 1,40 1,40 0,90 14,11

Zapatas tipo 3 1 1,60 1,60 1,00 2,56

20,70

20,70 m3 x 114,01 €/m3 = 2360,01 €

1.4 Partida alzada

Pode darse o caso de que existan unidades de obra de difícil valoración a priori debido á
escaseza de datos concretos ou fiables relativos a algunha actividade que se prevé executar
durante o transcurso das obras.

Nestes casos, denomínase Partida Alzada (PA) a aquela na que existe algunha característica
que impide obter unha valoración correcta pois non se xustifica o seu prezo (non se realiza a
súa descomposición en elementos básicos) nin a cantidade (non existen as liñas que dean
unha medición detallada). As partidas alzadas figuran na oferta cun prezo fixo.
Non obstante, malia que as partidas alzadas non son susceptibles de medición no proxecto, si
se poden medir en obra.

Según esto o Rg-LCAP se refire a dous tipos de partidas alzadas:

▪ PA de abono íntegro:
Teñen o mesmo carácter que os prezos unitarios coa salvidade de que o seu prezo non se
pode descompoñer. A súa unidade de medida é sempre a unidade (Ud).

MEDICIÓNS E VALORACIÓNS UD1A02


Carmen Prieto Palmeiro
5
Polo tanto, unha vez executadas serán certificadas e aboadas ao construtor polo prezo total
que figura no proxecto ou oferta. Nalgúns casos tamén poden acordarse aboamentos parciais
que deberán reflectirse no prego de prescricións técnicas particulares.
Un exemplo típico é a proba de carga dunha estrutura.

Outros exemplos:
PA Partida alzada de abono integro para limpeza e desbroce de vexetación existente,
incluso retirada de restos de escombros………………………….………..1.000 euros.

PA Partida alzada de abono integro para medidas de Seguridad y Salud en las Obras de
Construcción (R.D.1627/1997) y señalización de las obras de acuerdo con la Legislación
vigente.……………………….………..1.500 euros

Se certifican dunha soa vez e polo importe total, una vez executadas.

▪ PA a xustificar:

Nelas, o seu prezo descomposto figura no presuposto, aínda que non se poden medir
sobre o proxecto. Unha vez executada a obra medirase nela de acordo cos prezos
establecidos co límite máximo do ofertado para a partida alzada.
Algúns exemplos son o esgotamento de escavacións (a priori o funcionamento dunha
bomba de achique non se sabe por canto tempo será) ou o acondicionamento de accesos.

Outros exemplos
PA Partida alzada a justificar para reposición de servicios afectados e imprevistos no tenidos
en cuenta en el momento de la redacción del proyecto ……………………….………..4.000 euros
PA PARTIDA ALZADA A JUSTIFICAR PARA ARREGLO Y REFORMAS DE TAPAS DE ACOMETIDAS EXISTENTE,
INCLUSO CARGA Y TRANSPORTE DE ESCOMBROS Y TIERRAS SOBRANTES A VERTEDERO. MEDIDA LA
UNIDAD EJECUTADA……………………….………..4.000 euros

As Partidas Alzadas deben valorarse e definirse basándose en anteriores experiencias ou


consultando a contratistas e instaladores, de forma que o custo de estas partidas alzadas sexa
o máis próximo á realidade.

1.5 Capítulos de obra

Unha vez que creamos os fragmentos en que divididos a nosa obra, temos que agrupalos
para poder medir e valorala.

Lóxicamente estes fragmentos non poden estar colocados de forma arbitraria, senón que os
imos a agrupar nun orden, xa sexa por semellanza dos oficios que realizan as unidades de
obra, ou ben pola súa orden de execución.

Un capítulo é unha agrupacion das unidades de obra que describen o proxecto, xunto coa
información que lle houberamos asociado. No exemplo anterior víamos o capítulo 1: Movmento
de terras.

Esta clasificación por capítulos é obligatoria para los proxectos sometidos ao CTE.

MEDICIÓNS E VALORACIÓNS UD1A02


Carmen Prieto Palmeiro
6
Se trata dunha estructura en árbore: capítulo, subcapítulo, unidade de obra. O obxetivo desta
clasificación é o de establecer unha relación ordenada das unidades de obra para a redación
do presupuesto.
Os capítulos teñen unha codificación alfanumérica.
Dentro de cada un dos capítulos figurarán as unidades de obra que correspondan, tamén
codificadas alfanuméricamene.

As distintas normas propoñen distintas clasificaciones de capítulos anque siempre se impón o


criterio da secuencia temporal da obra.

2. Designación de Unidades de Obra

Para que unha UO esté perfectamente designada deberá estar formada polos seguintes
conceptos:

2.1 Codificación

O redactor do presuposto debe elexir unha codificación , que normalmente será a do cadro de
prezos que empregue, e utilizala sempre. Cando se creen UO que non figuren nese cadro
deben usar a mesma estrutura da codificación, creando variables compatibles (deixando un
indicador de que a UO é propia).
O emprego dun código fixo alfanumérico para cada unidade de obra proporciona unha
referencia dentro do presupuesto que non varía anque se inserten unidades de obra ou se
desplazen entre os capítulos.
O redactor do presuposto debe elexir una codificación, que normalmente debe ser a do cadro
de prezos que esté utilizando, e empregala sempre.
Cando se necesite crear unidades de obra que non figuren nun cadro de prezos, deben utilizar
a mesma estructura de codificación, creando variables compatibles.

– 03: Alicerces.
– 03H: Formigón.
– 03HA: Armado.
– 03HAZ: Zapatas.
– 03HAZ00001: Formigón armado H-25 zapata muro.
– 03HAZ00002: Formigón armado H-30 zapata muro.
– 03HAZ00003: Formigón armado H-25 zapata piar.
– 03HAZ00004: Formigón armado H-30 zapata piar.
– Etc.

2.2 Texto resumo

Sintetiza as características da unidade de obra para facilitar a súa busca dentro dun banco de
prezos.
MEDICIÓNS E VALORACIÓNS UD1A02
Carmen Prieto Palmeiro
7
2.3 Unidade de medida

A unidade indica a cantidade da UO á que está referido o precio. As unidades a empregar


veñen especificadas no Sistema Internacional (SI) e segundo a norma UNE correspondente.

As principales unidades de medida son:

- m: metro para unidades lineais (por exemplo para tubaxes),


- m2: metro cadrado para unidades superficiais (muros, pavimentos, cubertas, etc.),
- m3: metro cúbico para unidades de volumen (excavacións, formigóns, terras de
préstamo, etc.),
- kg: Quilogramo para unidades de peso (aceiro laminado en estructuras,
armaduras, etc.)
- t: tonelada
- l: litro
- h: hora
- d:día
- cm3: centímetro cúbico.
- dm3: dentímetro cúbico
- a: área
- ha: hectárea.
- u: unidade para suministros de equipos, elementos prefabricados, trabajos
externos, etc.

Por exemplo, a unidade de obra de Hoja de partición interior ten asociado un criterio de
medición que é o m2:

m2 Hoja de partición interior, de fábrica de ladrillo cerámico cara vista.

Algunhas UO poden ser medidas con distintas unidades de medida., por exemplo.: as
carpinterías poden medirse por unidade ou por superficie. (é mais rápida medición por superf.
xa que é non distingue o tamaño do oco).

No tema UD2A3 mediremos e valoraremos distintas UO.

2.4 Texto completo ou epígrafe

Descripción constructiva da unidade de obra dende o punto de vista construtivo.


No texto da UO deben incluirse como mínimo:

– Materiais e as súas características.


– Grao de terminación.
– Tipo de equipo con que debe ser executada.
– Inclusións.
Refírese a aspectos como por exemplo se están incluído no prezo (ou non) o transporte do
material. Outro exemplo podería ser os remates e pezas especiais que moitas veces se inclúen
como unha parte proporcional (p.p.) ou porcentaxe no prezo total.

MEDICIÓNS E VALORACIÓNS UD1A02


Carmen Prieto Palmeiro
8
– Controis de calidade.
– Referencias a normativa (como ao CTE), ao prego de condicións, a planos de conxunto, a
detalles construtivos...
– Criterio de medición empregado.
Ha de se especificar como se vai realizar a medida da unidade de obra para a súa
valoración: medición a cinta corrida ou descontando ocos, medición en proxección ou en
verdadeira magnitude...
Na unidade didáctica referente a medicións comentaremos os distintos criterios a empregar.

Un exemplo de descrición dunha unidade de obra podería ser o seguinte:

03HAZ00003 - m3 Formig.arm. H-25 zapata piar

m3 Formigón armado H-25 N/mm2 en zapatas de piares, elaborado en central con cemento CEM II/A-V 42,5 R, consistencia plástica e árido de
diámetro máximo 45 mm, posto en obra segundo EHE, incluso armaduras de proxecto con aceiro B 400 S ferrallado, vibrado, curado e
encofrado se fose necesario. Medido o volume a escavación teórica chea.

É importante sinalar que no caso de obra pública non se poden citar nomes de marcas
comerciais. Unicamente en casos excepcionais poderiamos redactar expresións do tipo "similar
a (nome da marca) " ou ben "tipo (nome da marca) ".

2.4 Prezo

Para o cálculo do custo de cada unidade de obra, se describe a cantidade de materiales


empregados e o seu prezo unitario, que é o seu custo en función do criterio de medición
elexido, as suas dimensións, as horas de maquinaria utilizada e o seu su valor, a man de obra,
en horas, directamente empregada.
Un prezo unitario é o custo por unidade dun material, da man de obra ou do emprego dunha
maquina.(se explica en UD2A2).

Así se obteñen uns custos directos de cada unidade de obra. A estos custos directos, se lles
engade unha porcentaxe en concepto de custos indirectos.

A suma dos custos directos, máis a porcentaxe de custos indirectos, aplicado por igual a todas
as unidades de obra, constituyen o prezo descomposto de cada unha.
Se suman todas as partidas e obtemos o custo do capítulo.

MEDICIÓNS E VALORACIÓNS UD1A02


Carmen Prieto Palmeiro
9
2.5 Descomposición

A descomposicón da UO contén os custos no s que se incurre para realizala. O esquema é o


seguinte:

Natureza Rendemento x Prezo = Importe Total


Elemento de man de obra
Máquinas e equipos
Materiais
Custo directo
Porcentaxe de medios auxiliares %
Custo indirecto %
Custo total

Por exemplo, á unidade de obra anterior descrita no apartado anterior acompañaríao o


seguinte:

03HAZ00003 - m3 Formig.arm. H-25 zapata piar

m3 Formigón armado H-25 N/mm2 en zapatas de piares, elaborado en central con cemento CEM II/A-V 42,5 R, consistencia plástica e árido de
diámetro máximo 45 mm, posto en obra segundo EHE, incluso armaduras de proxecto con aceiro B 400 S ferrallado, vibrado, curado e
encofrado se fose necesario. Medido o volume a escavación teórica chea.

Ud. Descrición Cantidade Prezo Total

m3 Formigón H-25/P/45/I-IIa central 1,000 82,40 82,40

Kg Aceiro B 400 S ferrallado 42,000 0,55 23,10

h Vibrador 0,150 1,90 0,29

h Peón Ordinario 0,450 10,88 4,90

% Costos directos complementarios 3,000 110,70 3,32

Total 114,01

En cada componente se indica o rendemento que é a cantidade necesaria para executar unha
cantidade unitaria da unidade de obra, en función do criterio de medición elexido.

O sumatorio dos rendementos polos prezos mais a porcentaxe de medios auxiliares, se o hai
da lugar ao custo directo da UO.

O custo total se obtén engadindo a porcentaxe de custes indirectos.

MEDICIÓNS E VALORACIÓNS UD1A02


Carmen Prieto Palmeiro
10
2.6 Liña de medición
Cando una unidade de obra inclúe a súa medición, se denomina partida.
As columnas corresponden a: Ud, lonxitude, altura, ancho, total.

3. Bases de datos de prezos


Para xerar as unidades de obra (tanto a súa redacción, os conceptos que a integran cos seus
respectivos rendementos e os prezos necesarios para o seu cálculo) acostúmase a recorrer a
distintas fontes que cubran a maioría de necesidades en todo tipo de proxectos.
As fontes máis empregadas son:
▪ Estudos efectuados polas propias empresas construtoras.
Baséanse en cálculos realizados sobre os rendementos dos seus traballadores así como nos
prezos reais de mercado.

▪ Bancos de prezos.
Na actualidade para a confección de presupostos se traballa con unidades de obra xa
existentes elexidas das bases de datos de cadros de prezos para a construcción, raras veces
se componen UO completamente novas.

Un banco de prezos é unha recopilación de unidades de obra descritas e valoradas, creadas


por empresas de software técnico, casas comerciais, colexios profesionais, organismos
estatais, autonómicos, etc.

Durante moito tempo toda esta información recolleuse en voluminosas publicacións. O


desenvolvemento da informática facilitou poder procesar bases de datos de elementos
construtivos (coas súas descricións, rendementos, prezos...) así como incluír información
gráfica e mesmo facilitar a xeración doutros documentos do proxecto (como por exemplo os
pregos de condicións técnicas ou o plan de control).
Existe un formato de intercambio que permitise a utilización de diferentes bases de datos e a
transmisión de información entre os programas existentes no mercado. É o formato FIEBDC-3
Os bancos de prezos informáticos poden ser de distintos tipos:
– Tradicionais.
Cada concepto do banco de prezos leva asociada unha información única referente á unidade
de obra que lle corresponde.
– Paramétricos.
Cada concepto do banco de prezos leva asociados varios prezos en función de distintas
opcións entre as cales poderemos seleccionar a que máis se axusta á unidade de obra
desexada.
MEDICIÓNS E VALORACIÓNS UD1A02
Carmen Prieto Palmeiro
11
– Multiparamétricos.
Contémplanse a maiores numerosos factores (tipolóxicos, xeográficos e económicos) que
inciden no custo final da unidade de obra.

Na actualidade existen numerosos bancos de prezos que se poden consultar a través de


páxinas web ou ben obter en formato FIEBDC-3 (arquivos de extensión *.BC3) para importar
nas aplicacións informáticas. Algúns deles son:
– Base de Prezos Oficial da Construción de Galicia (BDC Galicia).
www.presupuesta.com
– Instituto Valenciano da Edificación.
www.five.es
– Instituto Tecnolóxico da Construción de Cataluña.
www.itec.es
– Xerador de prezos de Cype.
www.generadordeprecios.info
– Prezo Centro - Guadalajara.
www.preciocentro.com
– PREOC.
www.preoc.es
– Axenda da Construción Emedos.
www.emedos.es

Aínda que o habitual é utilizar un único banco de prezos nun mesmo proxecto, o redactor do
orzamento ten liberdade para elixir unha base de datos, combinar varias ou non utilizar
ningunha. Non obstante, nalgunhas obras para a administración pódese impoñer o uso dun
cadro de prezos determinado.

En calquera dos casos, sempre é conveniente empregar versións actualizadas dos bancos de
prezos.

A maioría dos bancos de prezos adoitan estruturarse diferenciando prezos elementais, prezos
auxiliares e prezos descompostos. O significado e a función destes prezos trataranse na
seguinte unidade didáctica, aínda que podemos adiantar que son conceptos nos cales cada un
vai acumulando maior complexidade construtiva que o anterior. Así por exemplo, poderiamos
asociar o cemento a un prezo elemental, o formigón a un prezo auxiliar (pois inclúe ao
cemento) e unha zapata de formigón a prezo descomposto (pois xa estariamos a falar dun
elemento construtivo claramente diferenciado e certificable).

A estrutura dun cadro de prezos é a seguinte:

MEDICIÓNS E VALORACIÓNS UD1A02


Carmen Prieto Palmeiro
12
MEDICIÓNS E VALORACIÓNS UD1A02
Carmen Prieto Palmeiro
13
MEDICIÓNS E VALORACIÓNS UD1A02
Carmen Prieto Palmeiro
14
4. Tipos de presupostos

Nas distintas normas que regulan os contratos públicos se se definen todos os conecptos
relativos aos conratos de obras e presupostos.
Os presupostos de obras poderían clasificarse en función da fase de elaboración do proxecto,
adxudicación da obra,etc nos seguintes tipos:

4.1 Presuposto de Execución Material


Según dito artig 131 o presuposto de execución material é “el resultado obtenido de la suma
de los productos del número de cada elemento unitario por su precio unitario y de las partidas
alzadas”.
Dito doutra maneira: o presuposto de execución material (PEM) é o presuposto obtido do
sumatorio dos custos unitarios totais das partidas, incluindo o custo directo e o indirecto
(precios descompuestos), multiplicados polas súas cantidades.

Responde, polo tanto, á seiguinte fórmula:

PEM=  Mi x PDi

Sendo,
Mi : Medición de cada unidade de obra.
PDi : Prezo descomposto de cada unidade de obra.
MEDICIÓNS E VALORACIÓNS UD1A02
Carmen Prieto Palmeiro
15
De outra forma podemos decir que el PEM representa o sumatorio dos custos de todos os
capítulos en que se divide a obra.

4.2 Presuposto de Contrata


O PEM é o prezo que lle custa ao contratista executar as obras. Para obter o presupuesto
completo da obra é necesario engadir ao PEM os denominados Gastos Generales de
Estructura (GGE).

Nose Contratos públicos se definen e fixan os seguintes valores para os gastos generales de
estructura, desglosándoos en dúas porcentaxes:

1.-GASTOS GENERALES DE EMPRESA Y OBRA (GG).

Os Gastos Generales de Empresa representan o custo de funcionamento da empresa


constructora, son comúns ás obras que ten en marcha e exteriores a todas elas.
En función do tipo de empresa e do tipo de obra, os mismos conceptos de custos poden
imputarse a Gastos Generales de Obra ou a Gastos Generales de Empresa.

Os Gastos Generales de la Empresa contemplan os seguintes conceptos:

1.- Derivados do contrato

a) Financieros.
- Avais do contrato.
- Aplazamento de pago.
- Retencións.
- Pago demorado de revisión de prezos.
- Outros.
MEDICIÓNS E VALORACIÓNS UD1A02
Carmen Prieto Palmeiro
16
b) Tasas e impuestos da Administración.
- Licencia de obras.
- Impostos sobre a Construcción.
- Ocupación sobre as vías públicas.
- Permisos de andamios.
- Inspección e vixilancia.
- Outros.

c) Outros custos derivados do contrato.


- Gastos de anuncio en prensa.
- Gastos de formalización de contrato.
- Carteis.
- Ensaios.
- Policía e vixilancia durante o período de garantía.
- Altas e permisos de instalacións.
- Seguros específicos.
- Mantemento e conservación durante o período de garantía.
- Outros.

2.- Propios da empresa.

a) Estrutura.
- Xerencia: Dirección general, Staff de apoyo.
- Dirección intermedia: Dirección delegada, técnicos, Xefes de
grupo.
- Administración: Persoal de oficiñas, amortización de locais, consumos
correntes, amortización de mobles e equipos.

b) Fiscais.
- Sobre a actividade económica.

c) Financieiros.
- Financiación básica.
- Otros avais.

Os Gastos Generales de Empresa y obra se fixan para obra pública nunha porcentaje que
oscila do 13 ao 17 por 100, ao fixar por cada Departamento ministerial, á vista das
circunstancias concurrentes, en concepto de gastos financieros, cargas fiscais (IVA excluido),
tasas da Administración legalmente establecidas, que inciden sobre o custe das obras e
demáis derivados das obligacións do contrato.

2.- BENEFICIO INDUSTRIAL DEL CONTRATISTA (BI).

É a marxe que a administración ou o cliente privado entende como beneficio legítimo pola
inversión que realiza a empresa construtora para executar a obra e o riesgo que asume.

Nos contratos de obras do estado está cantidade se fixa, nun 6% do presuposto de execución
material, pero, nos casos restantes pode ser libremente fixada polo constructor en función da
situación do mercado, da complexidade da obra, da propia situación da empresa, etc, ainda
que soe manterse a porcentaxe do 6%.
En obra privada se adoptan estes valores.
En resumen o Presuposto de contrata responde á seguinte fórmula:

PC = PEM + GGE = PEM + GG + BI

MEDICIÓNS E VALORACIÓNS UD1A02


Carmen Prieto Palmeiro
17
4.3 Presuposto Líquido ou base de licitación
O Presuposto base de Licitación se obtén repercutindo o IVE que grave a execución da obra,
sobre o Presupuesto de Contrata, é decir, sobre a suma do Presuposto de Execución Material,
máis os Gastos Generales de Empresa más o Beneficio Industrial.

PL = PC + IVA= PEM+GGE+IVA

Este é o importe que sirve de base para formular as ofertas económicas das empresas que
concurren á licitación dunha obra.

Según a Ley 9/2017 de Contratos del Sector Público, por presupuesto base de licitación se
entenderá: “ el límite máximo de gasto que en virtud del contrato puede comprometer el
órgano de contratación, incluido el Impuesto sobre el Valor Añadido, salvo disposición en
contrario.”

4.4 Presuposto de adxudicación

Se denominará así o importe correspondente á proposición económica da empresa que resulta


adxudicataria da obra. Pode ser coincidente co Presupuesto de Licitación, inferior a éste si se
produce á baixa, ou superior si se produce ao alza.

A alza ou a baixa se aplicarán sobre os prezos contidos no Presupuesto de Execución Material,


nunca sobre a medición, xa que a cantidade resultante será necesariamente a misma.

MEDICIÓNS E VALORACIÓNS UD1A02


Carmen Prieto Palmeiro
18

You might also like