You are on page 1of 7

Índice

UD2.A1. Estructura de custos na obra ............................................................................ 2

1. Formas de imputación de custos ............................................................................ 2

2. Custos directos ......................................................................................................... 3

3. Custos indirectos...................................................................................................... 4

3.1 Cálculo da porcentaxe de custos indirectos .......................................................... 7

MEDICIÓNS E VALORACIÓNS UD2A01


Carmen Prieto Palmeiro
UD2.A1. Estructura de custos na obra
Como xa se comentou na UD1, a suma dos custos directos, máis a porcentaxe de custos
indirectos, aplicado por igual a todas as unidades de obra, constituyen o prezo descomposto
de cada unha.
Na actividade que nos ocupa aprenderanse os seguintes conceptos e manexo de destrezas:

 Calcular os custos directos.

 Calcular os custos indirectos.

1. Formas de imputación de custos


Custo é o traballo ou esforzo realizado para a obtención ou adquisición dunha cousa ou dun
servizo. A execución dunha obra leva consigo uns custos para a empresa construtora.

Os custos que interveñen nunha UO poden asignarse de dúas formas:

Imputación directa: a imputación será directa cando a asignación dun custo se realice
multiplicando a cantidad dun componente polo seu prezo. CDi=Pi X Qi

Imputación indirecta: a imputación será indirecta cando a asignación dun custo se realice
mediante a aplicación dunha porcentaxe respecto a un custo de referencia. CIi= Ti%Vi.

Segundo isto chamaremos CUSTOS DIRECTOS a todos os custos que se integren na


estrutura mediante imputación directa e CUSTOS INDIRECTOS aos que se imputen por vía
indirecta.

En consecuencia, a denominación de CD ou CI non depende do tipo de custo, senón da forma


de imputación.

Os prezos dunha UO se confeccionan tendo en conta os custos directos que interveñen na


súa execución e aplicando os custos indirectos correspondentes.

Na UD anterior explicouse o esquema xeral da descomposción dunha UD:

Se explicou que a descomposición da UO contén os custos nos que se incurre na obra para
realizala.
Quedan fora do prezo da UO os GGE (g.g. de estrutura) e os impostos, que se aplican
globalmente ao presuposto.

Natureza Rendemento x Prezo = Importe Total


Elemento de man de obra
Máquinas e equipos
Materiais
Custo directo
Porcentaxe de medios
auxiliares %
Custo indirecto %
Custo total

2
MEDICIÓNS E VALORACIÓNS UD2A01
Carmen Prieto Palmeiro
O sumatorio dos rendementos polos prezos, mais a porcentaxe de medios auxiliares, no seu
caso, da lugar ao custo directo da unidade de obra. Áo engadir a esta cantidade a porcentaxe
de custos indirectos se obtén o custe total, que é ao que nos referimos cando falamos do
prezo.
Para obter o presuposto total engadimos, polo tanto, os custos axenos á obra.

2. Custos directos
Son os que repercuten directamente na unidade de obra a construir.
Se imputan como custos directos os seguintes:

 Man de Obra Directa:


É a que interven directamente na execución da unidade de obra. Peóns, albanéis, fontaneiros,
etc) tendo en conta os seus pluses, cargas e seguros sociais.
Para cada unidade de obra hai que determinar as diversas categorías laborais que interveñen
nela, establecendo o tempo empregado e o custo da súa hora de traballo.

Como ocurre coa maquinaria se adoptan os datos de custo horario de facturación para cada
nivel profesional obtidos do cadro de prezos.

 Materiais consumidos:
Son os prezos dos materiais según os seus presos a pé de obra, que quedan integrados na
unidade de obra de que se trate ou que sexan necesarios para a sua execución.

Productos que teñen unha elaboración previa, como o formigón ou as mezclas bituminosas
fabricadas, bien en obra, bien por outros (prezos auxiliares), se consideran tamén como
materiais.

A repercusión do importe en concepto de pérdas e roturas ocurridas na utilización e durante o


trasiego interno dos materiais na obra, será incluido como incremento de consumo de ditos
materiais que se calcula como unha porcentaxe aplicada sobre a cantidade do material
correspondente.
A este respecto as perdas nos materiais dependen da natureza do material por un lado (si se
trata de vidrio, material cerámico, etc) e da sua manipulación por outro (carga en camión,
transporte, etc)

Cuando o prezo dos materiaies non se atope nos cadros de prezos, se consultará co fabricante
ou distribuidor.

Os máis importantes son:


- Fabricación de morteiros e formigóns: area, auga, grava, cemento, aditivos
- Encofrado de elementos de formigón: madeira, puntas
- Estruturas: bovedillas, viguetas e aceiro en redondos para forxados; perfíes laminados,
madeira,etc.
- Cubertas: pizarra, fibocemento, tella, aceiro, cobre, etc.
- Pechamentos e divisións interiores: ladrillos, bloques de formigón, iesos, morteiros, etc.
- Acabados: plaquetas cerámicas, laminados, elementos sintéticos, etc.
- Instalacións:tuberías de PVC e formigón centrifugado en saneamento; cobre ou
aluminio para instalacións de abastecemento o ACS; conductores de cobre para a
instalación eléctrica, etc.
- Aillamientos e impermeabilizacións: poliestireno expandido o extruido, lana mineral,
perlita, lámina asfáltica, etc.
- Bernices e pinturas.
- Vidrios.

3
MEDICIÓNS E VALORACIÓNS UD2A01
Carmen Prieto Palmeiro
 Medios Auxiliares Directos:
Son elementos que, aínda que finalmente non quedan incorporados á unidade de obra a
executar unha vez rematada, son imprescindibles durante a execución.

É o caso da maquinaria, que pode ter grande influencia no custo da unidade, polo que haberá
de se considerar o seu rendemento horario e o seu custo considerando aspectos como a
enerxía que consume, o gasto no persoal que a manexa, a súa amortización, o seu
mantemento...
Tamén entrarían aquí outros elementos auxiliares menores como por exemplo algunhas
ferramentas (que a diferenza da maquinase non teñen motor). Non obstante, dada a posible
dificultade da súa estimación (pois poden afectar a máis dunha unidade de obra), moitas veces
establécese como unha porcentaxe aplicada sobre os compoñentes anteriores a xeito de
custos directos complementarios como se verá a continuación.
En calquera caso, non se consideran neste grupo aqueles medios que se utilizan para a
totalidade da obra (como podería ser a grúa) e que se considerarán no apartado de custos
indirectos.

 Custos Directos Complementarios:


Son elementos que, aínda que en ocasións teñen escasa importancia e reducida vida útil, se
necesitan para executar unha ou varias unidades de obra. Non obstante, a diferenza dos
custos indirectos, non chegan a afectar a toda a obra.
Algúns exemplos son as estadas, apeos, puntais, contedores...
Deben considerarse naquelas unidades de obra nas que sexan precisos, xa sexa mediante
unha descomposición pormenorizada ou ben, a falta dun cálculo máis preciso, como unha
porcentaxe que se aplica sobre os demais custos directos. En caso de optar por consideralos
como unha porcentaxe a aplicar, uns valores orientativos son:
– 2% con carácter xeral.
– 3% en unidades de obra que requiren estadas.
– 4% en axudas, recibidos e conexións.
Convén recordar que se valoramos estes elementos como porcentaxe de CDC non se deben
valorar de xeito independente (como medio auxiliar directo) porque estariamos contabilizando
dúas veces os seus custos.

3. Custos indirectos
Representan os custos de execución que se producen dentro do recinto da obra pero non son
directamente imputables a unidades concretas, senón á obra no seu conxunto.

Os custos indirectos non poden ser clasificados dentro dun determinado capítulo dado que no
presuposto se contabiliza cada unidade de obra certificable.

Por iso os Custos Indirectos se imputarán como unha porcentaxe sobre dos Custos Directos de
valor único (igual para todas as unidades de obra), que se adoptará, en cada caso, á vista da
natureza da obra, da importancia do presuposto e do seu posible prazo de execución.

O seu valor oscila entre un 3% e un 8%, en función do tipo de obra, do presuposto e dos
medios dispoñibles.

O conxunto de gastos imputables como Custos Indirectos, podemos estructuralo da seguinte


forma:
4
MEDICIÓNS E VALORACIÓNS UD2A01
Carmen Prieto Palmeiro
 Man de Obra Indirecta:
Persoal que non intervén de forma directa na execución das unidades de obra, realizando
exclusivamente funcións de organización, control, distribución de tareas, vigilancia, etc. sempre
que estean adscritos única e exclusivamente á obra que se está a presupostar.
Pódese considerar dentro deste apartado:
– Persoal técnico.
Xefe da obra e axudantes, encargado xeral, encargados especializados, topógrafos, auxiliares
técnicos...
– Persoal administrativo.
Por exemplo, os administrativos que levan a contabilidade da obra.
– Man de obra auxiliar.
Dedicada ao transporte de materiais, carga, descarga, limpeza de entullos, sinalización,
seguridade, vixilancia...

A porcentaxe de man de obra indirecta se calcula sobre a man de obra directa. Nos
movementos de terra, a porcentaxe de mano de obra indirecta se aplica tamén sobre o custo
das máquinas empleadas.

 Materiais auxiliares:
Pequenas cantidades de materiais que se utilizan na execución da obra, pero que unha vez
terminada se eliminan e polo tanto non forman parte de ela. Por exemplo:
- Una soleira provisional no acceso á obra.
- Ladrillo e pasta de xeso para formación de peldaños provisionais.
- Xeso para o replanteamento de zonas a excavar.
- Ladrilllo e morteiro para pechamentos provionais.

 Medios Auxiliares Indirectos:


Son máquinas, útiles e ferramentas que se empregan para realizar as distintas unidades de
obra pero non son específicas de ningunha delas senón que están ao servizo de toda a obra.
Os medios auxiliares indirectos poden ser:

a. Maquinaria
Para movemento de terras:
Retroexcavadora
Rippers
Dozers
Palas cargadoras
Dumpers
Excavadoras hidraúlicas
En obra de formigón:
Grúas: torre, pleglabes, telescópicas, grúas pluma (maquinillo).
Carretillas elevadoras para o movemento de cargas e cambios de
acopios.
Equipo electróxeno (para o subministro provisional de inicio de obra).
Equipo compresor.
Cabestrante mecánico (para poceria ou remates).
b. Ferramentas
Ferramentas manuais: taladros, rozadores, cortafríos, pistola fija clavos,etc.
Serra circular.
Vibrador de formigóns e morteiros.
Cortadora de material cerámico.
Formigoneira.
Martelos neumáticos.
5
MEDICIÓNS E VALORACIÓNS UD2A01
Carmen Prieto Palmeiro
c.Medios auxiliares.
Andamios (metálicos, colgantes, etc)
Plataformas para formigonado de pilares e vigas.
Escaleiras de man.
Escaleiras de tixeira.
Plataforma de entrada e salida de materiais.
Puntais metálicos.
Cimbras de obra civil.
Encofrados metálicos para pilares, muros.
Equipos de soldadura autóxena e oxicorte.
Non deben incluirse neste apartado aquelas máquinas que realizan traballos específicos nunha
unidade de obra, xa que deben imputarse como Medios auxiliares Directos..

En xeral, a porcentaxe de medios auxiliares indirectos se aplica sobre o custo directo dos
materiais excepto nos movementos de terra, nos que o custo dos materiais é de cero euros.
Neste caso a porcentaxe de man de medios auxiliares indirectos se aplican sobre o custo da
máquinaria.

Estas porcentaxes poden variar para cada UO. Os valores mais comunes son:

 2% en xeral
 3% en UO que requiren andamios.
 4% en axudas, recibidos e acometidas.

 Varios:

-Instalacións e construccións provisionais a pé de obra:


Comprenden as acometidas provisionais de auga, electricidade,teléfono, etc; tamén as
instalacións desde as acometidas ou cadro xeral hasta os diversos puntos de consumo durante
a execución das obras.
- Rede de auga en cada planta.
- Tomas de corrente.
- Canais de evacuación de escombros.
- Redes de recollida de augas.

Se inclúen construccións provisionais a pé de obra para almacéns, talleres, oficiñas,etc.


Teñen carácter provisional, desmontándoos unha vez deixan de ser necesarios:
No se incluirán aquí as instalaciones de vestiarios ou comedores do persoal cando deban estar
integrados no Estudo de Seguridade (son CD). Tampouco se inclúen neste apartado os peches
do solar, accesos e rótulos, que se desmontan ou eliminan á finalización da obra.

-Consumos:

Iluminación, auga, teléfono, papelaría, materiais funxibles, enerxía e carburantes da


maquinaria non incluída como custo directo.

-Gastos xerados por Seguridade e Saude:

Aqueles elementos que teñan a devandita función pero que non estean recollidos propiamente
no estudo de seguridade e saúde.

Para su determinación se deben incluir os seguintes conceptos:

6
MEDICIÓNS E VALORACIÓNS UD2A01
Carmen Prieto Palmeiro
- Mediciña preventiva e primeiros auxilios.
- Formación específica en materia de Seguridade e Saúde.
- Locais e servizos.
- Seguridade colectiva.
- Seguridade individual.
- Señalización.
- Outros.

Pola normativa actual, os custos da seguridade son certificables malia ser algo que non pode
controlar o promotor. Polo tanto non son custos indirectos aspectos como o valado do soar ou
as instalacións provisionais para os traballadores.
A normativa tamén converteu recentemente os custos do control de calidade e os de xestión de
residuos en custos directos. Anteriormente eran asumidos dunha ou outro xeito pola
construtora dentro dos custos indirectos.
Seguridade e saúde, control de calidade e xestión de residuos teñen os seus propios capítulos
coas súas unidades de obra correspondentes.

3.1 Cálculo da porcentaxe de custos indirectos

Unha vez que coñecemos todos os conceptos que interveñen nos custos, para calcular a
porcentaxe de custos indirectos a aplicar aos custos directos das diferentes unidades de obra
empregaremos a seguinte formula (segundo a Orde do 12 de xuño de 1968 do Ministerio de
Obras Públicas):

K  K1  K 2

A porcentaxe de custos indirectos denomínase K e podemos ver que o seu valor está
composto de dous sumandos:
– K1 : Porcentaxe que resulta da relación entre a valoración dos custos indirectos estimados
(man de obra indirecta, medios auxiliares indirectos, consumos...) e o importe dos custos
directos da obra.
En ningún caso pode superar o 5% en obras realizadas para a administración pública.

CI
K1   100
CD

– K2 : Porcentaxe correspondente a imprevistos.


Segundo se trate de obra terrestre, fluvial ou marítima cífranse respectivamente nun 1%, 2% ou
3% para ter en conta as características peculiares de cada unha delas.
K será constante para todo o proxecto e terá un único decimal

7
MEDICIÓNS E VALORACIÓNS UD2A01
Carmen Prieto Palmeiro

You might also like